Maija Isola

“Maija Isola”

23

Luns/Xaneiro

No marco do ciclo de cinema documental Docs del Mes, a Vicerreitoría do campus acolle a proxección de Maija Isola, un filme no que a cineasta finesa Leena Kipeläinen reconstrúe a vida de Maija Isola, unha artista que revolucionou o mundo do deseño téxtil nas décadas de 1950 e 1960 cun estampados florais que se converterían nun éxito global. 

Entrada de balde ata completar aforo

Ás 20:00 horas
Casa das Campás de Pontevedra
ximnasia

“Ximnasia para o cerebro”

23

Luns/Xaneiro

Ximnasia para o cerebro.  Adestramento e estimulación cognitiva

Música, baile, percusión, memoria, atención e acción

De 11:00 a 12:30 horas
Centro de maiores da alameda de Pontevedra
Tardes de xogo

“Tardes de xogo”

23

Luns/Xaneiro

  A actividade de Tardes de xogo ten como obxectivo crear un espazo de relación social onde poder gozar dun ambiente lúdico compartido. Ven a pasalo ben xogando os diferentes xogos de mesa, compartindo o tempo con outras persoas cos mesmos intereses. Divertirémonos xogando con xogos clásicos como as cartas ou o dominou e tamén descubriremos outros mais actuais aos que aprenderemos a xogar -Horario: luns de 18:00 a 20:00 h. (de xaneiro a maio) -Público adulto -Entrada libre ata completar aforo (15 persoas)

De 18:00 a 20:00 horas
Biblioteca pública de Pontevedra
Mallou

“Mallou” 

24

Martes/Xaneiro

O martes 24 ás 19:30 horas celebraremos nun acto aberto que somos o primeiro museo a nivel estatal que conta simultaneamente cos selos Q de Calidade e S de Sostibilidade do Instituto para la Calidad Turística Española. Acompañaranos a música contemporánea de raíz de Mallou, un dúo que vén de gañar o XIV Concurso Fran Pérez ‘Narf’.

Ven celebralo con nós! Inscríbete en reservas.museo@depo.gal.

A entrada é libre ata completar capacidade.

Ás 19:30 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
Mudar de vida

“Mudar de vida” 

24

Martes/Xaneiro

MUDAR DE VIDA
Paulo Rocha, 1966, Portugal, 94 min.
Lingua orixinal: portugués / Subtitulado: galego

Coa guerra colonial como pano de fondo, o segundo filme de Rocha narra unha serie de episodios da vida de Adelino, un home que regresa á súa pequena aldea de pescadores logo de facer o servizo militar. As regras, o lugar e as xentes mudaron e Adelino trata de sobrevivir nun mundo que agora lle resulta alleo.

Inspirado polo seu traballo con Manoel de Oliveira, Rocha traballou con aldeáns locais do Furadouro ademais de con actores experimentados, liderados pola grande e icónica Isabel Ruth, habitual de Oliveira. Mudar de vida é un punto de referencia para moitos directores lusos do noso tempo; é o filme de Rocha que máis bebe das leccións da Nouvelle Vague e no que comeza a aparecer a influencia do cinema xaponés.

Biennale di Venezia 1966  

​Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra
Domingos

“A Cultura e a Natureza como mitos” 

24

Martes/Xaneiro

Conferencia: “A Cultura e a Natureza como mitos”, por Domingos Antom Garcia Fernandes

O Ateneo de Pontevedra organiza, dentro do Seminario Permante de Filosofía, a conferencia A Cultura e a Natureza como mitos, impartida polo doutor en Filosofía Domingos Antom Garcia Fernandes. O acto terá lugar o vindeiro martes, 24 de xaneiro, ás 19:30 horas, na sala de conferencias da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.

A entrada é libre ata completar capacidade.

​Ás 19:30 horas
Casa das Campás, Pontevedra
Maria Solar

“A culpa” 

25

Mércores/Xaneiro

Presentación do libro “A culpa” de Maria Solar, premio xerais de novela.

Librería cronopios ás 19:30, a autora será entrevistada pola periodista Susana Pedreira 

​Ás 19:30 horas
Librería Cronopios, Pontevedra
un hombre que grita

“Un hombre que grita” 

25

Mércores/Xaneiro

Fundación Cuña-Casasbellas

Ciclo de poesía, cine, arte e investigación: “Familias en escena

Proxección: Un home que grita de Mahamat-Saleh Haroun.  Chad, 2010, duración 92 m

Chad, na actualidade. Adam, sesenta e tantos anos, antigo campión de  natación, é profesor na piscina dun hotel de luxo en N’Djamena. Cando uns empresarios chineses adquiren o hotel, vese obrigado a deixar o seu posto ao seu fillo Abdel. Sofre moito con esta situación, que considera como unha decadencia social. O país é presa da guerra civil e os rebeldes armados ameazan o poder. O goberno, como resposta, recorre á poboación para un “esforzo de guerra” que esixe deles diñeiro ou fillos en idade de combater aos asaltantes. Por este motivo, Adam é acosado constantemente polo seu Xefe de Distrito para que entregue a súa contribución. Pero Adam non ten diñeiro, o único que ten é o seu fillo.

​Ás 20:00 horas
Sala Versus, Xerardo Álvarez Limeses 12, Pontevedra
Méliès

“Quand Méliès visait la lune” 

26

Xoves/Xaneiro

Présentation: Quand Méliès visait la lune

O Departamento de francés convídate a asistir á actividade cultural “Quand Georges Méliès visait la lune” dirixida por Nathalie Ramírez. A sesión desenvolverase no salón de actos nas seguintes datas:

26 de xaneiro: 18.30 horas

27 de xaneiro: 11.00 horas

​26 de xaneiro: 18.30 horas/ 27 de xaneiro: 11.00 horas
EOI, Pontevedra
1976

“1976, el año que vivimos peligrosamente”

26

Xoves/Xaneiro

Presentación do libro “1976, el año que vivimos peligrosamente” ás 19:30 de Enrique González de Andrés

Intervirán Victor Santidrián Arias, doutor de Historia contemporánea pola USC e o autor Enrique González de Andrés

Ás 19:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
tejas verdes

“Tejas verdes” 

26

Xoves/Xaneiro

A Asociación Sete Espadelas presenta unha colaboración con Bonobo Teatro, a través do seu grupo de teatro Sete Tarabelos.
Dirixida por Rocío Romero, a obra “TEJAS VERDES” de Fermín Cabal, trata sobre as torturas levadas a cabo pola dictadura do xeneral Pinochet.
Carlos Márquez, Paula Requejo e Tixe Teijeira interpretarán esta obra, dura pero moi necesaria para non esquecer estes feitos sucedidos nos anos setenta en Chile.
A obra non está recomendada para menores de 16 anos debido ao seu contido. A entrada é libre ata completar aforo

​Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra
El inconvenirnte

“El incoveniente”

26

Xoves/Xaneiro

EL INCONVENIENTE

«Unha comedia, que consegue penetrar no espectador nos problemas dos seus personaxes, tanto a través da risa como a través da reflexión» A Luís sempre lle gustou este barrio. O piso que che ofrece a inmobiliaria ten todas as características que buscas: prezo económico, amplitude, luz e bonitas vistas á montaña. Só ten un pequeno inconveniente: a propietaria vivirá nel ata o día da súa morte. Lola (setenta e cinco anos) tivo dúas operacións de corazón e seguramente non aguantará moito máis. Sobre todo, se segue fumando un paquete ao día e bebendo o que lle poñan por diante. Entón Luís dá o paso, pero non todo se desenvolve como o planeaba…

Mercar entradas 

Ás 20:30
Auditorio Sede Afundación. Pontevedra
Salva vidas

“Salva vidas en la cocina”

27

Viernes/Xaneiro

Dorada al horno, tortitas de desayuno

Prezo 20€
Se queres reservar a túa praza escribenos ao 604088854
De 19:00-21:00 horas
Cousiñas Pontevedra
foto do palace

“La Foto del Palace” 

27

Venres/Xaneiro

Fernando Jáuregui presentará no Museo de Pontevedra o seu libro “La foto del Palace. El socialismo, de Felipe a Pedro y viceversa”. No acto intervirán Xosé Fortes, fundador da UMD e historiador; Xabier Fortes, director de La noche en 24 horas de TVE, e Julio Rodríguez, director de Atlántico Diario, moderados por Miguel Ángel Rodríguez, director do Diario de Pontevedra. A foto do Palace percorre implacablemente, contando anécdotas e feitos descoñecidos ata o de agora, o “felipismo”, o “zapaterismo” e o “sanchismo” (que o autor non considera termos pexorativos), e incorpora moitas vivencias persoais que enriquecen o relato histórico, advertindo de que o xornalista nunca debe ser protagonista, pero xamais debe renunciar a ser testemuña. E sempre debe ser crítico. 

Ás 19:30
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
Hey

“Julio Iglesias y la conquista de América” 

27

Venres/Xaneiro

O músico Hans Laguna presentará o seu libro ‘Hey! Julio Iglesias y la conquista de América’ nunha charla coa xornalista Chus Gómez Dorrego

A nivel popular, Julio Iglesias é unha icona kitsch, un personaxe da prensa rosa, un galán machista, un representante da españolidad máis rancia ou un baladista para a terceira idade. Pero Iglesias é tamén o cantante vivo que máis discos vendeu na historia da música xunto a Madonna e Elton John, e foi o primeiro artista non anglosaxón que conseguiu triunfar ao grande nos Estados Unidos. O libro ocúpase dos claroscuros da súa figura e dos custos persoais que hai que pagar por alcanzar a fama

Ás 19:30 horas
Sala de exposicións do Pazo da cultura Pontevedra
microrrelato

“Poesía e Microrrelato” 

27

Venres/Xaneiro

O vindeiro venres 27, daremos a benvida ao 2023 como se merece.

Xaime Toxo, Niña Burbuja, Benito Piñeiro, Orisel Gaspar e Pedro Román

Ás 20:00 horas
Bar O Diaño Pontevedra
Nacho Vegas

“Nacho Vegas” 

27

Venres/Xaneiro

Ciclo Voices – Nacho VegasGira Mundos Inmóviles Derrumbándose” presentación do último disco de Nacho Vegas, de Mundos Inmóviles Derrumbándose “. Previamente ás 19:30h na Sala de Exposicións, o músico Hans Laguna presentará o seu libro ‘Hey! Julio Iglesias y la conquista de América’ nunha charla coa xornalista Chus Gómez Dorrego.

Mercar entradas

Ás 21:00 horas
Pazo da cultura Pontevedra
maravallada

“Cantos de taberna” 

27

Venres/Xaneiro

Cantos de Taberna, o programa musical impulsado polo Concello de Pontevedra en colaboración coa Asociación Cultural Maravallada.

Todos os concertos comezarán ás 21 horas e rematarán ás 00 horas, distribuíndose polos dous nomeados locais en cada xornada, sendo as agrupacións encargadas de encher de música cada establecemento as seguintes: Marvallada, Sons do Peto, Peis D’Hos, Fuxan os Ventos e Os Carunchos.

De 21:00 a 00:00 horas
Breogán/Balixas Pontevedra
Nuevas partituras

“Nuevas partituras”

28

Sábado/Xaneiro

Presentación do libro Novas partituras de Ana Carbajales

Estela e o seu perrita Mel atopan a un home moribundo, encaixado entre as rocas, cando paseaban pola praia de San Joao. Tras catro meses en coma, esperta mudo, despois de extirparlle as cordas vocais e con amnesia total, produto dos múltiples traumatismos sufridos. Ninguén lle reclamou, e a garda republicana portuguesa non puido pescudar a súa identidade, de maneira que o seu único contacto na cidade é Estela, unha enigmática muller que, impactada pola soidade daquel pobre home, non deixou de visitarlle ata o día da súa alta hospitalaria. Quen é? Como chegou ata a praia? Onde está a súa familia? Cando recuperará a memoria? Ao longo destas páxinas, acompañaremos a Estela na procura de todas esas respostas que ela necesita coñecer para seguir o seu camiño.

Ás 20:30 horas
Gastroespazo do mercado de Pontevedra
master class

“Master Class: Fotografía”

28

Sábado/Xaneiro

Animaros, estamos agardando por vos, xa quedan poucas prazas https://www.instagram.com/granerodelmas/   información 619432721 

De 10:00 a 13:00 horas
Granero Delmás Pontevedra
ponteverde

“Querido extraño”

28

Sábado/Xaneiro

Degustación e Horror Folk

Degustación de hamburguesa de capón de pasto e unha cervexa NASA Rede de barril. Amenizado por Querido Extraño Horror Folk. 

Ás 13:30 horas
Ponte verde Pontevedra
Patricia Otero

“Patricia Otero”

13

Venres/Xaneiro

Palacete das Mendoza

EXPOSICION DE PATRICIA OTERO

Patricia Otero (Marín, 1980) é profesora de Pintura e Arteterapeuta. Especialista en Terapia Xestáltica e Psicoanalítica, desempeña o seu labor desde fai case vinte anos, o últimos dez desde o seu centro Céltica ArteCultura, na súa localidade natal

De lunes a viernes, de 9 a 20 h

Sábados, de 10 a 14 h y de 16 a 19 h

Domingos y festivos, de 10 a 14 h

Do 13  ao 29 de xaneiro 2023
Palacete das Mendoza Pontevedra
Exposición

“A memoria do son”

15

Xoves/Decembro

Nova exposición na Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes
“A memoria do son”
Do 15 de decembro ao 27 de xaneiro de 2023
Do 15 de decembro ao 27 de xaneiro de 2023
Facultade de Belas Artes, Pontevedra
A cidade é a pegada

“A cidade é a pegada” 

15

Xoves/Decembro

A exposición, que reflexiona sobre o acontecemento de pertencer a Pontevedra empregando a infancia como fío condutor, conta con Alfredo Olmedo como comisario, os subcomisarios Eduardo Outeiro, Norberto Olmedo e Fernando Suárez, Milagros Bará, Alberto Reiriz e Vicente Pillado do estudio de arquitectura NAN, o arquiveiro municipal Rodrigo Silva e Patricia Dopico, responsable do diseño editorial.

Estará dividida nos espazos Personaxes, do que hoxe avanzamos unhas pinceladas, Infancia, Arquitectura e Río e será, “a produción máis importante a nivel expositivo que levou a cabo o Concello.

Do 15 decembro ao 22 de marzo 2023
Pazo da cultura Pontevedra
Silverio Rivas

“Silverio Rivas” 

24

Xoves/Novembro

Inauguración da exposición ‘Silverio Rivas. Eloxio do silencio‘, na que traza un percorrido pola obra do escultor ponteareán, que, a piques de cumprir 80 anos, se mantén en activo como un dos grandes referentes da escultura galega contemporánea.

A exposición presenta arredor de 60 pezas de Silverio Rivas que cubren a súa produción artística desde os inicios na abstracción nos anos 70 do pasado século ata os seus traballos actuais, entre as estruturas xeométricas e a creación a partir de obxectos cotiáns atopados ao azar.

Inauguración día 24 ás 19:00 horas

Do 24 de Novembro ao 5 de Febreiro 2023
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra

Xa podes anotarte

Charo López

“Verso a verso” 

4

Sábado/Febreiro

Charo López achéganos o seu “Verso a verso”, un fermoso recital co barítono Luis Santana e acompañado ao piano polo profesor Víctor Carbajo.

Lorca, Machado, Miguel Hernández… Obras de poesía como unha fotografía capaz de captar con palabras, nun instante, nun trazo de luz, as imaxes que enfoca. Só a poesía salva do esquecemento.

 Duración: 75min

Podedes mercar xa as vosas entradas a un prezo xeral de 12€ e reducido de 4€ para estudantes, desmpregadxs e maiores de 65. 

Ás 21:00
Pazo da cultura Pontevedra
Manuel Manquiña

“Manuel Manquiña”

4

Sábado/Febreiro

O sábado 4 de febreiro ás 22:00 h na Sede Manuel Quiroga do Liceo Casino Pontevedra ven a desfrutar dunha noite de risas e música con Manuel Manquiña e Os Fabulosos Weekend

  • Apertura de portas a las 21.00 h
  • Pincho de benvida
  • Monólogo de Manquiña
  • Concerto
  • Festa final DJ

Prezos: socios 10 € / Non socios 20 €

Venta de invitacións: Liceo Casino Pontevedra Rúa Manuel Quiroga

¡Prazas limitadas!

Ás 22:00 horas
Salón Nobre do Liceo Casino Pontevedra

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥