“Fe y libertad” 

23

Luns/Maio

Docs del Mes: ‘Fe y libertad‘  2021 71 min. Croacia  23 maio.

No marco do ciclo de cinema de documental Docs del Mes, a Vicerreitoría do campus acolle a proxección de Fe y libertad, filme no que a directora Ivana Marinić Kragić aborda a historia de amor de dúas monxas de clausura que residen en dous conventos de Croacia.Un documental intimista que segue a vida de dúas mulleres que buscan o equilibrio entre a súa orientación sexual e a súa fe para loitar por unha relación que a sociedade croata e as comunidades relixiosas non aceptan. Unha historia valente sobre a procura da verdadeira identidade e a liberdade.

Ás 20:00 horas
Casa das campás, Pontevedra.
Matarán a Reboiras

“Matarán a Reboiras” 

24

Martes/Maio

Relatorio arredor da novelaMatarán a Reboiras“, de Luís Rei Núñez

O Ateneo de Pontevedra organiza un relatorio arredor da novela Matarán a Reboiras, de Luís Rei Núñez, publicado por Edicións Xerais de Galicia. O acto terá lugar o vindeiro martes 24 de maio, ás 19 horas, no Espazo Nemonon. O autor estará por María Varela e Teresa Táboas.

No verán de 1975, no Ferrol que tres anos atrás vivira tráxicas xornadas de insurrección obreira, Moncho Reboiras cae abatido logo dunha asañada persecución da policía franquista. Décadas despois, un comité de emerxencia impulsa a loita contra unha agresión ecolóxica produto da arbitrariedade corrupta e a cobiza. Xa a comezos do século actual, o reporteiro gráfico Nardo Negro documenta eses acontecementos desde os días vertixinosos do Nunca Máis e do Non á Guerra, nun dos momentos de maior manipulación política da Televisión de Galicia. Ao tempo, Marabillas Párraga, unha singular monxa galeguista e de esquerdas, nárrao todo para nós con precisión e claridade. En «Matarán a Reboiras», Luís Rei Núñez déixase guiar polos seus protagonistas e proponnos unha novela na que mandan as vidas e os tempos, sempre incertos.

Ás 19:00 horas
Villa Pilar – Marqués de Riestra, 11 Pontevedra
Elefante Rosa

“Non penses nun elefante Rosa” 

25

Mércores/Maio

Libreria Cronopios 

Presentación do libro “Non penses nun elefante rosa” de Antía Yáñez  

Aurora é nova, ten traballo, un círculo de amigas, vive soa na cidade, sae cando quere e se encama con quen quere. É dicir, aparentemente a típica vida dunha nova urbanita feliz, se non fóra por que na súa existencia nada vai como debería ir: o seu compañeiro de vida e de hipoteca deixouna, case nin fala coas súas amigas para non ter que explicarlles cousas ás que non ten moitas ganas de enfrontarse, e á súa familia prefire tela lonxe, non sexa que lle reprochen que perdese a tan bo mozo. De modo que decidiu non coller vacacións e traballar en plena canícula de agosto nunha cidade medio deserta, nunha oficina a medio gas e vivindo nun edificio medio baleiro.

Ás 19:00 horas
Librería Cronopios Pontevedra

“Todos a la cárcel” 

25

Mércores/Maio

Ciclo de poesía, cine, arte e investigación: “Ledo mural de dignidade e resistencias” 

Proxección: Todos a la cárcel de Luis G. Berlanga

         No marco da programación da Fundación Cuña-Casasbellas. Fabulario Novo-Hipofanías, para o ano 2022, terá lugar na Sala VerSus un novo Ciclo de poesía, arte, cine e socioloxía “Ledo mural de dignidade e resistencias”. O programa inclúe o ciclo cinematográfico homónimo, cuxa terceira sesión terá lugar este mércores, 25 de maio, ás 20:00h, coa proxección do Film:

 Todos a la cárcel de Luis G. Berlanga,  España, 1993, 99 m

 Sipnose  Na cárcere Modelo de Valencia vaise celebrar o Día Internacional do Preso de Conciencia. Xentes da política, a cultura e a farándula asistirán ao acto e aproveitarán a ocasión para facer lucrativos negocios.

            NOTA : A entrada a todos os actos é libre e gratuita, ata completar aforo.

Ás 20:00 horas
En Sala VerSus Rúa Gerardo Álvarez Limeses, nº 12  Pontevedra
Suso Bahamonde

“Suso Vaamonde” 

25

Mércores/Maio

Presentación do libro “Suso Vaamonde. A canción libre e comprometida dun pobo”, realizada por Fernando Fernández Rego

Suso Vaamonde loitou sempre pola defensa dun pobo, dunha terra e dunha lingua. Hoxe reivindicámolo como unha das figuras máis relevantes da música galega nesta biografía completa e definitiva a cargo de Fernando Fernández Rego

Ás 19:30 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
o ladrón de paraugas

“O ladrón de paraugas” 

26

Xoves/Maio

O escritor Xosé Lueiro presenta o seu novo libro ‘O ladrón de paraugas’, editado por Galaxia e ilustrado por Sara Valcárcel.

Estará acompañado polo escritor Antonio García Teijeiro e Xesús Domínguez Dono director de produción de Editorial Galaxia

Fazulas, o gato persa de dona Adelaida, quere saber de que cor é o vento, para descubrilo, emprenderá unha fantástica viaxe, collido á empuñadura dun paraugas, onde, o moi sabichón dará cumprimda resposta ao seu misterio.

Ás 19:00 horas
Librería Cronopios Pontevedra
Final Feliz

“Final feliz” 

26

Xoves/Maio

O escritor Xavier Queipo presenta o seu novo libro ‘Final feliz’ acompañado Luís Rei Núñez. ‘Final feliz’, editado por Xerais, son relatos en carne viva, un mando de historias para espertar conciencias ou establecer a ponte entre o real e o imaxinario, entre o que non se conta e o que agroma do subconsciente 

Ás 19:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
camerata arven

“Do silencio á emoción” 

26

Xoves/Maio

Ciclo música “Del silencio a la emoción” Camerata Arven xoves 26 maio Duración: 1 h, 10 min Sede Afundación 20:30 

Concerto enmarcado en Cultura por Alimentos. Do Silencio á emoción é un ciclo de concertos que convidan a escoitar a música clásica desde un punto de vista diferente, rompendo barreiras e integrando diferentes artes escénicas. Ao comezo, resumirase a historia das obras de concerto, facilitando escóitaa, permitindo a participación do público e o seu achegamento á orquestra. Neste concerto un grupo de persoas de compartir escenario coa propia agrupación, podendo vivir unha experiencia única. Neste concerto do ciclo sacaremos á luz a incrible música de cámara dos grandes compositores, obras que están no esquecemento da programación das grandes producións e que son a esencia da música.

Mercar entradas

Ás 20:30 horas
Auditorio Sede Afundación Pontevedra 
Erótica

“Erótica” 

27

Venres/Maio

O Ateneo de Pontevedra organiza un relatorio arredor do libro de poemas Erótica, de Francisco Álvarez ‘Koki’, publicado por Ondina Ediciones.

O acto terá lugar o vindeiro venres 27 de maio, ás 19 horas, na librería Metáfora. O autor estará acompañado por Antón Sobral.

A entrada é libre con acceso limitado por restricións Covid.

Da obra

“Como un músico que tocase con soltura varios instrumentos, Francisco Álvarez ‘Koki’ móvese igual de áxilmente polos máis variados tons da expresión poética, que son todo, á fin e ao cabo, partes dun mesmo arrebato. Ler os poemas na orde no que se publican é como seguir o trazo sostido e cambiante dos estados dunha paixón, na que nada está seguro, na que non hai máis certeza que a propia entrega; ler os poemas un tras outro é asistir ao retrato dun alma e aos episodios dunha historia de amor.”Antonio Muñoz Molina, do Prólogo.

Ás 19:00 horas.
Librería Metáfora, Pontevedra

“O rastro da pantera” 

27

Venres/Maio

Proxección de ‘Track of the Cat”. O rastro da pantera, 1954, 102 min. Estados Unidos, William A. Wellman

Nova sesión do ciclo de cine Subordinadas, coordinadas, xustapostas, dirixido a reflexionar sobre o rol das mulleres na historia do cinema, pór en valor o traballo de diferentes profesionais e analizar os modelos argumentais a través dos que esta industria abordou o concepto da feminidade.

A familia Bridges vive illada no seu rancho das montañas vese ameazada por unha perigosa pantera que causa estragos entre o gando. Ademais hai tensas e turbias relacións entre os membros da familia. Curt Bridges (Robert Mitchum) é o maior dos fillos da severa matriarca e do seu débil e alcoholizado marido. Para salvar ao gando do perigoso felino, Curt e os seus irmáns ven obrigados a enfrontarse á besta

Ás 19:00 horas.
Casa das Campás, Pontevedra
Cantos de taberna

“Cantos de taberna” 

27

Venres /Maio

27 de maio vernes ás 21:00 horas no bar Nasa  e ás 22:30 no Pavero   Cantos de taberna

A idea é que a xente se poida reunir e cantar no espacio exterior das tabernas. Os escaravellos será o primeiro grupo convidado a cantar.

Ás 21:00 e ás 22:30 horas
Pontevedra
diaño

“Poesía e microrrelato” 

27

Venres/Maio

Poesía e microrrelato en Pontevedra VI Aniversario venres 27 de maio no diaño 20:30

Recital, poesía, microrrelato, microabierto, música, microteatro, acción poética, voz.

organiza poesia e microrrelato Pontevedra 

Belén Chorén, Borja C. Dicha, Eva Gondar, El lobo está aquí, Xulia María

Ao rematar terá lugar unha rolda de micro aberto (2 minutos cada unha)

Ás 20:30 horas.
O Diaño Pontevedra
Margarida Mariño

“Margarida Mariño” 

27

Venres/Maio

CELLO & ELECTRONICS  MARGARIDA MARIÑO

Violonchelo e voz mesturados con efectos e loops dan pé a unha proposta única en Galicia, novos camiños para as nosas músicas

Claustro do Convento de Santa Clara, Pontevedra
De balde por orde de chegada.
Ás 20:00 horas
Convento de Santa Clara, Pontevedra
Herbas de San Xoán

“As herbas de San Xoán” 

28

Sábado/Maio

Silvia Rodríguez Torrado, bióloga e autora do libro, presentará acompañada da editora Laura Sáez Fernández

Este libro, editado por Patas de Peixe no seu selo Kanguingos, pretende recoller dunha forma didáctica a nosa tradición de preparación do cacho de San Xoán.

Con Silvia aprenderemos a facer o cacho coas herbas recollidas para a ocasión

Ás 12:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
Kineria danza

“Emigrantas” 

28

Sábado/Maio

Emigrantas de Kirenia Danza en coprodución co Centro Coreográfico Galego

Emigrantas é unha peza de danza sobre a última diáspora galega con perspectiva de xénero. Dous intérpretes en escena vivencian unha experiencia central na súa xeración: a emigración e o retorno da última diáspora, distintas do anteriores pero mantendo o pasado na memoria. A última onda migratoria, debedora da crise, é multipolar e multicausal. Na pasada década 47.105 persoas entre os 20 e os 39 anos abandonaron Galicia na procura de contextos laborais máis favorables. A nosa pirámide de poboación empeorou, e o problema demográfico está no centro da axenda política galega. Hai unha necesidade urxente de modificar o discurso clásico das migracións, válido para entender os éxodos transoceánicos de principios do século XX pero non os presentes. Un grupo de mulleres crearon Emigrantas, unha peza de danza para bailar datos, estatísticas, vivencias, intuicións e posibilidades; pezas coas que tecer un ensaio bailado sobre a actual diáspora galega en compaña doutras comunidades de emigrantas, dentro e fóra da Galicia interterritorial.

Mercar entradas

Ás 20:30
Pazo da Cultura
Avoa fest

“Avoa fest” 

28

Sábado/Maio

O II Avoa Fest convídanos a viaxar ao pasado cunha romaría dos anos 50 e unha feira de cociña tradicional impulsada pola Concellería de Promoción Económica 

o programa de actividades inaugurarase ás 12:00 horas coa apertura dos postos de comida e bebida que participarán na feira gastronómica de cociña tradicional, unha alborada e actuación da asociación cultural Vides Novas e o inicio dos xogos tradicionais a cargo das diferentes asociacións de veciños de Pontevedra, que estarán apoiadas polos rapaces e rapazas da agrupación deportiva HQR!”. “Os postos de cociña deste Avoa Fest – foron ofertados á hostalería e empresas de alimentación da cidade, coa finalidade de impulsar, promover e poñer en valor a cociña tradicional e o seu tratamento por parte dos hostaleiros de Pontevedra. Cada establecemento participante disporá dun espazo con cociña e ofrecerá dúas elaboracións, unha delas como receita principal”.  A relación de postos é a seguinte:

  1. Casa Digna: ameixa á mariñeira
  2. A Fervella: carne ao caldeiro
  3. A Ponte do Marcón: churrasco
  4. Casa Cochón: orella
  5. El Maño: embutidos e choripán
  6. Mipa: pan e empanadas
  7. Pulpeiro de O Carballiño: pulpo á feira
Ás 12:00 horas,
Illa das Esculturas
Xabier Díaz

“Xabier Díaz” 

28

Venres/Maio

Xabier Díaz – presentación novo disco “Levantarse e caer

Presentación novo disco “Levantarse e caer“. Hai un lugar chamado infancia, nese lugar recibimos os impactos máis radicais da nosa existencia, eses que perduran no tempo, eses que renacen cando xa nin lembrabamos que ocorreran, o amor, a inxustiza, a amizade, o medo, o respecto, a envexa… algúns fan dano e outros son curativos. Buscar o lugar onde estaban escondidos pode ser de gran axuda, despois toca recolocar de novo, resiliencia… aprender a perder e a gañar sen importar o lugar, relativizar o éxito e o fracaso, caer e levantarse… levantarse e caer. Levantarse e caer é un pequeno tratado sonoro de todo iso… algunhas nanas, algunha canción para reivindicarnos, outras para curarnos…

Mercar entradas

Ás 20:00 horas
Auditorio Sede Afundación Pontevedra 
Exposición en RAC

“Ángel Marcos” 

28

Sábado/Maio

Inauguración da exposición Angel Marcos, “arquitectura para sobrevivir” o 28 de maio sábado ás 13:00 coa presencia do artista. do 28 de maio ao 15 de xullo. Rúa Sarmiento 41 Pontevedra

Do 28 de Maio ao 15 de Xullo
Rúa Sarmiento 41, Pontevedra
Andaina en Caldas de Reis

“Ruta das parroquias” 

29

Domingo/Maio

CONCELLO CALDAS DE REIS

CONCELLO CALDAS DE REIS. organiza: Andaina
RUTA DAS PARROQUIAS  Domingo, 29 de Maio. Saida as 10,00 h – Avda. Roman Lopez  Ruta circular de 13 km, dificultade baixa  Tope: 250 prazas ( 2€ Seg. accidentes en cuenta de naturgaliza club ES82 2080 3116 0330 4000 8694)  Inscripciones ata as 24h do día 26 de Maio (nome apellidos-dni-fecha nacemeto e teléfono)  Email: inscripcionesnaturgaliz@gmail.com  625482636. Presencialmente en la tienda de senderismo colaboradora Naturcamiña enfrente de la iglesia de la Peregrina en Pontevedra 

Ás 10:00 horas
Avda Román López, Caldas de Reis
Faia diaz

“Faia Díaz e Vero Rilo” 

29

Domingo/Maio

POR UNHA PESETA  APATACÓN. FAIA DÍAZ E VERO RILO

Por unha peseta é un traballo onde voz narrada e cantada se achegan para atopar canto vale unha peseta. Historias de vida recollidas no noso entorno e no universal xúntanse nunha peza que nos achega a partes iguais ao humor, á sensibilidade e á tenrura propias da nosa xente.

Claustro do Convento de Santa Clara, Pontevedra
De balde por orde de chegada.
Ás 12.30 horas
Convento de Santa Clara, Pontevedra
Voilà la femme

“Voilà la femme” 

19

Xoves/Maio

Voilà la femme’, a exposición que abriremos ao público o xoves, pretende visibilizar a creación artística realizada por mulleres, convidándonos a reflexionar acerca da identidade e a desigualdade a través da obra de 25 creadoras galegas ou vencellasdas a Galicia.

 Inauguración xoves día 19

 19:30 h

 Edificio Castelao

 Entrada libre ata completar o aforo

Do 19 de Maio ao 1o de Xullo 2022
Edificio Castelao Pontevedra
Peter Bagge

“Peter Bagge” 

18

Mércores/Maio

Todo el mundo es imbécil menos yo, exposición de Peter Bagge en Pontevedra

Todo o mundo é imbécil menos eu. Peter Bagge e o cómic Underground
Editorial La Cúpula – O Garaxe Hermético

Única conferencia que dará en Galicia. Será o mércores 18 ás 19h. no Salón de Actos do Pazo da man de Ediciones La Cúpula. Ás 18h. iniciará a firma de exemplares e ao remate da charla, cara ás 20h, terá lugar a inauguración da mostra. Unha oportunidade única de coñecer a unha lenda viva do mundo da BD e o cómic.

No horario habitual de apertura da Sala de martes a venres de 18 a 21h. Sábados de 12 a 14h e de 18 a 21h. e domingos de 12 a 14h. Luns, pechada.

Do 18 de Maio ás 20:00 ata o 17 de Xullo ás 14:00
Pazo da Cultura
Voilà la femme

“Voilà la femme” 

10

Martes/Maio

EXPOSICIÓN: VOILÁ LA FEMME 

Inauguración da exposición comisariada e coordinada por Celeste Garrido no Ateneo Santa Cecilia.  do 10 ao 3 de xuño 
Coa participación das artistas seleccionadas:
Laura Domínguez Carnero
Isabella Ferreiro Bermúdez
Abril Iglesias Garrido
Ruth Rodríguez Gonzalo
Alba Santiago Taboada

Exposición colectiva de mulleres que se ven celebrando no Ateneo Santa Cecilia de forma ininterrumpida ao longo de estes 29 anos. A exposición colectiva de mulleres mais lonxeva de cantas se celebran en España.

Do 10 de Maio ao 3 de Xuño 2022
Ateneo Santa Cecilia Marín
Inefable

“O Inefable” 

5

Xoves/Maio

Exposición “Inefable”

Aquilo que non se pode describir nin expresar con palabras é do que nos falan as obras artísticas, establecendo unha relación máxica que nace cando se inicia un diálogo entre a ou o artista e a súa obra. “Trátase de atoparnos co que non se ve e que, porén, existe grazas ao que vemos”, como dixo nunha ocasión a escritora Eva Veiga.

O “inefable” podería expresarse a través de diferentes sistemas sígnicos como a poesía, a música, a pintura… ou, simplemente, o silencio. Pero o “inefable” é tamén a luz, a cor, o baleiro e a materia, aspectos fundamentais da creatividade dos protagonistas desta exposición Chelo Rodríguez e Fernando Carballa que, de tempo atrás, comparten amizade e a incansable necesidade de experimentar para captar o instante e transformalo en algo eterno que poidamos nós tamén captar e gozar.

O esforzo por desvelar o “inefable” amosa camiños ben distintos en ambos os dous. Mentres Chelo emprega  espazos interiores, cheos de luz e de cor, coa presenza constante e desacougante de diferentes cadeiras como metáforas, Fernando xoga a desvelar a materia e, nesta ocasión, preséntanos o misterio a través da livián e suxestiva porcelana, máis tamén coa forza primixenia do barro. Con todo, comparten nesta mostra das súas obras a súa atracción pola figura humana, quer coas diversas representacións de cabezas que nos atrapan nun mundo simbólico e conceptual, propio de Fernando Carballa, quer cos atractivos manequíns cheos de vida e movemento, de xeito aparentemente contraditorio, que nos mostra Chelo Rodríguez. No horario habitual de apertura da Sala de martes a venres de 18 a 21h. Sábados de 12 a 14h e de 18 a 21h. e domingos de 12 a 14h. Luns, pechada.

Do 5 de Maio ás 19:30 ata o 17 de Xullo ás 14:00
Pazo da Cultura
Materiais

“Materiais” 

22

Venres/Abril

A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes, na Facultade de Belas Artes, acollerá a exposición artística “Materiais”, coa participación de obras de Galia Baba Chaman, Julio Catalán, Álex Fuertes, Aitana Iglesias, Gloria Lorenzo, Sol Mussa, Diego del Río, Paula Santomé, Ruth Vidal e Carlos Vivero. Entrada de balde

Do 22 de Abril ao 20 de Xuño.
Facultade de Belas Artes, Pontevedra
Candela Conde

“Candela Conde” 

15

Venres/Abril

Exposición“Diálogos internos” de Candela Conde poderase visitar a partir do venres 15 de abril ata o 30 de xuño no espacio Arroelo, en Pontevedra.
Esta exposición é unha restrospectiva de algúns dos seus traballos ata agora, desde pintura e grabado ata fotografía.

Podédes coñecer máis sobre esta artista, estudiante de Belas Artes en Pontevedra, a través do seu grabado, fotografía e pintura nas nosas paredes.

Horarios de visitas

De luns a venres de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 20:00

Ata o 30 de Xuño
Espacio Arroelo
invisibles

“A presenza invisible” 

7

Xoves/Marzo

O edificio Castelao acollerá mañá xoves a presentación da exposición “A presenza invisible” frascos de perfume art nouveau e art déco.
As correntes artísticas do século XX, especialmente o art nouveau e o art déco, foron determinantes na expansión e o éxito da industria do perfume, que viviu a súa época dourada coa evolución dos frascos, inicialmente xenéricos, en pezas creadas por artistas, deseñadores e vidreiros. A exposición A presenza invisible, que permanecerá aberta ao público no Edificio Castelao desde o 7 de abril ao 12 de xuño, reúne máis de 200 botellas, así como caixas e estoxos de perfumes, xabón ou pos de arroz, realizadas entre 1896 e 1945, moitas delas convertidas hoxe en auténticas iconas das artes decorativas.
 Entrada libre ata completa o aforo
Inauguración Xoves ás 19:30 horas no edificio Castelao
Do 7 de abril ao 12 de xuño
Edificio Castelao
Exposición marea

“O noso planeta” 

15

Martes/Febreiro

En colaboración coa plataforma audiovisual Netflix, a Sede Afundación Pontevedra acolle do 15 de febreiro ao 28 de maio a exposición «O noso planeta», baseada na serie homónima da plataforma e coa participación de David Attenborough. Este traballo fotográfico tenta concienciar sobre a problemática á que se enfronta o planeta pola acción do home: plásticos, encoros, quecemento global, contaminación, etc. Mergullámonos na beleza natural do planeta Terra para reflexionar sobre o impacto da nosa actividade, así como sobre a necesidade inminente de incorporar a sustentabilidade á nosa forma de vida. Unha exposición con imaxes sorprendentes, elementos audiovisuais e interactivos, realidade virtual e unha mensaxe imprescindible.

Do 15 de febreiro ao 28 de maio
Obra social Abanca Pontevedra

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥