resina

“Bisuteria en resina” 

20-23

Luns e Xoves/Novembro

TALLER DE BISUTERÍAS EN RESINA EPÓSICA

 PRAZAS LIMITADAS (Taller de 2 días x 3 horas c/o.) •• NOVEMBRO LUNS: 20 e XOVES 23

Horario: 10:00hr a 13:00hr LUNS: 20 e XOVES 23 Horario: 10:00hr a 13:00hr Neste Taller aprenderás técnicas decorativas para crear unha colección completa e única con resina epóxica. A artista Mónica Pérez @monikarte.co ensinarache paso a paso como manipular correctamente a resina epóxica, a resina UV, os pigmentos e cores, aprenderás tamén a encapsular flores, madeira e moitos detalles máis. Lévasche a casa unha colección de xoias 100% feitas a man para ou para regalar este nadal. PREZO: 80€ RESERVA: 20€ TODOS OS MATERIAIS PARA FACER O TALLER ESTÁN INCLUÍDOS. Reservas na ligazón de nosa bio.

De 10:00 a 13:00 horas
Galería Tangram, Pontevedra
adeus queridos haters

“Adiós, queridos haters” 

20

Luns/Novembro

No marco do ciclo de cinema documental Docs del Mes, a Vicerreitoría do campus acolle a proxección de Adiós, queridos haters (2022), un documental que Hanka Nobis centra na historia de Antek, un mozo polaco que creceu nunha familia relixiosa e de extrema dereita, que comeza a dubidar da súa ideoloxía tras namorarse.

Ás 20:00 horas
Vicerreitoría, Pontevedra
Domingos

“De saberes acrílicos e saberes críticos” 

21

Martes/Novembro

 Ateneo de Pontevedra organiza, dentro do Seminario Permante de Filosofía, a conferencia De saberes acríticos e saberes críticos, impartida polo doutor en Filosofía Domingos Antom Garcia Fernandes. O acto terá lugar o vindeiro martes, 21 de novembro, ás 19:30 horas, na sala de conferencias da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Ás 19:30 horas
Vicerreitoria, Pontevedra
O sol do futuro

“O sol do futuro” 

21

Martes/Novembro

O SOL DO FUTURO
Nanni Moretti, 2022, Italia, 95′, VOSE   Lingua orixinal: italiano

Giovanni (Nanni Moretti), un coñecido cineasta italiano, prepárase para rodar o seu novo filme. Pero entre a súa crise de parella, o seu produtor francés ao bordo da quebra e a súa filla que non lle fai caso, todo se pon na súa contra! Sempre no límite, Giovanni vai ter que considerar a súa maneira de facer as cousas, se quere conducir todo o seu pequeno mundo cara a un futuro brillante

Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra
romance

“Romance de unha fatal ocasión” 

22

Mércores /Novembro

Deputación de Pontevedra

Museo de Pontevedra presentará o próximo mércores 22 de novembro, ás 19:00 horas, no Edificio Castelao a edición facsimilar de dous romances humorísticos ata agora inéditos, realizados polos membros do Seminario de Estudos Galegos en 1935. Un deses textos é o Romance de unha fatal ocasión, que Quico Cadaval, Larraitz Urruzola e Francisco do Romuado van poñer en escena nese acto nunha versión para monicreques e cantar de cego, coa dirección e dramaturxia realizada para a ocasión por Quico Cadaval.

Ás 19:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
despertar

“Despertar a un nuevo día” 

22

Mércores /Novembro

Presentación do libroDESPERTAR A UN NUEVO DÍA”  María Prendes 
Proposta de transformación social, sostible na economía e no tempo, que prioriza a innovación e a renovación en torno á convivencia social.  En definitiva, “Despertar a un nuevo día” é unha proposta de transformación social, aberta a tantas posibilidades como mentes creativas existen, para contribuir ao benestar social e a boa convivencia.

Remataremos coa actuación musical dos irmáns Fernández Rodríguez, Javi e Laura.

REQUIRE INSCRIPCIÓN.

Presentación Víctor Manuel González Sánchez, Director do Centro Asociado de Pontevedra e do Campus Noroeste da UNED

Ás 19:00 horas
UNED Pontevedra
psicoanálisis

“Psicoanálisis de la España disfuncional” 

22

Mércores/Novembro

A sede da Vicerreitoría do campus acolle unha presentación do libro Psicoanálisis de la España disfuncional, do psiquiatra Ramón Andreu Anglada, que será presentado pola profesora da Facultade de Dirección e Xestión Pública Sara Torres, promotora da actividade

Ás 19:30 horas
Vicerreitoría, Pontevedra
Formas de atrapar unha sombra

“Formas de atrapar unha sombra” 

22

Mércores/Novembro

Na sala universitaria Profesor Manuel Moldes inauguración da exposición “Formas de atrapar unha sombra” de Nono Bandera, Salvador Cidrás, Emilia Guimeráns e Maite Leyún.

Comisario: Marcos Covelo

A inauguración será ás 20:00 horas

Do 22 de Novembro ao 23 de febreiro 2024
Facultade Belas Artes, Pontevedra
Matria
amama

“Matria, Amama” 

22

Mércores/Novembro

Fundación Cuña Casasbellas

No marco da programación da Fundación Cuña-Casasbellas. Fabulario Novo-Hipofanías, para o XIX Brumario Poético, terá lugar na Sala VerSus un novo Ciclo de cine en torno ó mito de “Pandora”. A cuarta sesión do ciclo terá lugar este mércores, 22 de novembro, ás 20:00h, coa proxección dos Films: Matria

Direc.: Álvaro Gago  España, 2017  21 m

 Sinopse Ramona é unha muller de mediana idade que vive co seu marido, con quen apenas se comunica, e traballa nunha fábrica de conservas gobernada por unha encargada tirana. Ante os desafíos que lle presenta a súa rutina diaria, Ramona trata de refuxiarse na relación que lle une á súa filla e á súa neta

Amama Direc.:Asier Altuna España, 2015,  103 m

 Sinopse Unha historia familiar. O conflito entre o urbano e o rural, entre pasado e presente, pais e fillos. Dúas formas opostas de entender a existencia, e unha avoa que observa o mundo desde o máis elocuente dos silencios.

Entrada de balde ata completar aforo

Ás 20:00 horas
Rúa Gerardo Álvarez Limeses 12, Pontevedra
Un óscar para Óscar

“Un oscar para Óscar” 

22

Mércores/Novembro

UN OSCAR PARA ÓSCAR de Mario Hernández

DIRECCIÓN: Mario Hernández
ELENCO: Jon Plazaola, Agustín Jiménez, Rebeca Sala, Mara Guil
PRODUCIÓN: Txalo Producciones e La Mandanga

Estamos na cidade de Los Ángeles o día que se celebra a cerimonia dos Oscar; concretamente, nun modesto motel nos arredores. Alí están Óscar Manzano, nomeado aos premios pola curtametraxe que dirixe, canda o ministro de Cultura Guillermo Barrientos e a ministra de Facenda Irene Navarro. Entre continuas liortas dos dous políticos, e a poucas horas de empezar a cerimonia, aparece Pauline, unha «escort girl» contratada ás agachadas para que finxa ser a noiva de Óscar durante a gala…

Mercar entradas

Ás  20:30 horas
Auditorio da Sede Afundación, Pontevedra
Mulleres na historia

“Ás mulleres na historia” 

23

Xoves/Novembro

Universidade de Vigo e Escola Naval Militar

Cátedra Álvarez-Ossorio. ‘As mulleres na historia’ 

No marco das actividades da Cátedra Almirante Álvarez-Ossorio, que promoven conxuntamente a Universidade de Vigo e a Escuela Naval Militar de Marín, o salón de actos do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Campolongo acolle a conversa As mulleres na historia, coa participación da historiadora María Fidalgo e da escritora Almudena de Arteaga.

Ás 19:00 horas
Edificio administrativo da Xunta de Galicia, Pontevedra
ciclos e oficios

“Ciclo de oficios” 

23

Xoves/Novembro

Innovación e tradición entrelázanse nun ciclo dedicado aos oficios tradicionais coa participación da redeira Ángeles Mille

Contará coa participación da Ángeles Mille, presidenta da asociación de redeiras O Fieital, de Malpica de Bergantiños, quen afondará nas súas preto de tres décadas de traxectoria como redeira artesá e no uso das redes de pesca en ámbitos como a fabricación de complementos de moda.

A entrada é libre ata completar capacidade.

De 17:00 20:00 horas
Casa das Campás de Pontevedra
campo de sementes

“Campo de sementes” 

23

Xoves/Novembro

CAMPO DE SEMENTES 2: ARTISTAS PROFESORXS DE BELAS ARTES

Inauguración polo presidente da Deputación de Pontevedra Luis López Dieguez.

Comisariada por X.M Buxán Bran

Inauguración o día 23 ás 19:30

Fechas: 23/11/2023 – 28/01/2024
Localización: Edificio Castelao
Do 23 de Novembro ao 28 de xaneiro 2024
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
tangran

“Ainoa Simons” 

23

Xoves/Novembro

Convidámosche a unha visita guiada coa artista @ainoasimons para entrar no seu mundo da nostalxia e o xogo. “Eu, de maior, quero ser como ti” é unha colección de obras que relata a fusión entre a memoria infantil e a creatividade lúdica, onde a arte convértese nunha disciplina e, ao mesmo tempo, nun xogo. En moitas das súas obras, traballa a partir de arquivos fotográficos, adoptando un ton máis ilustrativo en lugar dun pictórico, centrándose especialmente na gestualidad das imaxes. 

 Recepción ás 20:00 horas

Do 23 de Novembro ao 3 de Decembro
Galería Tangram, Pontevedra
taller de estrés

“Ritmo, música, estrés” 

24

Venres/Novembro

Temo o pracer de presentarvos un Taller moi necesario para todos!!  
Tés ESTRÉS?
Gustaríate combatelo con Música?

Anímate a este taller marabilloso que nos ofrece o Músico e Terapeuta Pedro Campos! @percuterapia

Traballarás a xestión do estrés a través dos ritmos e a percusión! prezo 30 Euros

Ás 18:00 horas
Praza da Castaña 2, Pontevedra
a ghost story

“A Ghost Story” 

24

Venres/Novembro

A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a proxección de A Ghost Story (2017), de David Lowery nunha nova sesión do ciclo de cinema Limítrofes. Integrado por doce proxeccións entre os meses de setembro e xaneiro, o ciclo afonda en como a historia do cinema abordou a aparición de elementos dificilmente explicables en realidades aparentemente cotiás.

Entrada de balde

Ás 19:00 horas
Casa das campás, Pontevedra
encuentros horizontales

“Encuentros horizontales” 

24

Venres/Novembro

E se paramos a observar o que nos une, en lugar do que nos separa? Abrimos un ESPAZO DE DIÁLOGO común onde RECOÑECER ao outro.
1º encontro: “En primeira persoa. Unha mirada NECESARIA”
Silvia García Esteban é formadora e asesora en saúde mental desde a experiencia en primeira persoa, acompañante terapéutico, axente de apoio entre iguais e mediadora de lectura con persoas con problemas de saúde mental. É a primeira socia da Asociación Española de Neuropsiquiatría (AEN) e docente na plataforma virtual www.elsitiodelaspalabras.es , impartindo cursos sobre literatura e Saúde Mental.
Aforo limitado
Para a construcción desta tarea genéranse uns gastos que vos propoñemos asumir entre todos.

+info WhatsApp 661690025 (Rosana)

Ás 19:00 horas
O sanatorio, Pontevedra
todas as mulleres que coñezo

“Tódalas mulleres que coñezo” 

24

Venres/Novembro

 *Projeçom Docu-filme e debate: “Tódalas mulleres que coñezo”* (70 min)
-Sexta-feira, 24 de novembro, às 20.00

*Apresentaçom Loita e Mesa Redonda: “A Violência obstétrica“*
-Sábado, 25 de novembro, às 17.00
-Intervirám: Loita, Teta e Coliño, Petra Maternidades Feministas, Rede Cría, O Parto é noso, profesionais do sector sanitário.
-Contará com espaço crianças.

Ás 20:00 horas
Rúa Serra 36, Pontevedra
Gustavo Almeida

“Gustavo Almeida” 

24

Venres/Novembro

Concerto acústico con degustación dos exquisitos viños “The Wine of the champions” da Bodega de @fabio_cordella 🇮🇹 .

Mercar entradas  

Ás 20:30 horas
Rúa Rosalía de Castro, 32, Pontevedra
escuchando elefantes

“Escuchando elefantes” 

24

Venres/Novembro

Escuchando Elefantes  [eterno abrazo]

A xira eterno abrazo celebra un momento íntimo entre Escoitando Elefantes e o público. Despois de anos de distancias forzadas, evitando o contacto físico e sen música en salas pequenas, esta xira pretende volver á proximidade. Para iso, o dúo galego íspese acompañado tan só polas súas voces, unha guitarra acústica e unha pequena batería, case sen micrófono. Espazos pequenos para crear momentos grandes en conxunto. O obxectivo: facer un concerto próximo nun espazo belo. Sílvia, Carlos e vós, o público, abrazados pola música.

Ás 21:30 horas
Rúa Paio Gómez Charino, 29, Pontevedra
taller de Jazz

“Taller Jazz Jam session” 

25

Sábado/Novembro

TALLER ARMONIA APLICADA AO JAZZ.

JAM SESSION

Presentamos O taller de Jazz ( armonía moderna)

Para ampliar e actualizar os teus coñecementos e poñelos en práctica.

Co noso profesor  RAFA MORALES.

Prezo 38 Euros

Ás 10:30 horas
Praza da Castaña 2, Pontevedra
sons de outono

“Sicixia” 

25

Sábado/Novembro

 ‘Sons de Outono‘ achegará as músicas de fusión á cidadanía no mediodía dos sábados coa idea de consolidarse no calendario musical de Pontevedra máis aló das programacións dos meses de verán
Sicixia Quartet
María Villanueva: voz e guitarra Javier Abraldes: guitarra Berto Rial: contrabaixo Luis Vivas: batería 
Ás 12:00 horas
Praza da Ferrería, Pontevedra
xornadas diversidade

“VI Xornadas galegas de patrimonio natural”

25-26

Sábado, Domingo/Novembro

A Escola de Enxeñaría Forestal acolle as VI Xornadas Galegas de Patrimonio Natural e Biodiversidade, promovidas pola Delegación de Pontevedra da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), coa colaboración da UVigo, a Deputación Provincial e o Concello de Pontevedra.

Con entrada libre, previa inscrición, as xornadas desenvólvense o sábado 25 na EE Forestal, cun programa integrado por nove conferencias.

De 09:45 a 14:15 e de 16:30 a 18:15 horas
Escola de Enxeñaría Forestal, Pontevedra
Iberia

“Iberia”

26

 Domingo/Novembro

Nas Xornadas Galegas de Patrimonio Natural e Biodiversidade, promovidas pola Delegación de Pontevedra da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), coa colaboración da UVigo, a Deputación Provincial e o Concello de Pontevedra.

Con entrada libre, previa inscrición, as xornadas complétase o domingo 26 coa proxección do documental Iberia, naturaleza infinita, no Museo de Pontevedra.

Ás 11:30 horas
Edificio Castelao do museo de Pontevedra
esquejes e plantas

“Intercambio de plantas e pugas” 

26

Domingo/Novembro

Apaixónanche as plantas? Sumate a este intercambio, o único que tes que facer é traer as túas plantas e pugas para compartilos con outros amantes da natureza.
Non fai falta que estean enraizadas, pero se en bo estado. Ven pasar un bo intre de domingo  
Ás 12:30 horas
Rúa Marqués de Riestra 19, Pontevedra
CAMIño violeta

“Camiño Violeta” 

26

Domingo/Novembro

A violencia machista no será erradicada ata que tod@s nós neguémonos a tolerarla.

#CaminoVioleta2023 #ASAMPO
Ás 12:30 horas
Praza de España, Pontevedra
exposición de fotografía

“Exposiçom de fotografía” 

17

Venres/Novembro

*A Violência Obstétrica também é Violência Machista!!!!*
*Exposiçom de fotografía “O noso corpo, o noso permiso”* de Petra Maternidades Feministas:
-Do 17 ao 27 de novembro.
-Sextas-feiras e sábados de 19.00 a 23.00
Do 17 ao 27 de novembro.
Praza da Pedreira, Pontevedra
exposición fotografía

“Ricardo Alcaide” 

7

Martes/Novembro

A Fundación Cuña-Casasbellas. Fabulario Novo-Hipofanias ten a honra de convidarlle este martes, 7 de novembro, ás 20:00h, na Sala VerSus (c/ Gerardo Álvarez Limeses, nº 12) á inauguración da Exposición fotográfica “Siluetas”, do artista Ricardo Alcalde Corral. A Exposición permanecerá aberta diariamente ao público, de luns a venres, ata o 15 de decembro. 

Ata o 15 de Decembro 2023
Sala VerSus rúa Gerardo Álvarez Limeses, nº 12 – Pontevedra
miss peregrin@s

“Miss Peregrin@s” 

3

Venres/Novembro

Exposición de Pablo Vázquez García Miss Peregrin@s 2023″. Está comisariada por Antón Sobral e Pilar Delmás, no Granero Delmás nas galerias Oliva.

Máis información no teléfono 619 432 721

Ata o 3 de Decembro 2023
Granero Delmás Pontevedra
Picasso

“Picasso protagonista” 

27

Mércores/Setembro

Convidámoste o mércores 27 de setembro, ás 19.00 h, no Café Moderno Afundación de Pontevedra á visita guiada inaugural a cargo do comisario Asier Mensuro.

Neste 2023 cúmprense 50 anos do falecemento de Picasso, e con este proxecto propio analizamos a pegada do grande artista a través de 40 importantes autorías de banda deseñada españolas e galegas que despregan a súa creatividade en máis de 170 pezas, en diferentes soportes e técnicas, e moitas delas concibidas ad hoc para o proxecto.
Ao abeiro de CULTURA POR ALIMENTOS, o programa solidario con FESBAL, animámoste a colaborares cunha doazón para o Banco de Alimentos local.

Do 27 de setembro ao 4 de xaneiro 2024.
Café Moderno, Pontevedra

Xa podes anotarte

Adictos

“Adictos” 

7

Xoves/Decembro

ADICTOS
De Daniel Dicenta Herrera e Juanma Gómez

Dirección: Magüi Mira
Elenco: Lola Herrera, Ana Labordeta, Lola Baldrich
Productor: Jesús Cimarro

Adictos xorde da necesidade de abordar unha problemática que nos afecta a todos: ata que punto estamos sometidos pola tecnoloxía? somos realmente libres? que tipo de sociedade construímos? que panorama exponnos o futuro máis próximo? realmente merecémonos o cualificativo de “seres humanos”?

Mercar entradas

Ás  20:30 horas
Auditorio da Sede Afundación, Pontevedra

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥