Estrobo

“O estrobo no tolete” 

28

Luns/Marzo

Ateneo de Pontevedra

Estrea do vídeo “O estrobo no tolete”, de Xaime Toxo, e presentación de fotografías de Juan de la Sota

 Interveñen: Xaime Toxo (escritor, presidente do Ateneo de Pontevedra) e Manolo Yáñez (realizador audiovisual) e Juan de la Sota (fotógrafo)

A proposta artística está financiada pola Deputación Provincial de Pontevedra.

O estrobo no tolete é una proposta audiovisual creativa e subxectiva onde se intenta a través de imaxes e textos vincular a permanencia da memoria e a arqueoloxía emocional do territorio.

Ademais da proxección do audiovisual de Xaime Toxo e Manolo Yáñez, o público asistente poderá disfrutar do material fotográfico presentado por Juan de la Sota.

Entrada libre ata completar o aforo

Ás  19:00 horas
Espacio Nemonón, Villa Pilar

“Unha cuestión de xénero” 

28

Luns/Marzo

Elas volven ser as protagonistas do noso ciclo de cine. Tres películas que dan voz a mulleres valentes, atrevidas e loitadoras, amosando diversos temas como a reivindicación de dereitos, o voto, a soidade ou o traballo digno. Un ciclo transversal que ten como eixo vertebrador o empoderamento das mulleres no mundo.

“Unha cuestión de xénero” Mimi Leder | Estados Unidos | 2018 | 210 min | TP

Biopic sobre a xuíza do Tribunal Supremo dos EE. UU. Ruth Bader Ginsburg, a segunda muller na historia (tras Sandra Day Ou’Connor) que serviu neste alto órgano xudicial. Ginsburg foi nomeada para o alto tribunal en 1993 polo Presidente Bill Clinton. Ruth, xunto ao seu marido o avogado Martin Ginsburg, cambiou o curso da historia cun singular caso sobre discriminación de xénero que abriu o camiño para a igualdade nos Tribunais.

Esta actividade enmárcase en CULTURA POR ALIMENTOS, unha iniciativa de Afundación en prol de FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos). 

O acceso será a cambio da entrega dalgún alimento non perecedoiro, que se poderá depositar no recinto, e irá destinado ao banco de alimentos local, mais previamente deberás reservar praza a través de Ataquilla.com sen ningún custo.

Reserva a túa entrada en Ataquilla.com! DE BALDE! 

Ás  19:30 horas
Sede da Afundación Pontevedra
Pablo Seoane

“O toque pechado”

28

Luns/Marzo

Como resultado a dous anos de duro traballo, o gaiteiro Pablo Seoane (Cacheiras, Teo) vén de publicar O toque pechado, un libro co que pretende axudar a tódolos músicos que desexen aprender ou mellorar esta técnica á hora de tocar a gaita de fol galega. No volume, presenta unha escolma de exercicios, así como 150 partituras de diferentes niveis de dificultade. Seoane presentará este libro o luns 28 de marzo na Casa das campás ás 19:30

Ás 19:30 horas
Casa das campás
As mulleres

“As mulleres que opinan son perigosas” 

29

Martes/Marzo

Presentación do libro “As mulleres que opinan son perigosas”.

Un libro promovido polas xornalistas Susana Pedreira e Diana López Varela recolle os quince relatorios da primeira edición do encontro ‘As mulleres que opinan son perigosas’, ademais de análises coas participantes daquel acto en 2018, que serviu para chamar a atención en todo o Estado sobre o escaso protagonismo que tiñan as mulleres nos medios de comunicación.

O libro congrega o primeiras quince relatorios da edición inicial en crónicas xornalísticas e inclúense tamén entrevistas con relatoras como a escritora Rosa Montero, a xornalista María Varela, Ana Bernal Triviño, Elisa Beni, Marta García Aller, Fernanda Tabarés, Inma López Silva, Lucía Taboada, Emma Gascó, Anita Botwin, Celia Blanco e Ana Pardo de Vera.

A obra repasa tamén as dúas mesas coloquio sobre maternidade e precariedade e Emma Gascó encárgase da ilustración desta publicación que será regalada ás persoas que asistan ao acto de presentación no Pazo Provincial o próximo 29 de marzo, ás 19.00 horas, do mesmo xeito que entre o público que acuda á edición deste ano do congreso.

Ás 19:00 horas
Salón de plenos da Deputación de Pontevedra
Naialma

“Naialma” 

29

Martes/Marzo

Presentación do disco e do libro de partituras “Naialma” de Alberto Vilas.

O pianista e profesor Alberto Vilas presenta o seu disco, libro que foi creado na etapa máis dura do confinamento, é o seu primeiro disco en solitario, recoñecido pola crítica como unha das obras máis delicadas e interesantes da escena do Jazz peninsular.

Ás 20:00 horas
Conservatorio Manuel Quiroga Pontevedra
Xeoestratexia

“Xeoestratexia e guerra: o conflito de Ucraína” 

30

Mércores/Marzo

O Ateneo de Pontevedra organiza unha mesa redonda:

“Xeoestratexia e guerra: o conflito de Ucraína”

 Relatores: Xoán Hermida González (licenciado en Historia, doutor en Ciencia Política e Socioloxía), Manuel Artime Omil (doutor en Filosofía), Juan José Guirado Fernández (arquitecto, membro da Dirección do PCG) e Julio Velasco (participante en movementos sociais e sindicais)

O obxectivo da mesa redonda é analizar as derivadas xeoestratéxicas que están na orixe do conflito bélico desatado por Rusia na Ucraína e as consecuencias políticas, económicas e sociais que se poderían derivar a nivel internacional.

A entrada é libre con acceso limitado por restricións Covid.

COLABORA: Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.

Ás  20:00 Horas
Casa das Campás
A compañeira

A compañeira”” 

30

Mércores/Marzo

A ilustradora Agustina Guerrero visita Cronopios o mércores 30 de marzo ás 19:00 h para presentar o seu último traballo A compañeira ( Lumen). Susana Pedreira de OndaCero faralle unha entrevista en directo na que poderá participar o público asistente. Agustina Guerrero, é tamén coñecida como A Volátil. Nada na pequena cidade arxentina de Chacabuco reside en Barcelona desde 2003. Tras traballar unha tempada como deseñadora gráfica, decidiu dedicarse á ilustración. En 2011 creou o seu blogue autobiográfico Diario de una Volátil, que alcanzou miles de seguidores en poucos meses e obtivo un éxito inmediato nas redes sociais. É a autora en solitario de sete libros, traducidos a varias linguas e que cultivaron gran éxito entre os seus lectores: Nina, diario dunha adolescente ( Montena, 2011), Diario dunha Volátil ( Lumen, 2014), Mamma mia! ( Lumen, 2015), *Érase unha vez a Volátil ( Lumen 2016), A calzón quitado ( Lumen, 2017), A viaxe ( Lumen, 2020) e, agora, A compañeira. 

Ás 19:00 horas
Librería Cronopios Pontevedra
Dalila Gonçalves

“Bulir” 

30

Mércores/Marzo

Este mércoles dia 30 ás 19h inauguramos a exposición da artista portuguesa Dalila Gonzálves que leva por titulo Bulir.

Do 30 de marzo ao 6 de Maio
Inauguración ás 19:00 horas
xenealoxía

“Xenealoxía dun intruso” 

31

Xoves/Marzo

O poeta Isaac Xubín visita a libraría para presentarnos o seu libro ‘Xenealoxía dun intruso” 

‘Xenealoxía dun intruso’ (Edit. Galaxia) fálanos dun poeta que é un intruso, introdúcese entre as cousas. Tradúceas a un idioma ignoto. Ese idioma tamén é para el alleo, nada propio lle pertence. Sente o seu país como unha paisaxe que interpretar, algo que soamente pode absorver do mesmo xeito que as metáfosas absorven e condensan o senso das verbas. O poeta leva tanto tempo a cruzar fronteiras que agora tamén é un intruso na súa casa, no seu país, na súa lingua.

Ás 19:30 horas
Libraría Paz
Remover Roma

“Remover Roma por Santiago” 

31

Xoves/Marzo

O edificio Castelao acollerá mañá xoves a presentación do libro ‘Remover Roma por Santiago’, no que Henrique Egea Lapina analiza os temores da Igrexa romana por que a Igrexa compostelá, unha vez obtidos e sostidos polo seu Apóstolo os dereitos de dignidade eclesiástica, asumise a cúspide e o privilexio de honra entre as Igrexas occidentais. Xunto ao seu autor estará no acto o presidente do Instituto Galego de Historia, Uxío-Breogán Diéguez Cequiel.
 Entrada libre ata completa o aforo
 19:30 h
 Edificio Castelao
Ás 19:30 horas
Edificio Castelao
sesións públicas

“Cultura” 

31

Xoves/Marzo

A Casa das Campás (Vicerreitoría do Campus Universitario de Pontevedra) acollerá durante os meses de marzo e abril cinco sesións públicas destinadas a presentar as conclusións das Mesas de Traballo ou Lab’s desenvolvidos no marco do programa Laboratorio da Infancia, impulsado pola Concellería de Educación con financiamento nun 80% polo Fondo Europeo Feder a través da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado (Edusi). Os foros, orientados a fomentar a participación pública no deseño da cidade do futuro para a nosa infancia.

Trátase de Mesas de Traballo compostas por grupos de profesionais expertos nas diversas áreas que, desde o pasado mes de novembro, mantiveron reunións no Pazo da Cultura para realizar o diagnóstico da situación do concello de Pontevedra e a súa infancia.
“Os asistentes poderán facer suxestións, comentarios ou achegas que poderán ser engadidas no deseño da estratexia final”.

De 19:00 a 21:30 horas 
Casa das campás. Pontevedra
Exposición Marin

“Xaquín Soneira” 

31

Xoves/Marzo

Inauguración da mostra de Xaquín Soneira no Museo Manuel Torres de Marín.

Organiza o Concello de Marín

Xoves ás 20:00 horas

Ruinas de Santo Domingo

“Ruínas de San Domingos” 

31

Xoves/Marzo

Achégase a primavera e iso significa que… Reabrimos as Ruínas de San Domingos! A partir do martes poderás visitar de novo o edificio máis antigo de todos os que forman parte deste museo. E se queres coñecer a súa historia, participa nas visitas guiadas que ofreceremos todos os xoves ás 12:00 h.

Xoves ás 12:00 horas
O electo

“O electo” 

31

Xoves/Marzo

O electo Pontevedra.  Autor: Ramón Mandaula Dirección e adaptación: Cándido Pazó Repartición: Fernando Coronado, Antonio Mourelos Produción: Contraproducións e FOCUS “Unha comedia sobre os efectos da política e as terapias psiquiátricas” A piques de dar o seu discurso de investidura, un recentemente elixido presidente de goberno enfróntase a un inesperado problema: un grotesco tic nervioso ameaza con arruinar tan solemne momento. Un psiquiatra acode para atendelo e iníciase unha divertida e incisiva batalla dialéctica entre os dous. Que esconde cada cal? Cales son as verdadeiras intencións dun e outro? Que feitos da nosa vida marcan o noso futuro e, sobre todo, a nosa vocación? 

MERCAR ENTRADAS

Ás 20:30 horas
Auditorio Sede Fundación Pontevedra

“Brave”

1

Venres/Abril

Brave 2012 90’ EEUU  Mark Andrews, Brenda Chapman, Steve Purcell

Merida, a indómita filla do Rey Fergus e da Raíña Elinor, é unha hábil seteira que decide romper cun antigo costume, que é sacra para os señores da terra: o xigantesco Lord MacGuffin, o malhumorado Lord Macintosh e o cascarrabias Lord Dingwall. As accións de Merida desencadean o caos e a furia no reino. Ademais, pide axuda a unha sabia anciá que lle concede un desexo moi desafortunado. A rapariga terá que afrontar grandes perigos antes de aprender que é a auténtica valentía. 

Ás 19:00 horas
Casa das campás
Marcha Nórdica

“Marcha Nórdica” 

1

Venres/Abril

Marcha nórdica Pontevedra sesións de iniciación

lugar illas das esculturas

Días 1,8 e 22 de abril

Horario de 16:30 a 18:30

Inscripcións info@marchanordicagalicia

tel 629 031 905

grupos reducidos 

De 16:30 a 18:30 horas
Illa das Esculturas
Exposición

“Maria Goretti Bello” 

1

Venres/Abril

Do 1 ao 23 de abril, a nosa Sala de Exposicións acollerá a Exposición de Vitrales de arte contemporánea de María Goretti Belo.Goretti xoga coa alegría. Xoga á alegría. Faino coa cor e ou divertimento dous materiais. Emprega óleo, lápis de cor, rotuladores, lenzos, papel, cartón, fotocopias de gran formato, todo ou que lle sexa acaído á preparación do que vai ser ou vitral.’ Laura Ríos.

Entrada libre Aforo limitado

Do 1 ao 23 de Abril
Salón nobre do Liceo Casino

 

Cuentos sin contar

“Los cuentos de cuenta sin contar” 

1

Venres/Abril

Este próximo vernes 1 de Abril, Abdoulaye Bilal Traoré Fall presentará na Fundación Cuña-Casasbellas, ás 19 horas, o libro de contos, “Los cuentos de Cuenta Sin Contar, cuentos de la flauta y el tambor”. Entre as súas liñas aparecen espazos onde personaxes máxicos, regalan grandes ensinanzas de vida.
Ana Corzo fará a presentación xunto con Miguel Ángel Cuña e o seu  editor Augusto Metztli.

Ás 19:00 horas
Sala Versus Fundación Cuña Casasbellas 
Fariña

“Fariña” 

1/2

Venres, Sábado/Abril

Fariña”  Nacho Carretero e Xosé A. Touriñán levan ao teatro Fariña, unha adaptación da exitosa obra de Carretero sobre a historia do narcotráfico en Galicia nas últimas décadas do pasado século. Dirixida por Tito Asorey, conta no seu elenco con Sergio Zearreta, Marta Lado, César Goldi e Graciela Carlos ademais de con o propio Touriñán. Fariña non permite ao espectador acomodarse na butaca. A unha impoñente descarga sucédena conversacións entre mozos e veciños dos pobos falando, comprando, consumindo e manexando con soltura o famoso Winston de batea. O fenómeno xa está en marcha. Todo cabe sobre un escenario que recolle un percorrido fiel por este escuro capítulo da historia de Galicia cun punto de vista único. Unha viaxe no tempo desde unha óptica próxima, real e familiar que provoca a reflexión no espectador ao saír do teatro.

Mercar entradas

Venres ás 20:00  Sábado ás 21:00
Fundación Abanca Pontevedra
Cando leo

“Cando leo” 

2

Sábado/Abril

A escritora Eva Mejuto e a ilustradora Bea Gregores presentan o álbum ilustrado ‘Cando leo‘ editado por Xerais no edificio Castelao do Museo de Pontevedra.
Actuación musical de Noite e Manu

‘Cando leo’ cóntanos que todo é posible cando nos poñemos a ler e nos deixamos levar polas páxinas dun libro. Todo é posible, sobre todo o imposible. Eva Mejuto e Bea Gregores unen os seus talentos creativos para render unha intensa e emotiva homenaxe á lectura e ao seu poder para transformar o mundo.

Ás 12:30 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
Embernallúas

“Embernallúas” 

2

Sábado/Abril

Relatorio arredor do libro de poemas:
Embernallúas
Autora: Eva Méndez Doroxo (artista multidisciplinar)
Interveñen: Rexina Vega (escritora, doutora en Filoloxía Románica), Xaime Toxo (escritor, presidente do Ateneo de Pontevedra) e Eva Méndez Doroxo
O Ateneo de Pontevedra organiza un relatorio arredor do libro de poemas Embernallúas, de Eva Méndez Doroxo, publicado por Editora Urutau.
Achega da autora:
Embernallúas é unha homenaxe ao rural e as nosas mulleres; as que habitaron e nos habitan no mapa cromosómico que conforma a nosa identidade.
O poemario nace con dous obxectivos principais, a denuncia da desertización do noso rural e darlles voz as mulleres dese rural que se resiste a súa extinción.
Nesta segunda edición gustaríame engadir unhas pequeñas chaves, que non son imprescindibles, mais poden axudar a unha relectura.
Gústame dar protagonismo aos poemas; creo que eles son a voz independente da poeta, creados para trasformarse polas e polos lectores nun outro universo, ás veces distinto ao que a poeta escribiu, e esa é a verdadeira maxia da poesía, a catarse que ocorre entre o texto e a lectora.
Estas achegas son a semente do nacemento do Embermallúas, gosto partillar contigo.
Transcrición dun dos poemas do libro Embernallúas:
Seime cadela de tetas baixas.
Ninfa morbosa de pedras veladas,
onde afundir o dente na noite
para afundir un momento que me fai eterno.
Vagas olladas polas formas,
lonxe e lonxe e, aínda alí, respira o
instinto salvaxe
de quen non pola porta.
Constrúeme dende o imaxinario.
Eu, o esquío silencioso,
pegado aos agarimos,
no fondo da cova na que tropezamos.
Ás 12:00 horas
Librería Metáfora (rúa de Paio Gómez Chariño, 9)
orquídeas

MasterClass Yano Yoro” 

2

Sábado/Abril

O sábado 2 de abril Yano Yoro impartirá unha master class de Orquídeas&Camelias no Granero Delmás.

Pintura oriental .Sumi-e taller realizado por Ya no Yoro chamar ao 619432721 o ao correo granerodelmas@gmail.con (para máis información) material incluido
Non esperédes máis e apuntádevos prazas limitadas
Galerias Oliva
Granero Delmás
Othello

“Othello” 

2

Sábado/Abril

Othello de Voadora

Obra de teatro contemporáneo. Hai no relato de William Shakespeare unha historia de encontro, na que unha muller europea e un home africano namoran. Con todo, contra o final do texto, ela morre asasinada por el. 
Othello é, ao mesmo tempo, vítima e verdugo. Sofre islamofobia e executa un feminicidio que nace dunha mentira. Unha mentira que, á súa vez, xorde da inseguridade e da crenza de entender, como propio, o que non se pode posuír. # BlackLivesMatter, # NiUnaMenos, #Posverdade e # FakeNews danse cita nunha historia escrita hai máis de 400 anos, pero que hoxe en día resulta próxima no tempo: en España, desde o ano 2013 morreron 1.053 mulleres asasinadas por violencia machista. Esta nova visión constrúese coa apertura do espazo íntimo, as conversas e accións do universo feminino a través dos personaxes de Desdémona, Emilia e Bianca. Utilizando a comedia como xeradora de discurso sobre a dor e a rabia, preguntámonos que podemos facer, desde o noso presente, para deter o tempo no relato. Xusto aquí: Non hai tempo, é tarde (estrangúlaa). Othello, acto VII. Deter o tempo e volver sobre os pasos da historia para entender como chegou ata ese punto. Detelo e propoñerlle ao público un debate ao redor da construción do xénero, a percepción dun-ha mesmo-a e as relacións, e a propia estrutura do sistema patriarcal.

Mercar entradas

Ás 20:30
Pazo da Cultura de Pontevedra
Ruta Chan da Gorita

Andaina”Chan da Gorita” 

3

Domingo/Abril

O vindeiro domingo 3 de abril ás 10 da mañá. imos descubrir as PIRÁMIDES GALEGAS! Imos facer un novo roteiro polo CHAN DA GORITA (os altos do monte de Sanxenxo) e ver as mámoas e os Cons,
Acompañarános e guiaranos, unha vez máis, Pepe Álvarez
Queremos seguir a coñecer as mámoas, que aínda que os nosos ancestros constuiron hai 6.000 anos no CHAN DA GORITA, moitas están aínda por descubrir. Intentaremos ver o mar desde o Con da Ventureira. Iremos abalar a pedra, a PEDRA CABALARIA, non a pedra de Muxía. E se temos tempo, á Fonte de San Xoán
O punto de encontro é no cruce do punto limpo de Sanxenxo (Padriñán).
O roteiro é guiado, de balde, ten unha duración aproximada de 3 horas e é apto para cativos. Recoméndase levar roupa de abrigo, calzado cómodo e auga, así como deixar o xantar feito.
Lembrade, nunca hai tempo malo, se a roupa é boa.
Convidamos a tódalas asociacións culturais da comarca a participar.
Non fai falla inscripción previa.
Umia

“Voando Vou:O Umia” 

3

Domingo/Abril

Día dá actividade: 3 de abril de 2022
Prazo de inscrición: Do 21 de marzo, ás 9 h ata o 31 de marzo, ás 15 h O Umia é un río fascinante que atravesa a provincia de Pontevedra desde Forcarei ata a ría de Arousa. Este corredor fluvial, protexido pola Rede Natura 2000 no seu último tramo, ábrese paso entre diversas paisaxes moi atractivos para as aves como o bosque de ribeira, onde se poden avistar paseriformes, aos que lles gustan as árbores de @sombrío: a curruca capirotada, o pinzón vulgar, o mito, o herrerillo… Ademais, o mosaico agrícola que o rodea, con sementas de cultivos heteroxéneos, atrae jilgueros, zorzales comúns, abubillas, andoriñas comúns e dáuricas, tórtolas europeas ou peneireiros vulgares. Augas abaixo discorre entre marismas e carrizales, vexetación estupenda para especies palustres como o rascón europeo, o carricero común, o voitirón, a lavandeira boyera ou o martín pescador común. Xa na desembocadura o río Umia achega o seu caudal ao rico Espazo Natural Umia-O Grove, creando un fermoso estuario influenciado polas mareas, idóneo para aves acuáticas como garzas, limícolas, gaivotas, patos e corvos mariños.

Inscrición

Do 21 de marzo, ás 9 h ata o 31 de marzo, ás 15 h
Individuas de dudosa moral

“Individuas de dudosa moral” 

21

Luns/Marzo

Día dá actividade: 8 de abril de 11:30 h a 20 h
Prazo de inscrición: Dende o 20 de marzo

Formulario de inscrición

Durante a ditadura as mulleres foron as principais receptoras de castigos de marcado carácter sexista coma a rapa do pelo, a tatuaxe da pel, a inxestión obrigada de aceite de rícino ou as agresións sexuais.

O réxime relegounas ao ámbito do fogar, desbotando os avances en dereitos que comezaran a adquirir na etapa republicana, e foron tratadas como menores de idade e a súa sexualidade foilles negada. A Sección Femenina de Falange e a Igrexa marcaron as pautas do que debía ser a súa vida íntima, que non tiña máis finalidade que satisfacer as necesidades do varón.

Para entender como ese adoutrinamento condicionou a vida das mulleres, o departamento de Memoria Histórica da Deputación organiza as xornadas Individuas de Dudosa Moral: a Sexualidade Feminina, outra Vítima da Represión Franquista, nas que se abordará esta temática desde unha perspectiva ampla.

A xornada iniciarase ás 11:30 horas. Após a inauguración oficial, impartirase a charla “A negación da sexualidade das mulleres: a Sección Feminina” que impartirá a historiadora María Victoria Martins, especialista no estudo da represión con perspectiva de xénero.

A continuación, terá lugar unha mesa redonda baixo o título “O Patronato de Protección a la Mujer: un cárcere para as descarreiradas”. A represiva institución franquista será abordada por dúas das mulleres que máis a estudaron. Por unha banda, a xinecóloga Enriqueta Barranco, que investigou concretamente o centro lucense Nuestra Señora de los Ojos Grandes. Por outra, a xornalista Llum Quiñonero, presidenta de Acción Ciudadana contra la Impunidad del Franquismo e probablemente a persoa que máis investigou o funcionamento do Patronato a nivel estatal.

A sesión da tarde abrirase coa mesa redonda “O roubo de bebés”, coa presenza de Soledad Luque, presidenta da asociación Todos los Niños Robados Son también mis Niños, e a avogada das vítimas agrupadas nela, Maite Parejo, penalista experta en dereitos humanos. Haberá tamén unha intervención por videoconferencia de Marga Rodríguez, cuxo irmán foi roubado dunha clínica galega o día que naceu. A xornada finalizará coa intervención de Nanina Santos, historiadora e feminista, que falará sobre a represión contra as mulleres lesbianas, e proxectarase o documental de Art al Quadrat Sacar a la luz.

8 de Abril de 11:30 a 20 horas
Salón de plenos da Deputación de Pontevedra
Antón Sobral

“A arte como terapia: A Mar” 

5

Sábado/Marzo

O sábado 5 de marzo, as seis inauguración da mostra “A arte como terapia: A Mar” de Antón Sobral no Centro Comercial Arousa” en Vilagarcia. A Presentación correrá a cargo de Antón Castro.

de luns a sábado de 11:30 a 13:30 e de 17:00 a 21:00

Do 5 de marzo ao 3 de abril

Do 5 de marzo ao 3 de abril
Centro Comercial Arousa
Exposición

“A complexidade do rectángulo” 

4

Venres/Febreiro

O 4 de febreiro a Vicerrectoría do Campus de Pontevedra en colaboración coa Facultade de Belas Artes de Pontevedra, inauguran a Exposicion “A complexidade do Rectángulo”.
Ata o 4 de Abril 2022
Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes. Facultade de Belas Artes
Postbabel

Postbabel. Ciudades Lámparas Animales ” 

18

Venres/Marzo

Espacio Nemonón

Exposición Postbabel. Ciudades Lámparas Animales

O profesor emérito da Universidade de Vigo Juan Fernando de Laiglesia presenta no espazo Nemonon a exposición Postbabel. Ciudades Lámparas Animales. Conformada por 22 pezas, a mostra concíbese como unha reflexión sobre cinco asentamentos humanos en diferentes épocas da historia da cultura.

A mostra pode visitarse ata o 13 de abril, de luns a venres de 12.00 a 14.30 e de de 19.00 a 21.00 horas, e o sábados de 12.00 a 14.00 horas.

Ás 11:00
Ata o 13 de Abril 2022
Exposición Mendoza

De Babiano Méndez-Núñez a Mendoza Babiano” 

12

Sábado/Marzo

Edificio Castelao

Nacer nunha familia da alta burguesía permitiulles a Carmen Babiano e as súas primas Carmen Sancho e Eugenia Méndez-Núñez recibir unha educación exquisita. Ademais de estudar francés e música, formáronse en pintura con Ramón Vives Ayné, un destacado artista catalán que chegou a Pontevedra en 1866 como profesor de debuxo do Instituto e que lles impartía clases particulares. Ao redor de 1873 realizou este retrato da súa alumna Carmen Babiano que poderedes ver, a partir do 24 de febreiro, na exposición ‘De Babiano Méndez-Núñez a Mendoza Babiano. Dúas xeracións de mulleres para a historia de Pontevedra’

Queres saber quen era Carmen Babiano e as súas fillas María e Concha Mendoza? Participa nas visitas teatralizadas que realizaremos todos os sábados á exposición ‘De Babiano Méndez-Núñez a Mendoza Babiano. Dúas xeracións de mulleres para a historia de Pontevedra’. Abrimos a inscrición!  

Todos os sábados desde o 26 de febreiro ata o 23 de abril

Ás 17:30 e ás 19:00 h

Inscricións en reservas.museo@depo.gal 

Do 26 de febreiro ata o 23 de abril

Museo de Pontevedra

Alba Troiteiro

“Popurrí” 

12

Sábado/Marzo

Estudo Matrioska presenta unha exposición de Alba Troiteiro. Segundo explica a artista, ” Popurrí é unha pequena retrospectiva dá miña obra dous últimos tres anos”. Trátase dunha mostra de catro proxectos que beben directamente da súa experiencia persoal ou contexto, sendo ese o lugar desde onde nace o seu traballo “para ou caso presente: as artes escénicas, un voluntariado Europeo en Sardeña e a afamada ‘distancia de seguridade’ que nos últimos tempos castrou unha parte importante de liberdades”. ” Meu traballo artístico é unha canle de comunicación entre emoción, corpo e mente”. “Gozo do transitar esta viaxe buscando a beleza e a poesía visual, traducindo ou onírico a unha realidade tanxible a través dá imaxinación”

Do 12 de marzo ata o 7 de maio
Estudo Matrioska, na rúa Estrada, número 6 de Pontevedra.
Exposición marea

“O noso planeta” 

15

Martes/Febreiro

En colaboración coa plataforma audiovisual Netflix, a Sede Afundación Pontevedra acolle do 15 de febreiro ao 28 de maio a exposición «O noso planeta», baseada na serie homónima da plataforma e coa participación de David Attenborough. Este traballo fotográfico tenta concienciar sobre a problemática á que se enfronta o planeta pola acción do home: plásticos, encoros, quecemento global, contaminación, etc. Mergullámonos na beleza natural do planeta Terra para reflexionar sobre o impacto da nosa actividade, así como sobre a necesidade inminente de incorporar a sustentabilidade á nosa forma de vida. Unha exposición con imaxes sorprendentes, elementos audiovisuais e interactivos, realidade virtual e unha mensaxe imprescindible.

Do 15 de febreiro ao 28 de maio
Obra social Abanca Pontevedra

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥