Julia Otero

“Julia en la onda” 

17

Luns/Abril

Onda cero Pontevedra convídate ao programa “Julia en la onda” especial 50 aniversario da UNED Pontevedra.

17 de abril en directo dende o salón de actos da UNED ás 15:00 horas

A entrada será de balde ata completar aforo.

A partir das 15:00 horas
Salón de actos da UNED Pontevedra 
Chis Oliveira

“Educación afectivo-sexual para adolescentes” 

17

Luns/Abril

A escola de nais e país (ENAPAS) Organiza unha charla de temática moi interesante e moi importante. Educación Afectivo-sexual para adolescentes, a cargo de Chis Oliveira

Si vos animades a vir, mandade unha mensaxe ao número 641 166951

A entrada será de balde ata completar aforo.

Ás 20:30 horas
Biblioteca do IES Luis Seoane. Pontevedra 
xardín utopia

“Xardín Utopía” 

17

Luns/Abril

A exposiciónXardín Utopíarecalará no Centro Social Gorgullón. Esta iniciativa forma parte dun proxecto sobre o cambio climático.

A exposición está realizada cos materiais producidos na intervención sonora colaborativa que se presentou o 8 de maio de 2022 no Xardín Botánico-Artístico de Padrón.

Do 17 ao 30 de abril 2023
Centro social do Gorgullón, rúa Curtidoira, 1 Baixo Pontevedra
peitos eternos

“Peitos eternos” 

17

Luns/Abril

 PEITOS ETERNOS Kinuyo Tanaka, 1955, Xapón, 106′, VOSG Lingua orixinal: xaponés

Baseada na vida da poeta Fumiko Nakajo, Peitos eternos conta a historia dunha moza, nai de dous fillos, que escribe poemas aínda que non está moi convencida do seu talento. O éxito da súa carreira literaria coincide co seu divorcio e coa aparición dunha enfermidade. É aí cando coñece un xornalista que desexa escribir unha reportaxe sobre ela, e con quen comeza unha relación que se torna cada vez máis íntima e apaixonada.

Con guión de Sumie Tanaka, Peitos eternos é o primeiro filme xaponés escrito e dirixido por mulleres.

Ás 20:30 horas
Teatro Principal, Pontevedra
Fuego Fatuo

“Fuego Fátuo” 

18

Martes/Abril

FOGO-FÁTUO João Pedro Rodrigues, 2022, Portugal, 67′, VOSE Lingua orixinal: portugués

2069, ano erótico, mais fatídico para un rei sen coroa. Nun Portugal futuro, onde a monarquía foi restaurada, a súa alteza o rei Alfredo rememora no leito de morte os tempos de xuventude en que soñou con ser bombeiro para liberar Portugal do flaxelo dos incendios.

O corpo de bombeiros protagoniza esta fantasía musical do director portugués João Pedro Rodrigues: unha comedia queer con mensaxe medioambientalista na que o desexo derruba fronteiras. Festival de Sevilla: Gran Premio do Xurado
Festival de Cannes: Quincena

Ás 20:30 horas
Teatro Principal, Pontevedra
Domingos

“Reflexión crítica sobre os dereitos humanos” 

18

Martes/Abril

Conferencia: “Reflexión crítica sobre os Dereitos Humanos”, por Domingos Antom Garcia Fernandes

O Ateneo de Pontevedra organiza, dentro do Seminario Permante de Filosofía, a conferencia Reflexión crítica sobre os Dereitos Humanos, impartida polo doutor en Filosofía Domingos Antom Garcia Fernandes. O acto terá lugar o vindeiro martes, 18 de abril, ás 19:30 horas, na sala de conferencias da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.

A entrada é libre ata completar capacidade.

​Ás 19:30 horas
Casa das campás, Pontevedra
a cidade

“A cidade creativa. Onde vives, importa” 

19

Mércores/Abril

Urbtopías volverá traer reflexión, debate e encontro ao redor das cidades posíbeis e do futuro que está por vir .

A cidade creativa. Onde vives, importa

Diálogo entre María Yáñez, xornalista en medios dixitais, directora da revista dixital VINTE e asesora de comunicación e contido especializada na promoción e distribución de cinema; Joana Meneses, mestra en xestión do patrimonio cultural e coordinadora executiva de Braga 25 – Capital Portuguesa da Cultura e Xosé M. Buxán Bran, Decano da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, curador de exposicións, crítico de arte e editor; sobre a incidencia do espazo público no desenvolvemento económico e social a partir da innovación e o talento das persoas que o habitan. Encontro moderado pola xornalista cultural dos medios públicos galegos Marta Gómez. Máis información

Todas as conversas serán de acceso libre até completar aforo e non será requirido ningún tipo de reserva previa

​Ás 19:00 horas
Igresa do convento de Santa Clara, Pontevedra
Marisol Escobar

“Marisol Escobar” 

19

Mércores/Abril

Destacadas mulleres creadoras do século XX converteranse en protagonistas do novo curso de ‘Avantaxado feminino‘ na súa segunda edición.  O acceso a estas sesións do curso é libre. No caso de que as persoas asistentes queiran dispoñer dun certificado de asistencia deberán inscribirse previamente en reservas.museo@depo.gal e acudir, polo menos, a sete das dez sesións previstas. Carolina Munáiz, responsable do curso, exerce como docente na Escola Superior de Deseño de Moda Formarche da Coruña, titulada en Ilustración pola EASD Pablo Picasso e con formación de primeiro ciclo da Escola de Canteiros de Pontevedra. Ademais, é pintora e profesora das materias de Historia da Indumentaria e de Historia da arte e da moda do século XX

Marisol Escobar  (escultura)

De 19:00 a 20:30 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
Feminismo

“Algunhas reflexións sobre o feminismo” 

19

Mércores/Abril

CONFERENCIA: ALGUNHAS REFLEXIONS SOBRE FEMINISMOS

Pilar Allegue Aguete Doutora en Filosofía pola Facultade de Filosofía e Ciencias da Educación da Universidade Complutense de Madrid 

matrícula on line 

A entrada será de balde ata completar aforo.

De 18:30-20:30 horas
Salón de actos da UNED Pontevedra 
Asamblea

“Asamblea APDR” 

19

Mércores/Abril

 Asemblea aberta da APDR( Asociación pola defensa da Ría) para falar da situación actual e do traballo futuro.

NON FALTES!
Confirma a túa asistencia no 666 62 1438 (teléfono ou whatsapp)

Teatro principal, mércores 19 de abril ás 19:30 horas

Ás 19:30 horas
Teatro Principal Pontevedra
andainas

“En marcha contra o cancro” 

20

Xoves/Abril

A cuarta edición da iniciativa Rutas Saludables volve a Pontevedra

A actividade é gratuíta e comezará o próximo día 23 de febreiro ten prazas limitadas e está dirixida a esa poboación que ten unha vida sedentaria e quere comezar a practicar hábitos de vida saudables

Divídese en 2 grupos os xoves: un ás 10.30 horas e outro ás 17.00 horas A duración prevista para esta actividade é de hora e media aproximadamente e será guiada sempre por un/unha voluntari@

Desenvolveranse pola cidade co obxectivo de combater o sedentarismo, xa que é o responsable do 6% de mortes en todo o mundo e incrementa o risco de padecer cancro de colon e de mama ata un 20-25%

Se queres inscribirte, chámanos ao noso teléfono 900 100 036 (gratuíto e 24h) ou presencialmente na nosa sede en Pontevedra (Eduardo Pondal, 64A, baixo) ata que se completen as prazas.

Xoves: ás 10.30 horas e ás 17.00 horas
Sede da Asociación Eduardo Pondal, 64A Pontevedra
regata Dragon

“I Regata Almirante Álvarez-Osorio” 

20

Xoves/Abril

Estudantes da Universidade de Vigo e da Escola Naval Militar (ENM) enfrontaranse o vindeiro xoves 20 na I Regata Almirante Álvarez-Ossorio-Trofeo Ría de Pontevedra, unha competición que se desenvolverá na modalidade de barco dragón e na que participarán dúas tripulacións integradas por estudantes de cada unha das institucións, unha feminina e outra masculina. Trátase da primeira regata que medirá ao estudantado da UVigo e da ENM, nunha iniciativa que nace con vocación de continuidade.   

COLABORADORES. Gremio de Mareantes de Pontevedra e Escola de Piragüismo Ciudad de Pontevedra. O percorrido será de 2000 metros con 2 ciabogas cada 1.000m. As saídas serán dende a línea que se marca no pantalán do Club Escola de Piragüismo Ciudad de Pontevedra a barco lanzado.

Ás 16:30 horas
Gremio de Mareantes, Pontevedra
a beleza debe morrer

“A beleza debe morer” 

20

Xoves/Abril

A libraría Cronopios acolle a presentación de A beleza debe morrer, de Mercedes Corbillón. Acompañando á autora, estará a xornalista Susana Pedreira, de Onda cero. A sinopse da obra recolle a Venecia como espello que reflicte o amor ata que remata escachando en mil anacos, recriminacións e remorsos, Venecia como tránsito cara á incerteza do futuro. É unha muller madura, na compañía da súa nai, percorre as súas pontes e canais para reconstruírse apañando os mil anacos do espello esnaquizado da que foi a súa relación cun home casado. E escríbelle decontino a esa pantasma, irreal e inalcanzable, como a propia cidade esvaecida entre a brétema dos que se amaron nunha paixón abrasadora.

A entrada é libre ata completar capacidade.

​Ás 19:00 horas
Librería Cronopios, Pontevedra
poesía e arte

“Ciclo de Poesía y Danza” 

20

Xoves/Abril

Este mes de Abril chega con sabor a Poesía e Arte:

Ciclo de poesía e Danza, intervirán Ana Corzo, Victoria Pablos, Lucía Murga, Sandra López, Anxo Argibay, Jeanette Feal

A entrada é libre ata completar capacidade.

​Ás 20:00 horas
Librería Metáfore, rúa Charino 9, Pontevedra
microrrelato

“Microrrelato en Gallego” 

20

Xoves/Abril

O xoves 20 de abril agardámosvos na XIII edición do Certame de Microrrelato en galego que organizamos coa colaboración do Concello de Pontevedra. Iremos sabendo máis sobre as palabras misteriosas nos vindeiros días. 

Celebración aula 3 da EOI Pontevedra e IES Valle Inclan Pontevedra. Duración 110 minutos

A entrada é libre ata completar capacidade.

​Ás 20:00 horas
Aula 3 da EOI e IES Valle Inclan Pontevedra
Historia de un descubrimiento

“Historia de un descubrimiento” 

20

Xoves/Abril

O xoves 20 de abril ás 20:00 h, na sede de Manuel Quiroga do Liceo Casino Pontevedra , Guillermo García de la Riega Beller preséntanos a súa novela ‘Historia de un Descubrimiento’.

Novela biográfica do intelectual pontevedrés Celso García de la Riega. Trátase dunha historia baseada en feitos reais, acaecidos durante a vida do personaxe e despois da súa morte.

O prólogo da novela está realizado por José-Martinho Montero Santalha, catedrático de Lingua e Literatura Galega da Universidade de Vigo.

A entrada é libre ata completar capacidade.

​Ás 20:00 horas
Salón Nobre do Liceo Casino Pontevedra
Continente Maria

“Continente María” 

20

Xoves/Abril

Teatro Principal

Ponteatro “Continente María” de A quinta do Cuadrante.

Esta montaxe -que coincide co centenario do seu natalicio- pretende recuperar e homenaxear a figura de María Casares, á vez que utiliza a súa figura para falar da condición dos artistas nun mundo en constante cambio, analizando as nosas contradicións como país en escena e como unha sociedade. Unha resplandeciente Melania Cruz, preséntanos á protagonista como un continente que anhelamos percorrer, establecendo unha cartografía emocional a partir das súas vivencias, pensamentos e recordos, transitando a través dun diálogo entre o presente e o pasado para tentar comprendernos mellor como humanos. seres, creadores e habitantes dun mundo no que non hai tantos anos os exiliados eran os galegos defensores da democracia.

Texto: Marianella Monre Dirección: Tito Asorey Reparto: Melania Cruz e Vadim Yukhnevich

Duración: 70 minutos. Mercar entradas

Ás 21:00 horas
Teatro Principal, Pontevedra
imaxes

“Imágenes: Tenemos que hablar” 

21

Venres/Abril

Este mes imos aprender sobre fotografía e como aproveitar os nosos móbiles para que as nosas webs luzan moito mellor.

Nesta charla contareiche as posibilidades que ofrece o teu móbil para sacarlle proveito e que podes facer para mellorar as fotos. Coñecerás o poder das palabras aplicando o SÉ nas imaxes, para impulsar a túa web.

Ponente Nirioxis Rodríguez. (@nirioxis_rodriguez) Fotógrafa de arquitectura, interiorismo e produto. Creadora de contido visual e textual. Escritora de contos infantís (“Jacobo e o caracol”). Na actualidade, aprendendo no Máster Social Media da UVigo.

O evento está aberto ao alumnado e profesorado da Facultade e a todo o público en xeral. Despois da charla haberá networking (é dicir, refresco/cana e boa conversación) no Dobre M, Rúa Condesa de Pardo Bazán, 14, a primeira vai a conta dos nosos patrocinadores. Alí poderás charlar e resolver aínda máis dúbidas!

Máis información

Ás 19:00 horas
Espazo 16 da Facultade de Belas Artes, na 1ª planta. Pontevedra
sesión de firmas

“A batalla de Rande” 

21

Venres/Abril

Sesión de firmas a cargo de Pablo Prado e David Braña autores de A batalla de Rande estarán con nós o venres 21 de abril! ás 19:30 na libraría Paz

Cascaborra Ediciones, Falamos de Libros

De 19:30 a 20:30 horas
Libraría Paz Pontevedra
teléfono rojo

“Teléfono vermello?” 

21

Venres/Abril

A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a proxección de “Teléfono vermello? Voamos cara Moscú (1964), de Stanley Kubrick, , na nova sesión do ciclo de cinema Expediente alquimia. Integrado por doce proxeccións e inserido nas actividades da Semana da Creatividade, esta programación propón un achegamento ás múltiples canles polas que a creatividade se fai patente en películas de diferentes xéneros e épocas.

A entrada é libre ata completar capacidade.

​Ás 19:00 horas
Casa das Campás Pontevedra
Degusta Europa

“Degusta Europa” 

21

Venres/Abril

A Deputación de Pontevedra pon en marcha unha nova edición de ‘Degusta Europa’, unha homenaxe á gastronomía das nosas avóas, volvendo ao orixe da cociña das Rías Baixas, recuperando receitas tradicionais e reinterpretándoas con produtos locais”. Contará, coa colaboración do alumnado e o profesorado do centro integrado de formación profesional (CIFP) Carlos Oroza, de Pontevedra, 

Menú para o Mercado de Pontevedra: empanada de bacalao con pasas e tosta con cardina, pementos e patacas,  de sobremesa  larpeira

Entre as 11.00 e as 12.00 horas. 
Mercado de Pontevedra
poesía e microrrelato

“Poesía e microrrelato” 

21

Venres/Abril

Poesia e microrrelato no bar o diaño 21 de abril venres ás 20:15

Intervirán: Aarón de Cañota, Juan Carlos Tarrago, Pablo Yuste e Baia Fernández

Ao rematar haberá unha rolda de micro aberto

Entrada libre, unha consumición mínima

Ás 20:15 horas
Bar O Diaño, rúa Charino 33. Pontevedra
Conde Corbal

“Xornadas de Arte e Memoria” 

21,22

Venres, Sábado/Abril

Os vindeiros días 21 e 22 de abril conmemoraremos o centenario de Xosé Conde Corbal coa celebración no Pazo Provincial, sede da Deputación de Pontevedra, dunhas xornadas sobre Arte e memoria, no marco das cales presentaremos o libro “O fardel da memoria de Conde Corbal”, que recolle a súa colección de gravados sobre a represión franquista comentados por persoas expertas na materia.

Ademais, o hall da Deputación acollerá durante eses días unha mostra dos gravados.

Para asistir ás xornadas é necesario anotarse neste link onde ademais tendes toda a información sobre as temáticas e as persoas relatoras.

Ás 16:00 horas
Salón nobre da Deputación, Pontevedra
Angel Martín

“Ángel Martín” 

21

Venres/Abril

Con “Punto para los locos”, Ángel Martín tentará que che deas conta de que o único que nos diferencia non é se estás ou non estás tolo, senón a que volume están na túa cabeza a voz da vergoña, o medo, os abafos, a impaciencia… e tentará que, a próxima vez que una desas voces volva, non poidas evitar burlarche dela e poñer no marcador outro “punto para os tolos”

DURACIÓN: 75 minutos

Mercar entradas Ataquilla.com

Ás 20:30 horas
Sede Afundación, Pontevedra
salón do libro

“Salón do libro infantil e xuvenil” 

21,7

Venres/Abril-Maio

O salón do libro infantil e xuvenil do 21 ao 7 de maio

Máis de 300 actividades entre as familiares e as escolares. Música, poesía, teatro, sesións de contos, danza, roteiros, faladoiros, encontros lectores, trocas de libros, exposicións, máis de 4.000 libros repartidos polo Pazo da Cultura e XOGOS, MOITOS XOGOS! Xa tedes boa tarefa ata o 21 de abril, ler con calma a programación e anotarvos no que máis vos preste e virnos visitar! A partir das 17.00 h abrimos as inscricións nas actividades.

(No programa, debaixo de cada actividade, pon a forma de acceso).

programa 

Do 21 de Abril ao 7 de Maio
Pazo da Cultura, Pontevedra
día do libro

“Día do libro no Museo” 

22,23

Sábado, Domingo/Abril

O Museo de Pontevedra celebrará O Día do Libro con dúas actividades:

O sábado 22 de abril de 10:00 a 13:00 h no Edificio Castelao terá lugar un taller aberto, dirixido a público de todas as idades. Las persoas que en esa franxa horaria se acerquen ao Museo poderán elaborar o seu propio papel artesanal con papel reciclado y fibras naturais como algodón, lino, bambú… Con ese papel poderán estampar marca páxinas con gravados orixinais deseñados para este taller e inspirados en las obras de grandes artistas galegos como Castelao y Luis Seoane. El taller estará a cargo de Eulogio Rosales e Silvia López.

O domingo 23 de abril de 11:00 a 14:00 h no Edificio Castelao, o Día del Libro  celebrarase repartindo publicacións, como catálogos de exposicións e libros de arte, arqueoloxía e outras materias, entre as persoas que visiten o Museo.

De 10:00 a 13:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
Taichi

“Tai-chi” 

22

Sábado/Abril

Concello de Pontevedra

Tai-chi

O Taichi (Taiji Quan) é unha arte marcial interna chinesa baseada no Wushu, a medicina tradicional chinesa e o Taoísmo. Combina movementos lentos e explosivos, xerando unha agradable sensación de calma e ao mesmo tempo de forza.

  • Lugar: A Fracha
  • Punto de encontro: Ver en Google Maps. Recomendamos subir polo Campiño
  • Duración da actividade: 1 hora
  • Actividade: adultos Prazas: 10 persoas
  • Imparte: Estouche ben! Centro de terapias.
    Non é preciso levar ningún material.
  • Recomendación: roupa e calzado cómodo
  • Preinscrición: a través dos formularios online sete días antes de cada actividade por rigorosa orde de chegada. 
  • Actividade gratuíta
De  12.00 a 13:0 horas
A Fracha, Pontevedra
axencia contemporánea

“Axencia Contemporánea” 

22

Sábado/Abril

María Dominguez e Mikel Aristegui te proponen pasar un rato con eles e coa súa…[terapía sanadora] a través da arte contemporánea!

Pases cada 7 minutos

Entre ás 13.00 e as 14:30 horas
O Sanatorio, Pontevedra
museo exposición

“Había outra vez” 

22

Sábado/Abril

Belén Padrón, Itziar Ezquieta, Manolo Figueiras, Xosé Carlos Seoane

Catro artistas vinculados a Pontevedra mostran as súas pinturas, de diferentes inspiracións, estilos e técnicas, nunha exposición conxunta que busca vertebrar un discurso unificado e coherente a través dun diálogo cruzado altamente suxestivo.
Constelaria, Roxonomía, Fractalismo e Arqueografía son respectivamente as denominacións que cada un elixiu para os seus cadros. Son tamén o punto de partida dun relato inserido no catálogo, obra de Manuel Lourenzo González, que narra a enigmática viaxe dun mozo que se ve obrigado a camiñar por un escenario de rúas laberínticas en busca de sinais que lle proporcionen a clave para saír e recuperar a súa vida e o seu pasado; unha viaxe que proporciona desde a literatura, a modo de xogo, fíos que consolidan esa converxencia da obra artística plural. Ten como tema o xogo e homenaxea ao propio Manuel Lourenzo, autor do texto que serve de fío condutor da exposición.

Do 22/04/2023 ao 21/05/2023
Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra
Altsasu

“Altsasu” 

22

Sábado/Abril

Teatro Principal

Ponteatro “Altsasu” de La dramática errante

Na madrugada do 15 de outubro de 2016 produciuse un altercado ás portas do bar Koxka, en Altsasu (Navarra), no que se viron implicados varios veciños da localidade, dous axentes da Garda Civil e as súas parellas. O resultado foron dous arrestos e un nocello roto. En menos de 24 horas Altsasu convértese en estudo de televisión e en menos de día e medio o caso é #cuestión de Estado. Os denunciantes néganse a declarar ante a Policía Rexional, algo que fan ante os seus compañeiros da Garda Civil. O xiro deste fantástico espectáculo prodúcese cando COVITE, o Colectivo de Vítimas do Terrorismo no País Vasco, denuncia os feitos ante a Audiencia Nacional. Esta organización introduce a acusación de terrorismo e lánzase o operativo policial contra nove persoas. Sete deles van a prisión inmediatamente. A audiencia oral que inicia o 16 de abril de 2018, vén con pedidos fiscais de entre 62 e 12 anos de prisión para oito deles. O xuízo séguese con expectación en todo o Estado español, xa que pode supoñer unha redución de liberdades e o abuso da expresión “terrorista” que incita á Fiscalía para ter unha pelexa de bar.

Dramaturxia e dirección: María Goiricelaya

Repartición: Egoitz Sánchez, Ane Pikaza, Nagore González, Aitor Borobia

Duración 75 minutos. Mercar entradas

Ás 21:00 horas
Teatro Principal, Pontevedra
obradoiro de rumba

“Noite de Rumba” 

22

Sábado/Abril

O Liceo casino de pontevedra organiza para o sábado 22 de abril ás 21:30 horas

Unha noite de Rumba, un monólogo de El Ruinas e un concerto de Fla meco

Socios gratis, non socios 10 euros 

Ás 21:30 horas
Liceo Casino, Pontevedra
ruta interpretativa

“Ruta interpretativa” 

23

Domingo/Abril

Concello de Pontevedra

Ruta interpretativa co caderno de campo dos parques forestais

Visita guiada por un biólogo e naturalista para observar e interpretar a natureza deste parque forestal na primavera e por en práctica algúns dos retos do novo caderno Descobre os Parques Forestais de Pontevedra. O caderno servirá as persoas visitantes dos parques forestais da cidade de Pontevedra como introdución para coñecer a súa biodiversidade. 

  • Lugar: A Tomba
  • Punto de encontro:
    Punto de encontro 42°26’49.7″N 8°39’38.1″W.
    Ver en Google Maps.
    Recomendamos subir desde a rotonda de Campañó.
  • Duración da actividade: 3 horas
  • Idades: familias Prazas: 30 persoas
  • Imparte: Ecoplanin, Xestión e Información Ambiental SL 
  • Recomendacións: calzado axeitado para os camiños
  • Preinscrición: a través dos formularios online sete días antes de cada actividade por rigorosa orde de chegada.
  • Actividade gratuíta
De  10.00 a 13:0 horas
A Tomba, Pontevedra
Colón galego

“A Pontevedra de Cristóbal Colón” 

23

Domingo/Abril

O 23 de abril domingo ás 18:00 horas a Asociación Cristóbal Colón galego presenta “A Pontevedra de Cristóbal Colón 125 aniversario da teoría do orixe galego

Roteiro e petisco 12 euros

inforeservas en : paseapontevedra@gmail.com

Leucoiña pasea

​Ás 18:00 horas
 Pontevedra
Luis Rivas

“Figuración vs Abstracción” 

15

Sábado/Abril

Exposición “Figuración vs Abstracción” de Luis Rivas no liceo casino.  Do 15 ao 28 de abril no salón nobre.

Inauguración 15 de abril ás 19:00 horas

​Do 15 ao 28 de Abril
Liceo Casino, Pontevedra
Rosario Palacios

“Transmutación interna” 

7

Venres/Abril

Do 7 ao 23 de abril, o Palacete dás Mendoza de Pontevedra exhibe a mostra pictórica “Transmutación interna” a cargo de Rosario Palacios Orive. A autora reivindica a importancia da preservación do medio ambiente, dos parques naturais, dun mundo máis ecolóxico, consciente e sostible. A natureza é a fonte da vida, onde todas e todos nos alimentamos.

  • De luns a venres de 9 a 20 h
  • Sábados e festivos, de 10 a 14 h e de 16 a 19 h
  • Domingos de 10 a 14 h
Do 7 ao 23 de abril 2023
Pazo das Mendoza, Pontevedra
Ruinas de san Domingos

“Ruínas de San Domingos” 

18

Martes/Abril

Achégase a primavera e con ela a reapertura das ruínas de San Domingos, o primeiro e máis antigo dos edificios que forman o noso Museo. Abrirá as portas o 1 de abril, xusto co comezo da Semana Santa.

De martes a sábado: de 10 h a 14 h e de 16 h a 19:30 h.

Domingos e festivos: de 11 h a 14 h

Entrada gratuíta

Dende o 1 de abril 2023
Avda Montero Ríos, Pontevedra
Gabarrón atlántico

“Gabarrón atlántico” 

16

Xoves/Marzo

Inauguración da exposición ‘Gabarrón Atlántico, Ronsel de saudade”, de Cristóbal Gabarrón, a exposición está comisariada por Antón Castro.

Xoves 16 de marzo ás 18:30 no edificio Castelao

Entrada libre ata completar capacidade

Do 16 de Marzo ao 14 de Maio
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra

Xa podes anotarte

Encargar humanos

“Encargar humanos” 

26

Mércores/Abril

CONFERENCIA: Encargar humanos

Analizaremos o controvertido tema da xestación subrogada

Mercedes Fernndez-Martorel é licenciada en Historia Moderna e douctora en Antropoloxía Social pola Universidade de Barcelona.

Desde o ano 1980 é profesora de Antropoloxía na Universidade de Barcelona. Imparte cursos sobre Antropoloxía Urbana (traballa sobre el cómo da construcción e recreación das máquinas sociais en contextos urbanos) e Antropoloxía e Feminismo (traballa sobre o devenir e os procesos de elaboración da individualidade). Sobre ambos temas publicou diversas obras.

Dirixe o Observatorio sobre a Construcción e Recreación do Significado de Humanos OCRSH na Universidade de Barcelona.

matrícula on line 

A entrada será de balde ata completar aforo.

De 18:00-20:00 horas
Salón de actos da UNED Pontevedra 
Ser ou non ser

“Ser o no Ser” 

26

Mércores/Abril

Ser o no Ser” de Juan Echanove

Varsovia, agosto de 1939. A Tura Marriage Theatre Company ensaia Gestapo!, unha obra que satiriza o nazismo. As autoridades polacas prohiben a estrea da obra para evitar as represalias de Hitler; que non impedirá que Alemaña invada Polonia. Co teatro medio destruído polos bombardeos, deberán idear unha dobre trama teatral para impedir a entrega dun documento que acabaría coa Resistencia e escapar de Polonia. Isto presupón que son eles mesmos quen, nun espectáculo interpretativo, fanse pasar por nazis. No medio desta aventura, os Tura deberán resolver a irrupción no seu matrimonio dunha moza aviadora.

Mercar entradas Ataquilla.com

Ás 20:30 horas
Sede Afundación, Pontevedra
Concerto

“Concerto:Nil Venditti” 

28

Venres/Abril

Concerto en colaboración coa Sociedade Filarmónica de Pontevedra” 

Directora: Nil Venditti

Programa:

LOUISE FARRENC: Sinfonía nº 2 en Re mayor, op. 35

PUCCINI: I crisantemi

MENDELSSOHN: Sinfonía nº 4 en La mayor, op. 90 (“Italiana”)

Mercar entradas Ataquilla.com

Ás 20:30 horas
Sede Afundación, Pontevedra
David Suárez

“David Suárez” 

29

Sábado/Abril

TANTA TOLERANCIA ME ESTÁ OFENDIENDO” DE DAVID SUAREZ

David Suárez repasa a súa carreira neste show non apto para sensibles. De ‘Vicente Finch’ a ‘Famosos e unha vella’, de ‘Latexa Motiv’ a ‘Yu’ non se perda nada. David, non deixará monicreque con cabeza neste monólogo dunha hora no que non hai ninguén ao volante. A comedia negra, a provocación, e o incómodo son as claves deste cómico galego de 26 anos. 

Mercar entradas Ataquilla.com

Ás 20:00 horas
Sede Afundación, Pontevedra
jazz

“Jazz no principal” 

29

Sábado/Abril

Despois de retomar este ciclo na pasada edición, celebrando o 20 aniversario do Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra, volta o Jazz no Principal no seu formato tradicional.

  Para esta ocasión contaremos con dúas figuras tanto na sua faceta interpretativa coma docente. A vocalista galega Carmen Rey, todo un referente nas novas músicas que se fan neste pais e o bateria castelán Gonzalo del Val, todo un referente do jazz actual que se fai na península ibérica.

Como sempre estes artistas estarán acompañados dos novos valores do jazz galego, nus concertos únicos.

CARMEN REY & SPJ-Group

Carmen Rey: voz, Oscar Presa: trombón, Alberto Rodríguez: saxo alto, Javier Abraldes: guitarra, Daniel Corral: piano, João Fontenla: baixo eléctrico, David Jácome: batería

Entrada Xeral para cada concerto 3 €.  Venda de entradas na billeteira do Teatro Principal 1 h. antes do concerto ou venda anticipada (contén gastos de tramitación) en www.ataquilla.com ou no tlf. 902 504500

Ás 21:00 horas
Teatro Principal, Pontevedra

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥