
“10.000 Millas de andar na bici”
2
Luns/Maio
Xabier Cid presenta 10 000 millas de andar na bici
O escritor Xabier Cid presenta o seu libro ’10 000 millas de andar na bici’ acompañado de Pancho Tristán (experto en comunicación) e Sara Vila (Ed. Xerais).
En ’10 000 millas de andar na bici’ (editado por Xerais) o autor conta, brevemente, o que viu e o que cavilou neses 17 000 km enriba da bici, pedaleando polas rúas e biceiras de Glasgow e outras cidades escocesas.
Ás 19:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra

“Formación de envasados”
3
Martes/Maio
Obradoiro de formación de envasados
Procesos e técnicas de envasado,
Técnicas para a optimización da economia familiar
Límite de inscricións 2 de maio
Inscricións rúa da seca 3 baixo
tl 698124762 oficinadereitosociaisboavida@gmail.com

“Jil Sander”
4
Mércores/Maio
Sesión 10 do curso “AVENTAXADO FEMENINO. CREADORAS DO SÉCULO XX.” .
Jil Sander
Superada a ostentación e o exceso que imperaba nos anos oitenta, a pasarela rendirase ante as liñas sinxelas, as paletas monocromáticas e a ausencia de artificios. É hora do minimalismo. lanzou a súa primeira colección en 1973, durante dúas décadas a deseñadora alemá non atoparía un lugar na moda para as súas pezas de corte perfecto, tecidos de calidade sen adornos e estilos difíciles de etiquetar ata os anos 90, cando triunfou a súa intuición perseverante. Na chamada era individualista,
Sander e Helmut Lang crearán unha moda sen referencias, promovida con tanto éxito por Calvin Klein en Norteamérica. Descrita pola prensa como a papa do purismo, Jil Sander será unha innovadora nunha das últimas tendencias veraces da moda contemporánea.
De 19:00 a 20:30 horas
Edificio Castelao

“4 corazones con freno y marcha atrás”
4
Mércores/Maio
Obra de teatro “4 corazones con freno y marcha atrás” interpretada polos profesores do IES Sánchez Cantón.
Dúas parellas de namorados e un carteiro. Unha herdanza imposible, unha illa deserta e a fórmula da eterna xuventude. A felicidade eterna tamén? ¿Amor inmortal? Quizais si, quizais non, ou quizais todo o contrario. Porque todo é posible en “Catro corazóns con freo e marcha atrás”, unha das comedias máis populares e divertidas do mestre Enrique Jardiel Poncela.
Ás 19:00 horas
Paraninfo do IES Sánchez Cantón

“Lago dos cisnes”
4
Mércores/Maio
Compañía creada polos premiados e aclamados solistas moldavos Cristina e Alexei Terentiev, e integrada por solistas de Moldavia e Italia entre outros países. O traballo e esforzo dedicados durante moito tempo fixeron que este proxecto culmine nunha compañía onde unha depurada técnica e unha excelente interpretación dramática dan vida ás coreografías e partituras máis coñecidas do ballet clásico. LAGO DOS CISNES Obra maxistral de Tchaikovsky e do ballet clásico. Unha lenda eterna que narra a historia do Príncipe Sigfrido namorado da bela princesa Odette, enfeitizada esta por un malvado bruxo que a converte en cisne-muller. A forza do amor que senten os mozos liberaralles de todo maleficio.
Solista: CRISTINA TERENTIEV Duración: 1ª Parte 55’ – Descanso 20’ – 2ª Parte 50
Ás 20:30 horas
Auditorio Sede Afundación Pontevedra

“Teñamos a poesía en Paz”
5
Xoves/Maio
Teñamos a poesía en Paz con Charo Pita, Laura R Cuba e Mario Regueira
O ciclo Teñamos a poesía en Paz acolle a visita dxs poetas Charo Pita, Laura R. Cuba e Mario Regueira que nos falarán das súas obras premiadas no certame de poesía erótica Illas Sisargas e editadas por Caldeiron.
Presenta o acto Eduardo Estévez, editor de Caldeirón.
Obras:
‘O cuarto de Jane‘ de Charo Pita, XV Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas
‘rascamasseiras‘ de Laura R. Cuba, Accésit do XV Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas
‘Marco Livorno‘ de Mario Regueira, XII Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas
Ás 19:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra

“Aprede de tus cicatriz.EX”
5
Xoves/Maio
CIFP A Xunqueira, Pontevedra
Dentro do ciclo de actividades anuais que Federación Pola Igualdade da Provincia Pontevedra realiza nesta provincia, enmárcase a presentación da última obra da psicóloga e sexóloga Ana Castro Liz: “Aprende de tus cicatriz.ex“
Ao longo desta lectura acompañareiche no proceso de superar o teu duelo afectivo con varias ferramentas terapéuticas, para que poidas asimilar e aceptar esta crise sentimental. Mediante as reflexións e exercicios que che expoño, entenderás todas as túas emocións descoñecidas, co fin de resolver por completo o trauma- dor que provoca unha ruptura amorosa. Descubrirás nesta Guía de Autoterapia, cales son eses pensamentos tan repetitivos que dirixen a túa vida e que fan que sufras tanto. Ao comprender en que consisten, aprenderás como facerlles fronte e poderás transformalos a nivel subconsciente. Ademais, se tes que volver contactar co teu EX ou queres conservar unha amizade, comprenderás como debes posicionarche. CICATRIZ.EX contén as estratexias prácticas que che van a conectar co que necesitas perdoar do teu EX e o que non has resolvido das túas anteriores relacións de parella, participando por completo neste proceso sanador. Ser responsable do teu cambio contribuirá a que superes as túas feridas!
De 19:00 a 21:00 horas
Salón de actos do CIFP A Xunqueira, Pontevedra

“O Inefable”
5
Xoves/Maio
Exposición “Inefable”
Aquilo que non se pode describir nin expresar con palabras é do que nos falan as obras artísticas, establecendo unha relación máxica que nace cando se inicia un diálogo entre a ou o artista e a súa obra. “Trátase de atoparnos co que non se ve e que, porén, existe grazas ao que vemos”, como dixo nunha ocasión a escritora Eva Veiga.
O “inefable” podería expresarse a través de diferentes sistemas sígnicos como a poesía, a música, a pintura… ou, simplemente, o silencio. Pero o “inefable” é tamén a luz, a cor, o baleiro e a materia, aspectos fundamentais da creatividade dos protagonistas desta exposición Chelo Rodríguez e Fernando Carballa que, de tempo atrás, comparten amizade e a incansable necesidade de experimentar para captar o instante e transformalo en algo eterno que poidamos nós tamén captar e gozar.
O esforzo por desvelar o “inefable” amosa camiños ben distintos en ambos os dous. Mentres Chelo emprega espazos interiores, cheos de luz e de cor, coa presenza constante e desacougante de diferentes cadeiras como metáforas, Fernando xoga a desvelar a materia e, nesta ocasión, preséntanos o misterio a través da livián e suxestiva porcelana, máis tamén coa forza primixenia do barro. Con todo, comparten nesta mostra das súas obras a súa atracción pola figura humana, quer coas diversas representacións de cabezas que nos atrapan nun mundo simbólico e conceptual, propio de Fernando Carballa, quer cos atractivos manequíns cheos de vida e movemento, de xeito aparentemente contraditorio, que nos mostra Chelo Rodríguez. No horario habitual de apertura da Sala de martes a venres de 18 a 21h. Sábados de 12 a 14h e de 18 a 21h. e domingos de 12 a 14h. Luns, pechada.
Do 5 de Maio ás 19:30 ata o 17 de Xullo ás 14:00
Pazo da Cultura

“Goretti Domínguez e alumnado de piano”
5
Xoves/Maio
GORETTI DOMÍNGUEZ E ALUMNADO DE PIANO
Grupo de estudantes do Conservatorio Mayeusis de Pontevedra que representarán un repertorio significativo de música clásica para piano, dende o Barroco ao século vinte.
Ás 20:00 horas
Convento de Santa Clara, Pontevedra

“A Caixa Sorpresa”
5
Xoves/Maio
A CAIXA SORPRESA. DESCUBRE O PIANO CONTEMPORÁNEO.
Coa participación especial de Ricardo Descalzo e a estrea da colección “Animais” de Saúl Chapela
Ás 20:30 Horas
Auditorio do CMUS Manuel Quiroga

“Taller de baile”
5
Xoves/Maio
Todos os xoves ás 16:30 na nosa sede en Pontevedra para pacientes oncolóxicos e familiares volve unha das nosas actividades máis esperada. Obradoiro de baile.
Máis información e inscricións pontevedra@contraelcancer.es
Teléfono 900 100 036
Ás 16:30 horas
Rúa Eduardo Pondal nº 64A baixo Pontevedra

“Me das ansiedad”
6
Venres/Maio
A ilustradora Paula Cheshire presenta o seu fanzine ‘Me das ansiedad‘ acompañada de Iria Rodríguez (Nube de Okham).
‘Me das ansiedad’ compila a toda cor os cadriños cheos de humor adicados a ‘nosa mellor amiga’: a ansiedade.
Ás 19:00 horas
Libraría Paz, Pontevedra
“Nove vidas ten o gato”
6
Venres/Maio
Proxección de ‘Nove vidas ten o gato’ (1968), de Ula Stöckl
Nova sesión do ciclo de cine Subordinadas, coordinadas, xustapostas, dirixido a reflexionar sobre o rol das mulleres na historia do cinema, pór en valor o traballo de diferentes profesionais e analizar os modelos argumentais a través dos que esta industria abordou o concepto da feminidade.
Longametraxe alemá Nove vidas ten o gato (1968), de Ula Stöckl, “unha película moi escondida dunha cineasta militante”, que Nóvas defende como un filme “capital para entender a reivindicación da muller na década de 1960”.
No verán de 1967, a xornalista Katharina é visitada en Munich pola súa amiga francesa Anne. Fan excursións e visitan cafés, coñecidos e festas. Nunha serie de conversacións, falan sobre as posibilidades para a emancipación feminina nunha sociedade dominada polos homes.
Ás 19:00 horas.
Casa das Campás, Pontevedra

“O caderno de Daia”
6
Venres/Maio
Presentación do libro “O caderno de Daia” de Luis G. Cuntín Docampo
Interveñen: Elías José Torres Feijó (prólogo), Javier Pérez Carrasco, Arturo L. Regueiro (escritor) e o autor
Luis G. Cuntín Docampo (Santiago de Compostela, 1960). Investigador e profesor asociado na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC. “O caderno de Daia” é o seu primeiro poemario publicado, pero, previamente, mantivo colaboracións frecuentes co poeta Arturo L. Regueiro. Xuntos, puxeron sobre os escenarios, cos seus propios textos, o espectáculo de poesía e Jazz 2+2 = Silver Street, así como Galiza Cajun e Curriculum oculto, nos que unha serie de textos dos libros homónimos de Regueiro se integran e dialogan entre os recitados e a música do grupo Pettit Swing.
“O caderno de Daia” iniciouse en febreiro de 1975, nos últimos meses da ditadura, cando Luís Cuntín coñece en Redondela a unha compañeira de estudos. Logo, o Caderno desbordase con poemas que se foron dirixindo, pouco a pouco, á personaxe sublimada máis que á persoa. Este complexo proceso, tallado de labirintos afectivos, demorouse máis de trinta anos e pechouse definitivamente no 2008, ao concluír a versión actual, que aparece na colección Onsa de coedicións de Chan de Pólvora.
A entrada a todos os actos é libre e gratuíta, ata completar aforo.
Ás 20:00 horas
Fundación Cuña-Casasbellas, Rúa Gerardo Álvarez Limeses nº 12 Pontevedra

“A Soidade Selénica”
6
Venres/Maio
Presentación do libro “A soidade selénica” de Juan Parcero editado por Galaxia.
A Terra é un océano esférico. A pouca terra firme que queda está poboada por dous bandos que manteñen unha tensión voraz. O medo é tan abundante como a auga salgada. O único que pode evitar a desaparición da humanidade é a exploración e terrificación doutros planetas. Pero antes debe pasarse pola proba da supervivencia na Lúa: o silencio, o descoñecido, a soidade.
Loia chega ao Mar de Aluminio armada coa súa curiosidade e a súa capacidade para amar, arrastrando un pasado tenebroso e un futuro incerto. Os xemelgos que a acollen deberán preparala para unha nova realidade: unha verdade ditada por un Senado todopoderoso.

“Bosque Santo”
6
Venres/Maio
Espazo Nemonón
Presentación da primeira novela de Silvia Rodríguez Coladas “Bosque Santo” editada por Fanes.
Na pequena localidade de Bosquesanto, ao norte do país, desaparece inexplicablemente Eladio, un dos seus veciños máis odiados. Tras este suceso, a Garda Civil acomete unha investigación, que se complica máis da conta cando xorden novos e terribles acontecementos que quebrantan a aparente paz comunal. De forma paralela, o causante dos mesmos ?un misterioso asasino, de personalidade atípica e carácter inestable?, reflexiona no seu foro interno acerca da xustificación da súa proceder en aras do ben común, a ecoloxía, a xustiza e a sustentabilidade. As forzas vivas do pobo e as que non o son, nin case xa están vivas, tentan soportar a situación como poden e, mesmo, sacar proveito dela a pesar de sentir esa ameaza constante, á que empezan a habituarse.
Bosquesanto é unha novela negra costumista impregnada dun sarcástico sentido do humor que nos introduce no rural, coas súas peculiares tradicións e estilo de vida, e se interna na cabeza dun homicida cargado de reivindicacións.
Ás 20:00 horas
Villa Pilar – Marqués de Riestra, 11 Pontevedra

“Chano Domínguez”
6
Venres/Maio
CHANO DOMÍNGUEZ
Pianista de renome internacional con máis de 40 anos de carreira, cunha forte infuencia do famenco que foi integrando co jazz, colaborando con artistas como Paco de Lucía, Enrique Morente, Chucho Valdés, Martirio etc.
Ás 20:00 horas
Convento de Santa Clara, Pontevedra

“Real Filarmónica de Galicia”
6
Venres/Maio
Directora: Paul Daniel
Programa:
SCULTHORPE
Earth Cry
SIBELIUS
Sinfonía nº 2 en Re mayor, op. 43
Este evento é parte do programa Cultura por Alimentos e, por iso, convidámosche a colaborar con esta causa solidaria a favor do Banco de Alimentos, doando produtos non perecedoiros que poderás depositar na entrada do noso recinto.
Ás 20:30 horas
Auditorio Sede Afundación Pontevedra

“A Brilat e a súa preparación”
6
Venres/Maio
Ás 20:30 horas
Salón noble do Liceo Casino Pontevedra

“PonteAlmorzo”
6/15
Venres a Domingo/Maio
Desde o día 6 ata o 15 de maio celebrarase en Pontevedra o Pontealmorzo, o prezo para o cliente será de 4 euros e o almorzo incluirá unha bebida quente, outra fría e un petisco dulce ou salgado. Horario mínimo para servir estes almorzos de PonteAlmorzo, que será de 9 a 12 horas.
A lista de establecementos que aspiran a obter o galardón de ‘Mellor Almorzo de Pontevedra 2022’ é a seguinte:
- Café Moderno(Praza de San Xosé, 3): Café ou infusión, bocadillo de xamón serrano con puré de tomate quente e zume natural.
- Café bar Chalo (Joaquín Costa, 42, baixo): Sándwich de avea, zume e café ou infusións.
- Mamá Sofía Panadería Degustación(San Antoniño, 83): Zume de froitas natural, torrada de tomate natural triturado con aguacate + café con leite.
- El Patio Kinder Bar(Virxe do Camiño, 11, baixo): Café ou infusión, zume de laranxa natural e mini torrada de tomate, aguacate e sementes de liño, chía e sésamo.
- Café Bar Lelé 2(Fernando Olmedo, 5): Café ou infusión, zume natural de laranxa, churro e tosta de serrano con aceite.
- La Buena Vida(Blanco Porto, 4): Café grande, zume laranxa natural, biscoito e tosta de tomate con xamón e aceite de alfábega ao toque allo negro.
- Cafetería Sonata(Peregrina, 66): Café, cola cao ou infusión. Zume de laranxa e amorodo natural, froita fresca, torrada de espelta de xamón ibérico e doce do día.
- Café bar 33(Rosalía de Castro, 78): Café, cola cao ou infusión con zume natural, macedonia, petisco de tortilla e doce do día.
- Adega dos Avós(Gutiérrez Mellado, 6, baixo): Café, gazpacho de amorodo, ovo duro, pan de pita recheo e torta de queixo.
- Piada Romagnola(García Camba, 2): Café con leite, zume e opción de piada salgada ou doce a elixir.
- Lulo Gastrobar (Joaquín Costa, 14): Café cremoso con chocolate fundido e cacahuete. Lulada valluna e hotcake asiático.
- Cervecería Lola(José Casal): Café + zume de laranxa + biscoito + petisco pantumaca + minitosta con marmelada.
- El Dulce de Leche Alameda(Marqués de Riestra, 35): Café, infusión ou cola cao. Zume de laranxa. O noso clásico: dous minis croissants (un deles recheo de doce de leite). Media tosta de sementes con tomate natural, aceite, aguacate e sementes variadas.
- El Dulce de Leche Raíña Vitoria(Raíña Vitoria, 5): Café, infusión ou cola cao. Zume de laranxa. O noso clásico: dous minis croissants (un deles recheo de doce de leite). Media tosta de sementes con tomate natural, aceite, aguacate e sementes variadas.
- Vía Nai(Isabel II, 22): Café blend ‘Vía Nai’ elaborado en V60, limoada, biscoito húmido de chocolate e ovos á cazola con bacon, ceboliño e sal de Ibiza.
- El Cafetín(parque da Alameda): Café de améndoa, tosta de millo con aguacate e tomate aliñado, zume Vital e mini croissant con marmelada de arandos.
- Moi Bo(Michelena, 34): Bebida quente composta de café. Bebida fría de zume de froitas. Petisco doce (mini croissant). Petisco salgado composto por queixo, aguacate, xamón serrano, tomate e aceite de oliva.
- Cafetería Bachata(Eduardo Pondal, 40): Café, zume, torradas ou croissant artesán.
Do 6 ao 15 de Maio
Pontevedra Capital Gastro

“Contact- Improvisation”
7
Sábado/Maio
Só con reserva] Reservas tl.667005584
Obradoiro de Contacto-Improvisación:
Danza improvisada en parella por contacto, un diálogo en movemento cuxos principios básicos son o peso e o contrapeso, o apoio que ofrece o chan ou outro corpo, o xogo coa gravidade e a percepción do espazo. Require escoita activa e continua; un mesmo, o compañeiro e o que acontece no espazo. Céntrase na comunicación corporal, a escoita, a transmisión a través do tacto/contacto, a receptividade cara ao outro, a fusión enerxética dos corpos. Potenciaremos o coidado do outro en movemento, proporemos un corpo dispoñible, toma de decisións instantáneas, xogo, disfrute e comunicación sensorial. Este sistema de movemento permite iniciarse nel sen ter ningunha noción previa relacionada coa danza. Todos os corpos son benvidos. [Novos idiomas?]
tl.667005584
O Sanatorio rúa Andrés Muruais Pontevedra

“Taller Macramé”
7
Sábado/Abril
Obradoiro de Macramé
Animádevos a disfrutar con Nai @nai_disenos en granero.delmas é unha rapaza encantadora que transmitirá toda a súa paixón polo Macrame . Chamade para non quedar sen praza.
Pilar 619432721
De 10:30 a 13:30 horas
Galerias Oliva local 15 Pontevedra

“Isabel Pérez Dobarro”
7
Sábado/Maio
ISABEL PÉREZ DOBARRO
Unha das pianistas españolas con máis proxección internacional da súa xeración. Especialmente comprometida coa visibilización da música de grandes compositoras. Propón un repertorio que inclúe desde clásicas internacionais á música tradicional do noso país.
Ás 20:00 horas
Convento de Santa Clara, Pontevedra

“Romeo e Julieta”
7/8
Sábado, Domingo/Maio
Romeo e Julieta, Un Amor Inmortal. O Musical
Dirixida por Tomás Padilla e co respaldo da produtora de musicais máis lonxeva do noso país, Theatre Properties, chega a Pontevedra a mellor produción de teatro musical desta tempada en España: Romeo e Julieta, Un Amor Inmortal. Unha impactante escenografía, 250 traxes de época, unha produción ao máis estilo Broadway e interpretada polos mellores artistas nacionais, que che transportará ao século XVI de William Shakespeare… amor, odio, vinganza e traxedia cun ritmo trepidante e intenso, e unha partitura completamente orixinal que che acariñará a alma. El chámase Romeo, e é un Montesco; ela, Julieta, unha Capuleto. Hijos de dúas grandes familias rivais en Verona. Un amor imposible aos ollos da cidade. Un amor inevitable e sincero que os converterá nos amantes máis soados da literatura universal. Protagonizado por Carlos J. Benito (Romeo) e Silvia Villaú ( Julieta), están acompañado por artistas de tamén consagrada traxectoria como Paco Arrojo, Ángels Jiménez, Enrique R. Del Portal, Santiago Cano, Carlos Solano, Daniel Busquier, Nuria Sánchez ou Antonio Villa entre outros.
7 Maio ás 21:00 horas e 8 Maio ás 17:30 horas
Auditorio Sede Afundación Pontevedra

“Dúo Boulanger”
8
Domingo/Maio
DÚO BOULANGER
Este dúo formado por Raquel Areal (violín) e Karla Martínez (piano) aposta decididamente pola inclusión de obras de compositoras e a promoción e divulgación da creación das composicións nos seus concertos, por iso atopamos nos seus programas unha maridaxe perfecta que combina obras de compositores e compositoras galegos e cubanos coas máis recoñecidas sonatas de cámara compostas para violín e piano.
Ás 12.30 horas
Convento de Santa Clara, Pontevedra

“KOUN(T)ERPOINT”
8
Domingo/Maio
KOUN(T)ERPOINT
MARÍA DOMÍNGUEZ E LAURA ITURRALDE
Espectáculo para piano, electrónica e instalación lumínica onde os sons acústicos tradicionais do piano mestúranse de xeito orgánico coas sonoridades experimentais e vangardistas da música electrónica. Xunto á intervención da iluminadora e creadora Laura Iturralde, KOUN(T)ERPOINT consegue, a través dunha coidada dramaturxia visual e sonora, facernos gozar dunha experiencia poética, intimista e inmersiva.
Ás 20:00 horas
Convento de Santa Clara, Pontevedra

“Verbas pola Paz”
8
Domingo/Maio
Ponte poética, conexión Vigo-Madrid-Pontevedra. A Poesía e a Música darán voz e emoción a este encontro: VERBAS POLA PAZ.
Poética:
Alfonso Cuadros, Lila Benlamri, Nila Álvarez, Montse Copa, Elisabeth Oliveira, Isabel García, Carmen Quinteiro, Abdoulaye Bilal traoré, Carmen Castejón.
Música:
Carmen Gallego e Carmela Gómez
Ás 20:00 horas
Fundación Cuña-Casasbellas, Rúa Gerardo Álvarez Limeses nº 12 Pontevedra

“Materiais”
22
Venres/Abril
A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes, na Facultade de Belas Artes, acollerá a exposición artística “Materiais”, coa participación de obras de Galia Baba Chaman, Julio Catalán, Álex Fuertes, Aitana Iglesias, Gloria Lorenzo, Sol Mussa, Diego del Río, Paula Santomé, Ruth Vidal e Carlos Vivero. Entrada de balde
Do 22 de Abril ao 20 de Xuño.
Facultade de Belas Artes, Pontevedra

“Candela Conde”
15
Venres/Abril
Exposición“Diálogos internos” de Candela Conde poderase visitar a partir do venres 15 de abril ata o 30 de xuño no espacio Arroelo, en Pontevedra.
Esta exposición é unha restrospectiva de algúns dos seus traballos ata agora, desde pintura e grabado ata fotografía.
Podédes coñecer máis sobre esta artista, estudiante de Belas Artes en Pontevedra, a través do seu grabado, fotografía e pintura nas nosas paredes.
Horarios de visitas
De luns a venres de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 20:00
Ata o 30 de Xuño
Espacio Arroelo

“Terra de soños”
13
Mércores/Abril
Praza de España
Exposición ‘Terra de soños. Arte na rúa’, organizada pola Obra Social a Caixa coa colaboración de Fundación Vicente Ferrer.
Expoñeranse obras de Cristina García Rodero que reúne unha selección de fotografías representativas das comunidades rurais da India.
As fotografías de García Rodero afondan no mundo feminino, así como na forza e a capacidade de superación das mulleres de Anantapur (Andhra Pradesh), unha das zonas máis pobres da India.
Cristina García Rodero (Puertollano, Ciudad Real, 1949) é unha figura referente na fotografía, tanto pola súa personalidade como pola repercusión nacional e internacional da súa obra.
Faranse visitas comentadas a esta exposición, os sábados ás 18 horas en galego e os domingos ás 12, en castelán.
Ata o 11 de maio
Praza de España, Pontevedra

“100 lúas cadradas”
8
Venres/Abril
Estrelas adolescentes, berces estelares, fósiles cósmicos, restos estelares, universos illa ou cúmulos galácticos. Estes son algúns dos fenómenos astronómicos representados nas fotografías realizadas no Observatorio do Teide, do Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC), que desde este venres poden contemplarse na sede da Vicerreitoría do campus, que acolle a exposición itinerante 100 Lunas Cuadradas. Inserida no plan anual de actividades da Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade (UCC+i) Ciencia de ida e volta, que conta coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología-Ministerio de Ciencia e Innovación. A exposición abrangue diferentes tipos de obxectos astronómicos e algúns descubrimentos relevantes en astrofísica, como sistemas exo-planetarios, fósiles cósmicos, lápidas fugaces ou grupos galácticos.
De carácter didáctico, trátase dunha exposición que o IAC puxo en marcha no marco do proxecto Niépce: do negativo ao positivo, desenvolvido co gallo dos 200 anos das primeiras imaxes fotográficas da historia. A través desta mostra, a astronomía buscaba render homenaxe á fotografía por ter permitido multiplicar os datos obtidos cos telescopios. Conformada por nove paneis, a exposición recibe o seu nome das dimensións das nove fotografías que a compoñen, que, segundo explican os seus promotores, “son dez veces por cada lado o tamaño aparente da lúa, que se utiliza como unidade de medida”, de tal xeito que cada unha delas representaría unha área de “100 lúas cadradas”
Do 8 de Abril ao 13 de Maio
Casa das campás

“Bulir”
30
Mércores/Marzo
Este mércoles dia 30 ás 19h inauguramos a exposición da artista portuguesa Dalila Gonzálves que leva por titulo Bulir.
Do 30 de marzo ao 6 de Maio
Inauguración ás 19:00 horas

“Popurrí”
12
Sábado/Marzo
Estudo Matrioska presenta unha exposición de Alba Troiteiro. Segundo explica a artista, ” Popurrí é unha pequena retrospectiva dá miña obra dous últimos tres anos”. Trátase dunha mostra de catro proxectos que beben directamente da súa experiencia persoal ou contexto, sendo ese o lugar desde onde nace o seu traballo “para ou caso presente: as artes escénicas, un voluntariado Europeo en Sardeña e a afamada ‘distancia de seguridade’ que nos últimos tempos castrou unha parte importante de liberdades”. ” Meu traballo artístico é unha canle de comunicación entre emoción, corpo e mente”. “Gozo do transitar esta viaxe buscando a beleza e a poesía visual, traducindo ou onírico a unha realidade tanxible a través dá imaxinación”.
Do 12 de marzo ata o 7 de maio
Estudo Matrioska, na rúa Estrada, número 6 de Pontevedra.

“A presenza invisible”
7
Xoves/Marzo
Do 7 de abril ao 12 de xuño
Edificio Castelao

“O noso planeta”
15
Martes/Febreiro
En colaboración coa plataforma audiovisual Netflix, a Sede Afundación Pontevedra acolle do 15 de febreiro ao 28 de maio a exposición «O noso planeta», baseada na serie homónima da plataforma e coa participación de David Attenborough. Este traballo fotográfico tenta concienciar sobre a problemática á que se enfronta o planeta pola acción do home: plásticos, encoros, quecemento global, contaminación, etc. Mergullámonos na beleza natural do planeta Terra para reflexionar sobre o impacto da nosa actividade, así como sobre a necesidade inminente de incorporar a sustentabilidade á nosa forma de vida. Unha exposición con imaxes sorprendentes, elementos audiovisuais e interactivos, realidade virtual e unha mensaxe imprescindible.
Do 15 de febreiro ao 28 de maio
Obra social Abanca Pontevedra
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥