“Conversas con Arte: Gervasio Sánchez”
25
Luns/Novembro
Deputación de Pontevedra
Ás 19:00 horas
Salón da Deputación provincial, Pontevedra
“A Foreign Song”
25
Luns/Novembro
Cineclube
A Foreign Song, César Souto. 2022, Galicia, 82 min., VOSG
Lingua orixinal: inglés
Wallace Stevens (1879-1955) traballou nunha compañía de seguros durante 40 anos. Na súa vida non hai peripecias reseñables nin grandes dramas. Ninguén diría que é o autor dunha das obras poéticas máis singulares do século XX. Cando se lle pediu unha reseña biográfica para presentar a súa obra, o poeta modernista estadounidense negouse a escribila. Cría profundamente que a poesía non é persoal e que a voz que estaba detrás dos seus poemas era en realidade a voz dun Outro. Alguén ao lonxe observa as casas idénticas nos suburbios solitarios de Estados Unidos. Voces sen rostro len fragmentos das cartas do poeta. Un paxaro de plumas douradas canta unha canción.
A Foreign Song competiu na sección Esbilla do FICXixón, onde obtivo o galardón ao mellor filme español e ao mellor director español.
Ás 19:00 horas
Teatro principal, Pontevedra
“Javier Jaén”
25
Luns/Novembro
Facultade de Deseño acolle unha conferencia do deseñador e ilustrador editorial Javier Jaén, considerada unha das figuras clave da ilustración e o deseño gráfico contemporáneo. Ao longo da súa traxectoria profesional traballou para publicacións como The New York Times, Time, National Geographic, The New Yorker ou The Washington Post, para institucións e organizacións como a Universidade de Harvard, a Unesco ou Greenpeace, e para empresas como Luis Vuitton, Netflix, Warner ou Zara. Recoñecido con numerosos premios nacionais e internacionais, o seu traballo levouno tamén a que a revista Forbes o situase en 2020 como un dos cen españois máis creativos.
Aberta ao público, esta conferencia inicialmente formaba parte da programación do I Congreso Internacional de Creatividade, promovido polo Campus Crea. O relatorio leva por título Greetings from Javier Jaen Studio, que é tamén o título do libro que fai balance da traxectoria deste deseñador barcelonés.
Ás 19:00 horas
7ºandar do edificio da Xunta na rúa Javier Puig nº 3, Pontevedra
“A Calumnia”
26
Martes/Novembro
Cineclube
A CALUMNIA
The Children’s Hour, William Wyler. 1961, EE UU, 107 min., VOSE. Lingua orixinal: inglés
Karen (Audrey Hepburn) e Martha (Shirley MacLaine) son dúas boas amigas que dirixen xuntas unha exclusiva escola para rapazas. Unha das súas alumnas, unha nena mimada e consentida pola súa avoa millonaria, escoita por casualidade un comentario sobre as súas mestras e, depechada por un castigo que recibiu, utilízao, distorsionándoo, para atacalas. Os escandalosos rumores esténdense axiña pola comunidade escolar, con repercusións inmediatas e devastadoras.
Adaptación da obra teatral homónima de Lillian Hellman, que xa fora levada á pantalla por Wyler en 1936 cunha trama deturpada por mor do código Hays. Vinte e cinco anos despois, cun elenco de luxo, Wyler faille xustiza á obra teatral e crea un filme que pasará á historia do cinema lésbico norteamericano.
Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra
“Rosendo Salvado”
27
Mércores/Novembro
O 27 de outubro Estrea da serie e documental: Rosendo Salvado, aventura e misión de Un galego en Australia
Dirixida por Valentín Carrera
Proxección de catro capítulos rodados en Galicia e Australia, con música orixinal de Rosendo Salvado.
De 18:3o a 21:00 horas
Museo de Pontevedra.
“Seguridade tecnolóxica”
27
Mércores/Novembro
De 19:30 a 21:00 horas
Pontebrújula. Michelena nº 1, 2ºAB, Pontevedra
“Uqui Permui”
27
Mércores/Novembro
Libraría Paz
Ás 19:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
“O abrazo da serpe”
27
Mércores/Novembro
Fundación Cuña- Casasbellas
O abrazo da serpe (2015) Ciro Guerra
Karamakate foi no seu día un poderoso chamán do Amazonas; é o último sobrevivente do seu pobo e vive no máis profundo da selva. Leva anos en total soidade, que o converteron en “chullachaqui”, unha casca baleira de home, privado de emocións e recordos. Pero a súa solitaria vida dá un envorco o día en que á súa remota gorida chega Evan, un etnobotánico norteamericano en busca da yakruna, unha poderosa planta oculta, capaz de ensinar a soñar. Karamakate accede a acompañar a Evan na súa procura e xuntos emprenden unha viaxe ao corazón da selva no que o pasado, presente e futuro confúndense, e no que o chamán irá recuperando os seus recordos perdidos
Ás 20:15 horas
Fundación Cuña-Casasbellas, Pontevedra
“Contos de inverno: En Branca e Negra”
27
Mércores/Novembro
Vicerreitoría do campus promove, coa colaboración do Concello de Pontevedra, unha nova edición de Contos de Inverno, un ciclo de contacontos para público adulto que busca pór en valor a literatura de transmisión oral. Con entrada libre ata completar a capacidade da sala, o ciclo péchase nesta xornada con En branca e negra, o proxecto impulsado pola músico e cantante Amor Herrera e a narradora oral Cris de Caldas.
Ás 20:30 horas
Casa das Campás, Pontevedra
“Augal: Honey Moon”
28
Xoves/Novembro
De 16:00 a 19:00 horas
Facultade de Comunicación, Pontevedra
“Maratón de Zumba”
28
Xoves/Novembro
Universidade de Vigo
O Pavillón Universitario acolle o XX Maratón Solidario de Zumba, que a Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo e a Vicerreitoría do campus de Pontevedra organizan co propósito de contribuír ao labor social que desenvolve o comedor dos Pais Franciscanos de Pontevedra. Promovida coa colaboración de Gadis e Coca-Cola, trátase dunha actividade aberta a toda a cidadanía, á que se lle solicita que achegue un quilo de alimentos non perecedoiros a modo de inscrición.
Monitor Bruno Hermida
Ás 19:00 horas
Pavillón Universitario de Pontevedra
“O que agacha a equipaxe”
28
Xoves/Novembro
Liceo Casino
Presentación do libro: O que agacha a equipaxe de Azucena Arias Correa.
Intervirán Lola Varela e Azucena Arias
Ás 19:00 horas
Liceo Casino de Pontevedra
“David Cortizo”
28
Xoves/Novembro
Libraría Paz
David Cortizo Conde presenta o seu primeiro libro editado Galaxia (Falamos de Libros). O autor estará acompañado por Tamara Andrés
Ás 19:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
“O Mellor da Terra”
29-1
Venres,Sábado,Domingo/Novembro
Volve o mellor evento gastronómico os días 29 e 30 de novembro e o 1 de decembro. Apunta a data e non o perdas!!!
Horario de 11:00 ata ás 21:00 horas na Avenida Raiña Victoria
De 11:00 ata ás 21:00 horas
Avda Raiña Victoria, Pontevedra
“Fina Casalderrey”
29
Venres/Novembro
Kalandraka
Ás 18:00 horas
Culturgal. Pazo da cultura, Pontevedra
“Anarquismo e organización”
29
Venres/Novembro
O próximo venres 29 de novembro teremos con nós aes compañeires do @selgaliza_ (Seminario de Estudos Libertarios Galegos), que xunto coa editoriais Ardora (s)ediçons anarquistas e @bastianaeditora veñen de publicar o libro “Anarquismo e Organización: Apuntes para o Territorio Galego“, no que sintetizan algunhas das conversas e faladoiros que tiveron lugar dentro das diferentes sesións da primeira edición do SELG.
Ás 19:00 horas
CS APedreira, Rúa Serra 36, Pontevedra
“Crimen e castigo”
29
Venres/Novembro
Visita guiada Pontevedra Crimen e castigo
O casco antigo da cidade de Pontevedra esconde as pegadas dunha historia negra nunha cidade de memoria e tradición pagá. Almas en pena, a Santa Inquisición, asasinatos, aforcados, meigas, torturas, ritos masónicos e epidemias son só algúns dos segredos mellor gardados dunha Pontevedra envolvida nun halo de misterio.
De 19:00 a 21:00 horas
Praza de España, Pontevedra
“Charo Valcárcel”
29
Venres/Novembro
Fundación Cuña- Casasbellas
Ás 20:00 horas
Fundación Cuña-Casasbellas, Pontevedra
“Thalassa”
29
Venres/Novembro
Concerto do Coro de Cámara Thalassa e da Coral Polifónica de la Casa de Almería en Barcelona.
Auditorio do Museo de Pontevedra no edificio Castelao ás 19:00 horas
Ás 19:00 horas
Auditorio do Museo de Pontevedra.
“É tempo de xogar”
29
Venres/Novembro
O 29 de outubro inauguramos no Museo de Pontevedra, edificio Sarmiento, unha nova exposición “É tempo de xogar”. Colección Juan Manuel Alfaya Campo.
Inauguración ás 18:00 horas
Do 29 de Novembro ao 09 de febreiro 2025
Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra.
“Naves Misteriosas”
29
Venres/Novembro
Vicerreitoria
“Naves misteriosas (1972), de Douglas Trumbull
A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a proxección de Naves misteriosas (1972), de Douglas Trumbull, nunha nova sesión do ciclo de cinema de outono Sobre vivir. Promovido pola Vicerreitoría do campus, coa colaboración do Concello de Pontevedra, oito proxeccións integran unha programación que afonda na capacidade do cinema para ilustrar a relación entre o ser humano e o medio ambiente.
Ás 20:00 horas
Casa das campás. Pontevedra
“Bravú XXX”
29
venres/Novembro
Concello de Pontevedra
Xurxo Souto, o que foi líder dos Diplomáticos de Monte Alto e referente indiscutible do bravú, protagoniza o filme documental BRAVÚ XXX, producido por Nós Televisión.
Ás 21:00 horas
Pazo da Cultura, Pontevedra
“Culturgal 2024”
29-1
Venres a Domingo/Novembro
Aínda non tes a túa entrada para o Culturgal?
Do 29 de novembro ao 1 de decembro
Pazo da Cultura, Pontevedra
“Viagem de estudos a Braga”
30
Sábado/Novembro
Concello de Pontevedra
O Departamento de Portugués organiza unha viaxe a Braga o vindeiro sábado 30 de novembro. Se aínda non viaxaches con eles/as nunca viaxaches realmente! Non perdas esta oportunidade. Apúntate na conserxaría.
Ás 09:15 horas
EOI , Pontevedra
“Zentangle: Taller presencial”
30
Sábado/Novembro
Taller presencial de Zentangle
Este taller está pensado para todos: desde quen está dando os seus primeiros pasos en Zentangle ata aqueles que xa levan un tempo practicando e desexan continuar aprendendo. Cada sesión ofrece unha nova oportunidade de explorar tangles, técnicas e enfoques que che permitirán descubrir algo novo e único, sen importar o teu nivel de experiencia. Ademais das dúas ilustracións que faremos no taller, levarasche o material e os coñecementos básicos para repetir este labor tantas veces como queiras usando outras cores e tangles.
Inclúe materiais e merenda
Ás 11.00 horas
Coworking Arroelo Rúa Cobian Roffiñac 4-6 Pontevedra
“Xoiería Botánica”
30
Sábado/Novembro
Por aquí déixovos o primeiro e último taller deste ano Como sabedes estaba a buscar sitios onde poder facer talleres con vosotr@s para que creásedes pezas ao voso gusto e este mes é o único que vou poder facer, os demais serán xa a partir de xaneiro! Así que se che apetece pasar un mañá estupenda facendo pendentes para ir divina á cea de Nadal non dubides en anotarte! Podes escribir por mensaxe privada a min (@mar.jewelrin) ou a @galeria.tangram
De 11:00 a 13:00 horas
Galería Tangram, Pontevedra
“Concerto Feroz:Bandas Sonoras”
30
Sábado/Novembro
Concello de Pontevedra
O sábado 30 de novembro ás 20:00h no Teatro Principal de Pontevedra terá lugar o Concerto Feroz Bandas Sonoras, coa dirección de Rafa Agulló Albors. Entrada libre ata completar aforo. As entradas a todas as sesións son gratuítas, pero no caso das proxeccións e clases maxistrais, as invitacións deben retirarse na oficina de Turismo da Praza de España de Pontevedra desde sete días antes de cada actividade e ata completar o aforo. Máximo 4 entradas por persoa
Ás 20:00 horas
Teatro principal, Pontevedra
“Pink Floyd”
30
Sábado/Novembro
Afundación
IM-PULSE representa co maior respecto, rigor e profesionalidade un espectáculo completo e intenso dos concertos do grupo Pink Floyd, o máis representativo do Rock Sinfónico e progresivo de todos os tempos.
Durante máis de dúas horas IM-PULSE interpreta un repertorio de temas exclusivos e orixinais do grupo Pink Floyd nun espectáculo visual, músical e cheo de sensacións baseados sobre todo no icónico directo P•U•L•S•E
Ás 21:00 horas
Auditorio de Afundación, Pontevedra
“BMP:Nicolás Leiro”
1
Domingo/Decembro
Concello de Pontevedra
O Domingo 1 de decembro ás 12:00h no Teatro Principal de Pontevedra terá lugar o Concerto ‘Grandes Clásicos’ – concerto popular baixo a dirección de Nicolás Leiro . Entrada libre ata completar aforo. As entradas a todas as sesións son gratuítas, pero no caso das proxeccións e clases maxistrais, as invitacións deben retirarse na oficina de Turismo da Praza de España de Pontevedra desde sete días antes de cada actividade e ata completar o aforo. Máximo 4 entradas por persoa
Ás 12:00 horas
Teatro principal, Pontevedra
“Ven e Baila”
1
Domingo/Decembro
Ás 13:00 horas
Pazo da Cultura, Pontevedra
“50 anos dende Tambor”
19
Martes/Novembro
Fundación Manuel Moldes
A Fundación Manuel Moldes celebra o medio século da inauguración damostra pictórico na Galería Tambor de Madrid dos artistas Manuel Moldes e Mikel Díez Alaba.
Preséntanse algunhas das pezas que foron expostas na galería madrileña e obras posteriores de ámbolos artistas.
Do 19 de Novembro ata marzo 2025
Fundación Manuel Moldes, rúa Javier Puig, Pontevedra
“Rolando 2:15-2:45”
18
Luns/Novembro
Vicerreitoria da UVIGO
Tras o seu paso en outubro polo campus de Ourense, a exposición itinerante Rolando 2:15-2:45. 50 anos da primeira masacre de ETA pode visitarse ata o 30 de novembro na sala de exposicións da Vicerreitoría do campus de Pontevedra. A exposición aborda o primeiro atentado masivo desta banda terrorista, que o 13 de setembro de 1974 fixo estourar unha bomba reforzada con metralla na cafetaría Rolando, en Madrid, causando trece vítimas mortais e máis de 70 feridos e feridas. A través de 22 paneis, completados con códigos QR que permiten acceder a máis información, a exposición afonda no acontecido naquela xornada, rende homenaxe ás vítimas e presenta información sobre a historia do terrorismo.
Do 18 ao 30 de novembro
Casa das Campás, Pontevedra
“Jose Benito Otero Baena”
8
Venres/Novembro
Museo de Pontevedra
Inauguración da exposición ‘José Benito Otero Baena. Un pintor sen pinceis’, que terá lugar o venres 8 de novembro, ás 19:00 h, no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra (rúa Padre Amoedo, 3).
Do 8 de Novembro ao 19 de Xaneiro 2025
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
“Coco Pimentel”
8
Venres/Novembro
Granero Delmás
Exposición de Coco Pimentel “Desfeita” no Granero Delmás
Inauguración o venres 8 de Novembro ás 19:30 horas.
Do 8 ao 30 de Novembro
Granero Delmás. Pontevedra
“Vento”
25
Venres/Outubro
Do 25 de outubro ao 2 de marzo 2025
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.
“Miras”
18
Venres/Outubro
Do 18 de outubro ao 1 de Decembro 2024
Centro social A Pedreira, Pontevedra
“Simultánea”
9
Mércores/Outubro
Afundación
Afundación, a obra social de Abanca, abre ao público o proxecto expositivo Simultánea, que mostrará, ao mesmo tempo, en sete sedes, a súa colección de arte vista como nunca antes.
Abstraccións e mensaxes cifradas é a mostra deseñada para o Café Moderno, onde o público poderá achegarse ás obras creadas desde Galicia e que exploran as posibilidades da abstracción.
Está conformada por 33 obras que abordan a linguaxe abstracta como ferramenta de comunicación.
Do 9 de outubro ao 25 de Xaneiro 2025
Café moderno, Pontevedra
Xa podes anotarte
“Alejandra&Misha”
2
Luns/Decembro
Filarmónica de Pontevedra
ALEJANDRA DÍAZ (violonchelo) – MISHA DACIC (piano)
BRAHMS: Sonata para violonchelo y piano nº 1 en Mi menor, op. 38
RACHMANINOV: Sonata para violonchelo y piano en Sol menor, op. 19
Ás 20:30 horas
Teatro Principal, Pontevedra
“Conductores Suicidas”
5
Xoves/Decembro
Concello de Pontevedra
“Conductores Suicidas” formouse en 2020 co propósito de render unha homenaxe fiel e respectuosa a Joaquín Sabina e á súa banda.
Baladas acústicas inesquecibles e as cancións rockeiras máis potentes e inconfundibles son coreadas polos asistentes durante máis de dúas horas de actuación.
Cancións como “Princesa”, “E aínda”, “Quen me roubou o mes de abril?”, “O bulevar dos soños rotos”, “O peixe da cidade”, “Acordo entre señores”, “O coxo pirata” ou “ 19 días e 500 noites” non faltará no repertorio de Conductores Suicidas, a banda homenaxe máis fiel a Joaquín Sabina do panorama nacional.
Ás 21:30 horas
Pazo da Cultura, Pontevedra
“Forever Van Gogh”
6,7,8
Venres, Sábado, Domingo/Decembro
Afundación
Un sorprendente espectáculo teatral sobre a vida do famoso pintor Vincent van Gogh.
Durante a obra faise un percorrido pola traxectoria do artista e polos aspectos máis íntimos que o levaron a albergar unha visión singular da arte.
Un espectáculo para descubrir os diferentes momentos da súa vida, a través das súas diferentes etapas creativas, e coñecer a persoa detrás do xenio.
Venres e sábado ás 17:00 e ás 20:00 horas, Domingo ás 17:00 horas
Auditorio de Afundación, Pontevedra
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥