Erradicación da pobreza

“Sociedades inclusivas” 

17

Luns/Outubro

Actos polo Día Internacional da Erradicación da Pobreza

Conferencia: Sociedades inclusivas, tamén migracións

19:30 no Edificio da Xunta de Galicia (Rúa Javier Puig – Pontevedra)

Entrada de balde. Agardámoste

 Ás 19:30  horas
 Edificio da Xunta de Galicia (Rúa Javier Puig) Pontevedra
Elvira Ribeiro

“Elvira Ribeiro” 

18,25

Martes/Outubro

O obradoiro, que levará por título Onde nace o poema, busca que todas as persoas participantes indaguen na orixe da creación poética. O obxectivo principal é estudar a orixe da escrita e a súa manifestación a través da palabra.

Usando distintas técnicas, exploracións coa linguaxe e xogos, o alumnado construirán os seus propios textos.

A docente baseará as súas clases en textos de poetas galegas e internacionais, poñendo en valor os procesos mentais, os azares que moven ás escritoras e escritores a escribir poesía.

Solicitar praza

 De 18:00 ás 20:00 horas
Edificio Administrativo da Deputación Provincial. Pontevedra
Domingos

“Coñecemento e verdade” 

18

Martes/Outubro

O Ateneo de Pontevedra organiza, dentro do Seminario Permante de Filosofía, a conferencia Coñecemento e verdade: teorías materialistas, idealistas, relativistas e escépticas, impartida polo doutor en Filosofía Domingos Antom Garcia Fernandes. O acto terá lugar o vindeiro martes, 18 de outubro, ás 19:30 horas, sala de conferencias da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.

A entrada é libre ata completar capacidade.

Ás 19:30 horas
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra. Casa das Campás; Pontevedra
Poesía

“Teñamos a poesía en Paz” 

18

Martes/Outubro

O ciclo Teñamos a poesía en Paz acolle a visita de Marta Dacosta, Eduardo Estévez e Xabier Xil Xardón nun encontro arredor da súa poesía, do seu xeito de crear, das cousas que lles inspiran.
Presenta e coordina Silvia Penas Estévez

Entrada de balde ata completar capacidade

Ás 19:30 horas.
Libraría Paz, Pontevedra

“Para Chiara” 

18

Martes/Outubro

“Para Chiara”, de Jonas Carpignano, 2021, 121 min., VOSE italiano

A familia Guerrasio e as súas amizades reúnense para celebrar o dezaoito aniversario da filla maior de Claudio e Carmela. Existe unha sa rivalidade entre a homenaxeada e a súa irmá Chiara, de 16 anos, mentres compiten na pista de baile. É unha xornada feliz, a familia está unida e en plena forma. Mais todo muda ao seguinte día, cando Claudio desaparece logo de estoupar o seu coche. A través da mirada de Chiara, o director de Mediterranea (2015) e A Ciambra (2017) introdúcenos desta volta no mundo da ‘Ndrangheta calabresa.

Ás 20:30 horas.
Teatro principal, Pontevedra
curso de filosofía

“Curso de filosofía” 

19

Mércores/Outubro

Curso de filosofía aberto a cargo do Dr. en Filosofía e CC.EE. Domingos Antom Garcia Fernandes.

Actividade realizada ao amparo do Programa de voluntariado cultural nas bibliotecas públicas.

-Curso académico 2022-2023: Algunhas figuras de destaque na história da filosofía

-Data e hora: mércores de 19 a 20:45 h. no Salón de Actos

-Entrada gratuíta, sen inscrición previa

Mais información na web do curso

Biblioteca pública de Pontevedra
o negociador

“O negociador” 

19

Mércores/Outubro

Encontro co autor Miguel Sande e firma de exemplares de “O negociador”

Entrada de balde ata completar capacidade

Ás 19:00 horas.
Libraría Cronopios, Pontevedra
Golfa

“Golfa” 

20

Xoves/Outubro

Teatro principal

PONTEATRO Golfa de Crémilo

Unha mañá aparece un grafiti fronte á porta dun colexio que di “GOLFA”, un insulto anónimo que revela a historia que o precede. Amanda e Fran foron parella hai uns meses, adolescentes cuxa experiencia é a de tantos, unha relación que se truncou. Este feito non tería ningunha relevancia se inmediatamente despois desta ruptura, Amanda non sufrise un terrible acoso virtual que leva aos seus pais para denunciar a posible autoría de Fran tras este feito. Ata que se esclarezan os feitos, a dirección do instituto decide sacar a Fran das súas clases. Todo se pon patas para arriba cando a nai de Fran, Vicky, aparece na porta principal da escola secundaria e insulta seriamente a Amanda usando unha palabra moi específica: golfa. Exactamente unha semana despois, o grafiti onde comeza esta historia é claramente visible.

mercar entradas 

 Ás 21:00 horas
Teatro principal. Pontevedra
Lidia luna

Taller de expresión e comunicación oral” 

21

Venres/Outubro

Taller práctico de expresión oral e comunicación interpersoal para conectar cos nosos recursos e gozar contando historias reais ou inventadas dirixido a persoas que queiran iniciarse na narración oral ou sentir máis seguridade e confianza para expresarse en público e nas relacións con outras persoas.

Profesora: Lidia Luna   Duración: 6 Horas

Prezo: 45 Euros un día.  12 prazas 

 De 17:00 a 20:00 horas 
Espacio Arroelo, Michelena nº 11, 3º andar Pontevedra
marcha nórdica

“Marcha nórdica” 

21

Venres/Outubro

Grupo de práctica semanal de marcha nórdica, en forma con un par de bastóns.

Todos os venres de 18:00 a 19:00 na illa das esculturas.

Infórmate no info@marchanordica.com o no teléfono 629 031 905

Ás 18:00 Horas
 Illa das esculturas. Pontevedra
Guadamesí

“Curso de Guadamecí” 

21,28

Venres/Outubro

Granero Delmas ,dará un taller con Nelson Gomez Callejas á fronte ,sobre a técnica do Guadameci todo un crack na técnica e como profesor se queredes aprender inscribirvos no Granero Delmas alí esperámosvos !!!ademais de ser un pintor como un templo
Pilar 619432721 informarémosvos de todo o que necesitedes recoméndovolo
 De 18:00 ás 20:00 horas
Granero Delmas Galerías oliva 2bis local 15. Pontevedra
Pontevedra a Habana

“De Pontevedra á Habana” 

22

Sábado/Outubro

Recreación da inauguración do himno galego no centro galego da Habana.

A expresión cantada da nación histórica.

Os de algures, Sete espadelas, Grupo Argallada,

Entrada libre ata completar capacidade

 Ás 20:30 horas
Teatro principal. Pontevedra
reconexión

“Caminando hacia la esencia” 

22

Sábado/Outubro

Unha experiencia de reconexión e aprendizaxe, através do xogo co corpo, activación dos centros de enerxía e permitir que se dea un espazo para a  transformación

Profesora: Baia Fernández

Horario: de 10:00 a 17:00 horas 

Prezo: 70 Euros (20 euros reserva de praza, 50 euros día do taller

Reservas 674 447 564  info@baiafernandez.es 

 De 10:00 a 17:00 horas
Lérez  Pontevedra
ballet de Kiev

“Ballet de Kiev” 

23

Domingo/Outubro

Sede Afundación Pontevedra

 BALLET DE KIEV, BAILANDO DESDE O CORAZÓN

O Ballet de Kiev con Ana Sophia Schelller como directora artística, preséntase por primeira vez en España neste 2022 que quedará marcado na memoria de todos nós coa tinta vermella que, con trazo groso, describe a traxedia que estamos a vivir todo o mundo, especialmente para os artistas de ballet que un día antes preparábanse para saír a escena #ante un teatro cheo. O Ballet de Kiev con Ana Sophia Schelller como directora artística, ofrécenos unha versión incrible do Lago dos Cisnes.

EL LAGO DE LOS CISNES

MÚSICA Piotr Tchaikovsky

LIBRETO Vladimir Beghitchev / Vasili Geletzer

COREOGRAFÍA Marius Petipa

Mercar entradas 

 Ás 19:00 horas
Auditorio Sede Afundación  Pontevedra
Ponteandadas

“Ruta do Magosto” 

23

Domingo/Outubro

Concello de Pontevedra

O CONCELLO DE PONTEVEDRA organiza a RUTA DO MAGOSTO… (Lerez/Alba)
Saida as 10,00 h – Illa das esculturas
Ruta circular de 13km,
dificultade media/baixa .
Pago de 2€ Seg. accidentes tanto por Bizum como na conta de naturgaliza club ES82 2080 3116 0330 4000 8694)
Inscripcións: (nome apelidos-dni-data de nacemeto e teléfono)
Inscripcións en: ponteandadas@gmail.com ? 625482636
Presencialmente na tenda de sendeirismo colaboradora Naturcamiña fronte a igresia da Peregrina en Pontevedra
AO REMATE DA RUTA FAREMOS UN MAGOSTO
 Ás 10:00 horas
Illa das Esculturas  Pontevedra
Álvaro de la Vega

“Sculpture” 

10

Luns/Outubro

Espacio Nemonón

O Espazo Nemonon aposta pola escultura para a súa próxima exposición, que se estrea este luns día 10 de outubro.

A sala pontevedresa, situada na rúa Riestra, acollerá unha tripla mostra de escultura en tres materiais como son o bronce, o ferro e a madeira.

Na primeira disciplina, o bronce, expoñerase o traballo de Miguel Couto, Álvaro de la Vega mostrará o seu traballo con esculturas en madeira policromada e Benito Freire co ferro.

Entrada libre 

Ata o 28 de outubro
Villa Pilar. Espacio Nemonón Pontevedra
Exposición

“Arte e pintura de Lorem” 

4

Martes/Outubro

 O Liceo casino de Pontevedra acolle a exposición de arte e pintura de Lorem, Lorenzo Macías

Ata o 25 de outubro.
Salón nobre do Liceo Casino de Pontevedra
Escritura creativa

“Taller de escritura creativa”

22

sábado/Outubro

A Fundación Cuña –Casasbellas. Fabulario Novo-Hipofanías ten como obxectivo para este mes de outubro a realización na súa sede do Taller de Escritura Creativa, dirixido por Graciela Baquero Ruibal. Entendemos a escritura creativa é unha forma de relacionarse coa contorna, unha actitude que o cuestiona e o ampla; un diálogo connosco mesmos e co mundo que sempre nos enriquece. O traballo no taller orientarase principalmente cara á creación e a análise dos textos. Trátase de mostrar sobre o terreo, a pé de obra, como se pensa unha ficción; cales son os recursos e estratexias que serven para converter “unha boa idea” en “unha boa historia”. Este taller está dirixido a aquelas persoas que queiran “contar” e acepten o reto de indagar nas súas propias posibilidades creativas. Para iso teremos que buscar o pulso dentro e fóra de nós, tentando descubrir o que xa hai, potencialo e propiciar as súas formas de expresión… O resultado é sempre unha sorpresa.
Graciela Baquero Ruibal (Galicia 1960). Licenciada en filosofía, ás veces actriz, ás veces mestra…, sempre poeta. 

Todos os sábados de 11:00 a 13:00 horas
Fundación Cuña-Casasbellas Pontevedra
Do final e do comezo

“Do final e do comezo 2022”

14

Venres/Outubro

Exposición “Do final e do comezo 2022″
Como todos os anos, esta mostra reúne unha selección de obras nacidas como parte dos traballos de fin de grao de titulados e tituladas da última promoción de Belas Artes. Organizada pola facultade e a Concellería de Cultura do Concello de Pontevedra, a mostra está comisariada pola equipa de vaciocero.
Visitas guiadas todolos venres ás 18:00 horas
Ata o 30 de outubro 2022
Pazo da Cultura Pontevedra
Bienal Cerveira

“We Must Take Action” 

22

Xoves/Setembro

A XXII Bienal Internacional de Arte de Cerveira inaugura este xoves a súa exposición en Monção e Pontevedra.
Ás 19h o Museo de Pontevedra acolle unha selección de 15 artistas convidados realizada pola directora artística da XXII Bienal Internacional de Arte de Cerveira, Helena Mendes Pereira
Os artistas Antón Sobral, Cristian Baes e Sobral Centeno son os convidados en Monção e Ana Maria Pintora, Ana Monteiro, Ana Vidigal, Elsa César, Henrique do Vale, Jayme Reis, Juan Domingues, Mafalda Santos, Maria Cunha, Mariana Mizarela, Pedro Figueiredo, Serafim Sousa, Sobral Centeno, Zélia Mendonça, Zulmiro de Carvalho os convidados en Pontevedra.
 Entrada libre ata completa o aforo.
Ata o 20 de Novembro 2022
Claustro do Edificio Sarmiento, Museo de Pontevedra
Pop art

“This is Pop!”

22

Xoves/Setembro

Afundación expón no Café Moderno de Pontevedra This is pop. Dás latas de Andy Warhol ás túas, unha recompilación de 63 producións de preto dunha trintena de artistas que abordan a arte pop desde as súas orixes nos anos cincuenta ata os nosos días. Deste xeito, nomes como os de Andy Warhol, Roy Lichtenstein, Robert Rauschenberg, ou Eduardo Paolozzi únense aos de Richard Hamilton, Peter Blake, Yayoi Kusama, Eduardo Arroyo, Rafael Canogar ou Damien Hirst, entre outros.

Ademais ten o seu punto solidario, ao convidarte a participar de #CulturaporAlimentos: traes produtos non perecedoiros e axudas os bancos de alimentos locais! As túas latas tamén contan!

Ata o 14 de Xaneiro 2023
Café Moderno. Pontevedra

Xa podes anotarte

Teatro

“Aula de teatro” 

25

Martes/Outubro

Biblioteca pública Antonio Odriozola. Pontevedra

Queres representar unha obra teatral?. Aprende todo o que é preciso na aula de teatro da biblioteca: técnicas de deshinibición, voz, expresión corporal … e moitas cousas mais. Todo dunha maneira lúdica, amena e divertida -Público adulto -Data e hora: primeira sesión, martes 25 de outubro de 18:00 a 20:00 h (as seguintes sesións serán quincenais, de outubro a maio) -Inscrición previa a partir do día 18 de outubro

 De 18:00 a 20:00 horas
Biblioteca de Pontevedra
jazz

“Paco Chalín &SPJ” 

26

Mércores/Outubro

Teatro principal

 PACO CHARLÍN & SPJ-Meeting

20 aniversario do seminario permanente de Jazz de Pontevedra

Nesta edición de 2022, o SPJ quere celebrar con todas as súas forzas o seu 20 Aniversario, mantendo firmemente a súa filosofía de programación; unha aposta decidida pola aterraxe didáctica que as figuras do jazz deixan nas novas promesas deste estilo en Galicia. Para este aniversario, o Seminario Permanente de Jazz destacará aos seus dous profesores, Abe Rábade e Paco Charlín, dúas figuras do jazz de talla mundial, cun gran impacto na historia contemporánea do jazz, tanto en Galicia como a nivel internacional. As actuacións constan dun programa elaborado tanto por Abe como por Paco, que contarán coa presenza de varios músicos de jazz invitados para esta ocasión. Este completo programa basta, unha vez máis, para esa idea, sempre presente na elaboración do SPJ; o decidido apoio e revitalización do jazz e dos novos jazzistas galegos:

mercar entradas 

 Ás 21:00 horas
Teatro principal. Pontevedra
Relatar

“Relatar na igualdade” 

27

Xoves/Outubro

Biblioteca pública Antonio Odriozola. Pontevedra

Neste taller abordamos a escritura desde a análise e a práctica dos elementos compositivos. Indagaremos nos estímulos e as tendencias persoais e centraremos a temática na igualdade de xénero, tentando transmitir as sensacións e emocións de cada participante. Impartido por Ana Carreira Público adulto Horario: 17:30 a 20:00 h. Con inscrición previa, a partir de 18 de outubro

 De 17:30 a 20:00 horas
Biblioteca de Pontevedra
o porco de pé

“O porco de pé” 

27

Xoves/Outubro

Teatro principal

Ponteatro “O Porco de Pé” de Excéntricas  ​

O Porco, animal totémico de guisos e entroidos, toma os teatros para demostrar a súa superioridade sobre os seres humanos. O que presenta Excéntricas é un teatro de cuartel, ese que, na infancia, fascinábanos e asustaba a partes iguais. Un farol morto, un chan de serrádula, unha cortina vermella e, de súpeto, o porco aparece nun elegante acto de equilibrio de pé, finxindo ser un ser humano con tal graza que é imposible distinguilo. Ao longo de cen anos, Vicente Risco detecta unha importante presenza porcina ataviada con elegantes abrigos e chapeus para confundilos cos propios burgueses. A hilarante sátira do Ourensán, a medio camiño entre o circo, o barracón, os monicreques e o cabaret, está hoxe máis vixente que nunca. Nesta viaxe á fascinante década dos anos 20 do século XX desfilarán como nunha lanterna máxica anarquistas, deportistas, agrarios, proxenetas, golpistas, vangardistas, caciques, futuristas, pasadistas e presentistas.
Producións Teatrais Excéntricas inventa, para reinventar este retrato de NÓS, un teatro de fenómenos cheo de monstros barracón. Para dar vida á galería zoológica contamos con tres fenómenos: Patricia Vázquez, Victor Mosqueira e Evaristo Calvo.

mercar entradas 

 Ás 21:00 horas
Teatro principal. Pontevedra
orquesta

“Orquesta sinfónica de Galicia” 

27

Xoves/Outubro

Sede Afundación Pontevedra

ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA
Director: José Trigueros
Solista: Pablo Amorós (piano)

Programa:
DEBUSSY: Preludio a la siesta de un fauno
MANUEL DE FALLA: Noches en los jardines de España
– En el Generalide
– Danza lejana
– En los jardines de la Sierra de Córdoba
JOAQUÍN TURINA: Sinfonía sevillana
– Panorama
– Por el río Guadalquivir
– Fiesta en San Juan de Aznalfarache

Mercar entradas 

 Ás 20:30 horas
Auditorio Sede Afundación  Pontevedra
Milla anedia

“IX Milla solidaria Anedia” 

13

Domingo/Novembro

Xa está aberta a inscripción na IX Milla Solidaria de Anedia – Móvete pola diabetes!

Unha oportunidade de facer visible unha das doenzas máis invisibles que existen, a diabetes. De seguro que todos os que nos ledes tedes algunha persoa do voso entorno que convive coa diabetes. Así que ese domingo imos facela visible, contamos con todos vós!

Unha proba para todas as idades, con categorías menores Bob Esponja e Patrulla Canina para os máis peques da casa. Pero tamén retomamos a andaina final inclusiva apta para todas as personas que nos queirades acompañar nesa mañán de domingo.

Xa podes facer a túa inscripción 

 Ás 10:30 horas
​Avda. de Montero Ríos en Pontevedra

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥