“Día do teatro”
27
Luns/Marzo
O luns 27 de marzo celebraremos o Día do Teatro.
A celebración do Día do Teatro en Pontevedra arrancará cun espectáculo familiar de animación na rúa ‘A Danza dos paxaros’ a cargo de Can Cun Quinqué, con saída na praza da Ferrería e fin no exterior do Pazo provincial. As e os bailaríns da compañía percorrerán as rúas da cidade interpretando a grandes e vistosos paxaros cabezudos dirixidos por un ornitólogo. Á chegada ao Pazo provincial, celebrarase a función ‘O vendedor de fume’ da man da compañía Teatro Ghazafelhos para público familiar e infantil e partir de 4 anos. Para asistir cómpre confirmar asistencia no correo electrónico participa.cultura@depo.gal. Celebrarase no exterior do Pazo e, no caso de choiva, no Salón de Plenos.
Dende ás 11:30 horas
Da praza da ferrería a Deputación provincial, Pontevedra
“Lesbianas en todas partes”
28
Martes/Marzo
Charla Referentes: Lesbianas en todas partes, tamén aquí
Martes 28 de marzo no teatro principal, 1º andar. Intervirá Nanina Santos, escritora, feminista e activista LGBTQIA+ que participou na creación da Asociación Galega da Muller
Entrada de balde ata completar capacidade.
Ás 19:30 horas
Teatro principal, 1º andar, Pontevedra
“Massouda Kohistani”
28
Martes/Marzo
Charla aberta con Massouda Kohistani, defensora dos dereitos humanos afgá, refuxiada en España.
Presenta Ana Belén Fernández, Directora de área campus CREA
Organiza amnistía internacional
Entrada de balde ata completar capacidade.
Ás 19:00 horas
Casa das campás, Pontevedra
“A problemática dos eólicos”
28
Martes/Marzo
O Ateneo de Pontevedra organiza a mesa redonda titulada Patrimonio cultural, paisaxístico e humano: a problemática dos eólicos. O acto, no que intervirán Serafín González Prieto, Elena Cabrejas, Xosé Alfredo Pereira e Irene Gamallo, terá lugar o vindeiro martes 28 de marzo, ás 19 horas, no salón de actos do Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Ás 19:00 horas
Salón de actos do Museo, Pontevedra
“Dúas mulleres”
28
Martes/Marzo
DÚAS MULLERES Ök ketten, Márta Mészáros, 1977, 98 min., VOSG
Lingua orixinal: húngaro
Mari vive feliz no seu matrimonio e na súa posición privilexiada de directora dun hostal para traballadoras rurais. Inicia unha amizade con Juli, muller máis nova cuxa relación cun home alcólico parece un desastre. Algo esperta nela ao observar esta parella. Mari comeza a preguntarse se, baixo as aparencias, eses vinte anos casada erosionaron a súa independencia.
Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra
“Lei Trans:¡Impacto Real!”
29
Mércores/Marzo
Charla: Lei Trans: Impacto real alén de disques e loiadas
Con motivo da celebración do 31 de Marzo día Internacional da Visibilidade Trans, ARELAS e AVANTE LGBT+ Pontevedra, organizamos xuntes, unha mesa de debate para compartir e reflexionar sobre a efectividad da nova Lei Trans Estatal e o impacto que reflexa na vida das persoas. Falaremos de realidades e de bulos. Unha conversa interesantísima con participantes de primeiro nivel como: Nee Barros, divulgadore cultural, youtubeire e escritore, Lu Cerviño, estudante e activista, Cristina Palacios, xerente e traballadora social de Arelas, Miguel Vieito, avogado, xurista e asesor legal.
Entrada de balde ata completar capacidade.
Ás 18:30 horas
Casa das campás, Pontevedra
“Ostereier Bemalen”
29
Mércores/Marzo
O Departamento de alemán da EOI Pontevedra, convídate a un obradoiro de decoración de ovos de Pascua o vindeiro mércores 29 de marzo ás 20 horas. Non o podes perder!
Entrada de balde ata completar capacidade.
Ás 20:00 horas
EOI, Pontevedra
“Peggy Guggenheim”
29
Mércores/Marzo
Destacadas mulleres creadoras do século XX converteranse en protagonistas do novo curso de ‘Avantaxado feminino‘ na súa segunda edición. O acceso a estas sesións do curso é libre. No caso de que as persoas asistentes queiran dispoñer dun certificado de asistencia deberán inscribirse previamente en reservas.museo@depo.gal e acudir, polo menos, a sete das dez sesións previstas. Carolina Munáiz, responsable do curso, exerce como docente na Escola Superior de Deseño de Moda Formarche da Coruña, titulada en Ilustración pola EASD Pablo Picasso e con formación de primeiro ciclo da Escola de Canteiros de Pontevedra. Ademais, é pintora e profesora das materias de Historia da Indumentaria e de Historia da arte e da moda do século XX.
Peggy Guggenheim (colección e mecenazgo)
De 19:00 a 20:30 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
“Roma”
29
Mércores/Marzo
Ciclo de poesía, arte, cine e socioloxía “Familias en escena”. O programa inclúe o ciclo cinematográfico homónimo, cuxa derradeira sesión terá lugar este mércores, 29 de marzo, ás 20:00h, coa proxección do Film: Roma Direc.:Alfonso Cuarón México 2018, 135’.
Cleo (Yalitza Aparicio) é a nova serventa dunha familia que vive na Colonia Roma, barrio de clase media-alta de Ciudad de México. Nesta carta de amor ás mulleres que o criaron, Cuarón inspírase na súa propia infancia para pintar un retrato realista e emotivo dos conflitos domésticos e as xerarquías sociais durante a axitación política da década dos 70.
Entrada de balde ata completar capacidade
Ás 20:00 horas
En Sala VerSus, rúa Gerardo Álvarez Limeses, nº 12, Pontevedra
“En marcha contra o cancro”
30
Xoves/Marzo
A cuarta edición da iniciativa Rutas Saludables volve a Pontevedra
A actividade é gratuíta e comezará o próximo día 23 de febreiro ten prazas limitadas e está dirixida a esa poboación que ten unha vida sedentaria e quere comezar a practicar hábitos de vida saudables
Divídese en 2 grupos os xoves: un ás 10.30 horas e outro ás 17.00 horas A duración prevista para esta actividade é de hora e media aproximadamente e será guiada sempre por un/unha voluntari@
Desenvolveranse pola cidade co obxectivo de combater o sedentarismo, xa que é o responsable do 6% de mortes en todo o mundo e incrementa o risco de padecer cancro de colon e de mama ata un 20-25%
Se queres inscribirte, chámanos ao noso teléfono 900 100 036 (gratuíto e 24h) ou presencialmente na nosa sede en Pontevedra (Eduardo Pondal, 64A, baixo) ata que se completen as prazas.
Xoves: ás 10.30 horas e ás 17.00 horas
Sede da Asociación Eduardo Pondal, 64A Pontevedra
“A Muller Xabaril”
30
Xoves/Marzo
Fina Casalderrey presenta o libro “A muller Xabaril”, acompañarán a autora Victor F. Freixanes, presidente da RAG e o director de xerais Fran Alonso. O acto contará cunha actuación musical de Xacobe Medina, Iker Faure, Noemi Fernández, Lorena Varela Guzman (Piano) e Judith Rey Iglesias (Frauta)
Entrada de balde ata completar aforo.
Ás 19:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
“Rachando Barreiras”
30
Xoves/Marzo
RACHANDO BARREIRAS | PONTEVEDRA
A Mesa pola Normalización Lingüística ten o pracer de convidarte ás «Conversas arredor do galego», para a divulgación do traballo que estamos a realizar como asociación e un punto de encontro para o debate con todas aquelas persoas que simpatizan coa defensa dos nosos dereitos lingüísticos.
O evento desenvolverase o vindeiro 30 de marzo ás 19:00h na Facultade de Comunicación de Pontevedra
Ás 19:00 horas
Facultade de Comunicación de Pontevedra
“Museos, feminismo, canon”
30
Xoves/Marzo
Seminario: Museos, feminismos, canon
16:00. Presentación do seminario José Manuel Rey, director do Museo de Pontevedra 16:10-17:00. Conferencia: Museos, museos, museos desde o feminismo Lourdes Méndez Pérez. Catedrática de Antropoloxía da arte, Universidade do País Vasco.
17:00-17:50. Conferencia: Unha mirada crítica aos museos arqueolóxicos. Unha reflexión desde a arqueoloxía feminista Lourdes Prados Torreira. Catedrática de Arqueoloxía, Universidade Autónoma de Madrid
17:50-18:10. Descanso
18:10-19:00. Conferencia: As artistas nos relatos museográficos Concha Lomba Serrano. Catedrática de Historia da arte, Universidade de Zaragoza
19:00-20:30. Debate: Ideas para un museo feminista Participan: Lourdes Méndez Pérez, Lourdes Prados Torreira, Concha Lomba Serrano Modera: Fátima Braña Rey. Profesora de Antropoloxía Social, Universidade de Vigo
Acceso libre. Entregaráselles un certificado de asistencia ás persoas que se inscriban previamente en reservas.museo@depo.gal.
De 16:00 a 20:30 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
“Morte accidental dun anarquista”
30
Xoves/Marzo
Ponteatro “Morte accidental dun anarquista” de Talía Teatro
Milán, 1969. Un anarquista morre ao caer desde a xanela dunha comisaría onde é interrogado pola policía. No medio da investigación xudicial dos feitos, a aparición na devandita comisaría dun “tolo” que se fai pasar por diferentes personaxes logrará dar un envorco ás pescudas e descubrir a verdade. Obra mestra da farsa con enxeñosos toques satíricos na que Dario Fo destaca a natureza da policía, os seus métodos manipuladores e a súa función represiva, así como o importante papel dos medios de manipulación de masas na súa procura de noticias e “escándalo”. Duración: 85 minutos
Ás 21:00 horas
Teatro Principal , Pontevedra
“Peis D’hos”
31
Martes/Marzo
Cantos de Taberna, o programa musical impulsado polo Concello de Pontevedra en colaboración coa Asociación Cultural Maravallada.
Todos os concertos comezarán ás 21 horas e rematarán ás 00 horas, distribuíndose polos dous nomeados locais en cada xornada, sendo as agrupacións encargadas de encher de música cada establecemento as seguintes: Marvallada, Sons do Peto, Peis D’Hos, Fuxan os Ventos e Os Carunchos.
Zafire / Sabor Colombiano Peis D’Hos
Ás 21:00 horas
Bar Zafire Pontevedra
“Berlín, sinfonía dunha cidade”
31
Venres/Marzo
A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a proxección de “Berlín, sinfonía dunha cidade (1927), de Walter Ruttmann, na nova sesión do ciclo de cinema Expediente alquimia. Integrado por doce proxeccións e inserido nas actividades da Semana da Creatividade, esta programación propón un achegamento ás múltiples canles polas que a creatividade se fai patente en películas de diferentes xéneros e épocas.
Entrada de balde
Ás 19:00 horas
Casa das campás, Pontevedra
“Somos Criminais 3”
31
Venres/Marzo
Somos criminais no sentido menos criminal da palabra? Temos nosa propia forma de ser e ser? Somos diferentes, somos similares ou somos iguais aos demais? Son certos os clichés sobre nós? É certo que respondemos preguntas con preguntas? Non sabes se subimos ou baixamos? Din que as segundas partes nunca foron boas, así que Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán pasan directamente á terceira. En Somos Criminais 3, Carlos Blanco e Touriñán analizan Galicia e os seus habitantes para saber como somos e por que somos como somos.
Ás 20:30 horas
Sede Afundación, Pontevedra
“Ruínas de San Domingos”
1
Sábado/Abril
chégase a primavera e con ela a reapertura das ruínas de San Domingos, o primeiro e máis antigo dos edificios que forman o noso Museo. Abrirá as portas o 1 de abril, xusto co comezo da Semana Santa.
De martes a sábado: de 10 h a 14 h e de 16 h a 19:30 h.
Domingos e festivos: de 11 h a 14 h
Entrada gratuíta
Dende o 1 de abril 2023
Avda Montero Ríos, Pontevedra
“Narco Gallegos”
1
Sábado/Abril
Movistar, Imaco, Narcodiario e o Concello de Pontevedra
Movistar, Imaco, Narcodiario e o Concello de Pontevedra organizan o 1 de abril no Teatro Principal un pase gratuíto do primeiro episodio do documental “Narcogallegos”, do xornalista pontevedrés Víctor Méndez. Á proxección seguiralle unha mesa redonda na que participará o autor, así como o fiscal xefe de Pontevedra, o xefe do Greco Galicia, o de Vixilancia Aduaneira, o director xeral de Xustiza ou a subdelegada do Goberno, entre outros.
Ás 20:00 horas
Teatro Principal, Pontevedra
“Camerata Arven”
1
Sábado/Abril
DEL SILENCIO A LA EMOCIÓN II – Camerata Arven – Pedro y el Lobo
Do Silencio á emoción é un ciclo de concertos que convidan a escoitar a música clásica desde un punto de vista diferente, rompendo barreiras e integrando diferentes artes escénicas. Ao comezo resumirase a historia das obras de concerto, facilitando escóitaa, permitindo a participación do público e o seu achegamento á orquestra. «Pedro e o lobo» é unha obra musical de carácter didáctico, na cal os diferentes instrumentos representan cada un dos personaxes da historia. Neste primeiro concerto do ciclo, os nenos e nenas poderán escoitar as aventuras de Pedro narradas pola actriz galega Laura Sarasola e ilustradas musicalmente pola Camerata Arven.
O acceso a leste concerto será mediante a doazón de alimentos non perecedoiros que irán destinados ao Banco de Alimentos local, previa retirada da invitación en Ataquilla.com
Ás 19:30 horas
Sede Afundación, Pontevedra
“Chocolate Sexy”
1
Sábado/Abril
Concerto de Chocolate Sexy
Continuamos ofrecendo música en directo e boa cervexa artesana na taberna da nasa
19:00 Pinchada na Taberna Nasa
22:00 CHOCOLATE SEXY no Bizarro bar
Ás 22:00 horas
Bizarro bar, Pontevedra
“Tato Heredia e Javier Albatros”
18
Sábado/Marzo
Exposición Conxunta de Tato Heredia e Javier Albatros.
Do 18 de marzo ao 9 de abril
Liceo Casino, Pontevedra
“Gabarrón atlántico”
16
Xoves/Marzo
Inauguración da exposición ‘Gabarrón Atlántico, Ronsel de saudade”, de Cristóbal Gabarrón, a exposición está comisariada por Antón Castro.
Xoves 16 de marzo ás 18:30 no edificio Castelao
Entrada libre ata completar capacidade
Do 16 de Marzo ao 14 de Maio
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
“Fame cero 2”
13
Luns/Marzo
Benestar social Pontevedra
Benestar Social estreará unha exposición urbana para concienciar sobre a fame no mundo. Estará composta por cinco cubos con representacións gráficas creadas por dez artistas
Fame Cero 2, unha nova exposición urbana pictórica que ten como obxectivo concienciar á poboación acerca da problemática da fame no mundo, no marco das actividades do Concello con motivo do Día Mundial da Nutrición.
A mostra, que se estreará o 13 de marzo ás 13.00 horas, estará situada na rúa Daniel da Sota e contará cunha selección de fotografías de varias obras de ata unha decena de artistas: Carmen Hermo, Gosia Trebacz, Isabell Seidel, Yolanda Dorda, Isabel Pintado, Xulio García Rivas, Alfonso Costa, Ricardo de Campos, Fiz Valcárcel e Antón Sobral, que figura tamén como comisario da actividade.
Do 13 de marzo ao 13 de Abril 2023
Rúa Daniel de la Sota, Pontevedra
“Atlánticas. As Mulleres do Nordés”
10
Venres/Marzo
Palacete das Mendoza, Pontevedra
Exposición ‘Atlánticas. Mulleres do Nordés’, da pintora e escultora Viki Rivadulla.
A mostra está inspirada nas mulleres da costa galega e presenta uns seres case míticos pero fundamentados nunha realidade e ligados ao seu oficio mariñeiro. Mulleres empoderadas que defenden con orgullo o seu ser mariñeiro, “mulleres reais, traballadoras, pero pasadas por unha visión artística que as converte en guerreiras que defenden o territorio, o mar, que está esmorecendo e desaparecendo e que hai que coidar”
Horario de luns a venres de 9.00 a 20.00, os sábados de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 19.00 e os domingos e festivos de 10.00 a 14.00 horas.
Do 10 de Marzo ao 1 de Abril 2023
Palacete das Mendoza, Pontevedra
“Aire Galería”
9
Xoves/Febreiro
A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes, emprazada na Facultade de Belas Artes, acolle a exposición Aire Galería, centrada na traxectoria deste espazo expositivo de Bilbao, que dá visibilidade ao labor artístico do alumnado e profesorado vinculado á Facultade de Belas Artes da Universidade do País Vasco (UPV/EHU).
Promovida coa colaboración desta universidade, nesta exposición preséntase unha selección das obras dos 64 artistas que formaron parte nas diferentes exposicións promovidas na Galería Aire e que integran a súa colección. A mostra pode visitarse ata o 7 de abril, en horario de 9.00 a 14.00 horas.
D 9 de febreiro ao 7 de abril 2023
Sala de exposicións Manuel Moldes, Belas Artes, Pontevedra
“Símbolos do conflito”
2
Xoves/Febreiro
Exposición ‘Símbolos do conflito” de Xulio Gil,
Entrada libre ata completar capacidade
Do 2 de Febreiro ao 4 de Abril 2023
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
“Vexo, vexo! que ves?”
1
Mércores/Febreiro
Exposición VEXO, VEXO! QUE VES? Xogo, humor e metáforas na Colección de Arte Afundación, en Pontevedra
Compónse de trinta e catro pezas de autorías e soportes diversos: un gravado de Goya, debuxos de Castelao, esculturas de Xurxo Oro Claro, un óleo de Berta Cáccamo, a banda deseñada sobre a nosa Colección de Jacobo Fernández, fotografías de Helena Segura-Torrella e Daniel Canogar, entre outras obras. Todo, no Café Moderno de Pontevedra.
Do 1 de febreiro ata o 8 de abril 2023
Café moderno de Pontevedra
Xa podes anotarte
“Conversation en Français”
3
Luns/Abril
Nathalie Ramírez
Cours de français en ligne avec Nathalie Ramírez Valbuena
Duración de Abril a xuño 2023
Días e horarios– Luns de 20:30 a 22:00 horas
Horas totais 18 Prezo 160 Euros por persoa
Número de estudantes de 3 a 6 Nivel B2-C1
Datas: 3, 10, 17, 24 de Abril, 8, 15, 22, 29 de Maio, 5,12,19, 26 de xuño 2023
Contacto: nathalie.ramirezvalbuena@gmail.com o no teléfono 631472211
De 20:30 a 22:00 horas
En liña
“Galidance intensive”
3,4,5
Luns,MartesMércores/Abril
Plié Dance School & Concello de Pontevedra
II edición de Galidance Intensive, un evento organizado por Plié Dance School en colaboración co concello de Pontevedra. A Holy Dance Week, contará con workshops de bailaríns e coreógrafos de talla nacional e internacional como Marshall, Sergio Poveda, Fran Herrezuelo, Carlos Díaz, Marthee Vangeel, Evelio, Exon Arcos, Leire Dallas e Diana Wondy
A data de fin de reservas é o 31 de marzo e a inscrición realízase nas redes sociais da escola @pliedanceschool, chamando ao número + 34 604 06 67 91 ou no correo electrónico hola@pliedanceschool.net.
Ás 10:00 horas
Recinto Feiral, Pontevedra
“Gastamos pista”
5
Mércores/Abril
Servicio Galego de saúde
O próximo 5 de Abril, ás 11:00 horas, haberá unha andaina que sairá dende o centro de saúde Virxe Peregrina cun percorrido de 4,5 km.
Inscripcións na área sanitaria do centro, a través do código QR o neste link
Ás 11:00 horas
Centro de saúde Virxe Peregrina, Pontevedra
“Figuras do limiar”
13
Xoves/Abril
Concello de Pontevedra
Espectáculo de Danza: Figuras do Limiar de Javier Martín
O limiar refírese ao tránsito. O concepto de “cruzar o limiar”, tan característico dos ritos e cerimonias de paso, está presente en innumerables culturas desde a antigüidade e sempre implica un corpo en movemento nunha danza social convertida en acontecemento. O famoso arquetipo do “gardián do limiar” fai referencia a esas figuras que toman a forma dos nosos medos máis íntimos: custodian o limiar pero non para negarnos a entrada, senón para incitarnos a vivir o oportuno labirinto que fai posible a transformación. e, por tanto, o paso É necesario vestir as peles das bestas, habitar as máscaras. Vibra coa forma do monstro e encarna a diferenza.
Ás 20:30 horas
Pazo da Cultura, Pontevedra
“Acciones sencillas”
15
Sábado/Abril
Concello de Pontevedra
Espectáculo de Danza: Acciones sencillas de Jesús Rubio
Queres aprender a bailar: feixes, repites, buscas o ángulo, ás veces te enfocas na forma xa veces apóiasche no sentimento. Entón te perdes. Poste todo iso e non sabes realmente para que usalo, como che vai a servir. Viches uns corpos enchendo eses códigos, desafiándoos, con toda a súa forza e toda a súa historia e todo o seu cansazo e toda a súa plenitude. Sabes que están aí para todos, tamén son teus. Só tes que atopar o teu camiño. Con que os vas a encher? Onde empezar? En 2020 RNE outorga a Jesús Rubio Gamo o Premio Ollo Crítico na categoría de danza. O xurado destacou o seu enfoque artesanal da composición coreográfica, tanto en proxectos íntimos como na orquestración de grandes grupos, nos que consegue combinar a estrutura coa individualidade dos seus intérpretes. A súa obra Gran bolero gañou o Max a Mellor Espectáculo de Danza 2020. Accións Sinxelas foi nomeada á mellor coreografía nos Premios dá Crítica de Catalunya.
Ás 20:30 horas
Pazo da Cultura, Pontevedra
“DeMente”
16
Domingo/Abril
Concello de Pontevedra
Espectáculo de Danza: Demente de Fran Sieira
“Demente” é unha obra de danza e música tradicional galega para público adulto, cunha duración de 60 minutos. Conta cun elenco artístico de oito bailaríns e bailarinas, coa música do compositor e músico multidisciplinario Cristian Silva Bóveda. Todo iso desenvólvese nun marco escénico e cun vestiario deseñado por Carlos Alonso Alonso xunto co deseño de iluminación de Fidel Vázquez Díaz. Á parte de máis fisicalidad e estética contemporánea, preséntase a través dos ollos da bailarina e coreógrafa catalá Carla Diego Luque como directora artística. En “Demente” plasmaremos unha realidade, un estigma, patoloxías que segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS) padeceron, padecen ou sufrirán nalgún momento da súa vida, unha de cada catro persoas. O encarceramento práctico de “tolos” en épocas pasadas, o amontoamento de enfermos, as suxeicións mecánicas totais e parciais, así como as suxeicións químicas (antipsicóticos e outras drogas), os suicidios (“O tolo cando entraba no manicomio había que esperar a morte.”), a explotación dos enfermos, “os almacéns de carne humana”…
Ás 19:00 horas
Pazo da Cultura, Pontevedra
“Ponteandadas”
16
Domingo/Abril
Concello de Pontevedra
O Concello de Pontevedra organiza o circuito de Andainas PONTEANDADAS 2023 Chegadas as fechas publicaremos información individual de cada ruta…. as inscripcións xa están abertas a información para poder inscribirse pódese ver no cartel adxunto ……para calquera consulta podes chamar ao Telf. 625482636 de Naturgaliza club
Ás 10:00 horas
Miradoiro da Fracha, Pontevedra
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥