
“Corpo, obxecto e xénero”
16
Luns/Outubro
Conferencia”Corpo, obxecto e xénero na fotografía contemporánea.
Ás 12:30 horas
Espazo 16 da Facultade Belas Artes, Pontevedra

“Homenaxe a Jorge Cuña”
16
Luns/Outubro
Fundación Cuña Casasbellas
Homenaxe ao poeta JORGE CUÑA (Vigo, 1945 – Pontevedra 2004)
Concerto “Hipofanías” do Grupo Moloch
[Laura García (guitarra e voz), Andrés Martínez (teclado) e Violeta Mosquera (batería)]
Reedición do poemario “Mantis”, de Jorge Cuña
Ás 20:15 horas
Teatro principal, Pontevedra

“Le meraviglie”
17
Martes/Outubro
Gelsomina vive cos seus pais e as súas tres irmás pequenas nunha granxa da Umbria, onde producen mel. As mozas medran á marxe da sociedade, baixo as estrictas normas que manteñen a familia unida. A chegada dun mozo alemán enviado alí para seguir un programa de reinserción e a descuberta por parte das mozas dun programa de televisión que se difunde pola comarca fan que medre a tensión no seo da familia.
Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra

“Memes Feministas”
18
Mércores/Outubro
Obradoiro de memes feministas
A aula 3 da Facultade de Comunicación acolle outra das actividades do ciclo A fenda de xénero dixital: construíndo a internet e as relacións sociais dende o empoderamento feminino, promovido pola Unidade de Igualdade da UVigo e o grupo de innovación docente Academ-IA (Intelixencias Artificiais en Educación), co apoio da facultade.
Aberto ao público, o ciclo acolle nesta xornada un obradoiro de memes feministas, a cargo da responsable da axencia Trend, Xiana Vidal.
Ás 13:00 horas
Facultade de Comunicación, Pontevedra

“Borja González”
18
Mércores/Outubro
Borja González – ilustración estará con nós o mércores 18 para presentarnos o seu novo libro. Estará acompañado de Rafa Tenorio.
Ás 19:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra

“Os Lobariñas de Feixoo”
18
Mércores/Outubro
Ás 19:30 horas
Libraría Metáfora, Pontevedra

“Equus”
18
Mércores/Outubro
EQUUS de Peter Shaffer
1 h 40 min | Castelan | Maiores 16
«Unha obra que te manterá en suspenso até chegar ao sorprendente desenlace final»
Esta xoia da dramaturxia universal tráenos un texto complexo no que o psiquiatra Martin Dysart recibe o encargo máis difícil da súa carreira profesional, debe tratar un mozo que cometeu un acto brutal: sacar os ollos cun punzón á media ducia de cabalos que coidaba.
Ás 20:30 horas
Auditorio da Sede Afundación, Pontevedra

“Isabel Barreto”
19
Xoves/Outubro
Deputación provincial de Pontevedra
Isabel Barreto: Adelantada de los mares del sur
Aventurera, descubridora y adelantada de la navegación española, la gallega Isabel Barreto de Castro tuvo una vida fascinante y llena de aventuras por la conquista de los mares del sur al frente de una de las expediciones marítimas españolas más largas del siglo XVI. Atravesó el océano Pacífico y fue la primera en hacerlo por el hemisferio sur. Su piloto, Pedro Fernández de Quirós, la acusó de ser cruel al mando de la expedición, pero otros miembros de la tripulación aseguran que fue una valiente heroína. Aunque si era una déspota, ¿no lo eran igualmente los hombres en situaciones similares?
Relatora: Eloisa Gómez-Lucena
Ás 19:00 horas
Pazo Provincial, Pontevedra

“Alberto Mancebo”
19
Xoves/Outubro
Alberto Mancebo Soto visítanos para presentar o seu novo libro editado por XERAIS, estará acompañado de Irene Lourido e Sara Vila
Ás 19:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra

“Nabiza Girl”
19
Xoves/Outubro
A Vicerreitoría do campus promove, coa colaboración do Concello de Pontevedra, unha nova edición de Contos de Inverno, un ciclo de contacontos para público adulto que busca pór en valor a literatura de transmisión oral. Con entrada libre ata completar a capacidade da sala, o ciclo acolle nesta xornada o espectáculo Nabiza Girl, de Isabel Risco.
Ás 20:30 horas
Vicerreitoria, Pontevedra

“El lago de los cisnes”
19
Xoves/Outubro
Ballet de Kiev. El Lago de los Cisnes
Doazón a UNICEF para apoiar o seu traballo na emerxencia de UCRANIA de 1,5 €por cada entrada vendida.
Despois do gran éxito de 2022 coa primeira xira por España do Ballet de Kiev, que quedou marcada na memoria de todos nós coa tinta vermella que, con trazo groso, describe a traxedia que se está a vivir, en 2023 o O Ballet de Kiev percorrerá unha vez máis as salas máis prestixiosas de España. As bailarinas e bailarinas do Ballet de Kiev ofrécennos unha incrible versión do Lago dos Cisnes.
Ás 20:30 horas
Auditorio da Sede Afundación, Pontevedra

“María Luisa”
19
Xoves/Outubro
Teatro principal
Ponteatro “María Luísa” de Lozana Films
María Luisa é unha muller entrada en anos que vive soa, independente e que goza da vida. Unha conversa casual co porteiro da casa é o detonante para unha sucesión de esceas que, con moito humor e un ton entrañábel, permítennos descubrir de preto o mundo desta curiosa señora. Con esta obra recentemente escrita, Juan Mayorga debuta na Abadía tras asumir a dirección artística desta casa. Unha comedia sobre a soidade, sobre a vellez, e sobre os difusos límites entre a realidade e a imaxinación
Ás 21:00 horas
Teatro principal, Pontevedra

“A muller e o monstro”
20
Venres/Outubro
A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a proxección de A muller e o monstro (1954), de Jack Arnold nunha nova sesión do ciclo de cinema Limítrofes. Integrado por doce proxeccións entre os meses de setembro e xaneiro, o ciclo afonda en como a historia do cinema abordou a aparición de elementos dificilmente explicables en realidades aparentemente cotiás.
Entrada de balde
Ás 19:00 horas
Casa das campás, Pontevedra

“Quen escribirá a miña historia?”
20
Venres/Outubro
O Ateneo de Pontevedra organiza un relatorio arredor da novela Quen escribirá a miña historia?, de Iria Morgade Valcárcel, publicada por Editorial Galaxia.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Ás 19:30 horas
Edificio Castelao do Museo, Pontevedra

“Jeannette Feal”
20
Venres/Outubro
Fundación Cuña Casasbellas
A aventura poética do mito de Pandora
Recital poético e danza. Danza: Jeannette Feal
Ás 20:15 horas
Teatro principal, Pontevedra

“Medrando con Diabetes”
21
Sábado/Outubro
Anedia
MEDRANDO CON DIABETES 2023. X ANIVERSARIO ANEDIA
Este outubro 2023, Pontevedra converterase no epicentro de toda Galicia en canto a diabetes se refire. Pero non só falamos de charlas e parladoiros: falamos de experiencias, de emocións, de historias reais que tocan o corazón.
Trátase dunha xornada de charlas formativas en colaboración con especialistas e sanitarios, destinada á formación, divulgación e sensibilización da diabetes tipo 1 entre a poboación da comunidade galega. As actividades programadas inclúen charlas formativas, ponencias, parladoiros, actividades infantís e de lecer, entre outras.
Ás 10:00 horas
Centro príncipe Felipe, Pontevedra

“Rocío Márquez & Bronquio”
21
Sábado/Outubro
Pazo da Cultura Pontevedra
CICLO VOICES 2023 – ROCÍO MÁRQUEZ & BRONQUIO
A artista onubense, Rocío Márquez, recoñecida pola prensa como “a voz da nova xeración do cante jondo” e o músico Bronquio, coñecido polo seu traballo na produción electrónica, chegan ao Pazo da Cultura de Pontevedra o próximo 21 de outubro, dentro do ciclo Voices do Concello de Pontevedra, para presentar o seu traballo “Tercer cielo“.
Ás 20:30 horas
Pazo da Cultura, Pontevedra

“Sempre máis”
6
Venres/Outubro
Exposición no Pazo da Cultura “Sempre Máis” Arte, ecoloxía e protesta na Galiza do Prestige
Unha mostra da asociación Unha gran Burla negra.
Do 06 de outubro ao 13 de Novembro
Pazo da Cultura Pontevedra

“Proxecto Lar”
29
Venres/Setembro
Que é o fogar? a patria dos nosos pais e avós? o sitio onde crecemos? os nosos hábitos e costumes? o lugar onde podemos prosperar?
Cal é a importancia da memoria na nosa concepción do fogar? como nos afecta a dor dos nosos antepasados que deberon deixar o seu? O fogar é estable ou é algo que levamos connosco? Terra firme, pedra, raíces; ou eterno peregrinar entre as múltiples capas que nos van conformando. Cada persoa terá as súas propias respostas ou -mellor aínda- novas preguntas. Talvez, entre todas e todos, podamos construír novas formas de habitar, de compartir, de xerar espazos integradores.
Sibila e Silvana dúas artistas visuais teñen a resposta a esas dúbidas en forma de arte
Ata o 22 de outubro
Bar La Hormiga, Campillo Sta María, Pontevedra

“Os Sobrantes”
27
Mércores/Setembro
A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes acolle a inauguración da exposición Os Sobrantes, da artista multidisciplinar e doutora en Belas Artes pola Universidade de Vigo Rosalía Batet. Comisariada pola escritora e crítica de arte María Marco, Os Sobrantes é un proxecto conformado por tres instalacións pictóricas de grandes dimensións, que Batet articula a través de materiais sobrantes de proxectos anteriores e nas que afonda na vulnerabilidade e diferencias entre os corpos.
Inauguración ás 20:00 horas
Ata o 15 de novembro 2023
Sala Manuel Moldes Belas Artes, Pontevedra

“Picasso protagonista”
27
Mércores/Setembro
Convidámoste o mércores 27 de setembro, ás 19.00 h, no Café Moderno Afundación de Pontevedra á visita guiada inaugural a cargo do comisario Asier Mensuro.
Neste 2023 cúmprense 50 anos do falecemento de Picasso, e con este proxecto propio analizamos a pegada do grande artista a través de 40 importantes autorías de banda deseñada españolas e galegas que despregan a súa creatividade en máis de 170 pezas, en diferentes soportes e técnicas, e moitas delas concibidas ad hoc para o proxecto.
Ao abeiro de CULTURA POR ALIMENTOS, o programa solidario con FESBAL, animámoste a colaborares cunha doazón para o Banco de Alimentos local.
Do 27 de setembro ao 4 de xaneiro 2024.
Café Moderno, Pontevedra

“Maleza”
22
Venres/Setembro
Ata o 14 de novembro 2023
Fundación RAC, Pontevedra

“O espazo entre as cousas”
13
Xoves/Xullo
A obra de Juan Carlos Meana (Vitoria, 1964-Pontevedra, 2023) supón unha indagación na condición humana: na súa fraxilidade e nas súas esperanzas, na súa intemperie, fracasos e enigmas. Partindo do traballo co obxecto, asumindo aqueles apeiros cotiáns que conteñen a experiencia íntima dos instantes sen historia, ábrese a unha investigación que transita tanto polo debuxo coma pola instalación, a fotografía, a escritura e o vídeo.
Aborda cuestións coma a memoria, a experiencia e a contemplación, a melancolía ou o desexo; estados e crenzas que marcan unha subxectividade posta permanentemente en crise, pero orientada tamén cara á posibilidade de establecer relacións co mundo. Trátase dunha concepción da arte como tentativa de coñecemento e, ao tempo, como unha experiencia de transformación.
Do 3 de agosto ao 29 de outubro
Museo de Pontevedra. Edificio Castelao
Xa podes anotarte

“Lyra”
23
Luns/Outubro
No marco do ciclo de cinema documental Docs del Mes, a Vicerreitoría do campus acolle a proxección de Lyra (2022), un documental no que Alison Millar indaga nos motivos da morte de Lyra McKee, unha xornalista de investigación e activista LGTBIQ+ que en 2019 foi asasinada na cidade irlandesa de Derry polo novo IRA.
Entrada de balde
Ás 20:00 horas
Casa das campás, Pontevedra

“Arraíanos”
26
Xoves/Outubro
Teatro principal
Ponteatro “Arraianos” de Sarabela Teatro
Na fronteira, liña invisíbel entre a Galiza interior e o norte de Portugal; de brétema, choiva, neve onde se funden a realidade e a ficción; a vida e a morte. Entre o misterio e os impulsos da terra. Entre o ser humano e as forzas da natureza. Entre o poético e o mítico, alén da xeografía. No límite da fantasía.
Ás 21:00 horas
Teatro principal, Pontevedra
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥