“Fuzztones“
21
Martes/Febreiro
O martes 21 de febreiro, véspera de festivo en Pontevedra, poderedes gozar do concerto de The FUZZTONES.
The Fuzztones son unha banda de garage rock formada en Nova York en 1980. Irromperon na escena Punk neoiorquina recuperando o son das bandas de Garage rock dos anos 60. Tras máis de 40 anos de existencia
The Fuzztones lograron o status de “lenda” dentro do Garage rock. Influíron en centos de grupos, desde The Hives a The Horrors.
Apertura de portas 21:30, Concerto: 22:00 horas
Sala Karma, rúa Riestra 34, Pontevedra
“En marcha contra o cancro”
23
Xoves/Febreiro
A cuarta edición da iniciativa Rutas Saludables volve a Pontevedra
A actividade é gratuíta e comezará o próximo día 23 de febreiro ten prazas limitadas e está dirixida a esa poboación que ten unha vida sedentaria e quere comezar a practicar hábitos de vida saudables
Divídese en 2 grupos os xoves: un ás 10.30 horas e outro ás 17.00 horas A duración prevista para esta actividade é de hora e media aproximadamente e será guiada sempre por un/unha voluntari@
Desenvolveranse pola cidade co obxectivo de combater o sedentarismo, xa que é o responsable do 6% de mortes en todo o mundo e incrementa o risco de padecer cancro de colon e de mama ata un 20-25%
Se queres inscribirte, chámanos ao noso teléfono 900 100 036 (gratuíto e 24h) ou presencialmente na nosa sede en Pontevedra (Eduardo Pondal, 64A, baixo) ata que se completen as prazas.
Xoves: ás 10.30 horas e ás 17.00 horas
Sede da Asociación Eduardo Pondal, 64A Pontevedra
“Día de Rosalía”
23
Xoves/Febreiro
Na Deputación de Pontevedra Celebraremos o #DíaDeRosalía por todo o alto cun espectáculo de ilustración, poesía e música coas e os artistas Marcos Escudero, Alba Cid, María Lado, Margarida Mariño e Alba Barreiro. Condutora do acto: Mónica Camaño
Espectáculo multidisciplinar de ilustración, poesía e música (ao comezo e ao peche):
-
-
- Marcos Escudero realizará ilustracións en directo sobre area
- Alba Cid recitará poemas de Rosalía de Castro
- Alba Barreiro tocará a arpa
-
Confirmar asistencia participa.cultura@depo.es
Ás 18:00 horas
Deputación de Pontevedra
“Antes se secará la tierra”
23
Xoves/Febreiro
Librería Cronopios, presentación do libro “ “Antes se secará la tierra” de Fernando J. Núñez conversará con Susana Pedreira.
Fernando j. Múñez, autor que cosechou un éxito enorme con La cocinera de Castamar regresa cunha novela de época ambientada no Pazo de Lourizán.
Ás 19:00 horas
Librería Cronopios Pontevedra
“Os Tenenbaums”
23
Xoves/Febreiro
O oficio de vivir é un ciclo de cine e saúde mental que se celebra este ano por segunda vez na cidade de Pontevedra. Trátase dunha iniciativa organizada por taller abierto e impulsada polo concelleiro de Benestar Social do Concello de Pontevedra, Marcos Rey.
Cada unha das sesións incluirá unha presentación a contextualización da película a cargo do experto Suso Novás, a proxección e un turno de preguntas e coloquio final, donde Julia Fraga, especialista en Psiquiatría, exporá as súas reflexiones sobre a película.
“ Os Tenenbaums. Unha familia de xenios” de Wes Anderson
Royal Tenenbaum (Gene Hackman) e a súa muller Etheline (Anjelica Huston), despois de ter tres fillos, Chas (Ben Stiller), Richie (Luke Wilson) e Margot (Gwyneth Paltrow), separáronse. Chas, que traballa no sector inmobiliario, parecía ter un don innato para as finanzas internacionais. Margot foi dramaturga e obtivo unha bolsa Braverman de 50.000 dólares cando aínda estaba no instituto. Richie foi campión junior de tenis e gañou os campionatos de Estados Unidos tres anos consecutivos. Pero todos os brillantes recordos dos mozos Tenenbaums quedan repentinamente borrados por dúas décadas de traizóns, fracasos e decepcións das que consideran que o seu pai é o principal responsable.
A entrada será de balde ata completar aforo.
Ás 19:00 horas
Teatro principal, Pontevedra
“Día de Rosalía de Castro”
23
Xoves/Febreiro
A Vicerreitoría do campus de Pontevedra conmemora o Día de Rosalía de Castro cun acto centrado no xénero musical da zarzuela galega, que se sumará tamén ao chamamento da Fundación Rosalía de Castro e da Asociación de Gaiteiros Galegos de intrepretar musicalmente nesta xornada a Alborada desta poeta.
Con entrada libre ata completar a capacidade da sala, o acto abrangue por unha banda a conferencia Zarzuela galega vs zarzuela de costumes galegos, a cargo do musicólogo Javier Jurado, xunto cunha actuación da soprano Loli Crespo e o pianista Alejo Amoedo, na que interpretan varias pezas deste xénero, recollidas no seu disco Saudades d’alborada, xunto coa propia Alborada de Rosalía.
Ás 20:30 horas
Casa das Campás, Pontevedra
“Trazo de tiza”
24
Venres/Febreiro
Miguelanxo Prado presenta “Trazo de tiza”
Na Libraría Paz Miguelanxo Prado presenta a edición do 30º aniversario de ‘Trazo de tiza’, editada por Norma.
‘Trazo de tiza’ é unha obra maestra do cómic que a editorial celebra cunha edición especial chea de extras e prologada por Álvaro Pons.
Miguelanxo Prado estará acompañado na presentación por Rafa Tenorio, coordinador do club de lectura de BD.
Ás 19:30 horas
Libraría Paz Pontevedra
“Sons do Peto”
24
Venres/Febreiro
Cantos de Taberna, o programa musical impulsado polo Concello de Pontevedra en colaboración coa Asociación Cultural Maravallada,
Na Adega dos Avós e no”Americano“. Sons do peto
Será un excelente Venres de Cantos de taberna, xa nos tarda, e ademais é o entroido!!
De 21:00 a 00:00 horas
Adega dos avós e Americano Pontevedra
“Poesía e microrrelato”
24
Venres/Febreiro
Este venres poesía e microrrelato con:
Isabel García
Queco Fresco
Borja de Dicha y Pemán
Sara Maravillas
Entrada libre, unha consumición mínima
Ás 20:00 horas
O Diaño, Rúa Charino,33 Pontevedra
“Proxecto Colón galego”
24
Venres/Febreiro
Este venres a Asociación Cultural Cedofeita organiza unha conferencia: “Proxecto Colón Galego”. Ponentes
Mateo Fontán Couto
Antonio Castro Rozados
Entrada libre
Ás 20:30 horas
Casa da Cultura de Lérez, Pontevedra
“Mundo nen@s”
24-26
Venres a Domingo/Febreiro
7º Salón das familias
Do 24 ao 26 de febreiro no recinto feiral de Pontevedra
Interactuar, probar, aprender, testear, vender, comprar, participar en actividades…
Ás 17:00 horas
Recinto Feiral, Pontevedra
“Roteiro: Mulleres científicas”
25-26
Sábado e Domingo/Febreiro
Roteiro no que aprenderemos sobre a pegada que deixan na nosa cidade investigadoras como, por exemplo,a botánica e directora do Areeiro, Carmen Salinero Corral ou científicas merecedoras do Premio María Josefa Wonenburger como Alicia Estévez Toranzo, María Inmaculada Paz Andrade e Isabel Aguirre de Úrcula.
Percorrido: Xardíns de Colón (lateral da Deputación), balcón da Alameda, praza Concepción Areal, Campiño de Santa María, ponte do Burgo, rúa Rafael Areses e Illa das Esculturas.
De 11:00 a 12:10 horas
Xardín de Colón (á beira da Deputación) Pontevedra
“Los secretos”
25
Sábado/Febreiro
Los Secretos ofrecerán un concerto solidario, organizado polo Concello de Cuntis , O grupo de rock actuará na rúa Pedro Campos o vindeiro 25 de febreiro
O concerto terá unha parte solidaria compartindo a recadación coa Asociación Española Contra o Cancro, con Anedia Galicia e con Agadea Alzheimer
Ás 22:00 horas
Rúa Pedro Campos, Cuntis
“VIII Andaina“
26
Domingo/Febreiro
Xesteiras CLUB De Montaña e Concello de Marín
Andaina contra o cancro o próximo 26 de febreiro , o Concello de Marín organiza, coa colaboración da nosa sede en Marín e o Xesteiras CLUB De Montaña, a VIII Andaina Montes e Praias de Marín a favor da Asociación contra o Cancro.
A andaina recorre o Concello de Marín e consta de dúas modalidades:
unha popular de 15 km, outra deportiva de 25km,
Realizada por sendeiros evitando o posible as estradas
Se queres inscribirte podes facelo no seguinte enlace
Ás 9:00 horas
Marín, Pontevedra
“Menchu Abril”
17
Venres/Febreiro
Inauguración da exposición de Menchu Abril. Venres 17 ás 19:30 horas
Do 13 de marzo ao 13 de abril no Granero Delmás Horario de 9:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:30 horas
Do 13 de Febreiro ao 13 de Marzo 2023
Granero Delmás, Pontevedra
“Diverso”
10
Venres/Febreiro
Pazo das Mendoza
Exposición de Edmundo Paz
Pazo das Mendoza
Horario
- De luns a venres de 9 a 20 h
- Sábados e festivos, de 10 a 14 h e de 16 a 19 h
- Domingos de 10 a 14 horas
Do 10 ao 26 de Febreiro 2023
Pazo das Mendoza, Pontevedra
“Aire Galería”
9
Xoves/Febreiro
A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes, emprazada na Facultade de Belas Artes, acolle a inauguración da exposición Aire Galería, centrada na traxectoria deste espazo expositivo de Bilbao, que dá visibilidade ao labor artístico do alumnado e profesorado vinculado á Facultade de Belas Artes da Universidade do País Vasco (UPV/EHU).
Promovida coa colaboración desta universidade, nesta exposición preséntase unha selección das obras dos 64 artistas que formaron parte nas diferentes exposicións promovidas na Galería Aire e que integran a súa colección. A mostra pode visitarse ata o 7 de abril, en horario de 9.00 a 14.00 horas.
Inauguración ás 12:00
D 9 de febreiro ao 7 de abril 2023
Sala de exposicións Manuel Moldes, Belas Artes, Pontevedra
“Símbolos do conflito”
2
Xoves/Febreiro
Inauguración da exposición ‘Símbolos do conflito” de Xulio Gil,
Inauguración día 2 ás 19:30 horas
Entrada libre ata completar capacidade
Do 2 de Febreiro ao 27 de Marzo 2023
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
“Vexo, vexo! que ves?”
1
Mércores/Febreiro
Afundación Pontevedra
Exposición VEXO, VEXO! QUE VES? Xogo, humor e metáforas na Colección de Arte Afundación, en Pontevedra
Convidámoste este mércores 1 de febreiro á visita guiada inaugural desta mostra, que se compón de trinta e catro pezas de autorías e soportes diversos: un gravado de Goya, debuxos de Castelao, esculturas de Xurxo Oro Claro, un óleo de Berta Cáccamo, a banda deseñada sobre a nosa Colección de Jacobo Fernández, fotografías de Helena Segura-Torrella e Daniel Canogar, entre outras obras. Todo, no Café Moderno de Pontevedra.
Inauguración ás 19:00 horas
Do 1 de febreiro ata o 8 de abril 2023
Café moderno de Pontevedra
“A cidade é a pegada”
15
Xoves/Decembro
A exposición, que reflexiona sobre o acontecemento de pertencer a Pontevedra empregando a infancia como fío condutor, conta con Alfredo Olmedo como comisario, os subcomisarios Eduardo Outeiro, Norberto Olmedo e Fernando Suárez, Milagros Bará, Alberto Reiriz e Vicente Pillado do estudio de arquitectura NAN, o arquiveiro municipal Rodrigo Silva e Patricia Dopico, responsable do diseño editorial.
Estará dividida nos espazos Personaxes, do que hoxe avanzamos unhas pinceladas, Infancia, Arquitectura e Río e será, “a produción máis importante a nivel expositivo que levou a cabo o Concello.
Xa podes anotarte
“Conciliación na produción audiovisual, o reto silenciado”
28
Martes/Marzo
Deputación de Pontevedra
A Deputación de Pontevedra, desde a Escola de Igualade María Vinyals en colaboración con Agapi, organiza unha mesa de debate, dedicada a analizar aspectos relacionados coa conciliación na produción audiovisual da man de voces tan destacadas coma Paula Cons, Jaione Camborda, Gael Herrera ou Adriana P. Villanueva.
Baixo o título “Conciliación na produción audiovisual, o reto silenciado pendente” abordaranse cuestións coma as dificultades á hora de conciliar a vida laboral e familiar, os retos aos que se enfrontan as mulleres embarazadas á hora de organizar a súa substitución no traballo, o papel da muller no sector audiovisual unha vez que é nai, a multitarefa ou a necesidade de ter que elixir entre os coidados ou asumir unha carga extra de traballo poucas veces recoñecida.
Esta actividade é de balde ata completar a capacidade. É necesaria a inscrición previa
Ás 19:00 horas
Pazo provincial, Pontevedra
“Vox populi”
2
Xoves/Marzo
Teatro principal
VOX POPULI é un espectáculo de gran formato. Unha ópera rock con música e letra orixinais, interpretada en directo por doce actrices, actores e músicos.
VOX POPULI fala sobre o continuo crecemento da extrema dereita en todo o mundo e a súa influencia negativa nun gran número de temas como: a inmigración, as liberdades e os dereitos sociais. Texto e dirección: José Prieto.
Reparto: María Costas, Paku Granxa, César Goldi, Paula Pier, Carlos Mosquera “Mos”, Bea García, Xoque Carbajal, Iria Sobrado, Celia González, Chechu Mosquera, Lorena Martín e Andrés Sandá.
Ás 21:00 horas
Teatro principal, Pontevedra
“Tricicle”
3
Venres/Marzo
Auditorio Sede Afundación
José Corbacho e Carles Sans «O coñecido humorista fala por primeira vez co público, sen perder a súa esencia gestual» Un estímulo de risa para todo o público asistente. Agora que Tricicle tómase un parón indefinido, Carles Sans, tras 40 anos de silencio, aproveita para falar dos acontecementos e anécdotas profesionais e persoais vividas durante este período. Confesións tan sorprendentes como como antes de convencer aos seus socios para formar unha empresa interesouse polas súas noivas, ou como superou a súa última colonoscopia mentres o doutor falaba de Tricicle. Un espectáculo baseado en feitos reais que fará rir a quen queira saber máis sobre Tricicle, que xa forma parte da memoria emotiva do noso país.
Ás 20:30 horas
Auditorio Sede Afundación , Pontevedra
“El barbero de Sevilla”
5
Domingo/Marzo
Auditorio Sede Afundación
O BARBERO DE SEVILLA, G. Rossini Ópera en dous actos
Tras 31 anos traballando coas compañías de Ópera dos Teatros Nacionais de Odessa, Kiev, Dombass, e Kishinau. Creamos no ano 2020 en tempos da pandemia nosa propia compañía A LGAM. Formada por artistas residentes en España e que colaboran regularmente cos teatros de ópera máis prestixiosos do noso país, “Teatro Real”, “Palau das Arts” de Valencia e “Teatro Liceu” de Barcelona, entre outros. Todos eles, xunto aos directores de orquestra, coro, escena e solistas invitados, forman un conxunto de primeiro nivel. Doutra banda O Teatro Nacional de Moldavia colabora con toda a parte técnica e de escenario. Renovamos a escena achegando proxeccións innovadoras, dando un toque de modernidade ás nosas producións. Queremos con todo isto atraer a un público máis novo, por iso, esa mestura de clásico e visual tan moderno hoxe en dia.
Ás 19:00 horas
Auditorio Sede Afundación , Pontevedra
“Cpto España baile Standar”
10-12
Venres a Domingo/Marzo
Durante os días 10, 11 e 12 de Marzo, celebrarase no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra, o CAMPIONATO DE ESPAÑA STANDARD 2023. Este evento está organizado desde o Concello de Pontevedra, a Federación Española de Baile Deportivo e a nosa escola PonteBaile.
Todo o día
Pavillón dos deportes , Pontevedra
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥