
“Mercedes Nieto”
22
Luns/Maio
O luns 22 de maio ás 19:30 h inauguración da ‘Exposición Pictórica’ de Mercedes Nieto
A mostra permanecerá exposta na Sala de exposicións do Liceo Casino Pontevedra ata o 31 de maio. Entrada libre Aforo limitado
Do 22 o 31 de maio
Liceo Casino Pontevedra

“Pawnshop”
22
Luns/Maio
No marco do ciclo de cinema documental Docs del Mes, a Vicerreitoría do campus acolle a proxección de The pawnshop, un documental de Lukasz Kowalski sobre a parella propietaria da que é probablemente a casa de empeños máis grande de Europa.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Ás 20:00 horas
Casa das Campás Pontevedra

“Exposición de 18 artistas”
22
Luns/Maio
Este luns 22 de maio ás 20.00 horas inaugurase no Centro Asociado da UNED en Monte Porreiro unha exposición con obras de 18 artistas pertencentes á Asociación Artístico-Cultural de Pontevedra.
Ao acto acudirán María del Carmen Gago Florenti, presidenta do colectivo artístico, e Rafael Cotelo, coordinador de Extensión Universitaria e Actividades Culturais da UNED de Pontevedra.
As obras ofrecen unha variada temática e tamén diversos estilos pictóricos, dentro da variedade que ofrecen os autores: Cajete, Ángeles Fondevila, Carmen Álvaro, Carmen Gago, Carmen Martín, Dalia Ponte, Elena Fernández de Dios, Eulogio Tordesillas, Isabel Leyes, Laureano Troitiño, Lola Couto, María José Pérez, María Teresa Calvo, María del Carmen Payo, Mauricio Rodríguez, Pili Soliño, Violeta Tasende e Zsuzsi Kan.
Do 22 de maio ao 12 de xuño
Instalacións da UNED Pontevedra

“A señorita Oyu”
22
Luns/Maio
Proxección da película “A señorita Ogin”, de Kinuyo Tanaka. Tamén coñecida como “Amor baixo o crucifixo”, “A señorita Ogin” está ambientada no Xapón do século XVI e narra o romance condenado ao fracaso da filla dun famoso mestre da cerimonia do té e un samurai devoto do cristianismo, que ademais está casado con outra muller.
No seu sexto e último filme como realizadora, Tanaka embarcouse na realización dun jidaigeki ou drama de época, un xénero considerado difícil e desafiante mesmo para os cineastas máis experimentados.
Ás 20:30 horas
Teatro principal Pontevedra

“Capitalismo produtivista”
23
Martes/Maio
O Ateneo de pontevedra organiza dentro do Seminario Permante de Filosofía, a conferencia Capitalismo produtivista, extrativista, antiecolóxico e de consumo compulsivo, impartida polo doutor en Filosofía Domingos Antom Garcia Fernandes. O acto terá lugar o vindeiro martes, 23 de maio, ás 19:30 horas, na sala de conferencias da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Ás 19:30 horas
Vicerreitoría do campus de Pontevedra

“News Fron Home”
23
Martes/Maio
Proxección da película “News from home”. Cando só contaba con 21 anos, Chantal Akerman instalouse durante uns meses en Nova York. Anos despois, tras o éxito de “Jeanne Dielman, 23, rue du Commerce, 1080 Bruxelles”, volveu á cidade norteamericana para filmar as súas rúas. Sobre estas imaxes, a propia Akerman le as cartas que a súa nai lle enviou desde Bruxelas no decorrer da súa primeira viaxe, cartas en que expresaba a preocupación pola filla e en que tamén lle comunicaba as novidades da familia e dos amigos.
Un belísimo retrato de Nova York, onde a cidade semella actuar para a cámara nunha coreografía de xente, arquitectura e sentimentos.
Ás 20:30 horas
Teatro principal Pontevedra

“Xornadas da creatividade e a innovación”
24
Mércores/Maio
Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i) da UVigo
ornadas da Creatividade e a Innovación. Enmarcado no programa ‘Ciencia de ida e volta’
A sede da Vicerreitoría do campus de Pontevedra acolle as Xornadas da Creatividade e a Innovación, promovidas pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i) da UVigo, no marco do programa de divulgación científica Ciencia de ida e volta. Dirixidas a afondar en como a través da investigación, da innovación e do pensamento creativo é posible construír un futuro máis sostible, o programa das xornadas está integrado por tres conferencias.
Aberta ao público, con inscrición previa ata completar a capacidade da sala.
Ás 18:30 horas
Vicerreitoria do campus de Pontevedra

“A lingua en futuro”
24
Mércores/Maio
Presentación do libro A lingua en futuro:a mocidade imaxina o 2050, unha obra coordinada por Fernando Ramallo, coa intervención de Nee Barros, Tensi Gesteira e Xanhe Redondo
Ás 19:30 horas
Libraría Paz Pontevedra

“Alfonso Armada”
24
Mércores/Maio
O Ateneo de pontevedra organiza o 24 de maio mércores no liceo casino un relatorio arredor do libro “Cuaderno de viaje al pais natal” de Alfonso Armada, xornalista e escritor
No acto tamén intervirán Cesar Portela, arquitecto, Xosé Fortes, historiador.
Ás 20:00 horas
Liceo Casino, Pontevedra

“Startups”
25
Xoves/Maio
Almorzo sobre Startups do Foro Empresa Pontevedra e patrocinado polo Banco Sabadell a celebrar o vindeiro xoves 25 de maio no Hotel Galicia Palace de Pontevedra a partir das 9:00. No transcurso da sesión falarase sobre o concepto de startup e as oportunidades de emprendemento, así como sobre posibilidades de financiamento a través de axentes públicos e privados. Por último establecerase unha mesa redonda coa participación de catro empresas de diversos sectores que nos falarán da súa experiencia particular para levar adiante casos de éxito como UARX Space Solutions, Salmoira, YowUp e AirCO2.
Ás 09:00 horas
Hotel Galicia Palace, Pontevedra

“Flúor Márketing congress”
25,26
Xoves, Venres/Maio
Flúor- Congreso atlántico de Marketing digital
5º Edición do Congreso Atlántico de Marketing Dixital-FLÚOR.
¡Moito máis que un congreso de marketing dixital!
Congreso de dous días. Conferencias, mesas redondas, workshops de diferentes temáticas e moito networking.
Desde ás 09:00 horas
Auditorio da Sede Afundación, Pontevedra

“David López”
25
Xoves/Maio
Presentación do cómic ‘Blackhand Ironhead 2. Consecuencias‘ de David López, o autor conversará con Marta Carril para presentarnos a súa obra editada por Astiberri Ediciones
Ás 19:30 horas
Libraría Paz Pontevedra

“Peregrinas”
25
Xoves/Maio
Xacobeo Peregrinas é un ciclo de conversas con mulleres relevantes de diferentes disciplinas, desde a arte, até a ciencia, a innovación, a gastronomía, o deporte ou a música. Ten a dinámica amena dun talk show con público onde as convidadas, guiadas por unha presentadora, comparten experiencias, persoais e profesionais, e xeran fluxos de coñecemento que susciten a reflexión sobre os desafíos contemporáneos.
Convidadas Desirée Vila (Atleta paralímpica) Amaranta Rodríguez (Directora e xefa de sala do restaurante Culler de Pau de Reboredo) María Fontán (Mariscadora e divulgadora) Marta Gómez (Presentadora) Margarida Mariño (Violoncelista viguesa).
Ás 19:30 horas
Delegación da Xunta. Av. de Mª Victoria Moreno, 43, Pontevedra

“Unha historia da arte galega”
25
Xoves/Maio
O xoves ás 19:30 h, Carlos L. Bernárdez presenta o libro “Unha historia da arte galega”, editado por Laiovento. Esta actividade está organizada pola Asociación Cultural Maio Longo.
Ás 19:30 horas
Museo de Pontevedra

“Paris Calligrammes”
26
Venres/Maio
A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a proxección de Paris Calligrammes (2020), de Ulrike Ottinger, nunha nova sesión do ciclo de cinema Expediente alquimia. Integrado por doce proxeccións e inserido nas actividades da Semana da Creatividade, esta progrmación propón un achegamento ás múltiples canles polas que a creatividade se fai patente en películas de diferentes xéneros e épocas
A entrada é libre ata completar capacidade.
Ás 19:00 horas
Casa das Campás Pontevedra

“El camino de Santiago y su paso por Pontevedra”
26
Venres/Maio
AAVV San Roque
Charla-coloquio de Gonzalo González Lorenzo o vernes 26 de maio. ás 20-h, na A.A.V.V de San Roque baixo o título :” El Camino de Santiago y su paso por Pontevedra”.
A entrada é libre ata completar o aforo.
Ás 20:00 horas
AAVV San Roque Pontevedra

“Poesía e Microrrelato”
26
Venres/Maio
Poesia e microrrelato Pontevedra 26 de maio ás 20:15 para celebrar 7 anos de Poesía e Microrrelatos en Pontevedra.
Intervirán Nila Álvarez, Ángel Marceloa, Rosario Miloro, Orisel Gaspara e Pedro Román. Ao rematar terá lugar unha rolda de micro aberto
Bar o diaño
Ás 20:15 horas
Bar O Diaño de Pontevedra

“Cantos de taberna”
26
Venres/Maio
Voltamos este venres cos CANTOS DE TABERNA!!
Xunto cos amigos do grupo Os Carunchos faremos outra noite fantástica de cantos e alegría!!
TABERNA A NASA e O PANDERETAS (Antigo Pavero).
Ás 21:00 horas
Taberna Nasa e O Panderetas de Pontevedra

“As Redes Sociais Conscientes”
27
Sábado/Maio
Taller experimental “As redes sociais conscientes” aberto ao público desde 8 anos e sen límite de idade! impartido por Lía Brea
Lugar Monteporreiro al lado da UNED de 11:00 a 13:30 horas
Asociación de Veciños O Carballo dos Campos
Precio taquilla inversa, aporta o según as túas posibilidades e experiencia
Para máis información
De 11:00 a 13:30 horas
Asociación de veciños O carballo dos campos, Monteporreiro, Pontevedra

“50 anos do día da Muiñeira”
27
Sábado/Maio
O Sábado 27 de maio polo 50 aniversario do día da muñeira,
11:30 palillada, amenizan músicos da asociación Duos pontes e o convidado Os trazantes de Tenorio na praza da Peregrina
Ás 11:30 horas
Praza da Peregrina, Pontevedra

“Cata de viños”
27
Sábado/Maio
Cata de viño impartida por @jacoborivasomm para presentar a nosa próxima selección de viños.
A cegas, que o bonito nesta vida é descubrir cousas diferentes, ou que?
Prezo – 30 Euros. / per. Inclúe comida e café. –
Inscricións ata o 25 de Maio via Bizum, Webshop Palmkids ou en Palmkids House. – IMPORTANTE: enviar calquera tipo de intolerancias e alérgenos.
De 13:30 a 16:30 horas
Rúa Naranjo 25 Pontevedra

“Javier Pereira”
27
Sábado/Maio
Exposición de Javier Pereira “Más allá” comisariada por Antón Sobral e Antón Castro
Inauguración o 27 de maio ás 19:00 horas
D 27 de maio ao 30 de xuño 2023
Granero Delmás, Galerias Oliva nº 15- 2 bis Pontevedra

“Un hogar para Dom”
27
Sábado/Maio
Presentación no Granero Delmas do libro “ Un hogar para Dom de Victoria Adelina coa participación de Xaime Toxo, presidente do Ateneo de Pontevedra. 27 de maio sábado ás 19:00 horas. Edicións Avizor
Ás 19:00 horas
Granero Delmás, Galerias Oliva nº 15- 2 bis Pontevedra

“La planète sauvage”
27
Sábado/Maio
O vindeiro sábado 27 de Maio, en colaboración con IFcinéma – Institut français, continuamos coas Sesións saudables. Nesta ocasión celebraremos o cincuenta aniversario do debut na longametraxe de René Laloux, un dos mestres da animación de autor europea. Acompañado de Roland Topor, o cineasta francés convídanos a mergullarnos nun relato que conxuga cinema de xénero e fondas reflexións ecoloxistas.
La planète sauvage (Francia | 1973 | 73’ | C). Festival de Cannes 1973. Premio Especial do Xurado
Aforo limitado a 40 persoas. Acceso libre con contribución (La microutopía se construye…)
Reservas vía whatsaap_667005584
Ás 20:00 horas
O Sanatorio, Rúa Andrés Muruais 9, Pontevedra

“Narrativas Gráficas…”
19
Venres/Maio
Este venres 19 de maio ás 12.30 h inaugúrase a mostra “Narrativas gráficas e unha animación desesperada”, que poderá verse na Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes ata o 29 de xuño.
Con obras de Alberto Vázquez, Brais Rodríguez, Jano, José Domingo, Julia Lago, Kiko Da Silva, Martín Romero, Miguel Cuba, Miguel Porto e Miriam Iglesias.
Do 19 de maio ata o 29 de xuño 2023
Sala Universitaria Manuel Moldes na Facultade de Belas Artes Pontevedra

“Susana Bermejo”
19
Venres/Maio
Exposición “Multiversos (tangentes)” de Susana Bermejo
Entrada libre
Do 19 de maio ao 16 de xuño
Rúa Rosalia de Castro 32 Pontevedra

“Carmen Domínguez. De cor a cor”
11
Xoves/Maio
“A maternidade e a pintura son os piares fundamentais da miña vida; son dúas formas de creación moi distintas e moi iguais ao mesmo tempo”. Estas palabras de Carmen Domínguez son moi acaídas nunha xornada na que celebramos o Día da Nai e anunciamos a nosa próxima exposición: ‘Carmen Domínguez. De cor a cor’. Nela reivindicamos á artista pontevedresa e a súa busca infatigable da expresividade a través da forma e a cor. A mostra, comisariada polo seu fillo Kike Ortega, abre o xoves 11 de maio ás 19:30 e poderá visitarse ata o 3 de xullo.
A cita está tomada dunha entrevista no Diario de Pontevedra en 2011, recollida no catálogo da exposición por Ramón Rozas.
Do 11 de maio ao 3 de xullo
Museo de Pontevedra

“Emocións en perigo”
3
Mércores/Maio
EMOCIÓNS EN PERIGO
O seu obxectivo principal é romper as barreiras que parecen erguerse entre os seres humanos e a natureza, a través de sorprendentes retratos de animais nos que a súa personalidade é a protagonista. O fotógrafo Tim Flach baséase en estudos científicos recentes que demostran que fomentar a empatía cos animais e enfatizar a emoción é o camiño máis curto cara á conciencia sostible.
Do 3 de Maio ao 8 de xullo
Café Moderno, Pontevedra

“Ruínas de San Domingos”
23
Martes/Maio
Achégase a primavera e con ela a reapertura das ruínas de San Domingos, o primeiro e máis antigo dos edificios que forman o noso Museo. Abrirá as portas o 1 de abril, xusto co comezo da Semana Santa.
De martes a sábado: de 10 h a 14 h e de 16 h a 19:30 h.
Domingos e festivos: de 11 h a 14 h
Entrada gratuíta
Dende o 1 de abril 2023
Avda Montero Ríos, Pontevedra
Xa podes anotarte

“Orquesta Sinfónica de Galicia”
1
Xoves/Xuño
Concerto da Orquesta sinfónica de Galicia en colaboración coa Sociedade Filarmónica de Pontevedra Directora: Catherine Larsen-Maguire
Solistas: Lucas y Arthur Jussen (dúo de pianos)
Programa: VAUGHAN WILLIAMS, Las avispas (obertura) ROUKENS In unison (estreno en España) ELGAR Variaciones para orquesta sobre un tema original, op. 36 (“Enigma”).
Ás 20:30 horas
Auditorio da Sede Afundación, Pontevedra

“N.E.V.E.R.M.O.R.E.”
2
Venres/Xuño
Coprodución de Chévere e o Centro Dramático Nacional-Teatro María Guerrero estreada en setembro de 2021, esta obra é unha viaxe emocional e documental á catástrofe do Prestige.
N.E.V.E.R.M.O.R.E. é a resposta indescifrable que o corvo do poema de Poe dá unha e outra vez ás preguntas dun home que perdeu o que máis quería. N.E.V.E.R.M.O.R.E. podería ser un S.O.S. emitido á desesperada no código internacional de sinais marítimos. Ou o acrónimo dunha gran corporación que sabe que hai sitios con xente que se poden sacrificar para que todo siga funcionando como ata agora. Ou simplemente un aviso do que estaba por vir.
Primeira actividade paralela da exposición SEMPRE MÁIS. ARTE, ECOLOXÍA e PROTESTA na Galiza do Prestige
Ás 20:30 horas
Pazo da Cultura, Pontevedra
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥