Anxo Rodríguez Ramos

“Siendo” 

18

Luns/Setembro

A mostraSiendodo artista Anxo Rodríguez Ramos inaugurará este próximo luns 18 de setembro, ás 19:30 horas, a tempada expositiva da galería Musart de Pontevedra.

Poderá visitarse ata o 29 de setembro en horario matinal, de 10:30 a 13:30 horas. O artista pintará en directo unha obra na inauguración.

Anxo Rodríguez Ramos, nacido na Coruña, é un estudante da Facultade de Belas Artes.

Dedícase sobre todo á pintura e ao debuxo aínda que tamén fai pequenos proxectos no ámbito musical, xa que ten un grupo onde é o batería: Martes mal.

Do 19 ao 29 de setembro
Galeria Musart, rúa Herreros 28, Pontevedra
primeiros auxilios

“Primeiros auxilios” 

19

Martes/Setembro

Nova formación semipresencial en Primeiros Auxilios. ¡Aprende a salvar vidas!

Parte teórica online:
Do 19 de outubro ao 18 de novembro.
Acceso 24 horas ao campus virtual.
Parte práctica presencial:
 Sábados 11 e 18 de novembro.
 De 09.00 a 14.00 horas.
 Cruz vermella en Pontevedra.
PREZO: 120,20 euros (descuento do 10% para persoas desempregadas, voluntariado e socios/as)
 Inscripcións e máis información
De 09:00 a 14:00 horas
Sede da Cruz Vermella en Pontevedra
O devalar do monte

“O devalar do monte galego” 

19

Martes/Setembro

O vindeiro martes 19, temos en Pontevedra un acto pola defensa dos nosos montes , contra da invasión sen control das empresas enerxéticas, contando coa presenza de Joaquín Araujo, a non perder…

Ás 20:00 horas
Teatro principal, Pontevedra
Carlos Velo

“O cine de Carlos Velo” 

19-20

Martes, Mércores/Setembro

O Ateneo de Pontevedra os días 19 e 20 de setembro, a celebración do simposio “O cine de Carlos Velo e o actor Xerardo Moscoso”, unha iniciativa promovida pola Fundación Carlos Velo e en colaboración coa Universidade de Vigo.
Nestas xornadas incidirase nas vidas cruzadas e na relación aberta entre esta dúas personalidades da cultura galega contemporánea desde o momento en que coinciden en México. 
O simposio abrirase coa actuación do cantautor Armando González, compañeiro de concertos nos anos 70, que interpretará as máis coñecidas cancións de Xerardo Moscoso recollidas da súa discografía. 
Mediante senllas comunicacións, Lola Varela incidirá sobre a etapa pontevedresa de Xerardo Moscoso, a súa implicación no teatro e na actividade política na clandestinidade e, sobre todo, na persecución que sufriu por parte de altos cargos franquistas da cidade. Pola súa parte Miguel Mora, autor dunha biografía novelada de Moscoso, dará a coñecer tanto os tempos compartidos como estudantes en Santiago, os anos como médico do cantante, así como a etapa como exiliado en Suíza tras ser obrigado a abandonar Pontevedra. Mentres, Xosé Enrique Acuña centrará a súa exposición na relación aberta en México entre Carlos Velo e Moscoso protagonizada polas experiencias compartidas tanto no mundo do cine como na súa faceta de activistas políticos exiliados.
Á segunda e última xornada de sesións estará ocupado integramente en presentar o filme de título “Enviado especial” dirixido por Carlos Velo en 1983 e que por circunstancias burocráticas se mantivo no esquecemento durante décadas. Nesta película Xerado Moscoso desenvolve, convidado por Velo, un papel principal como actor. A cinta, recuperada recentemente pola Fundación Carlos Velo, será presentada é contextualizada por medio dunha intervención previa a cargo de Miguel Anxo Fernández, profesor de Universidade de Vigo e autor da máis importante monografía sobre a cinematografía de Velo.
Ás 20:00 horas
Casa das campás, Pontevedra
RMN

“R.M.N” 

19

Martes/Setembro

R.M.N.
Cristian Mungiu, 2022, Romanía, 95 min., VOSE
Lingua: romanés, húngaro, alemán, inglés, francés e cingalés

Uns días antes do Nadal, Matthias volve á súa vila natal en Transilvania tras deixar o seu traballo en Alemaña. Mentres trata de implicarse na educación do seu fillo, a tranquilidade da vila vese truncada cando unha empresa local decide contratar traballadores estranxeiros. As frustracións, os conflitos e a tensión racial afloran, rompendo a aparente paz da comunidade.

Mungiu, que fora Palma de Ouro en 2007 por 4 Meses, 3 semanas, 2 días, é un dos grandes autores da Nova Vaga Romanesa. Con R.M.N., que competiu na sección oficial de Cannes, devólvenos á encrucillada centroeuropea cun «maxistral e desesperanzado relato da morte do humanismo en Europa» (El Cultural).

Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra
faladoiro

“Literatura infantil” 

20

Mércores/Setembro

O mércores temos un faladoiro deses que son tan necesarios coma tomar o postre cando se está triste.

Acompañarannos as responsables de tres das editoriais independentes que máis nos gustan e nos conmoven (como saberedes se vos pasastes pola libraría algunha vez):
Arianna Squilloni da editorial @abuenpasoeditorial
Pablo Larraguibel da editorial @edicionesekare
E Yadira Pazó da editor@librosdelzorrorojo
Un luxo vai ser escoitalos falar da responsabilidade social da LIJ e máis nestes tempos nos que se plantexan tantos debates en torno a ela.
Vémonos este mércores ás 19h no terceiro andar do Teatro Principal de Pontevedra (a entrada é de balde)
Ás 19:00 horas
Terceiro andar do Teatro principal, Pontevedra
xornada de escucha

“Xornada de escoita” 

20

Mércores/Setembro

Presentación [Xornada de escoita]  Dispós da posibilidade de xantar ou cea.
Paul Wilbur Klipsch (PWK) foi un pioneiro do audio estadounidense, un verdadeiro excéntrico e un orgulloso membro do salón da fama da enxeñería e a ciencia. Deu orixe a tecnoloxías de altofalantes que impactarían para sempre a xeracións de amantes da música. [Imperfección] pode facer que miremos máis de preto ou escoitemos con máis atención. A imperfección pode ser fermosa, atractiva e mesmo familiar porque está no corazón de todo, mesmo de nós. Que ten isto que ver coa revisión de hoxe? Todo, porque o altofalante A Scala de Klipsch non é perfecto. Lonxe de ahi. E, con todo, entre un grupo de persoas, persoas que se enorgullecen da procura da perfección sonora, A Scala perdurou. Por que?… A compañía JADIS é o resultado da profunda paixón dun home, que dedicou as súas horas para buscar a reprodución musical máis precisa. 

Anotarse por Whatsapp 667 005 584

Todo o día
O Sanatorio rúa Andrés Muruais 9, Pontevedra
galifunk

“Galifunk Brass” 

20

Mércores/Setembro

No marco do ciclo Músicas para reCREAr, a Vicerreitoría do campus de Pontevedra promove, coa colaboración do Concello, un concerto do grupo Galifunk Brass no Teatro Principal, con entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Apertura de portas ás 20.30 horas.

Ás 21:00 horas
Teatro principal, Pontevedra
Eagles of death metal

“Eagles of death metal” 

21

Xoves/Setembro

O próximo xoves 21 de setembro estrenaremos en primicia os novos videoclips dos Eagles Of Death Metal no Teatro Principal de Pontevedra. Unha sesión dobre cargada de macarreo, rock n’ roll e naves espaciales.

Protagonizado por: Jesse Hughes, María Roja, Sab Esgon
Dirixido por: Gero Costas
Producido por: Romina Doce
Apertura de portas ás 19:00 horas.
Ás 19:00 horas
Teatro principal, Pontevedra
Pablo Méndez

“Inauguración do Triatlón” 

21

Xoves/Setembro

Inauguración oficial dos campionatos, cun desfile de participantes e as súas delegacións nacionais desde a Praza da Ferrería ata a Praza de España, coa participación do grupo Os de Algures. Tras este evento a compañía Pablo Méndez Performance ofrecerá o espectáculo ‘Atempo’ que atravesará a rúa Michelena até a Praza do Concello nunha xornada que concluirá cun concerto do grupo Celme.

Montero Ríos será o espazo reservado para a instalación dunha carpa especial que acollerá unha feira cos principais patrocinadores e outros stands de venda deportiva e especializada

Ás 19:00 horas
Praza de España, Pontevedra
contos

“Dani Blanco” 

21

Xoves/Setembro

A Vicerreitoría do campus promove, coa colaboración do Concello de Pontevedra, unha nova edición de Contos de Inverno, un ciclo de contacontos para público adulto que busca pór en valor a literatura de transmisión oral. Con entrada libre ata completar a capacidade da sala, o ciclo ábrese nesta xornada co espectáculo Murmuraban as miñas veciñas, de Dani Blanco.

Ás 20:30 horas
Casa das Campás, Pontevedra
a pantasma de canterville

“A pantasma de Canterville” 

22

Venres/Setembro

Proxección de ‘A pantasma de Canterville’

A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a proxección de A pantasma de Canterville (1944), de Jules Dassin, nunha nova sesión do ciclo de cinema Limítrofes. Integrado por doce proxeccións entre os meses de setembro e xaneiro, o ciclo afonda en como a historia do cinema abordou a aparición de elementos dificilmente explicables en realidades aparentemente cotiás.

Ás 19:00 horas
Teatro principal, Pontevedra
de ida e volta

“De ida e volta” 

22

Venres/Setembro

A Fundación Cuña-Casasbellas. Fabulario Novo-Hipofanías ten a satisfacción de invitarlles á celebración o 22 de setembro, da narración oral e música en vivo “De ida e volta, en branca e negra” polas artistas Amor Herrera e Cris de Caldas.

De ida e volta é unha viaxe no espazo e no tempo que vos levará de aquí para alá, de Galicia a Cuba e do século XXI ao XIX.

Cris, galega e branca coma o leite, é narradora oral. Amor, cubana e negra como o café, é música profesional e escritora ocasional.

 Cris conta contos, algúns deles escritos por Amor, quen ademais acompaña á narración con notas musicais, unhas brancas e outras negras.

 Amor e Cris xúntase para parir o espectáculo de narración oral e música en directo “Ida e volta”.

   Entrada de balde ata completar aforo

Ás 21:00 horas
Sala VerSus (r/ Xerardo Álvarez Limeses, nº 12), Pontevedra
Cazarepresas

“Cazarepresas” 

22

Venres/Setembro

A asociación A Rente do Chan-PLADEVER estará na proxección e posterior coloquio do documental “CAZAREPRESAS“, que terá lugar o vindeiro VENRES DÍA 22 ás 20:00 h no Café de Cine Pontevedra.

O RÍO VERDUGO e o caso da presa de “PONTE INFERNO” serán protagonistas moi importantes neste documental, no que ademais de vivir a victoria do río Verdugo sobre a central de Ponte Inferno, descubrirás outras aventuras na que os ríos volven a correr grazas á loita de diferentes colectivos europeos.

arentedochan.org   Entrada de balde
Ás 20:00 horas
Café de cine rúa San Antoniño nº 1, Pontevedra
Exposición Tales de Mileto

“Tales de Mileto” 

22

Venres/Setembro

Exposición no Palacete das Mendoza da Asociación Tales de Mileto

Tales de Mileto, desde a súa creación, vinculan valores humanitarios fortalecendo a incorporación dos máis desfavorecidos, utilizando as artes en todas as súas interpretacións, como ferramenta, para provocar esa rebeldía cultural que proporciona o crecemento humano. Na súa misión principal, está ben definida, busca doantes e beneficiarios, para envorcalo á axuda humanitaria, utilizando as ferramentas da arte para desenvolver proxectos, que sexan vangardistas e xeren unha vertente de cambio cultural, de integración e de paz. 

Ata o 8 de outubro
Palacete das Mendoza, Pontevedra
maleza

“Maleza” 

22

Venres/Setembro

Este 22 de setembro temos o pracer de ter na Fundación ao artista @christian_villamide.
A inauguración será ás 20:00 na Fundación RAC en Pontevedra

Ás 20:00 horas
Fundación RAC, Pontevedra
microrrelato

“Poesía e microrrelato” 

22

Venres/Setembro

Volve a poesía e o Microrrelato, esta vez con :

Carmen Quinteiro, Nia Burbuja, Elisabeth Oliveira e Nila álvarez

Ás 20:15 horas
Bar O Diaño, rúa Charino 33, Pontevedra
Luis Piedrahita

“Luis Piedrahita” 

22

Venres/Setembro

X GALA BENEFICA DIA MUNDIAL DEL ALZHEIMER – AFAPO

ES MI PALABRA CONTRA LA MÍA é o novo monólogo de Luís Piedrahita. Un espectáculo cheo de enxeño e tenrura no que Luís analiza por que ninguén está contento co que lle tocou.

Unha vez máis, Piedrahita olisquea a realidade con afán de porco trufero e saca a relucir os aspectos máis absurdos do noso día a día. Temas de fondo calado existencial como as cellas negras das señoras maiores, o medo ao váter alleo ou o amor verdadeiro.

Mercar entradas

Ás 21:00 horas
Auditorio da Sede Afundación, Pontevedra
Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre

“Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre” 

22

Venres/Setembro

Actuará Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre xunto con outras agrupacións folclóricas da cidade.

 A actuación será no gran escenario na zona da Praza do Concello, diante do monumento aos heroes de Ponte Sampaio.

Ás 21:30 horas
Praza de España, Pontevedra
granero Delmás

“Pinta e crea” 

23

Sábado/Setembro

 A mellor experiencia de pintura e viño en pleno corazón de Pontevedra .Unha actividade chea de creatividade , con viño, o mellor ambiente posible e a posibilidade de contar con música en directo e se non hai directo teremos música para gozar que máis lle podes pedir ? Material incluído pero se queres podes traer o teu .

Chama ao 619432721 e infórmate (dúas horas e media ).

 Reserva praza xa non te quedes sen ela

Ás 12:00 horas
Galerías oliva 15 /2bis Pontevedra
Silvia Penide

“Silvia Penide” 

23

Sábado/Setembro

Teatro principal

CICLO VOICES 2023 – SILVIA PENIDE. XIRA XX ANIVERSARIO

Silvia Penide, cantautora galega con dous Premios Martín Codax da Música, vive un ano de celebración continúa. A súa Xira XX Aniversario chega a Pontevedra nun día moi especial: O Día Internacional da Lingúa de Signos, 23 de setembro. O concerto será signado dende o esceario na súa totalidade. 

 No esceario estará acompañada por Carla López (teclado e voces), Paul Álvarez (guitarra) e Bruno Couceiro (batería), ademáis de Natalia Navaza na lingúa de signos. 

Mercar entradas 

Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra
De vacas

“De Vacas” 

23

Sábado/Setembro

Actuará De Vacas.

 A actuación será no gran escenario na zona da Praza do Concello, diante do monumento aos heroes de Ponte Sampaio.

Ás 21:30 horas
Praza de España, Pontevedra
pandeireta

“Pandeireta” 

24

Domingo/Setembro

Nova técnica de Pandeireta

Unha aproximación aos recursos interpretativos da Pandeireta galega no século XXI

Información e reservas: info@gaiaescuelamusica.com

Teléfono 616 352 216

Duración 4 horas

Prezo 40 euros

Ás 10:00 horas
Praza da Castaña, Pontevedra
Carlos Núñez

“Carlos Núñez” 

24

Sábado/Setembro

Actuará Carlos Núñez.

 A actuación será no gran escenario na zona da Praza do Concello, diante do monumento aos heroes de Ponte Sampaio.

Ás 21:30 horas
Praza de España, Pontevedra
Novos valores

“Novos valores 2023” 

13

Xoves/Xullo

O certame Novos Valores, convocado anualmente pola Deputación e o Museo de Pontevedra, pretende impulsar os e as artistas galegos e galegas ou que residan en Galicia. Preséntanse obras orixinais non premiadas en anteriores edicións, que aspiran a gañar unha das catro bolsas de 7.500 euros para ampliación de estudos.

Na edición de 2023 presentáronse 50 obras, entre as que o xurado seleccionou 20 creacións con técnicas diversas: fotografía, pintura, escultura, pezas de costura, vídeo creación, debuxo, instalacións e varias obras con técnica mixta. Estas son as que se mostran na exposición aberta no Edificio Sarmiento.

Do 13 de xullo ao 24 de setembro
Museo de Pontevedra. Edificio Sarmiento
Juan Carlos Meana

“O espazo entre as cousas” 

13

Xoves/Xullo

A obra de Juan Carlos Meana (Vitoria, 1964-Pontevedra, 2023) supón unha indagación na condición humana: na súa fraxilidade e nas súas esperanzas, na súa intemperie, fracasos e enigmas. Partindo do traballo co obxecto, asumindo aqueles apeiros cotiáns que conteñen a experiencia íntima dos instantes sen historia, ábrese a unha investigación que transita tanto polo debuxo coma pola instalación, a fotografía, a escritura e o vídeo.

Aborda cuestións coma a memoria, a experiencia e a contemplación, a melancolía ou o desexo; estados e crenzas que marcan unha subxectividade posta permanentemente en crise, pero orientada tamén cara á posibilidade de establecer relacións co mundo. Trátase dunha concepción da arte como tentativa de coñecemento e, ao tempo, como unha experiencia de transformación.

Do 3 de agosto ao 29 de outubro
Museo de Pontevedra. Edificio Castelao

Xa podes anotarte

taller de teatro

“Taller teatro” 

25-28

Luns a venres/Setembro

Taller de teatro para adultos impartido por Manuel Solla.

Inscrición a partir do 18 de setembro.

Actividade de balde

De 18:00 a 20:00 horas
Biblioteca pública, Pontevedra
Relaxación

“Ansiedade e relaxación” 

26

Martes/Setembro

Taller de ansiedade e relaxación. Aprende a relaxarte para vivir mellor.

Actividade de gratuita

Ás 17:00 horas
Rúa Padre Martin Gaite 5, Pontevedra
El puente de los suicidas

“El puente de los suicidas” 

27

Mércores/Setembro

Presentación do libro de A.J.Ussía. El Puente de los suicidas é unha novela de ficción. Pero a verdade silenciada que describe é real. No Madrid de 1998, unha media de oito persoas ao mes elixiron o Puente de Segovia para acabar coa súa vida. Hoxe o suicidio é a primeira causa de morte non natural no mundo e segue sendo o gran tabú do noso tempo. A cidade de Madrid no final do século XX é o pano de fondo nunha trama adictiva na que os protagonistas son persoas anónimas, esas que nunca buscaron máis gloria que a da propia supervivencia. Unha cidade de contradicións; dura e cruel en ocasións, acolledora e solidaria noutras. As gran metrópoles sen corazón e os barrios con historia onde os veciños aínda se saudaban polo seu nome.

Anotarse por Whatsapp 667 005 584

Ás 19:30 horas
O Sanatorio rúa Andrés Muruais 9, Pontevedra
taller de xestión do stress

“Taller de ansiedade e xestión do estrés” 

27

Mércores/Setembro

Presentación TALLER DE XESTIÓN DO ESTRÉS E DA ANSIEDADE

O próximo mércores día 27 de setembro ás 16:00h terá lugar un taller de xestión do estrés e da ansiedade, coa psicóloga de Federación Alcer Galicia, Patricia Casal.
Terá lugar no Salón de Actos do Edificio Azul da Xunta de Galicia, na Rúa Benito Corbal (entrada por Javier Puig Llamas nº1), en Pontevedra
Podes apuntarte no 693 714 005

Ás 16:00 horas
Rúa Javier Puig nº 1, salón de actos Pontevedra
taller de personalidad

“Eneagrama” 

30

Sábado/Setembro

Descubre a tua personalidade a través do Eneagrama.

Taller impartido por Iria Figueroa psicóloga e coach .

Inscrición iriafigueroagarcia@gmail.com ou 661 025 660 

 Reserva a túa praza 

De 10:30 a 13:30 horas
Galerías oliva 15 /2bis Pontevedra
Ponteandadas

“PonteAndada Lérez, Verducido e Alba” 

1

Domingo/Outubro

O vindeiro 1 de Outubro…. Domingo, retomamos as rutas Ponteandadas organizadas polo Concello de Pontevedra co a PONTEXTREM e MINIXTREM son 2 rutas simultáneas de 25k e 13 km… xa podedes inscribirvos (datos no cartel) para máis información no Telf. 625482636

Ás 08:30  e ás 10:00 horas
Multiusos da Xunqueira, Pontevedra

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥