
“A rosa incandescente”
16
Luns/Maio
Seguindo a programación da semana das Letras Galegas, o próximo 16 de maio, ás 12.00 h, terá lugar a proxección do filme “A rosa incandescente” sobre a vida e obra da nosa recoñecida Rosalía de Castro. No evento, ademais, contaremos coa presenza de Anxos García Fontes (guionista e produtora), así como de Glafira Fernández-Campoamor (coautora do proxecto didáctico do filme: “Encanta se ri, conmove se chora”). Entrada de balde.
de 12:00 a 14:00
Plató da Facultade de Ciencias da Comunicación do Campus de Pontevedra.

“Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero”
16
Luns/Maio
O luns próximo temos unha actuación moi, moi especial. Un fermosísimo concerto de dous mestres de primeiro nivel.
Con motivo da semana das Letras Galegas, o vindeiro 16 de maio, Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero lévannos de viaxe a través dos instrumentos da tradición musical da nosa terra. Gaitas, a zanfona, dous tipos de acordeóns, ocarinas, pandeiras e moito máis. A continuación, amosarase como evolucionaron estes instrumentos ao longo do tempo, principalmente nestes últimos anos, tanto na súa construción coma nos seus usos e posibilidades. O evento terá lugar ás 19:30 h, no edificio da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra (Casa das Campás).

“La ladrona de huesos”
16
Luns/Maio
Igrexa de San Francisco Pontevedra
Manel Loureiro presenta en Pontevedra o seu último libro “La ladrona de huesos” de editorial Planeta.
𝑂𝑠 𝑐𝑜𝑛𝑐𝑒𝑙𝑙𝑒𝑖𝑟𝑜𝑠 𝑑𝑒 𝐷𝑒𝑠𝑒𝑛𝑣𝑜𝑙𝑣𝑒𝑚𝑒𝑛𝑡𝑜 𝑆𝑜𝑠𝑡𝑖𝑏𝑙𝑒, 𝐼𝑣á𝑛 𝑃𝑢𝑒𝑛𝑡𝑒𝑠; 𝑃𝑟𝑜𝑚𝑜𝑐𝑖ó𝑛 𝐸𝑐𝑜𝑛ó𝑚𝑖𝑐𝑎 𝑒 𝑇𝑢𝑟𝑖𝑠𝑚𝑜, 𝑌𝑜𝑦𝑎 𝐵𝑙𝑎𝑛𝑐𝑜, 𝑒 𝐵𝑒𝑛𝑒𝑠𝑡𝑎𝑟 𝑆𝑜𝑐𝑖𝑎𝑙, 𝑀𝑎𝑟𝑐𝑜𝑠 𝑅𝑒𝑦, 𝑎𝑠𝑖𝑠𝑡𝑖𝑟á𝑛 𝑎𝑜 𝑎𝑐𝑡𝑜 𝑑𝑒 𝑝𝑟𝑒𝑠𝑒𝑛𝑡𝑎𝑐𝑖ó𝑛 𝑒 𝑠𝑖𝑛𝑎𝑡𝑢𝑟𝑎 𝑑𝑜 𝑛𝑜𝑣𝑜 𝑙𝑖𝑏𝑟𝑜 𝑑𝑜 𝑒𝑠𝑐𝑟𝑖𝑡𝑜𝑟 𝑝𝑜𝑛𝑡𝑒𝑣𝑒𝑑𝑟é𝑠 𝑀𝑎𝑛𝑒𝑙 𝐿𝑜𝑢𝑟𝑒𝑖𝑟𝑜 ‘𝐿𝑎 𝐿𝑎𝑑𝑟𝑜𝑛𝑎 𝑑𝑒 𝐻𝑢𝑒𝑠𝑜𝑠’, 𝑝𝑢𝑏𝑙𝑖𝑐𝑎𝑑𝑜 𝑝𝑜𝑙𝑎 𝑒𝑑𝑖𝑡𝑜𝑟𝑖𝑎𝑙 𝑃𝑙𝑎𝑛𝑒𝑡𝑎. 𝑈𝑛𝘩𝑎 𝑜𝑏𝑟𝑎 𝑑𝑒𝑓𝑖𝑛𝑖𝑑𝑎 𝑐𝑜𝑚𝑜 “𝑢𝑛𝘩𝑎 𝑖𝑚𝑝𝑎𝑐𝑡𝑎𝑛𝑡𝑒 𝑛𝑜𝑣𝑒𝑙𝑎, 𝑑𝑒 𝑟𝑖𝑡𝑚𝑜 𝑓𝑟𝑒𝑛é𝑡𝑖𝑐𝑜 𝑒 𝑠𝑜𝑟𝑝𝑟𝑒𝑑𝑒𝑛𝑡𝑒𝑠 𝑟𝑒𝑣𝑒𝑙𝑎𝑐𝑖ó𝑛𝑠, 𝑛𝑎 𝑞𝑢𝑒 𝑀𝑎𝑛𝑒𝑙 𝐿𝑜𝑢𝑟𝑒𝑖𝑟𝑜 𝑐𝑜𝑛𝑞𝑢𝑖𝑠𝑡𝑎 𝑎𝑜 𝑙𝑒𝑐𝑡𝑜𝑟 𝑒 𝑜 𝑎𝑡𝑟𝑎𝑝𝑎 𝑖𝑟𝑟𝑒𝑚𝑒𝑑𝑖𝑎𝑏𝑙𝑒𝑚𝑒𝑛𝑡𝑒”.
Tras ser vítima dun salvaxe atentado, Laura perde completamente a memoria. Só o agarimo de Carlos, o home do que se namorou, axúdalle a percibir escintileos do seu misterioso pasado. Pero quen é Laura? Que lle sucedeu? Durante unha cea romántica, Carlos desaparece de forma inexplicable e sen deixar rastro. Unha chamada ao móbil da nova anúncialle que, se quere volver ver con vida á súa parella, terá que aceptar un perigoso reto de insospeitadas consecuencias: roubar as reliquias do Apóstolo na catedral de Santiago. Sen dubidar un segundo, Laura embárcase nunha misión imposible para calquera. Pero ela non é calquera.
Ás 20:15 Horas
Igrexa de San Francisco, Pontevedra

“Orquesta Clásica de Vigo”
17
Martes/Maio
A Orquesta Clásica de Vigo ofrecerá un concerto que terá como protagonista o órgano ibérico do Convento de Santa Clara cun programa que porá de manifesto a diversidade e capacidades deste instrumento histórico que se abre por primeira vez á cidade de Pontevedra.
Dirixe: Manuel Martínez Álvarez-Nava
Organista: Daniel Sanmartín Nieto
Ás 20:00 horas
Convento de Santa Clara, Pontevedra

“O poder dos museos”
18
Mércores/Maio
Polo día internacional dos museos, a programación en Pontevedra incluirá un festival musical con artistas noveis do Estudo Bonobo. O primeiro concerto, de nenos de entre 4 e 6 anos de idade, levará por título ‘Ritmo na lúa e Noise in the Jungle’. Esta actividade farase na ‘zona 0’, o vestíbulo do primeiro andar do Edificio Castelao ás cinco da tarde.
O seguinte concerto do día será ás 19.30 na praza de entrada do Edificio Castelao. Haberá unha actuación da banda do proxecto Rocklab con cancións propias do alumnado de 10 a 12 anos e un concerto de Rebel Spirits, a banda feminina de rock que naceu na escola Estudo Bonobo.
Finalmente, xa ás 21.30 horas, no Claustro do Edificio Sarmiento, será o momento para o concerto de Thom Archi, cunha mistura de ritmos urbanos, melodías pop, rap e música dance electrónica.
Ademais haberá visitas comentadas sobre a fonte que está instalada nos xardíns de Casto Sampedro e que, a pesares de estar nun lugar público, pertence aos fondos propios da institución provincial. Serán ás 12 e 13 horas pola mañá e ás cinco e ás seis da tarde, sendo o punto de encontro a propia fonte.

“José Suárez: Suite para unha vida”
18
Mércores/Maio
O mércores, ás 21.30 h, nas Ruínas de San Domingos, terá lugar o concerto ‘José Suárez: Suite para unha vida’, con Rafa Fernández, compositor e guitarra eléctrica; Pablo Pérez no contrabaixo; Virxilio da Silva na guitarra eléctrica; Álex Salgueiro nos teclados, e visuais por Iván Torres.
“Miracolo a Milano”
18
Mércores/Maio
Fundación Cuña-Casasbellas
Ciclo de poesía, cine, arte e investigación: “Ledo mural de dignidade e resistencias”
Proxección: Miracolo a Milano de Vittorio De Sica En Sala VerSus
No marco da programación da Fundación Cuña-Casasbellas. Fabulario Novo-Hipofanías, para o ano 2022, terá lugar na Sala VerSus un novo Ciclo de poesía, arte, cine e socioloxía “Ledo mural de dignidade e resistencias”. O programa inclúe o ciclo cinematográfico homónimo, cuxa segunda sesión terá lugar este mércores, 18 de maio, ás 20:00h, coa proxección do Film: Miracolo a Milano Direc.: Vittorio De Sica Italia, 1951
Música: Alessandro Cicognini Fotografía: Aldo Graziati Duración: 92 m
Sinopse. Totó é un bondadoso orfo que vive, igual que outros moitos desharrapados, nun mísero barrio de chabolas nos arredores de Milán. Cando nos terreos onde viven descóbrese petróleo, Totó, tan inxenuo como bienintencionado, decide enfrontarse ao poderoso señor Mobbi, o dono do chan. Aínda que contén elementos fantásticos, constitúe con “Ladrón de bicicletas” e ” Umberto D.” a gran triloxía neorrealista de De Sica.

“Peter Bagge”
18
Mércores/Maio
Todo el mundo es imbécil menos yo, exposición de Peter Bagge en Pontevedra
Todo o mundo é imbécil menos eu. Peter Bagge e o cómic Underground
Editorial La Cúpula – O Garaxe Hermético
Única conferencia que dará en Galicia. Será o mércores 18 ás 19h. no Salón de Actos do Pazo da man de Ediciones La Cúpula. Ás 18h. iniciará a firma de exemplares e ao remate da charla, cara ás 20h, terá lugar a inauguración da mostra. Unha oportunidade única de coñecer a unha lenda viva do mundo da BD e o cómic.
No horario habitual de apertura da Sala de martes a venres de 18 a 21h. Sábados de 12 a 14h e de 18 a 21h. e domingos de 12 a 14h. Luns, pechada.
Do 18 de Maio ás 20:00 ata o 17 de Xullo ás 14:00
Pazo da Cultura

“Industrias Guerra”
19
Xoves/Maio
“Industrias Guerra, S.A.”
O Ateneo de Pontevedra organiza un ciclo de conferencias sobre Internacionalización e Innovación da empresa galega que se desenvolverá mensualmente entre febreiro e maio de 2022. A actividade conta co patrocinio de Adf Auditores de Finanzas e ADV GRUPO Economistas & Abogados – Concursal y Pericial, e a colaboración de Espazo Nemonon.
Relator: Víctor Pintos Rodríguez (director xeral da empresa de fabricación de equipos hidráulicos para os sectores mariño e forestal Industrias Guerra, S.A.)
Interveñen: José María Alonso (economista, coordinador do Ciclo – Adf Auditores de Finanzas), Antón Sobral (directivo do Ateneo de Pontevedra) e Víctor Pintos Rodríguez
Ás 20:00 horas
Villa Pilar – Marqués de Riestra, 11 Pontevedra

“Voilà la femme”
19
Xoves/Maio
‘Voilà la femme’, a exposición que abriremos ao público o xoves, pretende visibilizar a creación artística realizada por mulleres, convidándonos a reflexionar acerca da identidade e a desigualdade a través da obra de 25 creadoras galegas ou vencellasdas a Galicia.
Inauguración xoves día 19
19:30 h
Edificio Castelao
Entrada libre ata completar o aforo
Ás 19:30 horas
Edificio Castelao Pontevedra

“El abrazo”
19
Xoves/Maio
El Abrazo de Christina Herrström, Versión e dirección: Magüi Mira, Reparto: María Galiana; Juan Meseguer, Jimmy Roca, Producción: Pentación Espectáculos
“ Interesante relato que se desliza entre a realidade e o onírico con gran destreza” Unha muller, Rosa, e un home, Juan, de avanzada idade, antigos amantes, reencóntranse e abrazan despois de case unha vida na que o seu desexo de ter un fillo seguiu palpitando. Ese mesmo día un home aparece feliz na porta de Rosa. É real ou un soño imposible? É un agasallo do destino ou a creación dun problema que as súas vidas son incapaces de asumir? Son os soños, finalmente, a única realidade posible? Christina Herrström, pon a proba, con humor e boas doses de acidez, a nosa oxidada capacidade de amar.
Ás 20:30 horas
Auditorio Sede Afundación Pontevedra

“Degusta Europa”
20
Venres /Maio
O día 20 de Maio no mercado da man do Carlos Oroza
Volve a 6 mercados e prazas da provincia da man do CIFP Carlos Oroza e o Cifp Manuel Antonio! Utilizaremos produtos locais para reinterpretar pratos típicos de Bélxica, Dinamarca, Francia, Italia..
O 20 de Maio
Mercado de Pontevedra

“Antonio Mata Huete”
20
Venres /Maio
Ana Corzo
Encontro co escritor e poeta Castelán Manchego Antonio Mata Huete.
Intervirán:
Ana Corzo
Adri de Vargas
Iria Barros
Diego Valles
Queco Fresco
Ás 20:00 horas
Espacio Nemonón Pontevedra

“Florilexio”
20
Venres/Maio
A Fundación Cuña- Casasbellas. Fabulario Novo- Hipofanías e Edicións Taza Lunar, teñen a satisfacción de convidarlle á presentación do libro “Florilexio. Antoloxía de contos ilustrados”.
Presentan: Elvira Fernández, Cruz López e Augusto Metztli Música: Andrés Iwasaki
FLORILEXIO. Desde a editorial Tazalunar ( Tazalunarbooks, Vilagarcía) empréndese viaxe por Galicia, Andalucía e América, convidando a artistas a contar historias contundentes, sutís, tenras, crúas e intensas coas palabras e as imaxes. ” Florilexio” reúne dez relatos con dez ilustracións e unha preciosa portada, de artistas nadas ao redor do Atlántico.

“Pil- pil y lacón con grelos”
20
Venres /Maio
Ás 19:00 horas
Bar Bocaíto Pontevedra

“Percuterapia”
20
Viernes/Maio
Praza de España
O programa municipal A Vida é Movernos, impulsado pola Concellería de Deportes, Actividade Física e Saúde, decidiu estender a alegría e o ritmo dos seus talleres de Percuterapia por diferentes barrios e parroquias de Pontevedra. Tras unha sesión que terá lugar o venres 20 de maio ás 12:30 horas no marco da III Feira da Saúde e o Benestar PonteSán (na carpa da Praza de España), os obradoiros impartidos polo músico, terapeuta e percusionista Pedro Campos, experto en intelixencia emocional, desenvolveranse ao longo dos meses de xuño e xullo
Ás 12:30 horas,
Praza de España
“Fermosa vinganza”
20
Venres/Maio
Proxección de ‘Promising Young Woman (2020), de Emerald Fennell 113 min. Reino Unido “Fermosa vinganza”
Nova sesión do ciclo de cine Subordinadas, coordinadas, xustapostas, dirixido a reflexionar sobre o rol das mulleres na historia do cinema, pór en valor o traballo de diferentes profesionais e analizar os modelos argumentais a través dos que esta industria abordou o concepto da feminidade.
Cassie tiña un brillante futuro por diante ata que un desagradable incidente truncou a súa carreira. Agora nada na súa vida é o que parece: é intelixente, audaz e vive unha dobre vida de noite. Cassie ten a oportunidade de emendar todo o que non saíu ben no seu pasado… vingándose dos culpables.
Ás 19:00 horas.
Casa das Campás, Pontevedra

“Pontesán”
20/22
Viernes a Domingo/Maio
Praza de España
III Feira da Saúde e o Benestar, impulsada pola Concellería de Deportes e Saúde en colaboración coa Deputación Provincial, contará cuns 40 expositores e desenvolverá unha intensa oferta de obradoiros, charlas, exhibicións e clases
O maior evento socio sanitario que se celebra en Galicia regresará a fin de semana do 20 ao 22 de maio nunha III edición con récord de participación e un intenso e variado programa orientado a combater os efectos da pandemia no noso estado de ánimo e a optimizar a nosa saúde mental e benestar emocional. A Feira da Saúde e o Benestar 2022, impulsada pola Concellería de Deportes e Saúde en colaboración coa Deputación Provincial, contará coa implicación de máis de 40 entidades expositoras, entre colectivos, colexios profesionais e institucións vencellados ao sector sanitario, que terán ocasión de visibilizar o seu traballo e que desenvolverán unha chea de obradoiros, exhibicións, charlas e clases tanto na carpa que se instalará na Praza de España como na avenida de Montero Ríos.
Entre as actividades das que a cidadanía poderá desfrutar de balde, o venres 20 e o sábado 21 en horario de 11:00 a 14:30 horas e de 17:00 a 20:30 horas e o domingo 22 de 10:00 a 14:00 horas, inclúense fúbtol a pé, dancehall, papiroflexia, un showcooking, un campionato de petanca ou unha andaina solidaria.
Venres 20 e o sábado 21 de 11:00 a 14:30 horas e de 17:00 a 20:30 horas e o domingo 22 de 10:00 a 14:00 horas,
Praza de España

“Comandante Lara & Cia”
20
Venres/Maio
Luís Lara, máis coñecido como o ‘Comandante Lara’, é un auténtico fenómeno mediático nos últimos anos. Co seu humor directo, arriscado, máis de tocar cousas comprometidas, provocará que ao mesmo tempo que nos ruborizamos non podamos parar de rir nin un só segundo. E nesta ocasión vén acompañado de Jesús Tapia e Vicente Ruídos que farán as veces de teloneiroes/teloneiros de maneira intercalada durante o show. Un novo show no que Luís Lara, exercendo de Comandante, levará a voz cantante, e falaranos da súa relación co seu cuñado Ramiro, da súa situación tras deixarlle a súa noiva, e dos problemas para establecer unha nova relación con outra moza tras quedar solteiro… imos, un vórtice de desdichas. Un novo show de monólogos ao máis puro estilo gaditano que non deixará indiferente a ninguén!
Ás 21:00 horas
Auditorio Sede Afundación Pontevedra

“Quinteto Globo”
20
Venres/Maio
O Quinteto Globo foi creado na Escola Superior de Música Raíña Sofía de Madrid en 2016 onde recibiron o premio ao grupo máis sobresaínte de mans da propia raíña. Realizaron concertos nas salas máis importantes de España como o Auditorio Nacional, Auditorio Sony ou CaixaForum de Barcelona. Actualmente está formado por Gala Kossakowski (frauta), Inmaculada Veses (óboe), Natacha Correa (clarinete), Andrea Pérez (fagot) e Jessica Rueda (trompa).
Ás 20:00 horas
Convento de Santa Clara, Pontevedra

“Natalia Litvinova”
21
Sábado/Maio
vermú entre libros con Natalia Litvinova
O noso Vermú entre libros de maio recibe a visita da poeta Natalia Litvinova que conversará con Elena Medel, editora de La Bella Varsovia.
Natalia Litvinova é poeta, editora e tradutora de poesía rusa. Naceu en Bielorrusia e vive en Bos Aires. Ten publicados varios poemarios, entre eles Siguiente vitalidad, Cesto de trenzas y La nostalgia es un sello ardiente. A súa obra tamén está editada en Alemania, Francia, España, Chile, Brasil, Colombia e Estados Unidos.
De 12:30 a 13:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra

“Portas abertas”
21/22
Sábado, Domingo/Maio
De 11:00 a 19:00 horas
Convento de Santa Clara, Pontevedra

“Música e poesía”
21
Sábado/Maio
A xunta de Coros de Pontevedra e o centro Kairós para festexar o Día das Letras organizan o evento “Unión de MÚSICA E POESÍA”
-Sentimonos tremendamente orgullosas do noso alumnado xa que con esforzo e espírito de superación foron capaces de elaborar os poemas para este día tan especial.
-Todo iso coa axuda da nosa *Madriña de Poesía Carmen Quinteiro* que nos regalou o verso que dá comezo aos poemas…
Música a cargo:
Coro colexio de avogados de Pontevedra
Coral Polifónica de Pontevedra
Coro Luis Garcia Limeses de Pontevedra
Coro II del CMUS Manuel Quiroga de Pontevedra
Ás 20:00 horas
Praza de Santa María, Pontevedra

“13 Cancións bonitas”
21
Sábado/Maio
13 CANCIÓNS BONITAS: BENXAMÍN OTERO E GERMÁN DÍAZ
Benxamín Otero e Germán Díaz propoñen unha selección de cancións co sinxelo fío argumental de ser, aos seus oídos, bonitas… Compositores como Schubert, Satie, Galliano ou Clastrier, cancioneiros como o de Inzenga ou de Federico Olmeda, e melodías propias compoñen o corpus ecléctico e accidental que conforma este persoal concerto.
Ás 20:00 horas
Convento de Santa Clara, Pontevedra

“Ponteandadas”
22
Domingo/Maio
Praza de España
Ás 10:00 horas
Praza de España

“V Xornadas de percusión tradicional”
22
Domingo/Maio
V Xornadas de percusión tradicional polo mestre Andrés Vilán
información gaiteirosriasbaixas@gmail.com tl 639908788
horario 10:30 a 14:00 horas
16:00 a 19:30
prezo 45 euros
De 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 19:30 horas
Rúa leandro del rio carnota 12 Lérez, Pontevedra

“Noé Rodrigo”
22
Domingo/Maio
SONS NATURA: NOÉ RODRIGO
Noé Rodrigo é un percusionista especializado en música contemporánea que, en paralelo á súa carreira como solista, desenvolve un importante labor como docente e colabora con diferentes ensembles e orquestras en todo o mundo. Co seu espectáculo Sons Natura preséntanos unha ampla gama tímbrica cos materiais da natureza, dende a madeira ata o alabastro e sempre co imparable pulso dos tambores que nos levan as manifestacións máis primitivas do ser humano.
Ás 12.30 horas
Convento de Santa Clara, Pontevedra

“Voilà la femme”
10
Martes/Maio
EXPOSICIÓN: VOILÁ LA FEMME
Inauguración da exposición comisariada e coordinada por Celeste Garrido no Ateneo Santa Cecilia. do 10 ao 3 de xuño
Coa participación das artistas seleccionadas:
Laura Domínguez Carnero
Isabella Ferreiro Bermúdez
Abril Iglesias Garrido
Ruth Rodríguez Gonzalo
Alba Santiago Taboada
Exposición colectiva de mulleres que se ven celebrando no Ateneo Santa Cecilia de forma ininterrumpida ao longo de estes 29 anos. A exposición colectiva de mulleres mais lonxeva de cantas se celebran en España.
Do 10 de Maio ao 3 de Xuño 2022
Ateneo Santa Cecilia Marín

“O Inefable”
5
Xoves/Maio
Exposición “Inefable”
Aquilo que non se pode describir nin expresar con palabras é do que nos falan as obras artísticas, establecendo unha relación máxica que nace cando se inicia un diálogo entre a ou o artista e a súa obra. “Trátase de atoparnos co que non se ve e que, porén, existe grazas ao que vemos”, como dixo nunha ocasión a escritora Eva Veiga.
O “inefable” podería expresarse a través de diferentes sistemas sígnicos como a poesía, a música, a pintura… ou, simplemente, o silencio. Pero o “inefable” é tamén a luz, a cor, o baleiro e a materia, aspectos fundamentais da creatividade dos protagonistas desta exposición Chelo Rodríguez e Fernando Carballa que, de tempo atrás, comparten amizade e a incansable necesidade de experimentar para captar o instante e transformalo en algo eterno que poidamos nós tamén captar e gozar.
O esforzo por desvelar o “inefable” amosa camiños ben distintos en ambos os dous. Mentres Chelo emprega espazos interiores, cheos de luz e de cor, coa presenza constante e desacougante de diferentes cadeiras como metáforas, Fernando xoga a desvelar a materia e, nesta ocasión, preséntanos o misterio a través da livián e suxestiva porcelana, máis tamén coa forza primixenia do barro. Con todo, comparten nesta mostra das súas obras a súa atracción pola figura humana, quer coas diversas representacións de cabezas que nos atrapan nun mundo simbólico e conceptual, propio de Fernando Carballa, quer cos atractivos manequíns cheos de vida e movemento, de xeito aparentemente contraditorio, que nos mostra Chelo Rodríguez. No horario habitual de apertura da Sala de martes a venres de 18 a 21h. Sábados de 12 a 14h e de 18 a 21h. e domingos de 12 a 14h. Luns, pechada.
Do 5 de Maio ás 19:30 ata o 17 de Xullo ás 14:00
Pazo da Cultura

“Materiais”
22
Venres/Abril
A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes, na Facultade de Belas Artes, acollerá a exposición artística “Materiais”, coa participación de obras de Galia Baba Chaman, Julio Catalán, Álex Fuertes, Aitana Iglesias, Gloria Lorenzo, Sol Mussa, Diego del Río, Paula Santomé, Ruth Vidal e Carlos Vivero. Entrada de balde
Do 22 de Abril ao 20 de Xuño.
Facultade de Belas Artes, Pontevedra

“Candela Conde”
15
Venres/Abril
Exposición“Diálogos internos” de Candela Conde poderase visitar a partir do venres 15 de abril ata o 30 de xuño no espacio Arroelo, en Pontevedra.
Esta exposición é unha restrospectiva de algúns dos seus traballos ata agora, desde pintura e grabado ata fotografía.
Podédes coñecer máis sobre esta artista, estudiante de Belas Artes en Pontevedra, a través do seu grabado, fotografía e pintura nas nosas paredes.
Horarios de visitas
De luns a venres de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 20:00
Ata o 30 de Xuño
Espacio Arroelo

“A presenza invisible”
7
Xoves/Marzo
Do 7 de abril ao 12 de xuño
Edificio Castelao

“O noso planeta”
15
Martes/Febreiro
En colaboración coa plataforma audiovisual Netflix, a Sede Afundación Pontevedra acolle do 15 de febreiro ao 28 de maio a exposición «O noso planeta», baseada na serie homónima da plataforma e coa participación de David Attenborough. Este traballo fotográfico tenta concienciar sobre a problemática á que se enfronta o planeta pola acción do home: plásticos, encoros, quecemento global, contaminación, etc. Mergullámonos na beleza natural do planeta Terra para reflexionar sobre o impacto da nosa actividade, así como sobre a necesidade inminente de incorporar a sustentabilidade á nosa forma de vida. Unha exposición con imaxes sorprendentes, elementos audiovisuais e interactivos, realidade virtual e unha mensaxe imprescindible.
Do 15 de febreiro ao 28 de maio
Obra social Abanca Pontevedra
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥