“Goodbye dragon inn” 

13

Luns/Setembro

Nunha decrépita e labiríntica sala de cinema en Taipei, disque embruxada e convertida en santuario gay, vaise proxectar o épico filme de artes marciais dirixido por King Hu en 1967, Dragon Inn. Ha ser a derradeira proxección da sala, practicamente baleira, antes de pechar as súas portas para sempre.
Festival de Venecia 2003 (FIPRESCI)
Festival Internacional de Cinema de Chicago 2003 (Gold Plaque ao Mellor Filme)
Festival de Cinema de Taipei 2003 (Mellor Filme).

GOODBYE, DRAGON INN
Tsai Ming-Liang, 2003
Taiwán, 83 min., VOSE
Lingua orixinal: chinés mandarín

As 20:30   VOSE

Teatro principal Pontevedra

HAYALETLER (GHOSTS)” 

13

Luns/Setembro

HAYALETLER (GHOSTS) de AZRA DENIZ OKYAY 

 TURQUIA 2020; 90′ V.O.S.C.

Percorrido polas rúas de Estambul nas horas previas a un apagón da man de tres mulleres: unha moza afecioada ao baile, unha activista feminista e unha muller cun fillo no cárcere. Unha cidade en vías de xentrificación que apenas deixa sitio. O pulso e a urxencia do día remata por facer confluír esas vidas cruzadas nunha dudosa operación de tráfico de drogas. O ritmo incesante e o carisma das personaxes completan o mosaico do filme.

Cota anual soci@: 19 euros Cota filme soci@: 5 euros Bono Lumière 5 filmes: 16 euros (só soci@s) Cota filme colaborador@: 6 euros PARAD@S, con carné: 5 euros

As 20:30   VOSC

CINE CLUB LUMIÈRE DE VIGO Rúa Doutor Cadaval 33, 4.º A – 36202 Vigo

As I Want” 

13

Luns/Setembro

As I Want Samaher Alqadi 

Na colaboración coa Universidade de Vigo, este mes proxectamos o documental “As I Want“de Samaher Alqadi . Acceso gratuito para xente da comunidade universitaria e persoas asociadas ao cine club. 2 euros para o resto do público.

As 19:00   

Auditorio Municipal do Concello, na praza do Rei.

“Mandibules” 

14

Martes/Setembro

Mandibules  Quentin Dupieux Francia 77 minutos 2021

Cando dous amigos non moi intelixentes atopan unha mosca xigante, viva e atrapada dentro dun coche, ambos deciden adestrala para gañar diñeiro con ela.

As 20:30   VOSE

Teatro principal Pontevedra

Viaxe Xeométrico

“A viaxe xeométrica de Domingo Fontán” 

15

Mércores/Setembro

Relatorio arredor do libro: “A viaxe xeométrica de Domingo Fontán
Autor: Alberto Fortes (escritor)
Interveñen: Ramón Rozas (xornalista, crítico de arte), Afonso Ribas Fraga (coordinador de Edicións Laiovento) e Alberto Fortes
Ateneo de Pontevedra e Edicións Laiovento organizan un relatorio arredor do libro A viaxe xeomética de Domingo Fontán, de Alberto Fortes.  O autor estará acompañado por Ramón Rozas e Afonso Ribas Fraga.
Da obra
Cando estudante, Domingo Fontán (1788-1866) asistira durante dous cursos ás aulas de matemáticas sublimes que na Universidade de Santiago impartía o profesor lalinense Xosé Rodríguez, quen co tempo sería coñecido coma o matemático de Bermés, e alí coñeceu as miudezas da triangulación xeodésica empregada para a medición da meridiana dende Barcelona até Formentera que o propio matemático Rodríguez lograra concluír en 1808 cos franceses Biot e Aragó e o español José Chaix, continuando así a medición que Delambre e Mechain fi xeran de Dunkerque a Barcelona. Alí tamén concibiu a idea de debuxar un mapa de Galicia segundo os métodos científi cos. Este libro dá conta da monumental tarefa que o xeógrafo de Portas levou adiante entre 1820 e 1834, nunha fermosa aventura polos máis esgrevios cumios da nosa terra, facendo unha especial recreación do levantamento da antiga provincia de Tui, que Fontán fi xo xunto con Xosé Dionisio Valladares nos meses de maio e xuño de 1829.
Do autor
Alberto Fortes (Pontevedra, 1964) é autor da novela Amargas han sido las horas, onde se cruzan as vidas do escritor Edgar Allan Poe e do pirata galego Benito Soto; de Memorial de a bordo, una viaxe nos barcos máis senlleiros da literatura; ou de Los viajes de Shackleton a la Antártida, sobre a vida do famoso explorador irlandés. Outras obras súas de fi cción son Memorias de Ravachol, que xira arredor da partitura orixinal da Alborada de Rosalía; e Crónicas de San Domingos, sobre Paio Gómez de Soutomaior, embaixador do rei Enrique III ante o Gran Tamerlán.
En galego publicou O violín de Sarasate, un caso de Sherlock Holmes; O Corsario, un traballo de investigación sobre a vida dos irmáns Gago de Mendoza; O dobrón de a oito, novela de aventuras na Galicia de finais do antigo réxime; e O verán en Lucenza, sobre os desacougos e inquedanzas dun rapaz que vai descubrindo as contrapostas facianas da realidade mentres pasa as vacacións de verán coas súas tías avoas nunha lonxana aldea galega de principios dos anos setenta.
A entrada é libre con acceso limitado por restriccións Covid.
As 20:00 

Espazo Nemonón 

Pontebirra

“PonteBirra” 

16/19

Xoves a domingo/Setembro

Praza da ferreria

Ata 70 tipos de cervexa diferentes poderanse degustar na Praza dá Ferrería desde este xoves con motivo da celebración da feira Pontebirra. O evento organízao a Asociación Galega de Cervexeiros coa colaboración da Concellería de Promoción Económica e prolongarase ata o domingo, 19 de setembro.
Os expositores de cervexa estarán dispoñibles na Ferrería de 18.00 a 00.00 horas o xoves. O venres e o sábado abrirá entre as 12.00 e as 01.00 horas e o domingo entre as 12.00 e as 23.00 horas. No encontro daranse cita as marcas Nós Cervexa Artesanal (Vigo), Trisk- Ale (Nigrán), Atlántica (Vigo), Menduíña (Cangas), Irmaos de Lei (Vigo), The One (Sanxenxo), Bubela (Lugo), Go (Madrid), San Nicasio (Leganés), Alé Alé (Uxes, A Coruña), Meiga (Pontevedra) e A Sagra (Toledo)
Xoves de 18:00 a 00:00 venres e sábado de 12 a 01:00 e domingo de 12:00 a 23:00 horas

Praza da ferrería

Neonymus

“Concertos de Neønymus” 

16

Xoves/Setembro

A praza do Edificio Castelao e as Ruínas de San Domingos serán os espazos en que terán lugar os dous concertos de Neønymus que vai ofrecer o Museo o vindeiro 16 de setembro. O primeiro deles, de carácter familiar e interativo, será o titulado Historia inventada da música inventada que terá lugar ás 16:30 h a beira do Edificio Castelao. O segundo, co título Ecos da prehistoria  celebrarase ás 21 h no marco histórico das Ruínas de San Domingos.

Inscrición en: reservas.museo@depo.es

As 16:30 e as 21:00 

Edificio Castelao /Ruínas de San Domingos

“La belle et la belle” 

16

Xoves/Setembro

La belle et la belle Sophie Fillières Francia 95 minutos 2018

Margaux de 20 anos coñece a Margaux de 45; todo lles une, forman unha única e mesma persoa, en dúas idades diferentes das súas vidas.

ENTRADA GRATUITA ata completar aforo.

As 20:00   VOSE

Auditorio municipal de Vigo

Masacre” 

16

Xoves/Setembro

Masacre (ven e mira)

Sesión de filmoteca

Película de encargo para celebrar o 40 aniversario da victoria aliada na Segunda Guerra Mundial. Relata, a través dos ollos dun niño progresivamente endurecido polo sufrimento, a matanza sistemática dos habitantes das aldeas bielorrusas, máis de 600, durante a guerra

2 Euros

As 20:00   

Auditorio Municipal do Concello, na praza do Rei.

Federico

Federico Fernández”Fotografías” 

17

Venres/Setembro

Relatorio arredor do libro:
“Federico Fernández. Fotografías. Meu pai, o exiliado. Seu fillo, o fotógrafo”
Autores: Xurxo Martiz Crespo (relato biográfico) e Xosé Enrique Acuña (edición fotográfica)
Interveñen: Farruco Sesto (arquitecto, escritor, exministro de Cultura de Venezuela), Xurxo Martiz Crespo e Xosé Enrique Acuña
O Ateneo de Pontevedra organiza un relatorio arredor do libro Federico Fernández. Fotografías. Meu pai, o exiliado. Seu fillo, o fotógrafo, de Xurxo Martiz Crespo e Xosé Enrique Acuña, publicado pola editorial Fricción. O acto terá lugar o vindeiro venres 17 de setembro, ás 19:30 horas, na área de cristal do Edificio Castelao do Museo de Pontevedra, e contará coa intervención de Farruco Sesto, Xurxo Martiz Crespo e Xosé Enrique Acuña.
Sinopse da obra
Un compromiso fraternal adquirido polos editores deste libro, Acuña e Martiz, ante o fotógrafo venezolano Federico Fernández, tan ligado a Galicia, está na orixe dunha obra que recolle nas súas páxinas a obra antolóxica dun dos máis recoñecidos representantes da fotografía latinoamericana e que á vez mostra ao completo o ensaio gráfico e conceptual que realizou sobre a vida de combate do seu pai, o famoso exiliado galego politicamente coñecido como Comandante Sotomayor. Edición de grande calidade formal que ofrece unha selección de 120 obras e ás que se suman fotografías da súa vida particular e creativa para así, en conxunto, achegarnos á obra de Federico Fernández e reparar na riqueza das súas propostas plásticas ligadas preferentemente á fotografía documental da que, hoxe, é considerado un gran mestre en Venezuela e toda América Latina.
Datos biográficos
Federico Fernández Ackermann (1939-2014). Fotógrafo venezolano. Viviu ata os 5 anos coa súa familia materna en Alemaña e en 1945, ao culminar a II Guerra Mundial vivía en Francia coa súa nai Margaret Ackermann. O seu pai, José Fernández, nacido na Pobra do Caramiñal, activista antifranquista foxe a Venezuela en 1948, e despois, en 1950, consegue agrupar a súa familia. Na súa primeira mocidade Federico participa en accións políticas contra a ditadura de Franco. Foi un dos guerrilleiros do DRIL que secuestrou, xunto o seu pai, o transatlántico Santa María co obxectivo de denunciar as ditaduras de Franco e Salazar. Posteriormente, despois dunha formación en Cuba, participa brevemente nunha guerrilla en Venezuela xa que foi detido e pasou a ser encarcerado por diferentes prisións. Logo de recobrar a liberdade, en 1970 regálanlle unha cámara fotográfica e asiste ás clases de Carlos Herrera no laboratorio de Fotografía da Facultade de Ciencias. Xa en 1972, emprende unha viaxe terrestre por todo América do Sur ata chegar a Chile, onde toma fotografías para a súa primeira exposición. En 1973, xunto con Félix Molina e José Urdaneta montan unha escola de fotografía en Caracas. Entre 1976 ata 1981, traballa como fotógrafo do Museo de Bellas Artes, fotografando obras e demais actividades educativas do museo. Alí desenvolve a serie “Inaugurando” traballo dun ollo crítico ante a sociedade e de liña documental. Entre 1981 e 1983 dita clases de fotografía no Instituto de Diseño Neumann. En 1982, durante a Semana Santa crea a súa serie “Vía Crucis”, daquela a serie “Super Galaxia”. En 1984, recibe o Primeiro Premio de Fotografía Venezolana. En 1984 viaxa a Nicaragua, e produce a serie “Nicaragua en tiempo de Guerra” que relata aspectos da revolución sandinista. En 1986, falece o seu pai o “Comandante Sotomayor” e produce na súa homenaxe a serie “Mi padre el inmigrante”. En 1995 realiza a serie “Río Caribe” e se lle outorga o Premio Nacional de Fotografía. Fernández participou en numerosas exposicións individuais e colectivas en Venezuela e Europa onde a súa obra está representada en prestixiosas coleccións. Viaxou a Galicia en diversas ocasións e a súa obra foi exposta en diversos acontecementos fotográficos. Falece en Caracas en 2014 sen poder ver o proxecto que en 2008, na súa derradeira viaxe galega, lle transmitira a Acuña e Martiz Crespo para que fose convertido en libro.
Xurxo Martiz Crespo (Ferrol, 1964). Escritor e biógrafo principal de Federico Fernández e mais do seu pai o Comandante Sotomayor. Autor de diversas obras sobre o Exilio galego en América.
Farruco Sesto (Vigo, 1943). Arquitecto, poeta, ensaísta, amigo de Federico Fernández. Exministro de Cultura da Republica Bolivariana de Venezuela. Benefactor do Museo de Pontevedra.
Xosé Enrique Acuña (Pontevedra, 1956). Editor, xornalista, comisario de exposicións e escritor.
A entrada é libre con acceso limitado por restriccións Covid (máximo, 45 prazas). As persoas que desexen asistir deberán inscribirse previamente no correo electrónico reservas.museo@depo.es
As 19:30 

Área de cristal do Edificio Castelao do Museo de Pontevedra

“Acorda” 

17

Venres/Setembro

Teatro principal Pontevedra

Acorda. Cartografía musical da memoria histórica de Pontevedra” é unha idea orixinal do Departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra para dar a coñecer lugares e feitos relacionados coa represión franquista na provincia a través da música.

Neste traballo documental participan voces moi diversas que lembran as vítimas a través da interpretación de cancións coa represión como fío común gravadas en lugares simbólicos, testemuñas da barbarie no tempo do medo: a antiga Escola Normal e o edificio da Deputación de Pontevedra; o cemiterio da Estrada; o pozo da Revolta, en Marín; a praia de Massó, en Cangas; a praia de Alcabre, en Vigo; a Volta dos Nove, en Baiona; a Volta da Moura, símbolo da resistencia do Baixo Miño; e a illa de San Simón, o gran símbolo da memoria e a solidariedade en Galicia, que debe volver ser, por sempre, a nosa Illa da Memoria.

“Acorda” darase a coñecer na preestrea no Teatro Principal de Pontevedra o vindeiro 17 de setembro, ás 20:30 horas (é necesaria inscrición previa). A súa estrea oficial terá lugar no Ourense Film Festival 2021 o vindeiro 1 de outubro. Formulario de inscripción

As 20:30   

Teatro principal Pontevedra

Galicia na miña pintura

“Galicia na miña pintura” 

17

Venres/Setembro

Palacete das Mendoza

Exposición de Rosa Crespo Galicia na miña pintura
De martes a domingos de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 os sábados de 15:00 a 19:00 e os domingos só por a mañá
Do 17 de setembro ao 3 de outubro
De 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 

Palacete das Mendoza

Borrón 4

“Borrón 4” 

17

Venres/Setembro

O Concello de Cambados organiza unha exposición no Pazo de Torrado, en homenaxe a Luís Fernández Silvoso. O dono de Borrón 4 foi un dos galeristas de arte contemporánea máis activos de Galicia. O seu labor profesional viuse tristemente truncada coa súa prematura morte, en outubro de 2011
Do 17 de setembro ao 7 de novembro
Avoa fest

“Avoa Fest” 

17/26

Venres/Setembro

Praza da Peregrina

Entre os días 17 e 26 de setembro haberá diferentes actividades como o Bosque da Memoria, o Desafío Filloa e o Roteiro de Sobremesas. O obxectivo é recuperar o patrimonio culinario da cidade
Avoa Fest 2021 é un evento dedicado ás mulleres que gardaron a memoria culinaria da nosa terra: as avoas.
Entre os días 17 e 26 de setembro, Pontevedra será o escenario desta homenaxe que pretende recuperar o patrimonio gastronómico da cidade a través das receitas familiares.
O venres 17 inaugurarase o festival na Praza da Peregrina, ás 12:00 horas, coa presentación do Bosque da Memoria. A cidadanía poderá acudir á instalación, que estará dispoñible ata o día 26, e colgar das árbores as súas homenaxes persoais: fotos, debuxos ou cartas dedicadas ás súas avoas. Nesa carpa tamén haberá unha caixa de correos de receitas tradicionais. O obxectivo é crear un receitario común de Pontevedra, rescatando os ensinos que sobreviviron de xeración en xeración. El Bosque non será a única actividade do Avoa Fest;
o sábado 18 celebrarase o Desafío Filloa, un concurso onde netos e avoas competirán por preparar as mellores filloas. Desde o Concello pontevedrés animan a enviar a través de redes sociais un vídeo coa candidatura. O xurado estará composto polos cociñeiros e cociñeiras de Banda Cociñas de Pontevedra. O equipo gañador recibirá a Culler de madeira gravada. Outro dos pratos fortes do festival será o Roteiro de Sobremesas dá Avoa. Os hostaleiros da cidade serán partícipes incluíndo nas súas cartas unha sobremesa que herdasen das súas avoas. A Concellería de Promoción Económica difundirá un folleto para dar a coñecer a proposta de establecementos. O Avoa Fest pechará a súa edición
o día 26 de setembro cun taller de sobremesas tradicionais coa participación das mulleres maiores da residencia Saraiva.
As 12:00 

Varios enclaves da cidade

Sibila

Rosa Aneiros”Sibila” 

18

Sábado/Setembro

O vermú entre libros acolle a visita da escritora Rosa Aneiros que conversará do seu último libro ‘Sibila‘ coa escritora Anxos Sumai.
O libro que centrará a conversa está editado por Xerais e na súa páxina web podemos ler que ”Sibila é a neta da Rubia, a tola do argazo. A filla da expulsada. Sibila regresa ao lugar en que foi animal sen domesticar nun tempo en que todo foi seu. Agora nada ten agás a encarga dunha misión que cumprir e a terrible certeza de que lle vai a vida niso. Durante a estadía na illa irá descubrindo o salvaxe que nela habita: as tensións lacerantes entre quen é e de quen vén sendo; entre un pasado que estoura e un futuro que a aboca ao abismo; entre a ansia da mente e a vontade voraz do corpo. En «Sibila», a nova novela de Rosa Aneiros, nada é o que parece. Ou si. Talvez sexa exactamente o que parece, o que ninguén quere ver.”
As 12:30 

Libraría Paz

Do final e do comenzo

“Do final e do comezo” 

10

Venres/Setembro

Pazo da Cultura Pontevedra

O Pazo dá Cultura de Pontevedra acolle desde este venres unha nova edición de Do final e do comezo, a exposición na que a Facultade de Belas Artes reúne cada ano unha selección de obras realizadas polos novos titulados como parte dos seus traballos de fin de grao. Coas profesoras Covadonga Barreiro e Sonia Tourón, a mostra reúne as obras de 38 alumnos e alumnas.

Os artistas que participan son Nahir Álvarez, María Barca, Mateo Barcia, Doira Barrio, Rosalía Belo, Carolina Bouza, Sara Camaño, Noa Castro, Lara Cores, Susana Díaz, Pepe Eiras, Bea Fernandes, Carla Fernández, Helena Fernández, Nuria Ferreiro, Laura Ferro, Uxía Francisco, Ana Gómez, Daniel Jácome, Ricardo Lede, Manuel Lema, Lucía Lobelle, Nicolás López, Alba Matilla, Sabela Mato, Anubis Muñoz, Cora Novoa, Ana Núñez, Beatriz Paniagua, Laura Pérez, Wêdyla Rodrigues, Andrea Rodríguez, Samuel Rodríguez, Sofía San Claudio, Aarón Santos, Ruth Vidal, Luís Villanueva e Antón Yáñez.

De martes a sábado estará aberta de 18 a 21 horas. Ademais, os sábados e os domingos tamén de 12 a 14 horas

Ata 26 de setembro

Pazo da Cultura

virgen

“Visita guiada” 

19

Domingo/Setembro

Edificios Castelao e Sarmiento

Museo de Pontevedra A Virxe Branca é unha das pezas nas que nos detemos durante as visitas guiadas gratuítas que vos propoñemos todos os domingos e que inclúen tamén explicacións sobre o Tesouro de Caldas, a xeración doente, a louza de Sargadelos, os renovadores e Castelao. Se queres participar neste percorrido inscríbete en educación.museo@depo.es

De Renoir a Sorolla

Mulleres. De Renoir a Sorolla” 

9

Luns/Agosto

A exposición ‘Mulleres. De Renoir a Sorolla’ podes visitala pola túa conta ou participar nas visitas guiadas que realizamos os xoves ás 18.00 h e os sábados ás 12:00 h. Iso si, terás que reservar praza porque son limitadas. Escribe a educacion.museo@depo.es

Ata 17 outubro

Museo de Pontevedra

Cuentos móviles

‘Pop- up. Libros móbiles e despregables” 

10

Martes/Agosto

Exposición ‘Pop- up. Libros móbiles e despregables

O alemán Lothar Meggendorfer foi un dos artífices do que se coñece como a época dourada dos libros despregables. No #edificioCastelao podedes ver unha das súas obras, un exemplar de ‘Le grand cirque international’, que estivo exposto na Biblioteca Nacional de España e do que tan só coñécese outra peza máis no mundo. Unha pequeña xoia de 1887.

Ata 12 outubro

Museo de Pontevedra

Curso cerámica

Taller de “pintura y cerámica” 

13

Luns/Setembro

Sala de exposicións do GRANERO DELMAS
Talleres de pintura e cerámica e moito máis

No granero Delmás, cursos de papel maché, escaparatismo, restauración de porcelana, restauración de mobles etc

Apuntarse no teléfono 619432721
Sala de exposicións do GRANERO DELMAS

Galerias Oliva 2 espacio 15

Pontesán

 “Pontesán” 

17/18/19

Venres a domingo/Setembro

Praza de España
Pontesán
Segunda feira da saúde e o benestar

Do venres 17 ao domingo 19 na praza de España en Pontevedra

Praza de España Pontevedra
Ponteandadas

 “Ponteandadas” 

19

Domingo/Setembro

Concello de Pontevedra

Roteiro 1 (19 de setembro): Bora-Mourente. Desde o Miradoiro de Monte Porreiro farase un percorrido polas dúas marxes do Lérez, na beira pola que discorre a Senda do Lérez e por outra marxe menos coñecida e nunha contorna en plena natureza, onde os camiñantes atoparán muíños ou mesmo praias escondidas.

Javier Piñeiro, o director técnico das Ponteandadas e integrante xunto a Juan Romero do club de sendeirismo Naturgaliza, animaba a toda aquelas persoas que desexen practicar unha actividade física e de lecer que se inscriban por medio das diferentes vías de contacto. A través do correo electrónico ponteandadas@gmail.com, no Whatsapp 625 482 636 ou na páxina de Facebook do Concello de Pontevedra. Os organizadores manifestaban que esta actividade está aberta a todas as idades, desde nenos ata xente maior.

Cada roteiro contará cun número máximo de 200 participantes, que sairán en grupos de 20 persoas guiados por un monitor e ao que ningún camiñante poderá adiantar, para manter os grupos controlados. A saída está fixada para as 10:00 horas e finalización sobre as 14:00 para un percorrido medio de 10 quilómetros con baixa dificultade.

 

As 10:00
Praza de España Pontevedra
Matamoro

“A mirada acesa”

4

Venres| Xuño

Inaguración da exposición « A mirada acesa«,  de Din Matamoro 

Para a súa primeira exposición no MARCO, Din Matamoro (Vigo, 1958) toma como punto de partida unha célebre premisa de Kandinsky: “O branco é o gran silencio cheo de cousas posibles”. Esta mostra reúne unha selección da súa obra dos últimos anos, centrada no estudo da cor, acompañada doutras pezas de épocas anteriores que, como todo o traballo deste artista, implica todo un ensaio sobre a percepción, os seus mecanismos e emocións. A intención é que a súa obra se vexa íntima, completa, que o espectador poida sentir a aparición e a aproximación lenta da cor na súa mirada, a enerxía interior que hai detrás da pel de cada pintura, gardando entre elas un espazo xeneroso.

Pinturas que se moven, que non se conxelan no tempo despois de seren pintadas, que conservan un latexo, unha enerxía que se despraza ante a ollada, sutilmente, como a luz cenital ao longo do día, ou a luz e as cores que se moven nas pantallas de cine. Se nos paramos a contemplar, a cor cambiará de intensidade e descubriremos o seu carácter intimo, certo misterio, a súa forza interior e, a un tempo, o tráxico cósmico no que o humano non é máis ca un eco, unha resonancia.

Do 4 de xuño ao 7 de novembro. 

clubs de lectura

 “Clubs de lectura” 

20

Luns/Setembro

En outubro comeza de novo a actividade dos clubs de lectura da Biblioteca Pública de Pontevedra.

 Club “Voz de muller” luns alternos desde o 4 de outubro de 19.00 a 20.00 h.

 Club de francés martes alternos desde o 5 de outubro de 19.00 a 20.00 h.

Club de castelán todos os mércores desde o 6 de outubro de 17.00 a 18.00 h.

Club de galego xoves alternos desde o 7 de outubro de 19.00 a 20.00 h. Prazo de inscrición inicial: do 21 ao 27 de setembro (só permitirase a elección dun club por persoa)

20 de setembro: xornada presencial en horario de 9.00 a 14.00 h e 16.00 a 20.45 h na administración da biblioteca (2º piso).

Do 21 ao 27 de setembro : inscrición a través deste formulario web. Segundo prazo: aberto todo o ano a partir do 28 de setembro Neste prazo poderán facerse solicitudes a calquera club, independentemente de que xa se dispoña de praza noutro. As solicitudes serán a través de formulario web. As prazas cubriranse por estrita orde de petición. As solicitudes que queden sen praza formarán unha lista de reservas con vixencia durante esta etapa 2021/2022

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥