
“Salvador Seguí”
24
Luns/Abril
Inauguración da Exposición: “Salvador Seguí – A loita anarcosindicalista polo fin da explotación social e obreira”. Charla-guía: A figura de Salvador Seguí no centenario do seu asasinato.
Ás 19:00 horas
Sala VerSus (r/ Xerardo Álvarez Limeses, 12 – Bajo) Pontevedra

“Diego Alejandro Ruiz”
24
Luns/Abril
Teñamos a poesia en Paz acolle a Diego Alejandro Ruiz, presenta Silva Penas Estévez luns 24 de abril ás 19:30 horas
De 19:30 a 20:30 horas
Libraría Paz Pontevedra

“Memorias do Tsunami”
24
Luns/Abril
Docs do Mes: ‘Rising from the tsunami’
No marco do ciclo de cinema documental Docs del Mes, a Vicerreitoría do campus acolle a proxección de Rising from the tsunami, un documental no que Hélène Robert and Jeremy Perrin afondan, a través dos testemuños dos superviventes, nas consecuencias psicolóxicas e emocionais que supuxo o tsunami que en 2011 asolou á costa de Tohoku, no Xapón, deixando máis de 15.000 falecidos.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Ás 20:00 horas
Casa das Campás Pontevedra

“A noite das mulleres”
24
Luns/Abril
A noite das mulleres Kinuyo Tanaka, 1961, Xapón, 90′, VOSG Lingua orixinal: xaponés. Sesión en colaboración coa Filmoteca de Galicia.
Kuniko vive nun centro de rehabilitación para traballadoras sexuais. Como parte do proceso de reinserción na sociedade, concédenlle a liberdade, condicionada ao mantemento do seu traballo nunha fábrica. Cando o seu pasado é descuberto, Kuniko terá que enfrontarse aos prexuízos e a hipocresía da sociedade.
Ás 20:30 horas
Teatro Principal, Pontevedra

“Revolution Mind”
25
Martes/Abril
Conferencia ‘Revolution mind: o poder do algoritmo humano’
No marco das actividades da Semana da Creatividade e da Innovación, que promove a Vicerreitoría do campus de Pontevedra, a Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte acolle a conferencia Revolution mind: o poder do algoritmo humano, a cargo do emprendedor, escritor e deseñador Pep Torres, impulsor do Museo de Ideas e Inventos de Barcelona.
A entrada será de balde ata completar aforo.
Ás 11:30 horas
Aula 9 de Ciencias da Educación e do Deporte. Pontevedra

“O tráfico e o consumo de drogas en Europa”
25
Martes/Abril
O tráfico e o consumo de drogas en Europa en 2023. Unha cuestión de demanda.
Recoñecidas autoridades na materia ofrecerán as claves do problema das drogas en 2023 desde os distintos puntos de vista, nos niveis educativo, policial, xudicial e social, nunha Mesa que dará paso a un debate interactivo cos participantes e a posterior reprodución do segundo episodio do documental Narcogallegos, obra presente en Movistar Plus + que debulla, ademais doutros, todos os apartados do curso.Centro Asociado UNED Pontevedra
Poñentes: José Duarte, Xefe da Policía Local de Pontevedra. Agustín Fernández, Concelleiro de Saúde Pública de Pontevedra. Manuel Isorna, Profesor da UVIGO, especialista en adiccións en mozos. Víctor Méndez Sangüos, Director de Narcogallegos, CEO de Narcodiario e xornalista do Diario de Pontevedra. Emilio Rodríguez, Xefe de sección Greco Galicia da Brigada Central de Estupefacientes da Policía Nacional. Pablo Varela Castejón, Fiscal Antidroga de Pontevedra
A entrada será de balde ata completar aforo.
De 18:00 a 20:00 horas
Salón de actos da UNED Pontevedra

“A saga das curandeiras”
25
Martes/Abril
De curandeiras falarán Marisa Castro e Ana Acuña na presentación deste libro editado por Hércules de Ediciones
A saga das curandeiras Marisa Castro Cerceda
A través da vida de Rosalía Carcedo (1911-1972) faise unha viaxe durante unha parte do século XX, desde a Galicia da que ela era natural, pasando polo Madrid da República e da Guerra Civil, ata a aldea de orixe na que volveu vivir durante a Ditadura e na que continuou exercendo a súa profesión, curandeira, a pesar da incomprensión que a rodeaba e da incredulidade de persoas con ignorancia invencible, que non entendían ou que non querían saber. Esta biografía ficticia dunha curandeira galega permite coñecer a relación daquelas persoas coa xente e coas autoridades civís e relixiosas. Ademais, axuda a aproximarse ao uso das herbas e dos cogomelos, tanto con fins curativos como máxicos, nese mundo críptico e infravalorado das meigas galegas.
De 19:30 a 20:30 horas
Libraría Paz Pontevedra

“Cantata comunal Grândola, Vila Morena”
25
Martes/Abril
O Ateneo de Pontevedra organiza un acto conmemorativo da Revolución dos Caraveis coa convocatoria da cantata comunal Grândola, Vila Morena, que terá lugar o vindeiro martes 25 de abril, ás 19:00 horas, na confluencia das rúas Alhóndiga, Dona Tareixa e Don Filiberto (entre o Teatro Principal de Pontevedra e a Casa das Campás).
O acto contará coa actuación da agrupación musical Mais Cantos, dirixida por Nelson Quinteiro, que interpretará cancións tradicionais portuguesas como Mariâo, Ao pasar a ribeirinha, Pomba branca, Que faz o sol, Coro da Primavera ou Oh rama oh que linda rama. Como peche do acto, realizarase a interpretación comunal de Grândola, Vila Morena.
Ás 19:00 horas
Rúa Charino, Pontevedra

“E AGORA? LEMBRA-ME”
25
Martes/Abril
E AGORA? LEMBRA–ME Joaquim Pinto Rodrigues, 2013, Portugal, 164′, VOSE Lingua orixinal: portugués
Joaquim Pinto, afectado polo VIH e o VHC, comeza un tratamento experimental en Madrid o mesmo día que o PP de Rajoy gaña as eleccións de 2011. O cineasta portugués, a carón do seu marido Nuno, grava a súa terapia durante un ano. Desde o íntimo do rexistro en primeira persoa, Pinto trata asuntos universais coma a sanidade pública, a crise económica, a historia do cinema e as formas múltiples do amor.
Cercano sen ser exhibicionista, conmovedor sen ser aleccionador, extraordinario desde a súa normalidade, este vídeo-diario, que xustifica plenamente o seu formato, arrasou nas listas do mellor de 2013.
Locarno: Premio Fipresci e Premio Especial do Xurado
Doc Lisboa: Gran premio da cidade de Lisboa á Mellor Longametraxe Internacional
Ás 20:30 horas
Teatro Principal, Pontevedra

“Encargar humanos”
26
Mércores/Abril
CONFERENCIA: Encargar humanos
Analizaremos o controvertido tema da xestación subrogada
Mercedes Fernndez-Martorel é licenciada en Historia Moderna e douctora en Antropoloxía Social pola Universidade de Barcelona.
Desde o ano 1980 é profesora de Antropoloxía na Universidade de Barcelona. Imparte cursos sobre Antropoloxía Urbana (traballa sobre el cómo da construcción e recreación das máquinas sociais en contextos urbanos) e Antropoloxía e Feminismo (traballa sobre o devenir e os procesos de elaboración da individualidade). Sobre ambos temas publicou diversas obras.
Dirixe o Observatorio sobre a Construcción e Recreación do Significado de Humanos OCRSH na Universidade de Barcelona.
A entrada será de balde ata completar aforo.
De 18:00-20:00 horas
Salón de actos da UNED Pontevedra

“Cristina García Rodero”
26
Mércores/Abril
Destacadas mulleres creadoras do século XX converteranse en protagonistas do novo curso de ‘Avantaxado feminino‘ na súa segunda edición. O acceso a estas sesións do curso é libre.
Carolina Munáiz, responsable do curso, exerce como docente na Escola Superior de Deseño de Moda Formarche da Coruña, titulada en Ilustración pola EASD Pablo Picasso e con formación de primeiro ciclo da Escola de Canteiros de Pontevedra. Ademais, é pintora e profesora das materias de Historia da Indumentaria e de Historia da arte e da moda do século XX.
Cristina García Rodero (fotografía)
De 19:00 a 20:30 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra

“A cidade suave. Un contorno a escala humana”
26
Mércores/Abril
Urbtopías volverá traer reflexión, debate e encontro ao redor das cidades posíbeis e do futuro que está por vir .
A cidade suave. Un contorno a escala humana
Diálogo entre David Sim, arquitecto referente en la planificación de la habitabilidad urbana y la sostenibilidad a través de su libro Soft City y de su trabajo como Director Creativo en Gehl Architects; Ola Gustafsson, arquitecto urbanista en proyectos complejos en todo el mundo, especialista en la dimensión humana de la planificación y exdirector de proyectos en Gehl Architects; Teresa Táboas, arquitecta, Conselleira de Vivenda e Solo en la VII Legislatura y miembro del Consejo de la Unión Internacional de Arquitectos (UIA) y Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra; sobre la importancia de crear entornos orientados al ser humano que hagan de la vida cotidiana una experiencia agradable Modera Fernando González ‘Gonzo’. Máis información
Todas as conversas serán de acceso libre até completar aforo e non será requirido ningún tipo de reserva previa
Ás 19:00 horas
Igresa do convento de Santa Clara, Pontevedra

“Antonio Gómez Liébana”
26
Mércores/Abril
Charla-coloquio: “De los Sistemas nacionales de salud a los Sistemas de beneficencia”. Ponente: Antonio Gómez Liébana, CAS, integrante de CAS
Forma parte da Coordinadora Anti Privatización da Sanidade (www.casmadrid.org) que foi constituída en 2004 por usuarios e traballadores do sistema sanitario, así como organizacións non subvencionadas (Plataforma Sindical EMT, Solidariedade Obreira, CNT Graficas, CNT Villaverde, CNT Aranxuez, Sindicato Asembleario de Sanidade). O seu obxectivo é axuntar esforzos e organizarse para loitar por un sistema sanitario de calidade, que atenda a todas as persoas sen exclusións, dotado de mecanismos de xestión democrática por parte de traballadores e poboación, e no que a actuación sobre os determinantes socioeconómicos e ambientais da enfermidade sexan prioritarios.
Ás 20:00 horas
Sala VerSus (r/ Xerardo Álvarez Limeses, 12 – Bajo) Pontevedra

“Ser o no Ser”
26
Mércores/Abril
“Ser o no Ser” de Juan Echanove
Varsovia, agosto de 1939. A Tura Marriage Theatre Company ensaia Gestapo!, unha obra que satiriza o nazismo. As autoridades polacas prohiben a estrea da obra para evitar as represalias de Hitler; que non impedirá que Alemaña invada Polonia. Co teatro medio destruído polos bombardeos, deberán idear unha dobre trama teatral para impedir a entrega dun documento que acabaría coa Resistencia e escapar de Polonia. Isto presupón que son eles mesmos quen, nun espectáculo interpretativo, fanse pasar por nazis. No medio desta aventura, os Tura deberán resolver a irrupción no seu matrimonio dunha moza aviadora.
Mercar entradas Ataquilla.com
Ás 20:30 horas
Sede Afundación, Pontevedra

“En marcha contra o cancro”
27
Xoves/Abril
A cuarta edición da iniciativa Rutas Saludables volve a Pontevedra
A actividade é gratuíta e comezará o próximo día 23 de febreiro ten prazas limitadas e está dirixida a esa poboación que ten unha vida sedentaria e quere comezar a practicar hábitos de vida saudables
Divídese en 2 grupos os xoves: un ás 10.30 horas e outro ás 17.00 horas A duración prevista para esta actividade é de hora e media aproximadamente e será guiada sempre por un/unha voluntari@
Desenvolveranse pola cidade co obxectivo de combater o sedentarismo, xa que é o responsable do 6% de mortes en todo o mundo e incrementa o risco de padecer cancro de colon e de mama ata un 20-25%
Se queres inscribirte, chámanos ao noso teléfono 900 100 036 (gratuíto e 24h) ou presencialmente na nosa sede en Pontevedra (Eduardo Pondal, 64A, baixo) ata que se completen as prazas.
Xoves: ás 10.30 horas e ás 17.00 horas
Sede da Asociación Eduardo Pondal, 64A Pontevedra

“Etceteramente”
27
Xoves/Abril
Presentación do libro “Etceteramente” o sublime e a arte na literatura. Conversa do autor Xelís de Toro co filósofo e pensador literario Carlos Lema
Unha homenaxe ao poder creativo da literatura.
De 19:30 a 20:30 horas
Libraría Paz Pontevedra

“Danza+Arte”
27
Xoves/Abril
Charla: “Procesos de creación en danza en relación coa arte contemporánea” a cargo da artista e coreógrafa Mercé De Rande.
Ás 12:30 horas
Facultade de Belas Artes aula 6, Pontevedra

“El crimen de Chicago”
27
Xoves/Abril
Charla-coloquio: “¿Qué celebramos cada 1º DE MAYO? – Comentarios actuales a la Crónica “El crimen de Chicago” (1886), de Ricardo Mella”.
Ponente: Miguel Ángel Cuña
Ás 20:00 horas
Sala VerSus (r/ Xerardo Álvarez Limeses, 12 – Bajo) Pontevedra

“Mestizaxes”
27-1
Xoves a Luns/Abril-Maio
A gastronomía da nosa cidade está conformada por receitas de ida e volta, rebosa de sabores, expresa a forma de ser de nos e preserva parte da nosa historia gastronómica.
Mestizaxes quere transmitir a través deste gran evento un concilio de sabores que busca, desde a identidade, o coñecemento e unha gastronomía sostible, queremos impulsar aquelo que nos une: a comida, a cociña, o gusto, a autenticidade e uns produtos de proximidade
Todo o día.
Praza de España de Pontevedra

“Pensamento e creación”
27-28
Xoves,Venres/Abril
Xornadas ‘Pensamento e creación‘
Coa participación da cineasta Ángeles Huerta e o músico Paulo Pascual
No marco das actividades da Semana da Creatividade e da Innovación, que promove a Vicerreitoría do campus, a Casa das Campás acolle os días 27 e 28 de abril as xornadas Pensamento e Creación, organizadas coa colaboración da Aula Castelao de Filosofía.
Nesta xornada, o ciclo ábrese ás 18.00 horas cunha conferencia da cineasta Ángeles Huerta, cuxa última longametraxe O Corpo Aberto era recoñecida, entre outros, cos galardóns á mellor película, dirección e guión nos Mestre Mateo. A continuación, ás 20.00 horas terá lugar unha actuación do músico Paulo Pascual, autor da banda sonora do documental Negro Púrpura, a primeira realizada integramente cun theremín.
A entrada será de balde ata completar aforo.
Ás 18:00 horas
Casa das Campás. Pontevedra

“Lola Montés”
28
Venres/Abril
A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a proxección de Lola Montès (1955), de Max Ophüls, nunha nova sesión do ciclo de cinema Expediente alquimia. Integrado por doce proxeccións e inserido nas actividades da Semana da Creatividade, esta progrmación propón un achegamento ás múltiples canles polas que a creatividade se fai patente en películas de diferentes xéneros e épocas
A entrada é libre ata completar capacidade.
Ás 19:00 horas
Casa das Campás Pontevedra

“La Coja Dansa”
28
Venres/Abril
La Coja Dansa nace en 2004 e desde entón apostou sempre por unha linguaxe tambaleante no que a maioría das preguntas quedan no aire. Expertos no uso do audiovisual como elemento dramatúrgico e na creación de pequenos mundos cheos de matices, as súas pezas buscan unha forma que acolla a incerteza e fano con resultados estéticos exquisitos de gran impacto emocional.
Tres mozas que viven en diferentes planetas atopan o libro de Persépolis. A súa lectura faralles reflexionar sobre a situación da muller na historia. A partir de aquí, iniciarán unha viaxe a través da historia, o espazo e o tempo que lles levará a atoparse nun punto común. Con “Persépolis” renden homenaxe ás escritoras de ciencia ficción que, coas súas obras literarias, cuestionaron, desde as marxes, a condición da muller e a súa constante perda de dereitos.
Ás 19:00 horas
Pazo da cultura, Pontevedra

“Recursos humanos”
28
Venres/Abril
Proyección do film: “Recursos humanos”, de Laurent Cantet (Francia, 1999)
A un mozo universitario contrátano como pasante no departamento de Recursos Humanos dunha fábrica situada na campiña francesa. Cheo de ilusión e inxenuidade, está convencido de que os seus esforzos servirán para que os sindicatos e a dirección alcancen un acordo sobre a xornada laboral. Con todo, pronto se dá conta de que o seu traballo está, en realidade, ao servizo dunha reorganización da empresa, que implica unha redución do persoal.
Ás 20:00 horas
Sala VerSus (r/ Xerardo Álvarez Limeses, 12 – Bajo) Pontevedra

“Verbas pola igualdade”
28
Venres/Abril
O venres 28 de Abril, no Teatro Principal de Pontevedra, ás 20 horas, terá lugar o acto poético-musical organizado polo Colectivo PoeticAlbedrío. Acto apadrinado pola Fundación Cuña-Casasbellas e ol Ateneo de Pontevedra. Un BERRO pola IGUALDADE, pola defensa dos Dereitos Humanos porque cada día importa para reclamar.
Entrada gratuita ata completar aforo.
Ás 20:00 horas
Teatro principal. Pontevedra

“Maravallada canta a Fuxan os ventos”
28
Venres/Abril
Anotade nas axendas, e non perdades esta oportunidade única, para vir cantar con nos a este GRAN GRUPO que todos admiramos…a Fuxan os Ventos!
Estamos preparando algúns temas de ese marabilloso cancioneiro e repartiremos as letras.
E, a ledicia mais grande para a nosa Asociación, contar coa presencia e participación de algúns dos seus membros.
Taberna A NAVARRA e BARALLOCAS.
Non se che ocurra quedar na casa!
Ás 21:00 horas
A Navarra e Barallocas, Pontevedra

“Concerto:Nil Venditti”
28
Venres/Abril
Concerto en colaboración coa Sociedade Filarmónica de Pontevedra”
Directora: Nil Venditti
Programa:
LOUISE FARRENC: Sinfonía nº 2 en Re mayor, op. 35
PUCCINI: I crisantemi
MENDELSSOHN: Sinfonía nº 4 en La mayor, op. 90 (“Italiana”)
Mercar entradas Ataquilla.com
Ás 20:30 horas
Sede Afundación, Pontevedra

“Ruta das maceiras en flor”
29-1
Sábado, Domingo, Luns/Abril, Maio
A Deputación de Pontevedra alíase un ano máis coas e cos produtores de mazá ecolóxica da comarca de Tabeirós-Terra de Montes nunha das iniciativas turísticas de maior atractivo na provincia: as “Rutas das maceiras en flor”. A institución provincial organiza catro visitas gratuítas a unha plantación de maceiras e a sidrerías da Estrada os días 29 e 30 de abril e o 1 de maio. Inscríbete o prazo abre o venres 21 de abril.
Para cada ruta estarán dispoñibles 40 prazas. Actividade gratuita
Ás 10:00 horas
Saída San Roque, Pontevedra

“Día internacional da Danza”
29
Sábado/Abril
Día da Danza
O Ballet Folclórico Galego e a Escola de Danza Maite Quiñones reunidos polo centenario de Rey de Viana, coreógrafo e fundador do Ballet Galego que levou o seu nome.
Para asistir: participa.cultura@depo.gal
Ás 12:00 horas
Diante do Pazo provincial en Pontevedra

“Cosas que hablan”
29
Sábado/Abril
“Cosas que hablan” polo día do libro
Música a cargo de :
- Coro colexio de avogados de Pontevedra
- Coro Acordes
Textos de :
Alumnado de Kairós centro de desarrollo Pontevedra
Ás 18:30 horas
Salón noble do Liceo Casino, Pontevedra

“Imos cambiar o mundo”
29
Sábado/Abril
Un conto de Fina Casalderrey con música de Néstor Blanco. Dirixida e producida por Manu Albariñas e Mara Iglesias. O espectáculo narra a viaxe planetaria da Luna, sendo testemuña de diversas situacións como catástrofes naturais, inxustizas sociais ou pesadelos curados con Literapia’, así como o libro-disco ‘Lingua guapa, cantos que contan‘ no que se inspira, é un cóctel de coreografías e estilos que van desde o contemporáneo ata o valse, pasando polo tradicional mexicano ou o urbano puro.
Ás 19:00 horas
Pazo da cultura, Pontevedra

“Salvador Seguí”
29
Sábado/Abril
Representación Teatral “Salvador Seguí, El hombre que caminó sobre la utopía”. por Moisés Mato, Teatro del abrazo.
Moisés Mato leva a escena a vida de Salvador Seguín, unha das personalidades máis interesantes do movemento obreiro español. O home que camiñou sobre a utopía é o título deste proxecto teatral. Moisés Mato recrea unha asemblea de militantes anarquistas do ano 1923, 10 días despois da morte de Salvador Seguín. Unha aposta arriscada na que o público se transforma en participante desa asemblea e é interpelado directamente á acción. Unha acción, que a medida que avanza o espectáculo, parécese cada vez máis á dos nosos días.
Ás 20:00 horas
Sede sindical da CGT (r/ Pasantería, 1 – 3ª Planta) Pontevedra

“David Suárez”
29
Sábado/Abril
TANTA TOLERANCIA ME ESTÁ OFENDIENDO” DE DAVID SUAREZ
David Suárez repasa a súa carreira neste show non apto para sensibles. De ‘Vicente Finch’ a ‘Famosos e unha vella’, de ‘Latexa Motiv’ a ‘Yu’ non se perda nada. David, non deixará monicreque con cabeza neste monólogo dunha hora no que non hai ninguén ao volante. A comedia negra, a provocación, e o incómodo son as claves deste cómico galego de 26 anos.
Mercar entradas Ataquilla.com
Ás 20:00 horas
Sede Afundación, Pontevedra

“Jazz no principal”
29
Sábado/Abril
Despois de retomar este ciclo na pasada edición, celebrando o 20 aniversario do Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra, volta o Jazz no Principal no seu formato tradicional.
Para esta ocasión contaremos con dúas figuras tanto na sua faceta interpretativa coma docente. A vocalista galega Carmen Rey, todo un referente nas novas músicas que se fan neste pais e o bateria castelán Gonzalo del Val, todo un referente do jazz actual que se fai na península ibérica.
Como sempre estes artistas estarán acompañados dos novos valores do jazz galego, nus concertos únicos.
CARMEN REY & SPJ-Group
Carmen Rey: voz, Oscar Presa: trombón, Alberto Rodríguez: saxo alto, Javier Abraldes: guitarra, Daniel Corral: piano, João Fontenla: baixo eléctrico, David Jácome: batería
Entrada Xeral para cada concerto 3 €. Venda de entradas na billeteira do Teatro Principal 1 h. antes do concerto ou venda anticipada (contén gastos de tramitación) en www.ataquilla.com ou no tlf. 902 504500
Ás 21:00 horas
Teatro Principal, Pontevedra

“Andaina popular”
30
Domingo/Abril
Andaina popular cun percorrido de 15 quilómetros que comezará en São Sebastião, (Vila Nova de Cerveira), e seguirá ao longo da Ecopista do Miño ata Goián, (Tomiño), cruzando o Río Miño por un das súas pontes internacionais. O percorrido terá unha duración aproximada de 4 horas.
O roteiro é lineal e de dificultade baixa (recomendado para crianzas maiores de 12 anos afeitas a andar) e terá unha duración aproximada de catro horas, dende as 10 da mañá. Será un paseo entre viñedos e campos de cultivo a través dos que as persoas participantes poderán conectar co río, explorar praias fluviais e insuas que forman parte da Rede Natura 2000, e descubrir o rico patrimonio da zona.
O número de prazas dispoñibles é de 60, e cubriranse por estrita orde de chegada, a partir do vindeiro luns 24 na web da Deputación.
Anotarse desde o luns 24 de abril
Ás 10:00 horas
Alameda de Goián, Tomiño

“Salón do libro infantil e xuvenil”
21,7
Venres/Abril-Maio
O salón do libro infantil e xuvenil do 21 ao 7 de maio
Máis de 300 actividades entre as familiares e as escolares. Música, poesía, teatro, sesións de contos, danza, roteiros, faladoiros, encontros lectores, trocas de libros, exposicións, máis de 4.000 libros repartidos polo Pazo da Cultura e XOGOS, MOITOS XOGOS! Xa tedes boa tarefa ata o 21 de abril, ler con calma a programación e anotarvos no que máis vos preste e virnos visitar! A partir das 17.00 h abrimos as inscricións nas actividades.
(No programa, debaixo de cada actividade, pon a forma de acceso).
Do 21 de Abril ao 7 de Maio
Pazo da Cultura, Pontevedra

“Había outra vez”
22
Sábado/Abril
Belén Padrón, Itziar Ezquieta, Manolo Figueiras, Xosé Carlos Seoane
Catro artistas vinculados a Pontevedra mostran as súas pinturas, de diferentes inspiracións, estilos e técnicas, nunha exposición conxunta que busca vertebrar un discurso unificado e coherente a través dun diálogo cruzado altamente suxestivo.
Constelaria, Roxonomía, Fractalismo e Arqueografía son respectivamente as denominacións que cada un elixiu para os seus cadros. Son tamén o punto de partida dun relato inserido no catálogo, obra de Manuel Lourenzo González, que narra a enigmática viaxe dun mozo que se ve obrigado a camiñar por un escenario de rúas laberínticas en busca de sinais que lle proporcionen a clave para saír e recuperar a súa vida e o seu pasado; unha viaxe que proporciona desde a literatura, a modo de xogo, fíos que consolidan esa converxencia da obra artística plural. Ten como tema o xogo e homenaxea ao propio Manuel Lourenzo, autor do texto que serve de fío condutor da exposición.
Do 22/04/2023 ao 21/05/2023
Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra

“In(conexo)”
17
Luns/Abril
O espazo O Abrigo, antiga cafetaría da facultade, acolle a exposición (in)conexo, que reúne as obras dos estudantes Lidia Amado, Manuel Balsas e Raúl Ordóñez e o egresado Andrés Urbieta, que teñen como nexo de unión a exploración do espazo desde diferentes perspectivas.
Do 17 ao 28 de Abril 2023
O Abrigo da Facultade de Belas Artes, Pontevedra

“Xardín Utopía”
17
Luns/Abril
A exposición “Xardín Utopía“recalará no Centro Social Gorgullón. Esta iniciativa forma parte dun proxecto sobre o cambio climático.
A exposición está realizada cos materiais producidos na intervención sonora colaborativa que se presentou o 8 de maio de 2022 no Xardín Botánico-Artístico de Padrón.
Do 17 ao 30 de abril 2023
Centro social do Gorgullón, rúa Curtidoira, 1 Baixo Pontevedra

“Figuración vs Abstracción”
15
Sábado/Abril
Exposición “Figuración vs Abstracción” de Luis Rivas no liceo casino. Do 15 ao 28 de abril no salón nobre.
Inauguración 15 de abril ás 19:00 horas
Do 15 ao 28 de Abril
Liceo Casino, Pontevedra

“Ruínas de San Domingos”
25
Martes/Abril
Achégase a primavera e con ela a reapertura das ruínas de San Domingos, o primeiro e máis antigo dos edificios que forman o noso Museo. Abrirá as portas o 1 de abril, xusto co comezo da Semana Santa.
De martes a sábado: de 10 h a 14 h e de 16 h a 19:30 h.
Domingos e festivos: de 11 h a 14 h
Entrada gratuíta
Dende o 1 de abril 2023
Avda Montero Ríos, Pontevedra

“Gabarrón atlántico”
16
Xoves/Marzo
Inauguración da exposición ‘Gabarrón Atlántico, Ronsel de saudade”, de Cristóbal Gabarrón, a exposición está comisariada por Antón Castro.
Xoves 16 de marzo ás 18:30 no edificio Castelao
Entrada libre ata completar capacidade
Do 16 de Marzo ao 14 de Maio
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
Xa podes anotarte

“Coral Polifónica”
3
Mércores/Maio
SOCIEDADE CORAL POLIFONICA DE PONTEVEDRA: “SETE CANTIGAS DE AMIGO DE MARTÍN CODAX”.
Esta actividade enmárcase no programa CULTURA POR ALIMENTOS, unha iniciativa de Afundación a favor de FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos).
PROGRAMA CONCIERTO
I. MIA IRMANA FREMOSA /II. AI DEUS, SE SAB´ORA/ III. AI, ONDAS QUE EU VIN/ IV. ONDAS DO MAR DE VIGO/ V. MANDAD´EI COMIGO/ VI. ENO SAGRADO EN VIGO/ VII. QUANTAS SABEDES AMARE
Directora: Nanette Sánchez Ordaz
Pianista: Brais/ González/ Laudista: Aland López/ Soprano y flauta de bico: Teresa Paz
Del Conjunto de Música Antígua Ars Longa
Ás 20:00 horas
Sede Afundación, Pontevedra

“Del silencio a la emoción”
4
Xoves/Maio
DEL SILENCIO A LA EMOCIÓN II – Camerata Arven – La Bella Helenes
Esta actividade enmárcase no programa CULTURA POR ALIMENTOS, unha iniciativa de Afundación a favor de FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos).
Convidamos a todos vos asistentes a colaborar con esta campaña solidaria coa doazón de alimentos, non perecedoiros, que poderán depositar á entrada do auditorio.
La Bella Helenes
Do Silencio á emoción é un ciclo de concertos que convidan a escoitar a música clásica desde un punto de vista diferente, rompendo barreiras e integrando diferentes artes escénicas. Ao comezo resumirase a historia dás obras de concerto, facilitando escóitaa, permitindo a participación do público e ou seu achegamento á orquestra. Na primeira parte deste segundo concerto do ciclo, interpretarase unha obra do trinque, “La bella Helenes”, que ou compositor e violinista Jorge Ortal dedicou á Camerata Arven. Esta obra baséase non mito dá fundación de Pontevedra e relata vos diferentes momentos dá viaxe do seteiro grego Teucro ata chegar ás costas galegas. A obra estará ademais acompañada por ilustracións realizadas por Alicia Ortal, a filla do compositor. Na segunda parte interpretarase unha dás máis soadas sinfonías de Beethoven, a chamada Pastoral, arranxada para grupo de cámara. Duración: 60 minutos
Mercar entradas Ataquilla.com
Ás 20:30 horas
Sede Afundación, Pontevedra

“Estefanía Fernández”
5
Venres/Maio
Xornada de psicoloxía deportiva coa psicóloga e piragüista da selección española Estefanía Fernández
Aberto previa inscrición e de balde.
Venres 5 de maio ás 19:30 no salón de actos do Edif da Xunta de Galicia na rúa Benito Corbal.
Disponibilidade Dende domingo, 2 de abril de 2023 Ata luns, 1 de maio de 2023
Ás 19:30 horas
Salón de actos do edificio da Xunta en Benito Corbal, Pontevedra

“Jazz no principal”
6
Sábado/Maio
Despois de retomar este ciclo na pasada edición, celebrando o 20 aniversario do Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra, volta o Jazz no Principal no seu formato tradicional.
Para esta ocasión contaremos con o bateria castelán Gonzalo del Val, todo un referente do jazz actual que se fai na península ibérica.
Como sempre estes artistas estarán acompañados dos novos valores do jazz galego, nus concertos únicos.
GONZALO DEL VAL & SPJ-Group
Gonzalo del Val: batería, Diana Vilas: voz, Alejandro Portela: clarinete, Carlos Tubío: trombón, Lolo Martínez Villar: tuba, Jorge Ruiloba: piano, João Fontenla: baixo eléctrico
Entrada Xeral para cada concerto 3 €. Venda de entradas na billeteira do Teatro Principal 1 h. antes do concerto ou venda anticipada (contén gastos de tramitación) en www.ataquilla.com ou no tlf. 902 504500
Ás 21:00 horas
Teatro Principal, Pontevedra

“Ponteandadas”
7
Domingo/Maio
O CONCELO DE PONTEVEDRA organiza a segunda Ruta Ponteandadas 2023 RUTA CAMIÑO-BERTOLA Domingo, 7 de Maio Saida as 10,00 h – Albergue Peregrinos (Estación Renfe) Ruta circular de 12km, dificultade media pago de 2€ Seg. accidentes tanto por Bizum como na conta de naturgaliza club ES82 2080 3116 0330 4000 8694) Inscripcions:(nome apellidos-dni-fecha nacemeto e teléfono) inscripcions en: ponteandadas@gmail.com 625482636 Presencialmente na tenda de senderismo colaboradora Naturcamiña en fronte da igresia da Peregrina en Pontevedra
Ás 10:00 horas
Albergue Peregrinos (Estación Renfe) , Pontevedra

“II Carreira da muller”
7
Domingo/Maio
Carreira solidaria da Muller a celebrar en Pontevedra sobre un percorrido de 5Km
Inscricións
DOMINGO, 7 DE MAYO DE 2023 A LAS 11:30
CARREIRA DA MULLER _PONTEVEDRA
Ás 11:30 horas
Praza de España, Pontevedra
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥