Narración oral

“Narración oral” 

20

Luns/Marzo

O luns 20 de marzo celebraremos o Día Internacional da Narración Oral.

 Pola mañá contos e historias no hospital de Montecelo, hospital Provincial e o hospital do Salnés para nenos e maiores a cargo de Olga Abad, Raquel Queizas, Carmen Domech, Quico Cadaval, Soledad Felloza e Bea Campos.

Ás 17:30 a Street Band jazz percorrera as rúas até a Praza da Peregrina onde actuará xunto a Pavís Pavós, Bea Campos e Polo Correo do Vento que contarán historias para público familiar.

Ás 20:30h na Igrexa de Santa Clara teremos a Celso Fernandez Sanmartín cunha sesión de historias para adultos, con entrada libre

Todo o día
Pontevedra
Ningun lugar como o fogar

“Ningún lugar como o fogar” 

20

Luns/Marzo

Ningún lugar como o fogar“, proxección do documental en Pontevedra a cargo da Universidade de Vigo No marco do ciclo de cinema documental Docs do Mes, o Reitorado do campus de Pontevedra da Universidade de Vigo, acolle a proxección do documental «Non place like home», de Emilia Beck, un documental que retrata a historia de Priyangika Samathie, unha nova adoptada por unha familia norueguesa que quere conciliar coas súas orixes en Sri Lanka.

Entrada de balde ata completar capacidade.

Ás 20:00 horas
Casa das campás, Pontevedra
Francisco Calo

“A historia de España baseouse en falacias” 

21

Martes/Marzo

Francisco Calo Lourido presenta no museo o seu libro “ A historia de España baseouse en falacias” estará acompañado polo presidente de Maio longo Xosé Abilleira e a responsable de comunicación de Xerais Sara Vila

Ás 19:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
Jackie

“Jackie” 

21

Martes/Marzo

Ciclo cine mulleres: Jackie na sede Afundación Pontevedra

Ciclo de Cinema con mirada feminina no que se reflicten diferentes realidades, épocas e lugares, pero todas cun denominador común: a muller como protagonista. Neste caso móstranos a mulleres que fixeron historia en diferentes ámbitos: música, literatura e política. Esta actividade enmárcase no programa CULTURA POR ALIMENTOS, unha iniciativa de Afundación a favor de FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos).

Película sobre a ex primeira dama estadounidense Jacqueline Kennedy (Portman), centrada nos días inmediatamente posteriores ao asasinato do seu marido John F. Kennedy en Dallas, o 22 de novembro do ano 1963

IMPORTANTE! O acceso a cada unha das proxeccións será mediante a doazón de alimentos non perecedoiros que irán destinados ao Banco de Alimentos local. Suxerimos os seguintes alimentos de maneira prioritaria: Conservas, Leite, Aceite, Alimentos infantís. É imprescindible reservar entrada  (gratis) en ataquilla.com As butacas resérvanse ata 10 minutos antes da proxección.

Ás 19:00 horas
Sede Afundación de Pontevedra
Día da poesía

“Ti non sabes o que é ser escritora” 

21

Martes/Marzo

O 21 de marzo, con motivo da celebración do Día da Poesía, o Pazo Provincial acollerá a presentación, a partir das 19.00 horas, do libro Ti non sabes o que é ser escritora, un traballo que se inclúe no marco das accións desenvolvidas con motivo do Manifesto de Soutomaior. 

Este volume, publicado pola Deputación, contén 126 páxinas con dez textos literarios inéditos. Os textos pertencen ás autoras Isabel Blanco, Silvia Cernadas, Mercedes Corbillón, Ledicia Costas, Inma López Silva, Silvia Penas, Arantza Portabales, Anna R. Figueiredo, Elvira Ribeiro e Rexina Vega.

Ademais ofrécense ilustracións realizadas por creativas como Luz Beloso, Celeste Garrido, Andrea Jano, María Lapido, Lara Lars, Andrea López, Blanca Millán, Gloria Pavía, Alba Troiteiro e Sofía Venzel. 

Ás 19:00 horas
Salón do Pazo provincial de Pontevedra
Domingos

“Desigualdade e clase social” 

21

Martes/Marzo

O Ateneo de Pontevedra organiza, dentro do Seminario Permante de Filosofía, a conferencia “Desigualdade e clase social”, impartida polo doutor en Filosofía Domingos Antom Garcia Fernandes.

Sinopse: Domingos Antom Garcia explica que na conferencia “alguns minutos iniciais seram dedicados à apresentaçom do livro de Carlos Julio Báez Evertsz, Desigualdad y clases sociales, que oferece uma exposiçom crítica da desigualdade hoje; estuda as teorías clássicas de Karl Marx y Max Weber, as abordagens funcionalistas e as tentativas de síntese e superaçom do marxismo e do funcionalismo. Também aborda as contribuiçons mais recentes de neoweberianos, neomarxistas, a escola dos estudos culturais (Thompsom, Hall e Eagletone), o culturalismo de Pierre Bourdieu, os pós-modernistas e os pós-marxistas Laclau e Negri, et cetera.

A entrada é libre ata completar capacidade.

​Ás 19:30 horas
Casa das Campás, Pontevedra
Nove meses

“Nove meses” 

21

Martes/Marzo

NOVE MESES  Kilenc hónap, Márta Mészáros, 1976, 90 min., VOSG
Lingua orixinal: húngaro

Juli traballa nunha fábrica de ladrillos, mais estuda a distancia para mellorar a súa posición. O seu xefe namora dela e comezan unha relación moi apaixonada. Ela oculta o feito de que ten un fillo froito dunha relación extramarital. Cando o seu amante, un home violento e posesivo, o descobre, todo salta polos aires.

Cannes 1977 Premio Fipresci
Berlinale 1977 Premio OCIC

Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra
Julia otero

“Julia na onda” 

22

Mércores/Marzo

Onda cero Pontevedra convídate ao programa “Julia en la onda” especial 50 aniversario da UNED Pontevedra.

22 de marzo en directo dende o salón de actos da UNED ás 15:00 horas

A entrada será de balde ata completar aforo.

Ás 15:00 horas
UNED, Pontevedra
le debarquement

“Le Débarquement de Normandie” 

22,23

Mércores, Xoves/Marzo

Os próximos 22 e 23 de marzo (ás 18h30 e 10h30 respectivamente) acolleremos no salón de actos da EOI unha charla sobre o desembarco de Normandía, impartida por Quentin Lemoine.

Ao remate faremos un pequeno concurso, anímaste a participar?

A entrada é libre ata completar capacidade.

​Día 22 ás 18h30 e  día 23 ás 10h30 horas
EOI, Pontevedra
Lee Miller

“Lee Miller” 

22

Mércores/Marzo

Destacadas mulleres creadoras do século XX converteranse en protagonistas do novo curso de ‘Avantaxado feminino‘ na súa segunda edición.  O acceso a estas sesións do curso é libre. No caso de que as persoas asistentes queiran dispoñer dun certificado de asistencia deberán inscribirse previamente en reservas.museo@depo.gal e acudir, polo menos, a sete das dez sesións previstas. Carolina Munáiz, responsable do curso, exerce como docente na Escola Superior de Deseño de Moda Formarche da Coruña, titulada en Ilustración pola EASD Pablo Picasso e con formación de primeiro ciclo da Escola de Canteiros de Pontevedra. Ademais, é pintora e profesora das materias de Historia da Indumentaria e de Historia da arte e da moda do século XX

Lee Miller (fotografía)

De 19:00 a 20:30 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
Que foi de baby jane?

“Qué foi de baby Jane?” 

22

Mércores/Marzo

O oficio de vivir é un ciclo de cine e saúde mental. Trátase dunha iniciativa organizada por taller abierto e  impulsada polo concelleiro de Benestar Social do Concello de Pontevedra.

Que foi de Baby Jane? ” de  Robert Aldrich

As irmás Jane e Blanche Hudson foron estrelas infantís de Hollywood, pero as súas carreiras seguiron traxectorias moi distintas. Mentres que Jane, ao crecer, foi esquecida polo público, Blanche converteuse nunha actriz de éxito. Tras un misterioso accidente de coche, Blanche quedou prostrada nunha cadeira de rodas ao coidado da súa irmá Jane, que goza atormentándoa.

A entrada será de balde ata completar aforo.

Ás 19:00 horas
Teatro principal, Pontevedra
fernández del riego

“Francisco Fdez del Riego, un loitador….” 

22

Mércores/Marzo

Malores Villanueva presenta na librería Cronopios, o seu libro “FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO, UN LOITADOR POLA IDEA DE GALICIA”, a autora estará acompañada por Salvador Cervantes, capitán, amigo de Don Paco e Antón Vidal Andión presidente da editorial Galaxia

Malores Villanueva achéganos nesta biografía, froito de horas de conversas, a vida e a obra de Francisco Fernández del Riego, homenaxeado co Día das Letras Galegas de 2023, sesenta anos despois de que el mesmo propuxese á RAG o 17 de maio como data para esta festividade da cultura galega. Nacionalista de corazón e de razón, mantivo unha traxectoria firme, sen traizoar nunca os seus ideais. Membro do Partido Galeguista e do Seminario de Estudos Galegos, activista universitario, fundador de Editorial Galaxia, codirector da revista Grial, director da Fundación Penzol, presidente da Real Academia Galega, tradutor, editor e articulista incansable, son algunhas das innumerables facetas de quen se definía como ?un optimista radical?. Velaquí, con ese espírito, o retrato de quen queimou a vida na construción dunha Galicia dona de seu.

Ás 19:30 horas
Librería Cronopios Pontevedra
Faladoiro

“A lei de libertade sexual” 

22

Mércores/Marzo

Este mércores 22, realizarase un Faladoiro Feminista que abordará a polémica Lei de Liberdade Sexual (‘Só si é si’)

O coloquio presentarao Yoya Blanco emoderarao a xornalista María Varela. As relatoras que forman parte desta charla son Belén Rubido de la Torre, xuíza decana de Pontevedra titular do Xulgado do Penal nº 4 de Pontevedra, especializado en Violencia Machista; Dori Varas Noguerol, traballadora social da Oficina de Atención e Asistencia ás Vítimas do Xulgado de Vigo, e Rosa Fontaíña Pazos, coordinadora e portavoz da Asociación da Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo.

Esta charla forma parte da programación do 8M e en caso de non asistir, estará dispoñible na páxina web do Concello de Pontevedra e nas redes sociais da Concellería de Igualdade.

Entrada de balde ata completar o aforo. 

Das 19:00 a 20:30 horas
Sede do Centro de Información á Muller (CIM) de  Pontevedra
Xacobeo

“Os Milagres de Santiago” 

22

Mércores/Marzo

Conferencia: “Os Milagres de Santiago ou a promoción do Xacobeo no medievo“, por Manuel A. Mosteiro

O Ateneo de Pontevedra organiza, en colaboración coa Asociación de Amigos e Amigas do Camiño Portugués a Santiago, a conferencia Os Milagres de Santiago ou a promoción do Xacobeo no medievo, impartida polo licenciado en Filoloxía Hispánica e profesor Manuel Antón Mosteiro García

A entrada é libre ata completar capacidade.

​Ás 19:30 horas
Librería Metáfora, Pontevedra
Pather

“Pather Panchali” 

22

Mércores/Marzo

  No marco da programación da Fundación Cuña-Casasbellas. Fabulario Novo-Hipofanías, para o ano 2023, terá lugar na Sala VerSus un novo Ciclo de poesía, arte, cine e socioloxía “Familias en escena”. O programa inclúe o ciclo cinematográfico homónimo, cuxa octava sesión terá lugar este mércores, 22 de marzo, ás 20:00h, coa proxección do Film: Pather Panchali (A canción do camiñoDirec.: Satyajit Ray

Entrada de balde ata completar capacidade

Ás 20:00 horas
En Sala VerSus, rúa Gerardo Álvarez Limeses, nº 12, Pontevedra
andainas

“En marcha contra o cancro” 

23

Xoves/Marzo

A cuarta edición da iniciativa Rutas Saludables volve a Pontevedra

A actividade é gratuíta e comezará o próximo día 23 de febreiro ten prazas limitadas e está dirixida a esa poboación que ten unha vida sedentaria e quere comezar a practicar hábitos de vida saudables

Divídese en 2 grupos os xoves: un ás 10.30 horas e outro ás 17.00 horas A duración prevista para esta actividade é de hora e media aproximadamente e será guiada sempre por un/unha voluntari@

Desenvolveranse pola cidade co obxectivo de combater o sedentarismo, xa que é o responsable do 6% de mortes en todo o mundo e incrementa o risco de padecer cancro de colon e de mama ata un 20-25%

Se queres inscribirte, chámanos ao noso teléfono 900 100 036 (gratuíto e 24h) ou presencialmente na nosa sede en Pontevedra (Eduardo Pondal, 64A, baixo) ata que se completen as prazas.

Xoves: ás 10.30 horas e ás 17.00 horas
Sede da Asociación Eduardo Pondal, 64A Pontevedra
A parte Fácil

“A parte fácil” 

23

Xoves/Marzo

Ismael Ramos presenta “A parte Fácil” estará acompañado por Susana Pedreira de Onda cero radio

As personaxes deste libro están medrando. Ou quizais non se decaten de que xa remataron de medrar. Da adolescencia á trintena, as voces que tecen “A parte fácil” aprenden a convivir con sentimentos de culpa que non lles pertencen, coa vergonza, con segredos familiares antigos e recentes… A dificultade para comunicarse co mundo déixaos illados na inquietante xordeira de quen afunde a cabeza relaxadamente nunha bañeira chea de auga e sopesa a idea de non erguerse nunca máis.Os contos de “A parte fácil” conforman o primeiro libro de narrativa de Ismael Ramos.

Ás 19:00 horas
Librería Cronopios Pontevedra
El mono poeta

“El mono poeta” 

23

Xoves/Marzo

El Dr. Jorge Cameselle Teijeiro presentará su libro “El mono poeta. metamorfosis de un médico investigador del cáncer de mama” en el salón de actos de nuestra sede en Pontevedra.

Cuando comencé a escribir el MONO POETA pretendía dejar un sencillo testimonio a los médicos más jóvenes, a mi familia y a mis amigos, de algunas de las dificultades que tuve que superar, durante décadas, para poder compatibilizar el ejercicio de la medicina clínica con mi vocación como investigador. Pese a las facilidades actuales que proporcionan: la historia clínica electrónica…

Ás 19:30 horas
Rúa Echegaray 8, Pontevedra
caza maior

“Caza Mayor”

23

Xoves/Marzo

A poeta Elvira Jardón presenta o seu novo libro ‘Caza Mayor‘ acompañada do escritor Luís Boullosa.
‘Caza Mayor’, editado por Amarante, é un exercicio poético no que se documenta unha etapa vital de emocións desbocadas.

Entrada de balde ata completar capacidade

Ás 19:30 horas
Libraría Paz Pontevedra
Concerto

“Concerto de Primavera”

23

Xoves/Marzo

Teatro Principal, Pontevedra

O Teatro Principal acolle o Concerto de Primavera do campus de Pontevedra, que a Vicerreitoría promove coa colaboración do Concello de Pontevedra. Protagonizado por Pepe Vaamonde Grupo, que presentará o seu espectáculo O mellor dos catro elementos, o concerto contará tamén coa participación da cantareira María Vidal e da Aula Permanente de Música Tradicional do campus.

A actuación conta con entrada gratuíta con invitación. Estas poden recollerse entre o luns 20 e o mércores 23 nas conserxerías das diferentes facultades e escolas, así como na conserxería da Casa das Campás, neste caso ata ás 21.00 horas do propio xoves 23.

Ás 21:00 horas
Teatro principal,  Pontevedra
xeira poética

“Xeira en Pontevedra” 

24

Venres/Marzo

Próxima xeira con recital poético en Pontevedra ,no que participarei coa MESA DAS VERBAS en homenaxe ao SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS.

Ás 12:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
Melodías

“Melodías de Broadway” 

24

Venres/Marzo

A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a proxección de “Melodías de Broadway (1953), de Vicente Minnelli, na nova sesión do ciclo de cinema Expediente alquimia. Integrado por doce proxeccións e inserido nas actividades da Semana da Creatividade, esta programación propón un achegamento ás múltiples canles polas que a creatividade se fai patente en películas de diferentes xéneros e épocas.

Entrada de balde

​Ás 19:00 horas
Casa das campás, Pontevedra
Oh rosas

“Oh, Rosas Vivas!” 

24

Venres/Marzo

O venres 24 de marzo ás 20:00 horas, a Deputación acollerá o espectáculo “Oh, Rosas Vivas!”, unha iniciativa escénico-musical para redescubrir a pegada feminina na historia da música. Dirixida pola violinista María José Pámpano, esta proposta será unha apaixonante viaxe narrada polas vidas de mulleres como Francesca Caccini, Isabella Leonarda, Maria Bianca Meda, Bárbara Strozzi, Antonia Bembo ou Élisabeth Jacquet de La Guerre, compositoras dos séculos XVII e XVIII pioneiras na profesionalización da muller no eido musical, pero “silenciadas e esquecidas polo paso do tempo”. No espectáculo interveñen o grupo de música antiga Gallaecia Ensemble Barroco, o muralista Yoseba Murazábal, a poeta María Lado e a creadora visual Laura Iturralde.

Ás 20:00 horas
Salón Nobre da Deputación de Pontevedra
microrrelato

“Poesía e Microrrelato” 

24

Venres/Marzo

Poesía e microrrelato en Pontevedra con

Beatriz Suárez-Vence, Borja Dicha, Laura Torres e Alfredo Hanabi

Ás 20:15 horas
Bar o Diaño.  Pontevedra
sen glute

“I Feira sen glute” 

25,26

Sábado, Domingo/Marzo

Praza de España

I Feira Turismo de Sabores Sen Glute O evento, que se celebrará esta fin de semana, busca visibilizar a problemática que padecen cada día as persoas celíacas e poñer en valor ás empresas que enfocan a súa produción á elaboración de produtos sen glute, ofrecendo unha ampla variedade de alimentos e bebidas, tanto para degustar como para mercar.

Entre os produtos que poderán degustarse e mercarse na  Feira inclúense bebidas de hidromel, meles, queixos, pementón, marmeladas, embutidos, anchoas, elaboracións artesanais con algas variadas, garavanzos, arroces, fideuás, caldeiradas de peixe, cogomelos, aceites, licores, chocolates, patés, caramelos, conservas, cervexa, café, cocktails, cremas de froitos secos, receitas con flores e bagas do saúco, elaboracións con fariña de castaña, sidra, polo frito e diversos artigos de alta cociña e delicatessen.

De 11:30 a 20:00 horas
Praza de España, Pontevedra
enjambre

“El enjambre” 

25

Sábado/Marzo

Presentación do libro “El enjambre” de Jose Gil Romero e Goretti Irisarri.

1941. O nazismo avanza en Europa. O férreo control do generalísimo Franco, igual que un vento xeado, sopra sobre os cantís galegos. José Luis Merinero é censor do Ministerio de Propaganda, un home amargado que perdeu á súa esposa e que transforma en cinzas os libros que toca.

Ás 12:30 horas
Rúa S.Román 7 , Pontevedra
Uxia e Ruibal

“Uxía e Ruibal” 

25

Sábado/Marzo

Matinés do principal

A artista galega Uxía e o músico andaluz Javier Ruibal unen as súas forzas e talentos en “Dá túa casa á miña”. Un retrato musical de dous poetas universais, Rosalía e Lorca, da man e do sentimento de dúas almas que tratan de poñer ás á poesía. Un espectáculo no que se acompañan de Marcos Teira, Sergio Tannus, Javi Ruibal.  

Mercar entradas

Ás 12:30 horas
Teatro Principal , Pontevedra
Concerto solidario

“Concerto solidario” 

25

Sábado/Marzo

Concerto solidario ofrecido polas Orquestas infantíl e xoven da Sinfónica de Pontevedra a favor de Manos Unidas.

Mercar entradas

Ás 20:00 horas
Auditorio do pazo da Cultura, Pontevedra
Jay Martin

“Jay Martín” 

26

Domingo/Marzo

Concerto de JAY MARTIN

Continuamos ofrecendo música en directo e boa cervexa artesana na taberna da nasa
JAY MARTIN cantará a sua historia aloumiñando os nosos oidos. 

​Ás 13:30 horas
Taberna Nasa, Pontevedra
exposición conxunta

“Tato Heredia e Javier Albatros” 

18

Sábado/Marzo

Exposición Conxunta de Tato Heredia e Javier Albatros.

Unha mostra pictórica que poderase visitar do 18 de marzo ao 9 de abril, na Sala de exposicións da Sede de Manuel Quiroga do Liceo Casino Pontevedra
Entrada libre. Aforo limitado
Do 18 de marzo ao 9 de abril
Liceo Casino, Pontevedra
Gabarrón atlántico

“Gabarrón atlántico” 

16

Xoves/Marzo

Inauguración da exposición ‘Gabarrón Atlántico, Ronsel de saudade”, de Cristóbal Gabarrón, a exposición está comisariada por Antón Castro.

Xoves 16 de marzo ás 18:30 no edificio Castelao

Entrada libre ata completar capacidade

Do 16 de Marzo ao 14 de Maio
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
Fame 0

“Fame cero 2” 

13

Luns/Marzo

Benestar social Pontevedra

Benestar Social estreará unha exposición urbana para concienciar sobre a fame no mundo. Estará composta por cinco cubos con representacións gráficas creadas por dez artistas

Fame Cero 2, unha nova exposición urbana pictórica que ten como obxectivo concienciar á poboación acerca da problemática da fame no mundo, no marco das actividades do Concello con motivo do Día Mundial da Nutrición.

A mostra, que se estreará o 13 de marzo ás 13.00 horas, estará situada na rúa Daniel da Sota e contará cunha selección de fotografías de varias obras de ata unha decena de artistas: Carmen Hermo, Gosia Trebacz, Isabell Seidel, Yolanda Dorda, Isabel Pintado, Xulio García Rivas, Alfonso Costa, Ricardo de Campos, Fiz Valcárcel e Antón Sobral, que figura tamén como comisario da actividade.

​Do 13 de marzo ao 13 de Abril 2023
Rúa Daniel de la Sota, Pontevedra
As mulleres do nordés

“Atlánticas. As Mulleres do Nordés” 

10

Venres/Marzo

Palacete das Mendoza, Pontevedra

Exposición Atlánticas. Mulleres do Nordés’, da pintora e escultora Viki Rivadulla. 

A mostra está inspirada nas mulleres da costa galega e presenta uns seres case míticos pero fundamentados nunha realidade e ligados ao seu oficio mariñeiro. Mulleres empoderadas que defenden con orgullo o seu ser mariñeiro, “mulleres reais, traballadoras, pero pasadas por unha visión artística que as converte en guerreiras que defenden o territorioo mar, que está esmorecendo e desaparecendo e que hai que coidar”

Horario de luns a venres de 9.00 a 20.00, os sábados de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 19.00 e os domingos e festivos de 10.00 a 14.00 horas.

​Do 10 de Marzo ao 1 de Abril 2023
Palacete das Mendoza, Pontevedra
aire

“Aire Galería”

9

Xoves/Febreiro

A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes, emprazada na Facultade de Belas Artes, acolle a exposición Aire Galería, centrada na traxectoria deste espazo expositivo de Bilbao, que dá visibilidade ao labor artístico do alumnado e profesorado vinculado á Facultade de Belas Artes da Universidade do País Vasco (UPV/EHU).

Promovida coa colaboración desta universidade, nesta exposición preséntase unha selección das obras dos 64 artistas que formaron parte nas diferentes exposicións promovidas na Galería Aire e que integran a súa colección. A mostra pode visitarse ata o 7 de abril, en horario de 9.00 a 14.00 horas.

D 9 de febreiro ao 7 de abril 2023
Sala de exposicións Manuel Moldes, Belas Artes, Pontevedra
Xulio Gil

“Símbolos do conflito” 

2

Xoves/Febreiro

Exposición ‘Símbolos do conflito” de Xulio Gil,

Entrada libre ata completar capacidade

Do 2 de Febreiro ao 4 de Abril 2023
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
Vexo vexo

“Vexo, vexo! que ves?” 

1

Mércores/Febreiro

Exposición VEXO, VEXO! QUE VES? Xogo, humor e metáforas na Colección de Arte Afundación, en Pontevedra

Compónse de trinta e catro pezas de autorías e soportes diversos: un gravado de Goya, debuxos de Castelao, esculturas de Xurxo Oro Claro, un óleo de Berta Cáccamo, a banda deseñada sobre a nosa Colección de Jacobo Fernández, fotografías de Helena Segura-Torrella e Daniel Canogar, entre outras obras. Todo, no Café Moderno de Pontevedra.

Do 1 de febreiro ata o 8 de abril 2023
Café moderno de Pontevedra
A cidade é a pegada

“A cidade é a pegada” 

15

Xoves/Decembro

A exposición, que reflexiona sobre o acontecemento de pertencer a Pontevedra empregando a infancia como fío condutor, conta con Alfredo Olmedo como comisario, os subcomisarios Eduardo Outeiro, Norberto Olmedo e Fernando Suárez, Milagros Bará, Alberto Reiriz e Vicente Pillado do estudio de arquitectura NAN, o arquiveiro municipal Rodrigo Silva e Patricia Dopico, responsable do diseño editorial.

Estará dividida nos espazos Personaxes, do que hoxe avanzamos unhas pinceladas, Infancia, Arquitectura e Río e será, “a produción máis importante a nivel expositivo que levou a cabo o Concello.

Do 15 decembro ao 22 de marzo 2023
Pazo da cultura Pontevedra

Xa podes anotarte

Morte dun anarquista

“Morte accidental dun anarquista” 

30

Xoves/Marzo

Ponteatro “Morte accidental dun anarquista” de Talía Teatro

Milán, 1969. Un anarquista morre ao caer desde a xanela dunha comisaría onde é interrogado pola policía. No medio da investigación xudicial dos feitos, a aparición na devandita comisaría dun “tolo” que se fai pasar por diferentes personaxes logrará dar un envorco ás pescudas e descubrir a verdade. Obra mestra da farsa con enxeñosos toques satíricos na que Dario Fo destaca a natureza da policía, os seus métodos manipuladores e a súa función represiva, así como o importante papel dos medios de manipulación de masas na súa procura de noticias e “escándalo”. Duración: 85 minutos

mercar entradas

Ás 21:00 horas
Teatro Principal , Pontevedra
Somos criminais

“Somos Criminais 3” 

31

Venres/Marzo

Somos criminais no sentido menos criminal da palabra? Temos nosa propia forma de ser e ser? Somos diferentes, somos similares ou somos iguais aos demais? Son certos os clichés sobre nós? É certo que respondemos preguntas con preguntas? Non sabes se subimos ou baixamos? Din que as segundas partes nunca foron boas, así que Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán pasan directamente á terceira. En Somos Criminais 3, Carlos Blanco e Touriñán analizan Galicia e os seus habitantes para saber como somos e por que somos como somos.

Mercar entradas

Ás 20:30 horas
Sede Afundación, Pontevedra
Camerata Arven

“Camerata Arven” 

1

Sábado/Abril

DEL SILENCIO A LA EMOCIÓN II – Camerata Arven – Pedro y el Lobo

Do Silencio á emoción é un ciclo de concertos que convidan a escoitar a música clásica desde un punto de vista diferente, rompendo barreiras e integrando diferentes artes escénicas. Ao comezo resumirase a historia das obras de concerto, facilitando escóitaa, permitindo a participación do público e o seu achegamento á orquestra. «Pedro e o lobo» é unha obra musical de carácter didáctico, na cal os diferentes instrumentos representan cada un dos personaxes da historia. Neste primeiro concerto do ciclo, os nenos e nenas poderán escoitar as aventuras de Pedro narradas pola actriz galega Laura Sarasola e ilustradas musicalmente pola Camerata Arven.

O acceso a leste concerto será mediante a doazón de alimentos non perecedoiros que irán destinados ao Banco de Alimentos local, previa retirada da invitación en Ataquilla.com 

Ás 19:30 horas
Sede Afundación, Pontevedra
cours avancé

“Conversation en Français” 

3

Luns/Abril

Nathalie Ramírez

Cours de français en ligne avec Nathalie Ramírez Valbuena

Duración de Abril a xuño 2023

Días e horarios– Luns de 20:30 a 22:00 horas

Horas totais18

Prezo 160 Euros por persoa

Número de estudantes de 3 a 6

Nivel B2-C1

Datas: 3, 10, 17, 24 de Abril, 8, 15, 22, 29 de Maio, 5,12,19, 26 de xuño 2023

Contacto: nathalie.ramirezvalbuena@gmail.com o no teléfono 631472211

De 20:30 a 22:00 horas
En liña

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥