
“Roteiros literarios”
15
Luns/Maio
ROTEIROS LITERARIOS POLA PROVINCIA
Percorridos a pé de 90 min aproximadamente
Un ano máis, volven as rutas literarias organizadas pola Deputación de Pontevedra e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). O obxectivo destes percorridos é dar a coñecer as cidades e vilas do país da man das nosas autoras e autores, que exercen de guías tomando como base obras literarias propias ou alleas que se ambientan nos diversos espazos da provincia.
Inscrición: a partir do luns 15 de maio de 2023 ás 8:00 h. Recibirán confirmación, máximo en 2 rutas por persoa. No resto pasarán á lista de agarda.
O Luns 15 a partir das 08:00 horas
Provincia de Pontevedra

“Teatro contemporáneo”
15
Luns/Maio
Conferencia: TEATRO CONTEMPORÁNEO: MUJERES que rompen a cuarta parede Falaremos sobre Teatro, sobre Artes Escénicas Contemporáneas e sobre mulleres nas artes escénicas.
Lola Correa está licenciada en Dramaturxia e Dirección de escena pola RESAD (Real Escola Superior de Arte Dramática de Madrid). Escribiu e dirixiu para numerosas compañías e colaborado en distintas revistas especializadas.
Ana Vallés é autora, directora e actriz. Directora habitual da compañía Matarile desde a súa fundación en 1986, xunto con Baltasar Patiño, colabora habitualmente con outras compañías e institucións. O seu ultimo traballo estrearase en dúas semanas, “Fráxil”
Matrícula gratuita
De 18:00 a 20:00 horas
Salón de actos da UNED Pontevedra

“Música nas letras”
17
Mércores/Maio
Neste Día das Letras Galegas 2023 poderemos desfrutar a partir das 19 h da final do certame Música nas Letras.
Tres bandas, Javier Lago & Raúl Ben, Álex Outeda e BOHR amosaránnos as súas propostas musicadas de poemas de autores e autoras homenaxeadas nestes 60 anos de Letras Galegas.
Ata o día 15 podes votar o teu tema favorito entre os presentados ao concurso na conta @lingua_pontevedra para saber quen gaña o premio do público.
Ás 19:00 horas
Praza da Ferraría, Pontevedra

“Tratamentos con Biolóxicos…”
18
Xoves/Maio
Novo taller presencial e de balde “Tratamentos con biolóxicos e glucocorticoides na artrite” Relatora Dra Sabela Fernández Aguado.
Organiza a Escola Galega De Saude na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés
Non vos esquezades de premer nesta ligazón para anotarvos e poder asistir
Ás 16:30 horas
Salón de actos do hospital provincial de Pontevedra

“I Encontro de Arqueoloxía”
18,19
Xoves, Venres/Maio
Museo de Pontevedra
O Museo de Pontevedra organiza os días 18 e 19 de maio o I Encontro Arqueolóxico, que se achegará ás ‘Arquitecturas efémeras da prehistoria recente no Noroeste ibérico’. Podes consultar o programa completo e inscribirte na web
A inscrición é gratuíta.
Do 11 de maio ao 3 de xullo
Museo de Pontevedra

“Día dos Museos”
18
Xoves/Maio
‘O Museo de Pontevedra celebrará o 18 de maio, Día Internacional dos Museos, cunha programación arredor do eixo temático da conmemoración deste ano: ‘Museos, sustentabilidade e benestar’. Entre o xoves 18 e o sábado 20 de maio o Museo organiza unha exposición itinerante para achegar a arte ás persoas maiores, un concerto de Davide Salvado presentando o seu proxecto ‘Permita Deus’, unha visita guiada sobre museo e benestar, e o espectáculo de monicreques para público familiar ‘O peirao’, de Diáspora Teatro.
Diferente horario
Museo de Pontevedra

“Anxo Mena e Mª Álvarez Landesa”
18
Xoves/Maio
A poesía de Anxo Mena e Maria Alvarez Landesa será protagonista do Teñamos a poesía en Paz de maio. Presenta e coordina Silvia Penas Estévez
Ás 19:30 horas
Libraría Paz Pontevedra

“Lourizán”
18
Xoves/Maio
A Asociación pola defensa da ria presenta en Pontevedra -e como primicia- os traballos realizados pola ESCOLA SUPERIOR DE ARQUITECTURA da Universidade da Coruña encamiñados á rexeneración da zona roubada á Ría pola celulosa.
Ás 19:30 horas
Teatro Principal Pontevedra

“Del silencio a la emoción”
18
Xoves/Maio
DEL SILENCIO A LA EMOCIÓN II – Camerata Arven – Letras galegas
Coincidindo co mes de celebración das Letras Galegas, a Camerata dedicará o seu terceiro programa a homenaxear a algunhas das personalidades de máis importantes da nosa literatura, levando as súas palabras á música en diversas pezas que, pola súa popularidade, xa forman parte da memoria e a tradición musical de Galicia. Entre peza e peza recitaranse poemas do escritor e político Francisco Fernández del Riego, homenaxeado do Día dás Letras Galegas 2023.
Esta actividade enmárcase no programa CULTURA POR ALIMENTOS, unha iniciativa de Afundación a favor de FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos).
Mercar entradas Ataquilla.com
Ás 20:30 horas
Sede Afundación, Pontevedra

“Juan J. Ochoa”
18
Xoves/Maio
Concerto de Juan José Ochoa
Juan J. Ochoa é un pianista e compositor español coñecido pola súa vibrante música para piano electrónico preparado e as súas buscadas bandas sonoras para películas e espectáculos de danza. O seu estilo tende pontes entre a tradición clásica, a vangarda e a música electrónica de baile, con composicións que presentan un forte aspecto visual e físico así como unha sensibilidade profunda e emotiva.
Entrada de balde
Ás 20:30 horas
Auditorio CMUS de Pontevedra

“Davide Salvado”
18
Xoves/Maio
Davide Salvado presenta o proxecto ‘Permita Deus’. Será un escenario especial para un concerto concibido coma un acto de fe no patrimonio. A voz e as percusións de Davide estarán acompañadas do violín de Cibrán Seixo e a guitarra eléctrica de Antonio Casado para convidarnos a un recollemento sonoro con forma de concerto e fondo de acto espiritual. ‘Permita Deus’ percorre un catálogo moi persoal de cancións que quere facer ao espectador partícipe da intimidade dunha atmosfera creada por un son preciosista, un pouco meditativo, lento.
Entrada de balde
Ás 20:30 horas
Convento de Santa Clara de Pontevedra

“Narrativas Gráficas…”
19
Venres/Maio
Este venres 19 de maio ás 12.30 h inaugúrase a mostra “Narrativas gráficas e unha animación desesperada”, que poderá verse na Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes ata o 29 de xuño.
Con obras de Alberto Vázquez, Brais Rodríguez, Jano, José Domingo, Julia Lago, Kiko Da Silva, Martín Romero, Miguel Cuba, Miguel Porto e Miriam Iglesias.
Do 19 de maio ata o 29 de xuño 2023
Sala Universitaria Manuel Moldes na Facultade de Belas Artes Pontevedra

“Frei Martin Sarmiento”
19
Venres/Maio
CONFERENCIA: Frei Martín Sarmiento: viaxes e coñecemento dun ilustrado universal
Marcelino Agís Villaverde Catedrático de Filosofía USC – Profesor-Tutor con Venia Docendi C.A. UNED Pontevedra
Trátase de valorar a figura dun intelectual ilustrado, fixándose especialmente na importancia que adquiren as viaxes como forma de coñecemento
Require inscrición
De 18:00-20:00 horas
Salón de actos da UNED Pontevedra

“Susana Bermejo”
19
Venres/Maio
Inauguración da exposición “Multiversos (tangentes)” de Susana Bermejo
Entrada libre
De 19:00-20:30 horas
Rúa Rosalia de Castro 32 Pontevedra

“Fotografía con Smarphone”
19
Venres/Maio
Desde o venres 19 de maio os afeccionados á fotografía contarán cun novo curso, ‘Iniciación á “Fotografía con Smartphone’ Profesor: Luis Pereira
Horario: Mércores de 18:00 a 20:00 h ( Inicio do curso venres 19 de maio
Duración: 1 mes, Prezo: 60 €
Lugar: Sede de Manuel Quiroga Liceo Casino Pontevedra
¡Prazas limitadas! Máis información na Secretaría
Mércores de 18:00 a 20:00 horas
Liceo Casino, Pontevedra

“Alphaville”
19
Venres/Maio
A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a proxección de Alphaville. Une étrange aventure de Lemmy Caution (1965), de Jean Luc Godard nunha nova sesión do ciclo de cinema Expediente alquimia. Integrado por doce proxeccións e inserido nas actividades da Semana da Creatividade, esta progrmación propón un achegamento ás múltiples canles polas que a creatividade se fai patente en películas de diferentes xéneros e épocas
A entrada é libre ata completar capacidade.
Ás 19:00 horas
Casa das Campás Pontevedra

“Ilustración Bordada”
20
Sábado/Maio
TALLER: Ilustración bordada con Maritza Berttolini
Pasaremos unha mañá de sábado aprendendo diferentes puntadas de bordado para poder crear debuxos con fío e agulla.
Prezo 45€ con todos os materiais incluídos.
Ademais de descubrir as cousas básicas do bordado (ferramentas, materiais, como tensar a tea, enfiar a agulla, #etc), aprenderemos tres puntadas diferentes de base coas que poderás bordar unha ilustración preparada para o taller, e ademais terás a oportunidade de aprender outras 13 puntadas diferentes a través dun mostrario bordado. Sairás do taller cunha ilustración bordada que logo poderás converter nunha peza colgada en bastidor, un parche para a roupa etc.
De 10:30-13:30 horas
Rúa Rosalia de Castro 32 Pontevedra

“Cata de viños”
20
Sábado/Maio
Cata de viño impartida por @jacoborivasomm para presentar a nosa próxima selección de viños.
A cegas, que o bonito nesta vida é descubrir cousas diferentes, ou que? –
Prezo – 30 Euros. / per. Inclúe comida e café. –
Inscricións ata o 18 de Maio via Bizum, Webshop Palmkids ou en Palmkids House. – IMPORTANTE: enviar calquera tipo de intolerancias e alérgenos.
De 13:30 a 16:30 horas
Rúa Naranjo 25 Pontevedra

“Michael’s Legacy”
20
Sábado/Maio
Michael’s Legacy, avalado polo Club de Fans de Michael Jackson en España como o mellor espectáculo musical totalmente en directo, sobre O Rey do Pop na actualidade, é unha homenaxe a Michael Jackson, creado pola compañía Jackson Dance Company. Michael’s Legacy é a primeira homenaxe a Michael Jackson que ofrece o concepto de espectáculo que tiña o rei do pop nas súas xiras, con voces e música en directo. Michael’s Legacy é un espectáculo apto para todas as idades, no cal se poderá gozar dunha escenografía moi coidada, con réplicas exactas das cancións orixinais e un toque especial dado pola compañía nas súas representacións, cun gran corpo de baile formado por 8 bailaríns, unha incrible banda de 4 músicos e voces en directo, que nos transmitirán á perfección as mensaxes que o rei do pop facíanos chegar en cada unha das súas actuacións, facéndoche vivir unha incrible historia coma se ti foses o protagonista.
Mercar entradas Ataquilla.com
Ás 21:00 horas
Sede Afundación, Pontevedra

“XV Encontro de Palilleiras”
21
Domingo/Maio
XV Encontro de Palilleiras Cidade de Pontevedra
O Encontro de Palilleiras Cidade de Pontevedra volve despois da pandemia coa súa XV edición.
Participación de preto de 800 palilleiras chegadas de toda Galicia.
Pazo da Cultura de Pontevedra Inscrición
De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas
Pazo da Cultura, Pontevedra

“Carmen Domínguez. De cor a cor”
11
Xoves/Maio
Museo de Pontevedra
“A maternidade e a pintura son os piares fundamentais da miña vida; son dúas formas de creación moi distintas e moi iguais ao mesmo tempo”. Estas palabras de Carmen Domínguez son moi acaídas nunha xornada na que celebramos o Día da Nai e anunciamos a nosa próxima exposición: ‘Carmen Domínguez. De cor a cor’. Nela reivindicamos á artista pontevedresa e a súa busca infatigable da expresividade a través da forma e a cor. A mostra, comisariada polo seu fillo Kike Ortega, abre o xoves 11 de maio ás 19:30 e poderá visitarse ata o 3 de xullo.
A cita está tomada dunha entrevista no Diario de Pontevedra en 2011, recollida no catálogo da exposición por Ramón Rozas.
Do 11 de maio ao 3 de xullo
Museo de Pontevedra

“Emocións en perigo”
3
Mércores/Maio
EMOCIÓNS EN PERIGO
O seu obxectivo principal é romper as barreiras que parecen erguerse entre os seres humanos e a natureza, a través de sorprendentes retratos de animais nos que a súa personalidade é a protagonista. O fotógrafo Tim Flach baséase en estudos científicos recentes que demostran que fomentar a empatía cos animais e enfatizar a emoción é o camiño máis curto cara á conciencia sostible.
Do 3 de Maio ao 8 de xullo
Café Moderno, Pontevedra

“Había outra vez”
22
Sábado/Abril
Belén Padrón, Itziar Ezquieta, Manolo Figueiras, Xosé Carlos Seoane
Catro artistas vinculados a Pontevedra mostran as súas pinturas, de diferentes inspiracións, estilos e técnicas, nunha exposición conxunta que busca vertebrar un discurso unificado e coherente a través dun diálogo cruzado altamente suxestivo.
Constelaria, Roxonomía, Fractalismo e Arqueografía son respectivamente as denominacións que cada un elixiu para os seus cadros. Son tamén o punto de partida dun relato inserido no catálogo, obra de Manuel Lourenzo González, que narra a enigmática viaxe dun mozo que se ve obrigado a camiñar por un escenario de rúas laberínticas en busca de sinais que lle proporcionen a clave para saír e recuperar a súa vida e o seu pasado; unha viaxe que proporciona desde a literatura, a modo de xogo, fíos que consolidan esa converxencia da obra artística plural. Ten como tema o xogo e homenaxea ao propio Manuel Lourenzo, autor do texto que serve de fío condutor da exposición.
Do 22/04/2023 ao 21/05/2023
Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra

“Ruínas de San Domingos”
16
Martes/Maio
Achégase a primavera e con ela a reapertura das ruínas de San Domingos, o primeiro e máis antigo dos edificios que forman o noso Museo. Abrirá as portas o 1 de abril, xusto co comezo da Semana Santa.
De martes a sábado: de 10 h a 14 h e de 16 h a 19:30 h.
Domingos e festivos: de 11 h a 14 h
Entrada gratuíta
Dende o 1 de abril 2023
Avda Montero Ríos, Pontevedra
Xa podes anotarte

“Flúor Márketing congress”
25,26
Xoves, Venres/Maio
Flúor- Congreso atlántico de Marketing digital
5º Edición do Congreso Atlántico de Marketing Dixital-FLÚOR.
¡Moito máis que un congreso de marketing dixital!
Congreso de dous días. Conferencias, mesas redondas, workshops de diferentes temáticas e moito networking.
Desde ás 09:00 horas
Auditorio da Sede Afundación, Pontevedra

“Orquesta Sinfónica de Galicia”
1
Xoves/Xuño
Concerto da Orquesta sinfónica de Galicia en colaboración coa Sociedade Filarmónica de Pontevedra Directora: Catherine Larsen-Maguire
Solistas: Lucas y Arthur Jussen (dúo de pianos)
Programa: VAUGHAN WILLIAMS, Las avispas (obertura) ROUKENS In unison (estreno en España) ELGAR Variaciones para orquesta sobre un tema original, op. 36 (“Enigma”).
Ás 20:30 horas
Auditorio da Sede Afundación, Pontevedra

“N.E.V.E.R.M.O.R.E.”
2
Venres/Xuño
Coprodución de Chévere e o Centro Dramático Nacional-Teatro María Guerrero estreada en setembro de 2021, esta obra é unha viaxe emocional e documental á catástrofe do Prestige.
N.E.V.E.R.M.O.R.E. é a resposta indescifrable que o corvo do poema de Poe dá unha e outra vez ás preguntas dun home que perdeu o que máis quería. N.E.V.E.R.M.O.R.E. podería ser un S.O.S. emitido á desesperada no código internacional de sinais marítimos. Ou o acrónimo dunha gran corporación que sabe que hai sitios con xente que se poden sacrificar para que todo siga funcionando como ata agora. Ou simplemente un aviso do que estaba por vir.
Primeira actividade paralela da exposición SEMPRE MÁIS. ARTE, ECOLOXÍA e PROTESTA na Galiza do Prestige
Ás 20:30 horas
Pazo da Cultura, Pontevedra
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥