semana da filosofía

“Semana Galega de Filosofía” 

18

Luns/Abril

10:30 a 13:30   “Rússia frente a Ucrânia: impérios, povos, energia”  Carlos Taibo Arias   Universidad Autónoma de Madrid

17:00 a 19:00 “Da masculinidade hexemónica á masculinidade disidente: unha experiencia pedagóxica“. Pepe Cabido Profesor de Filosofía no IES Antón Fraguas (Compostela)

20:00 a 22:00 “Sobre a contrahexemonía patriarcal, nacional e neoliberal: aquí e agora”. Jule Goikoetxea Mentxaka   Euskal Herriko Unibertsitatea

A entrada é libre, mais se queres ter dereito á certificación é preciso que cubras correctamente o seguinte formulario de matrícula. As persoas que sinalen a opción “OUTRA” son as que só teñen dereito á certificación da Universidade de Vigo por non estar en activo na Consellaría de Educación, nin ter titulación universitaria con aspiración a exercer laboralmente no ensino.

Matricúlate 

De 10:30 a 22:00 horas
Pazo da Cultura Pontevedra

“Rock por mil” 

18

Luns/Abril

No marco do ciclo de cinema de documental Docs del Mes, a Vicerreitoría do campus acolle a proxección de Rock por mil, un documental dirixido por Anita Rivaroli que relata a experiencia de Fabio, un biólogo mariño que convenceu a 1000 músicos de tota Italia para reunirse en Cesena e tocar unha canción dos Foo Fighters. 2020 78’ Italia  vicerreitoria Campus Pontevedra   

Ás 20:00 horas
Casa das campás, Pontevedra
Alonga a vida a túa roupa

“Alonga a vida da túa roupa” 

19

Martes/Abril

A Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte acolle obradoiro Alonga a vida da túa roupa, impartido pola deseñadora de moda sostible Marta Domínguez Lloria. Organizado pola profesora Mercedes Varela, trátase dun taller inserido no proxecto de innovación educativa Experiencias interdisciplinares no marco da Axenda 2030: recursos para achegar ao profesorado en formación os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, financiado pola Facultade.

Con prazas limitadas, as inscricións poden realizarse a través do correo mercedesvarela@uvigo.es.

De 10:00 a 13:00 horas
Campus Universitario Pontevedra
semana da filosofía

“Semana Galega de Filosofía” 

19

Martes/Abril

10:30 a 13:30 “Elucidación do concepto de contrahexemonía. A necesidade dun discurso forte para a esquerda” Carlos Fernández Liria Universidad Complutense de Madrid

17:00 a 19:00 “Galician Broadcasting Corporation. O que queremos para a Galega” Anxo Quintela Xornalista e locutor da Radio Galega

20:00 a 22:00 “Escola contrahexemónica: a escola do coñecemento”  Olga García Fernández  Profesora de Filosofía no IES Julio Verne, Bargas (Toledo)

A entrada é libre, mais se queres ter dereito á certificación é preciso que cubras correctamente o seguinte formulario de matrícula. As persoas que sinalen a opción “OUTRA” son as que só teñen dereito á certificación da Universidade de Vigo por non estar en activo na Consellaría de Educación, nin ter titulación universitaria con aspiración a exercer laboralmente no ensino.

Matricúlate 

De 10:30 a 22:00 horas
Pazo da Cultura Pontevedra
Defensa persoal

“Obradoiro de defensa persoal” 

19/21

Martes e Xoves/Abril

O programa municipal A Vida é Movernos, impulsado polo departamento de Deportes do Concello de Pontevedra , impulsa de novo un dos obradoiros que máis éxito alcanzóu o ano pasado. Impartido polo clube de taekwondo Taekanart,

“Esta actividade ten entre os seus obxectivos achegar unha serie de ferramentas e habilidades que reforcen as actitudes mentais e corporais ademais de desenvolver a mobilidade corporal, as capacidades de anticipación, esquiva, evasión, acción-reacción, a capacidade de toma de decisións ou a reacción ante a ameaza ou a agresión”.

En sesións de dúas horas, as mulleres que participen terán a posibilidade de facerlle fronte ao problema da violencia machista desde un prisma global, asimilando coñecementos, actitudes e técnicas #ante situacións de agresión. Trátase de coñecementos sinxelos sobre cuestións como as reaccións máis oportunas #ante as agresións máis comúns, pero tamén de preparación física e psíquica fronte a situacións impactantes ou traumáticas.”A Vida é Movernos pretende deste xeito axudar ás mulleres a superar os seus medos, reforzar a súa autoestima, valía e propio recoñecemento e dotalas de poder e ferramentas para respostar e saír indemnes.

As inscricións son gratuítas e xa poden realizarse a través do correo anpaluisseoane@gmail.com o do teléfono 609 82 12 71.

De 19:30 a 21:30 horas. 
Pavillón do IES Luis Seoane, Pontevedra

“Nanuk o esquimó” 

19

Martes/Abril

 Música Sen Palabras NANUK, O ESQUIMÓ (Robert Flaherty, 1922)  CASPERVEK Este ciclo de cine mudo con música en directo corre a cargo de Caspervek, proxecto liderado por Brais González que se converteu nunha das referencias europea dos cine-concertos, con máis de 200 actuacións en 14 países do continente. O catálogo de bandas sonoras de Caspervek inclúe máis de 30 longametraxes e varias ducias de curtas. As bandas sonoras de Caspervek combinan elementos da música clásica, do jazz, da electrónica, do folk ou da música contemporánea. Todo cun obxectivo: achegar o cine mudo a todos os públicos! Documental sobre a dura vida dos esquimales que viven na rexión de Hudson, Canadá.

Claustro do Convento de Santa Clara, Pontevedra
 De balde por orde de chegada.
Ás 20:00 horas
Convento de Santa Clara, Pontevedra
Semana da filosofía

“Semana Galega de Filosofía” 

20

Mércores/Abril

10:30 a 13:30 “Inconsciente, devir cósmico e despregamento psíquico. Figuras da autorrevelación en Schelling e Jung a partir de linguaxes simbólicas sagradas” Abraham Rubín Doutor en Filosofía, docente e investigador independente

17:00 a 19:00 “Formas de organización e praxe contrahexemónica”. O Liceo Mutante . Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo . Miudiño SCG e Movementos sociais         

20:00 a 22:00 “A classe trabalhadora no capitalismo pandémico: rumo à uberização do trabalho?” Ricardo Antunes Universidade Estadual de Campinas (Brasil)

A entrada é libre, mais se queres ter dereito á certificación é preciso que cubras correctamente o seguinte formulario de matrícula. As persoas que sinalen a opción “OUTRA” son as que só teñen dereito á certificación da Universidade de Vigo por non estar en activo na Consellaría de Educación, nin ter titulación universitaria con aspiración a exercer laboralmente no ensino.

Matricúlate 

De 10:30 a 22:00 horas
Pazo da Cultura Pontevedra
Diálogos do bosque sensible

“Diálogos del bosque sensible” 

20

Mércores/Abril

Este libro xorde como un desenvolvemento natural do curso da UNED “ ARTIVISMO E ESPIRITU: Interconexión e compromiso social” que deu comezo o 22 de Febreiro do 2020, alá atrás, nos tempos nos que a pandemia aínda pertencía ás noticias doutros países. Comezamos investigando os modos e ferramentas dos que dispoñemos para cambiar o mundo desde un achegamento artístico, e démonos conta que tiñamos que aprender a pensar doutro xeito, a fabricar propostas innovadoras. E esta é unha delas: “Imaxínache que es unha árbore, un paxaro, un cogomelo… Que lle dirías ao bosque? Que che respondeu?”. Indagamos desde unha visión non antropocéntrica e ecofeminista as múltiples linguaxes sutís que xurdiron deste diálogo coa natureza. Este libro é o resultado destas experiencias e a punta de frecha para que calquera poida empezar a mergullarse nelas. Froito dun proceso de intelixencia colectivo, desenvolveuse e expandido por distintos territorios

Particuparán polo Colectivo PNEUMA:

  • Amorín López, Beatriz
  • Franco Portela, Milagros
  • Hermida Balboa, Catalina
  • López González, Sonia
  • Martínez Morales, María
  • Rodriguez Bello, Paula
  • Rodriguez Martínez, María del Rosario

Inscrición

De 19:00 a 21:00 horas
UNED Pontevedra
Galegos no exército

“Galegos no exército de Euskadi” 

20

Mércores/Abril

Presentación do libro “Galegos no exército de Euzkadi 1936-1937”, de Serxio Balchada, que terá lugar o vindeiro mércores 20 de abril, ás 19 h. na Biblioteca Municipal de Marín “Vidal Pazos”.

Pregamos a confirmación da asistencia no enlace memoriahistorica@depo.gal enviando os apelidos, nome, teléfono (móbil preferiblemente) e correo electrónico da persoa interesada.

“O maquinista da general” 

20

Mércores/Abril

Música Sen Palabras O MAQUINISTA DA GENERAL (Buster Keaton, 1926) CASPERVEK Johnny Gray (Buster Keaton) é maquinista nun estado do Sur e ten dous grandes amores: unha moza (Anabelle Lee) e unha locomotora (A general). En 1861, ao estalar a Guerra de Secesión, Johnny tenta alistarse, pero o exército considera que será máis útil traballando na retagarda. Con todo, Anabelle cre que é un covarde e rexéitao. O maquinista só poderá demostrar o seu auténtico valor cando un comando nordista infiltrado nas liñas confederadas róubelle “A General” e rapte a Anabelle. Johnny non dubidará un segundo en subirse a outra locomotora e perseguir aos ianquis para recuperar aos seus dúas amadas.

Claustro do Convento de Santa Clara, Pontevedra
 De balde por orde de chegada.
Ás 20:00 horas
Convento de Santa Clara, Pontevedra

“Donbass” 

20

Mércores/Abril

Donbass de Sergei Loznitsa 2018 Ucraína 120′ 

Película que narra en 12 episodios a situación no leste de Ucraína, onde se enfrontan os partidarios de Rusia e os que apoian o goberno do país. Sete destes episodios están directamente inspiradas en vídeos reais publicados en Youtube. Cando se chama “paz” á guerra, cando a propaganda é presentada como a verdade, cando se chama “amor” ao odio, é aí onde a mesma vida comeza a parecerse á morte.

Ás 19:00 horas
Fundación Cuña-Casasbellas, Rúa Gerardo Álvarez Limeses nº 12 Pontevedra
Louise Bourgeois

“Louise Bourgeois” 

20

Mércores/Abril

Sesión 8 do curso “AVENTAXADO FEMENINO. CREADORAS DO SÉCULO XX.” .

Louise Bourgeois A restauración de tapices da empresa familiar marcará instinto na obra de Louise Bourgeois. Casada cun norteamericano, mudarase a Nova York en 1938 e alí comezará unha longa e prolífica carreira artística, entre a pintura e a escultura, nun personalísimo ideario de partes soltas, mutilaciones, agregados, como símbolo de necesidade de reparación, que a artista confesará como necesidade propia. Nos anos sesenta comeza a experimentar con novos materiais como látex ou goma. Expoñerá coa nova xeración de artistas, entre os que destaca a nova escultora Eva Hesse. A súa obra, na que ás veces o tamaño físico tomará gran relevancia, acabará deixando límites abertos entre escultura e instalación, como un continuado impedimento do todo, característico de Bourgeois, para mostrar os inasibles sentimentos emocionais, psicolóxicos e físicos da natureza humana.

De 19:00 a 20:30  horas
Edificio Castelao
A casa da Forza

“A casa da forza” 

20

Mércores/Abril

Abrirá a Mostra Internacional de Teatro Universitario de Pontevedra a aula de teatro da Universidade de Santiago (USC) coa posta en escena de A Casa da Forza, baseada nun texto de Angélica Liddell que aborda o feminismo no século XXI desde a crítica e o desencanto.  

Ás 21:00 horas
Pazo da Cultura
semana da filosofía

“Semana Galega de Filosofía” 

21

Xoves/Abril

10:30 a 13:30 “A consideración moral dos animais non humanos: unha introdución ao especismo” Óscar Horta Universidade de Santiago de Compostela

17:00 a 19:00 “As memorias proscritas” Montse Fajardo Pérez   Escritora e xornalista

20:00 a 22:00 “Feminismo inclusivo, feminismo relativista” Najat El Hachmi Escritora

A entrada é libre, mais se queres ter dereito á certificación é preciso que cubras correctamente o seguinte formulario de matrícula. As persoas que sinalen a opción “OUTRA” son as que só teñen dereito á certificación da Universidade de Vigo por non estar en activo na Consellaría de Educación, nin ter titulación universitaria con aspiración a exercer laboralmente no ensino.

Matricúlate 

De 10:30 a 22:00 horas
Pazo da Cultura Pontevedra
Taller de baile

“Taller de baile” 

21

Xoves/Abril

Todos os xoves ás 16:30 na nosa sede en Pontevedra para pacientes oncolóxicos e familiares volve unha das nosas actividades máis esperada. Obradoiro de baile.

Máis información e inscricións pontevedra@contraelcancer.es 

Teléfono 900 100 036

Ás 16:30 horas
Rúa Eduardo Pondal nº 64A  baixo Pontevedra
Las 1001 receitas

“As 1001 receitas do Palacete das Mendoza” 

21

Xoves/Abril

O próximo xoves 21 ás 19:00h Cronopios Libros acolle a presentación do libro Las 1.001 recetas del Palacete de la Mendoza. O libro está a ser un éxito apoiado tamén pola exposición do Museo de Pontevedra sobre a singular vida das irmás Concha e María Mendoza Babiano. O texto está composto non so polas orixinais receitas de cociña das irmás senón tamén polos escritos Ana Vega, Jorge Guitián, Ricardo Fernández y Ernesto Vázquez-Rey e o director da edición Ángel Arcay Barral. “Este é un libro de cociña que como todo libro de cociña fala de historia, de viaxes, de amizades, de tradicións, de lugares descoñecidos e de todo o micromundo que se agochaba tralas portas do Palacete de las Mendoza”

Ás 19:00 horas
Librería Cronopios, rúa Frei Xoán de Navarrete nº 5 Pontevedra
Combarro

“Combarro, patrimonio cultural de Galicia” 

21

Xoves/Abril

Presentación da obra “Combarro, patrimonio cultural de Galicia”. Guía de su arquitectura popular e da súa historia, de Rafael Vallejo Pousada.

Con motivo do 50 aniversario da declaración de Combarro como Conxunto Histórico-Artístico, o Concello de Poio e a asociación A Solaina promoveron a publicación da guía ‘Combarro, patrimonio cultural de Galicia’. Ademais do seu autor, o catedrático de Historia e Institucións Económicas da Universidade de Vigo, Rafael Vallejo Pousada; no acto participará o noso director, José Manuel Rey, a concelleira de Turismo do Concello de Poio, Silvia Díaz; e o catedrático de Xeografía Humana da Universidade de Santiago de Compostela, Xosé Manuel Santos

Esta publicación “supón unha ferramenta moi útil para coñecer en profundidade un dos emprazamentos máis emblemáticos do país”. Ao longo das súas 84 páxinas, a guía,  ofrece aos lectores todo tipo de información. Así, o autor fai un exhaustivo repaso pola evolución histórica da vila, analizando diferentes fases, dende o período anterior ao ano 1105 ata o siglo XX. Además, adícase  un apartado específico a un feito histórico: a declaración do núcleo de Combarro como Conxunto Histórico e Pintoresco de Carácter Nacional, feito que cumpre agora 50 anos.

Ás 19:30 horas
Edificio Castelao

“Amencer” 

21

Xoves/Abril

Música Sen Palabras AMENCER (F.W. Murnau, 1927) CASPERVE Un granxeiro (George O’ Brien) convive felizmente no campo coa súa esposa (Janet Gaynor). Pero a aparición dunha sedutora muller (Margaret Livingston) da cidade fai que comece a namorarse desta, e a pensar que a súa muller é un estorbo que se interpón na felicidade entre el e a súa nova e sofisticada amante.  

Claustro do Convento de Santa Clara, Pontevedra
 De balde por orde de chegada.
Ás 20:00 horas
Convento de Santa Clara, Pontevedra
o parke do crepúsculo

“O Parke do Crepúsculo” 

21

Xoves/Abril

O Grupo Maricastaña da aula de teatro universitaria de Ourense representará o xoves 21 de abril a peza O Parke do Crepúsculo, na que se abordan os motivos que levan á xente a okupar unha casa deshabitada e se convida a unha reflexión sobre a xustiza social. Trátase dunha inspiración libre da obra de Paul Auster Sunset Park, publicada en 2010 e na que se contan as relacións e a vida dun grupo de persoas que viven como okupas nunha casa abandonada en Sunset Park, Brooklyn.

Ás 21:00 horas
Pazo da Cultura
semana da filosofía

“Semana Galega de Filosofía” 

22

Venres/Abril

10:30 a 13:30 “Do adeus ao trabalho à falta de trabalhadores.Trabalhadores e o capitalismo hoje” Raquel Cardeira Varela Universidade Nova de Lisboa

17:00 a 19:00 “desdeanticontrapostCOLONIAL”  Tiffany López Ganet  Arquitecta e doutora en Educación Artística

20:00 a 22:00 Lección de Clausura: “A contrahexemonía nos tempos do cólera”  Victoria Sendón de León Doutora en Filosofía e escritora

A entrada é libre, mais se queres ter dereito á certificación é preciso que cubras correctamente o seguinte formulario de matrícula. As persoas que sinalen a opción “OUTRA” son as que só teñen dereito á certificación da Universidade de Vigo por non estar en activo na Consellaría de Educación, nin ter titulación universitaria con aspiración a exercer laboralmente no ensino.

Matricúlate 

De 10:30 a 22:00 horas
Pazo da Cultura Pontevedra
A parroquia do Alén

“A parroquia do Alén” 

22

Venres/Abril

A Parroquia do Alén de Rafael Quintía 2021, 110’ Galicia V. O

Neste documental etnográfico participaron antropólogos, historiadores, sacerdotes, unha médico forense, unha psiquiatra e moitos informantes que achegan os seus testemuños sobre as súas crenzas e experiencias persoais.

 “A Parroquia do Alén” é un documental onde nos achegamos, cunha mirada etnográfica, aos diferentes aspectos que configuran a cultura da morte en Galicia. Unha película onde se fai un percorrido polas diferentes crenzas, tradicións e ritos que configuran a nosa particular forma de relacionarnos coa morte e cos defuntos. Un rigoroso percorrido antropolóxico por un dos aspectos máis salientables e identitarios da cultura e da sociedade tradicional galega: o seu particular xeito de relacionarse coa morte, de integrala na súa vida e a relación de axuda mutua que se establece entre a parroquia dos vivos e a parroquia dos defuntos. Un documental de AB ORIGINE. Antropoloxía, Produción e Xestión Cultural SLL realizado ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22, da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

De 18:30 a 20:30 h. 
Salón de Actos Centro Asociado UNED Pontevedra  

“Paris 1900” 

22

Venres/Abril

Paris 1900 de Nicole Vedrès 1947, 74′ Francia.

A sala de conferencias da Vicerreitoría acolle a proxección de París 1900 (1947), de Nicole Vedrès, nunha nova sesión do ciclo de cine Subordinadas, coordinadas, xustapostas, dirixido a reflexionar sobre o rol das mulleres na historia do cinema, pór en valor o traballo de diferentes profesionais e analizar os modelos argumentais a través dos que esta industria abordou o concepto da feminidade.

Crónica da vida en París entre 1900 e 1914, película de montaxe que utiliza documentos históricos e fragmentos de máis de setecentas películas. Esta película é considerada como un modelo de montaxe. Alain Resnais traballo como asistente. Premio Louis Delluc 1947.

Ás 19:00 horas.
Casa das Campás, Pontevedra
Materiais

“Materiais” 

22

Venres/Abril

A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes, na Facultade de Belas Artes, acollerá a exposición artística “Materiais”, coa participación de obras de Galia Baba Chaman, Julio Catalán, Álex Fuertes, Aitana Iglesias, Gloria Lorenzo, Sol Mussa, Diego del Río, Paula Santomé, Ruth Vidal e Carlos Vivero. Entrada de balde

Do 22 de Abril ao 20 de Xuño.
Facultade de Belas Artes, Pontevedra
Bleuenn le friec

“Arpa celta” 

22

Venres/Abril

ARPA CELTA BLEUENN LE FRIEC  Natural da Bretaña, aos seis anos Bleuenn Le Friec comeza a tocar a arpa celta. No ano 2003, licénciase en Musicoloxía e comeza o estudo da arpa clásica. En 2004 inicia a carreira de arpa en Musikene (Donostia) con Frédérique Cambreling.

Claustro do Convento de Santa Clara, Pontevedra
 De balde por orde de chegada.
Ás 20:00 horas
Convento de Santa Clara, Pontevedra
Poesía e microrrelato

“Poesía e microrrelato” 

22

Venres/Abril

Poesía e microrrelato en Pontevedra

Elisabeth Oliveira

Antonio Fontenla

Olga Vidal

Carmen Castejón

Benito Piñeiro

Ao rematar haberá unha rolda de microaberto (2 minutos cada unha)

Aforo limitado

Debido a limitación de aforo, obrigatorio  consumir

Ás 20:00 horas
O Diaño rúa Charino 33, Pontevedra
Roteiro de tapas

“I Roteiro de tapas” 

22/1

Venres/Abril-Maio

A oportunidade para degustar as creacións, que competirán no I Campionato de Tapas de Galicia – Pontevedra 2022.

Do 22 de abril ao 1 de maio de 2022, as barras dos bares e restaurantes participantes poñen a disposición do público o pincho do concurso, ofrecendo aos comensais unha nova opción de gastronomía en miniatura para disfrutar en dous ou tres bocados, cunha copa na man.

Do 22 de Abril ao 1 de Maio
Pontevedra Capital Gastro

“Xosé Velo” 

23

Sábado/Abril

Con motivo do 106 aniversario do nacemento do político Xosé Velo Mosquera, a Deputación de Pontevedra, a través do departamento de Memoria Histórica, celebrará un acto no que se estreará o documental titulado ‘Xosé Velo. O liberador ibérico‘, ademais de presentar o libro con textos escollidos de Velo no que se inclúen poemas, textos, artigos e outro material do autor que foron recuperados e adquiridos polo organismo provincial.

Para acudir é necesario inscribirse no correo memoriahistorica@depo.gal indicando nome completo das persoas asistentes e o teléfono de contacto.

Ás 11:30 horas
Salón de Plenos da Deputación de Pontevedra
Os libros que hai en min

“Os libros que hai en mín” 

23

Sábado/Abril

Vermú entre libros acolle a visita da escritora Emma Pedreira que conversará do seu libro ‘Os libros que hai en min‘ coa poeta Tamara Andrés.
‘Os libros que hai en min’ está editado en Cuarto de Inverno.

Unha obra na que Emma Pedreira nos conta a rúa relación de amor – odio cos libros, e nos fai partícipes de moitas anécdotas que rodean os seus anos como lectora, nos que eu me recoñezo seguido.

Ás 12:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
Exlibris

“Obradoiro de Exlibris” 

23

Sábado/Abril

Con motivo do Día Internacional do Libro, celebraremos un obradoiro de exlibris para adultos, que aprenderán a combinar tipografías de chumbo, ornamentos e imaxes, así como a técnica do gravado con linóleo. Ademais, a longo de toda a xornada haberá unha intervención no coa que homenaxearemos ao artista Dan Graham, recentemente falecido, recreando a súa obra ‘Pyramid’ con publicacións como coas que obsequiaremos ás persoas que nos visiten ese día.

Inscricións en reservas.museo@depo.gal

De 17:00 a 19:00 horas
Edificio Castelao, Pontevedra
Florian e Ruslava

“Galicia en 8 cordas” 

23

Sábado/Abril

Sons no Retablo GALICIA EN 8 CORDAS DÚO PAGANINI Nas oito cordas do violín e do violonchelo soará a música de composicións galegas con diferentes miradas e estilos. Porque hai moitas galicias, tantas como os matices dos verdes bosques, o ruído da choiva ou os sons do mar. Neste concerto a música pasará pola sorprendente «Tocata» de Federico Mosquera, a nostalxia da gran descoñecida galega do século XIX Eugenia Osterberger, o romanticismo violento de Wladimir Rosinskij, a enerxía cegadora de Juan Durán para terminar coas «Danzas folclóricas galegas» de Octavio Vázquez como unha tormenta de perfumes desta terra. Florian Vlashi – violín,   Ruslana Prokopenko – violonchelo
Claustro do Convento de Santa Clara, Pontevedra
 De balde por orde de chegada.
Ás 20:00 horas
Convento de Santa Clara, Pontevedra
Hércules Brass

“Hércules Brass” 

24

Domingo/Abril

Sons no Retablo EN CONCERTO HÉRCULES BRASS  Alejandro Vázquez e Víctor Vilariño (trompetas), Javier González (trompa), Esteban Méndez (trombón) e Rodrigo Rodríguez (tuba) crearon en 2012 o quinteto de vento metal Hércules Brass. Tocando antes xuntos en diversas plataformas, principalmente na Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia e na Nova Orquestra Nacional de España. Hércules Brass é na actualidade un grupo de referencia nas formacións de cámara profesionais do noso país

Claustro do Convento de Santa Clara, Pontevedra
 De balde por orde de chegada.
Ás 20:00 horas
Convento de Santa Clara, Pontevedra
Candela Conde

“Candela Conde” 

15

Venres/Abril

Exposición“Diálogos internos” de Candela Conde poderase visitar a partir do venres 15 de abril ata o 30 de xuño no espacio Arroelo, en Pontevedra.
Esta exposición é unha restrospectiva de algúns dos seus traballos ata agora, desde pintura e grabado ata fotografía.

Podédes coñecer máis sobre esta artista, estudiante de Belas Artes en Pontevedra, a través do seu grabado, fotografía e pintura nas nosas paredes.

Horarios de visitas

De luns a venres de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 20:00

Ata o 30 de Xuño
Espacio Arroelo
Terra de soños

“Terra de soños” 

13

Mércores/Abril

Praza de España

Exposición ‘Terra de soños. Arte na rúa’, organizada pola Obra Social a Caixa coa colaboración de Fundación Vicente Ferrer

Expoñeranse obras de Cristina García Rodero que reúne unha selección de fotografías representativas das comunidades rurais da India. 

As fotografías de García Rodero afondan no mundo feminino, así como na forza e a capacidade de superación das mulleres de Anantapur (Andhra Pradesh), unha das zonas máis pobres da India.

Cristina García Rodero (Puertollano, Ciudad Real, 1949) é unha figura referente na fotografía, tanto pola súa personalidade como pola repercusión nacional e internacional da súa obra.

Faranse visitas comentadas a esta exposición, os sábados ás 18 horas en galego e os domingos ás 12, en castelán. 

Ata o 11 de maio
Praza de España, Pontevedra
a mar de cores

“A Mar e as Cores da Alma” 

8

Venres/Abril

Palacete das Mendoza

O venres 8 de abril inaugúrase a expposición ” A mar e as cores do alma” de Rafael Loureiro.

O horario será de luns a venres de 10 a 14:00 e de 17:00 a 20:00.

Sábados de 10 a 14:00 e de 17:00 a 19:00.

Domingos e festivos de 10 a 14:00 horas

Do 8 a 24 de Abril
Palacete das Mendoza, Sala de Exposicións
100 lúas cadradas

“100 lúas cadradas”

8

Venres/Abril

Estrelas adolescentes, berces estelares, fósiles cósmicos, restos estelares, universos illa ou cúmulos galácticos. Estes son algúns dos fenómenos astronómicos representados nas fotografías realizadas no Observatorio do Teide, do Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC), que desde este venres poden contemplarse na sede da Vicerreitoría do campus, que acolle a exposición itinerante 100 Lunas Cuadradas. Inserida no plan anual de actividades da Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade (UCC+i) Ciencia de ida e volta, que conta coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología-Ministerio de Ciencia e Innovación. A exposición abrangue diferentes tipos de obxectos astronómicos e algúns descubrimentos relevantes en astrofísica, como sistemas exo-planetarios, fósiles cósmicos, lápidas fugaces ou grupos galácticos.

De carácter didáctico, trátase dunha exposición que o IAC puxo en marcha no marco do proxecto Niépce: do negativo ao positivo, desenvolvido co gallo dos 200 anos das primeiras imaxes fotográficas da historia. A través desta mostra, a astronomía buscaba render homenaxe á fotografía por ter permitido multiplicar os datos obtidos cos telescopios. Conformada por nove paneis, a exposición recibe o seu nome das dimensións das nove fotografías que a compoñen, que, segundo explican os seus promotores, “son dez veces por cada lado o tamaño aparente da lúa, que se utiliza como unidade de medida”, de tal xeito que cada unha delas representaría unha área de “100 lúas cadradas”

Do 8 de Abril ao 13 de Maio
Casa das campás
Noelia Prado

“O eterno Feminino” 

4

Luns/Abril

O ETERNO FEMININO. Exposición de Noelia Prado Fernández, no Ateneo Santa Cecilia 

Inauguración o luns, 4 de abril, ás 20:00 horas no noso local.  

O horario de visita a exposición é de martes a venres de 17:30 a 20:30 e de 11:00 a 13:00 os sábados.

“O Eterno Feminino pretende dar unha visión ácida e irónica sobre a construción patriarcal da feminidade e da identidade feminina. Para lograr este obxectivo, utilizo como ferramenta un punto de vista cotidiá, íntimo e afastado dunha beleza estereotipada polo consumo.” Noelia Prado Fernández

Do 4 ao 20 de abril 2022
Ateneo Santa Cecilia de Marín
Exposición

“Vitrales de arte contemporánea” 

1

Venres/Abril

Do 1 ao 23 de abril, a nosa Sala de Exposicións acollerá a Exposición de Vitrales de arte contemporánea de María Goretti Belo.Goretti xoga coa alegría. Xoga á alegría. Faino coa cor e ou divertimento dous materiais. Emprega óleo, lápis de cor, rotuladores, lenzos, papel, cartón, fotocopias de gran formato, todo ou que lle sexa acaído á preparación do que vai ser ou vitral.’ Laura Ríos.

Entrada libre Aforo limitado

Do 1 ao 23 de Abril
Salón nobre do Liceo Casino

 

Exposición Marin

“Xaquín Soneira” 

31

Xoves/Marzo

Inauguración da mostra de Xaquín Soneira no Museo Manuel Torres de Marín.

Organiza o Concello de Marín

Xoves ás 20:00 horas

Do 31 de marzo ao 30 de Abril
Museo Manuel Torres, Marín
Dalila Gonçalves

“Bulir” 

30

Mércores/Marzo

Este mércoles dia 30 ás 19h inauguramos a exposición da artista portuguesa Dalila Gonzálves que leva por titulo Bulir.

Do 30 de marzo ao 6 de Maio
Inauguración ás 19:00 horas
Alba Troiteiro

“Popurrí” 

12

Sábado/Marzo

Estudo Matrioska presenta unha exposición de Alba Troiteiro. Segundo explica a artista, ” Popurrí é unha pequena retrospectiva dá miña obra dous últimos tres anos”. Trátase dunha mostra de catro proxectos que beben directamente da súa experiencia persoal ou contexto, sendo ese o lugar desde onde nace o seu traballo “para ou caso presente: as artes escénicas, un voluntariado Europeo en Sardeña e a afamada ‘distancia de seguridade’ que nos últimos tempos castrou unha parte importante de liberdades”. ” Meu traballo artístico é unha canle de comunicación entre emoción, corpo e mente”. “Gozo do transitar esta viaxe buscando a beleza e a poesía visual, traducindo ou onírico a unha realidade tanxible a través dá imaxinación”

Do 12 de marzo ata o 7 de maio
Estudo Matrioska, na rúa Estrada, número 6 de Pontevedra.
Exposición Mendoza

De Babiano Méndez-Núñez a Mendoza Babiano” 

12

Sábado/Marzo

Edificio Castelao

Nacer nunha familia da alta burguesía permitiulles a Carmen Babiano e as súas primas Carmen Sancho e Eugenia Méndez-Núñez recibir unha educación exquisita. Ademais de estudar francés e música, formáronse en pintura con Ramón Vives Ayné, un destacado artista catalán que chegou a Pontevedra en 1866 como profesor de debuxo do Instituto e que lles impartía clases particulares. Ao redor de 1873 realizou este retrato da súa alumna Carmen Babiano que poderedes ver, a partir do 24 de febreiro, na exposición ‘De Babiano Méndez-Núñez a Mendoza Babiano. Dúas xeracións de mulleres para a historia de Pontevedra’

Queres saber quen era Carmen Babiano e as súas fillas María e Concha Mendoza? Participa nas visitas teatralizadas que realizaremos todos os sábados á exposición ‘De Babiano Méndez-Núñez a Mendoza Babiano. Dúas xeracións de mulleres para a historia de Pontevedra’. Abrimos a inscrición!  

Todos os sábados desde o 26 de febreiro ata o 23 de abril

Ás 17:30 e ás 19:00 h

Inscricións en reservas.museo@depo.gal 

Do 26 de febreiro ata o 23 de abril

Museo de Pontevedra

invisibles

“A presenza invisible” 

7

Xoves/Marzo

O edificio Castelao acollerá mañá xoves a presentación da exposición “A presenza invisible” frascos de perfume art nouveau e art déco.
As correntes artísticas do século XX, especialmente o art nouveau e o art déco, foron determinantes na expansión e o éxito da industria do perfume, que viviu a súa época dourada coa evolución dos frascos, inicialmente xenéricos, en pezas creadas por artistas, deseñadores e vidreiros. A exposición A presenza invisible, que permanecerá aberta ao público no Edificio Castelao desde o 7 de abril ao 12 de xuño, reúne máis de 200 botellas, así como caixas e estoxos de perfumes, xabón ou pos de arroz, realizadas entre 1896 e 1945, moitas delas convertidas hoxe en auténticas iconas das artes decorativas.
 Entrada libre ata completa o aforo
Inauguración Xoves ás 19:30 horas no edificio Castelao
Do 7 de abril ao 12 de xuño
Edificio Castelao
Exposición marea

“O noso planeta” 

15

Martes/Febreiro

En colaboración coa plataforma audiovisual Netflix, a Sede Afundación Pontevedra acolle do 15 de febreiro ao 28 de maio a exposición «O noso planeta», baseada na serie homónima da plataforma e coa participación de David Attenborough. Este traballo fotográfico tenta concienciar sobre a problemática á que se enfronta o planeta pola acción do home: plásticos, encoros, quecemento global, contaminación, etc. Mergullámonos na beleza natural do planeta Terra para reflexionar sobre o impacto da nosa actividade, así como sobre a necesidade inminente de incorporar a sustentabilidade á nosa forma de vida. Unha exposición con imaxes sorprendentes, elementos audiovisuais e interactivos, realidade virtual e unha mensaxe imprescindible.

Do 15 de febreiro ao 28 de maio
Obra social Abanca Pontevedra

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥