
“Incendios”
29
Luns/Maio
A programación da XIV Mostra Internacional de Teatro Universitario (Miteu) de Pontevedra ábrese coa representación da obra Incendios, da Aula de Teatro Universitaria do Campus de Vigo. Dirixida por Casilda Alfaro e Sonia Rúa, trátase dunha obra escrita por Wajdi Mouawad, que presenta tres incendios vitais que reflicten as inquedanzas e inseguridades que conviven no seo dunha familia. A mostra será inaugurada pola vicerreitora do campus, Eva María Lantarón.
Entrada libre ata completar a capacidade da sala
Ás 21:00 horas
Teatro principal, Pontevedra

“Festival de artes escénicas”
30
Martes/Maio
Comeza unha nova edición do Festival de Artes Escénicas Special Olympics. O 30 de maio, na Sede Afundación de Pontevedra, coa representación a cargo da Fundación Adcor de A volta ao mundo en 80 días.
RESUMEN: Willy Fog, cabaleiro inglés, fai unha aposta co Sr Sullivan que é quen de dar a volta ao mundo en 80 días. Comeza o seu percorrido por París visitando diferentes países e coñecendo os seus bailes máis típicos. ¿Daralle tempo a chegar a Londres antes de que remate o prazo?
EVENTO GRATUITO, Reservar entradas
Ás 18:00 horas
Auditorio da Sede Afundación, Pontevedra

“Sing in english”
30
Martes/Maio
O martes 30 de maio de 18:30 a 19:30 h. ven á ‘xornada de portas abertas’ e disfruta Sing in English!
Ás 18:30 horas
Liceo casino Pontevedra

“Contrapuntos”
30
Martes/Maio
O Museo de Pontevedra conmemorará o Día de recordo e homenaxe ás vítimas do exilio con ‘Contrapuntos’, unha proposta que nos achega á música de Salvador Bacarisse, compositor exiliado en París en 1939, a través dun concerto a cargo da arpista viguesa Alba Barreiro e unha conversación con Salvador Bacarisse Cadrado, fillo do compositor.
Ás 19:00 horas
Edificio Castelao, Museo de Pontevedra

“Toute une nuit”
30
Martes/Maio
Proxección da película “Toute une nuit” un filme no que trazando un percorrido por unha vintena de romances fortuítos, Chantal Akerman mergúllase na noite bruxelesa para explorar a aceptación e o rexeitamento amoroso. Coa intención de compoñer unha experiencia física máis que narrativa, Akerman prescinde practicamente do son e apoia a súa técnica en longas e distendidas tomas que mostran como unha serie de corpos se funden nunha noite de verán.
Ás 20:30 horas
Teatro principal Pontevedra

“Alberto Datas”
31
Mércores/Maio
Próximo mércores 31, o Consello da Cultura Galega convídavos a esta mesa redonda de reflexión en Pontevedra, para achegarnos á figura do pintor Alberto Datas, con Xavier Seoane, Marisa Marimón e Alberto Ruiz de Samaniego. Coordinado por Paula Cabaleiro
Ás 19:00 horas
Casa das campás Pontevedra

“No hay más verso que la piel”
31
Mércores/Maio
Presentación do libro ” No hay más verso que la piel” poemas de Rodrigo Rey Falero, fotografías de Rocío Barreiro
Ás 19:30 horas
Metáfora librería Pontevedra

“O mundo como vontade”
31
Mércores/Maio
Representación da obra O mundo como vontade, do grupo Cordelia da Aula de Teatro Universitaria de Ourense. Trátase dunha montaxe realizada por Fina Calleja a partir de textos de varios autores, que se presenta como unha “peza sobre a orde e a desorde das cousas e sobre a maneira que temos de percibilas”.
Entrada libre ata completar a capacidade da sala
Ás 21:00 horas
Teatro principal, Pontevedra

“Patrimonio en tempos de guerra…”
1
Xoves/Xuño
Arturo Colorado Castellary, catedrático e profesor emérito de Arte e Comunicación da Universidade Complutense de Madrid, pronunciará a conferencia ‘Patrimonio en tempos de guerra e posguerra. Incautacións e diáspora’. Nela analizará dous períodos claramente diferenciados: a política republicana de incautación de obras de arte e as accións realizadas polo franquismo cos milleiros de obras salvadas pola República. Colorado analizará a creación por parte do Goberno da República da Xunta do Tesouro Artístico e o seu labor de incautación, recollida e depósito en grandes almacéns de miles de obras. #Ante a gravidade dos bombardeos franquistas e dos seus aliados, as máis importantes destas obras foron evacuadas a Valencia, despois a Barcelona e norte de Cataluña, para finalmente, e grazas á intervención internacional, chegar ata Xenebra.
Ás 19:00 horas
Edificio Castelao, Museo de Pontevedra

“Análise de resultados”
1
Xoves/Xuño
O Ateneo de pontevedra organiza a mesa redonda titulada Análise dos resultados das Eleccións Municipais e Autonómicas. O acto, convertido xa nun referente na cidade de Pontevedra, reunirá o vindeiro xoves 1 de xuño, ás 20:15 horas, no Paraninfo do IES Valle Inclán, a varios membros da Área de Ciencia Política e da Administración/ Equipo de Investigacións Políticas da Universidade de Santiago de Compostela (USC), expertos en materia electoral.
Ás 20:15 horas
Paraninfo do IES Valle Inclán, Pontevedra

“Orquesta Sinfónica de Galicia”
1
Xoves/Xuño
Concerto da Orquesta sinfónica de Galicia en colaboración coa Sociedade Filarmónica de Pontevedra Directora: Catherine Larsen-Maguire
Solistas: Lucas y Arthur Jussen (dúo de pianos)
Programa: VAUGHAN WILLIAMS, Las avispas (obertura) ROUKENS In unison (estreno en España) ELGAR Variaciones para orquesta sobre un tema original, op. 36 (“Enigma”).
Ás 20:30 horas
Auditorio da Sede Afundación, Pontevedra

“Intermitencias”
1
Xoves/Xuño
Representación da obra Intermitencias, da Aula de Teatro do campus de Pontevedra. Dirixida por Salvador del Río, trátase dunha obra que combina os relatos dos nove actores e actrices participantes cunha serie de escenas relacionadas co universo teatral, que permiten amosar “a desesperación de dous figurantes que agardan polo seu Godot particular, reflexionar sobre se podemos facerlle un xuízo a unha personaxe mítica como Medea ou preguntarnos como lles foi a Helena e Menelao despois de Troia”.
Entrada libre ata completar a capacidade da sala
Ás 21:00 horas
Teatro principal, Pontevedra

“O muiño e a cruz”
2
Venres/Maio
A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a proxección de O muíño e a cruz (2011), de Lech Majewski, nunha nova sesión do ciclo de cinema Expediente alquimia. A película inspírase en óbraa “Cristo cargando a cruz” do pintor flamenco Pieter Brueghel “o Vello”. Elixíronse doce personaxes do cadro e as súas historias combináronse cos avatares da creación da tea. Majewski pintou os decorados e utilizouse o último en técnicas dixitais para incorporar aos actores ao mundo de Brueghel.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Ás 19:00 horas
Casa das Campás Pontevedra

“O caderno de Rama”
2
Venres/Xuño
O venres 2 de xuño Anxo con X presentará o seu libro gañador do IV Premio O Garaxe Hermético.
O autor estará acompañado por Kiko Dasilva, director do garaxe hermético e Ana Vila, responsable de Xerais
Ás 19:30 horas
Libraría Paz Pontevedra

“Seguí allí escuchando a través de la puerta…”
2
Venres/Xuño
Librería Escolma
Transforma Editores presenta, o libro “Seguí allí escuchando a través de la puerta hasta que se hizo el silencio” de Manuel Janeiro do que o escritor e crítico literario Xosé Carlos Caneiro dixo que é “Pura música. É difícil escribir unha obra tan redonda. Non é poesía, tampouco autobiografía, nin novela, nin moito menos un ensaio. Con todo, como dicilo, é todo á vez.” e o xornalista Fernando Franco: “unha admirable beleza formal, sinxeleza e ao tempo riqueza descritiva, tanta sensibilidade como esforzo introspectivo e biográfico ou sinceridade descarnada. Máis que un gran libro.” A presentación correrá a cargo de Santiago Valdés, Vogal do Ateneo de Pontevedra e Secretario da Coral Polifónica de Pontevedra e de Rosa Pascual, catedrática de historia.
Ás 19:30 horas
Librería ESCOLMA, Rúa García Camba, 11 Pontevedra

“Diversidad creativa”
2
Venres/Xuño
Liceo Casino
Do 2 ao 16 de xuño, baixo o título “Diversidad Creativa” Jaime Armenteros presenta a súa obra na Sala de Exposicións do Liceo Casino de Pontevedra
A inauguración terá lugar o venres 2 de xuño ás 19:00 h.
Ás 19:00 horas
Liceo casino Pontevedra

“Ritos”
2
Venres/Xuño
Fundación Cuña-Casasbellas
Inauguración ás 20:00 horas da Exposición plástica “Ritos”, da artista Ana Costas. A Exposición permanecerá aberta diariamente ao público, de luns a venres, ata o 23 de xuño.
Do 2 ao 23 de Xuño 2023
Fundación Cuña Casasbellas Pontevedra

“50 anos do día da Muiñeira”
2
Venres/Xuño
O Venres 2 de Xuño polo 50 aniversario do día da muñeira,
11:00 Concentración dos grupos na praza do Teucro
19:30 Desfile dos grupos na praza do Teucro
20:00 Celebración do 50 día da Muiñeira na Avda de Montero Rios
Ás 20:00 horas
Avenida de Montero Ríos, Pontevedra

“N.E.V.E.R.M.O.R.E.”
2
Venres/Xuño
Pazo da cultura, Pontevedra
Coprodución de Chévere e o Centro Dramático Nacional-Teatro María Guerrero estreada en setembro de 2021, esta obra é unha viaxe emocional e documental á catástrofe do Prestige.
N.E.V.E.R.M.O.R.E. é a resposta indescifrable que o corvo do poema de Poe dá unha e outra vez ás preguntas dun home que perdeu o que máis quería. N.E.V.E.R.M.O.R.E. podería ser un S.O.S. emitido á desesperada no código internacional de sinais marítimos. Ou o acrónimo dunha gran corporación que sabe que hai sitios con xente que se poden sacrificar para que todo siga funcionando como ata agora. Ou simplemente un aviso do que estaba por vir.
Primeira actividade paralela da exposición SEMPRE MÁIS. ARTE, ECOLOXÍA e PROTESTA na Galiza do Prestige
Ás 20:30 horas
Pazo da Cultura, Pontevedra

“Poética del rock”
3
Sábado/Xuño
Sábado 3 de xuño presentan na libraría @susanarbarcia e @boscohill


Ás 12:30 horas
Libraría Paz Pontevedra

“Sete Falares”
3,11
Sábado, domingo/Xuño
Encontro internacional de contadores de historias.
Do sábado 3 ao domingo 11 de xuño na igrexa de Santa Clara
A entrada é libre ata completar o aforo.
Ás horas
Igrexa de Santa Clara, Pontevedra

“Sétima mostra colectiva”
27
Sábado/Maio
Mostra, na Facultade de Belas Artes, que ten como fío condutor a importancia outorgada á cor en todas as obras. Coordinada polo colectivo de estudantes Refugallo, esta exposición reúne as creacións de 16 alumnos e alumnas, entre as que poden atoparse diferentes traballos pictóricos, pero tamén pezas escultóricas, gravados ou debuxos.
“É unha proposta que busca ser multidisciplinar e percorrer os matices e as emocións da cor a través de traballos moi diferentes que se complementan”, sinalan desde Refugallo respecto da que é a sétima e última mostra colectiva promovida no presente curso en O Abrigo. Ata o venres 2 de xuño poderá visitarse neste espazo unha exposición que reúne as obras de Ana de Juana González, Ainoa Simons, Laura David Cavidades, Cristina Souto, Lili Algo, Sara Marín, Alexia Domínguez, Martinna Migliarini, Marta Suárez, Laura Carnero, Taro, Paula Romero, María Paulina Petz, Candela Eira, Paloma Musso e Bruno Castro.
Ata o 2 de xuño 2023
O abrigo, Facultade de Belas Artes Pontevedra

“Javier Pereira”
27
Sábado/Maio
Exposición de Javier Pereira “Más allá” comisariada por Antón Sobral e Antón Castro
Inauguración o 27 de maio ás 19:00 horas
D 27 de maio ao 30 de xuño 2023
Granero Delmás, Galerias Oliva nº 15- 2 bis Pontevedra

“Exposición de 18 artistas”
22
Luns/Maio
Este luns 22 de maio ás 20.00 horas inaugurase no Centro Asociado da UNED en Monte Porreiro unha exposición con obras de 18 artistas pertencentes á Asociación Artístico-Cultural de Pontevedra.
Ao acto acudirán María del Carmen Gago Florenti, presidenta do colectivo artístico, e Rafael Cotelo, coordinador de Extensión Universitaria e Actividades Culturais da UNED de Pontevedra.
As obras ofrecen unha variada temática e tamén diversos estilos pictóricos, dentro da variedade que ofrecen os autores: Cajete, Ángeles Fondevila, Carmen Álvaro, Carmen Gago, Carmen Martín, Dalia Ponte, Elena Fernández de Dios, Eulogio Tordesillas, Isabel Leyes, Laureano Troitiño, Lola Couto, María José Pérez, María Teresa Calvo, María del Carmen Payo, Mauricio Rodríguez, Pili Soliño, Violeta Tasende e Zsuzsi Kan.
Do 22 de maio ao 12 de xuño
Instalacións da UNED Pontevedra

“Mercedes Nieto”
22
Luns/Maio
O luns 22 de maio ás 19:30 h inauguración da ‘Exposición Pictórica’ de Mercedes Nieto
A mostra permanecerá exposta na Sala de exposicións do Liceo Casino Pontevedra ata o 31 de maio. Entrada libre Aforo limitado
Do 22 o 31 de maio
Liceo Casino Pontevedra

“Narrativas Gráficas…”
19
Venres/Maio
Este venres 19 de maio ás 12.30 h inaugúrase a mostra “Narrativas gráficas e unha animación desesperada”, que poderá verse na Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes ata o 29 de xuño.
Con obras de Alberto Vázquez, Brais Rodríguez, Jano, José Domingo, Julia Lago, Kiko Da Silva, Martín Romero, Miguel Cuba, Miguel Porto e Miriam Iglesias.
Do 19 de maio ata o 29 de xuño 2023
Sala Universitaria Manuel Moldes na Facultade de Belas Artes Pontevedra

“Susana Bermejo”
19
Venres/Maio
Exposición “Multiversos (tangentes)” de Susana Bermejo
Entrada libre
Do 19 de maio ao 16 de xuño
Rúa Rosalia de Castro 32 Pontevedra

“Carmen Domínguez. De cor a cor”
11
Xoves/Maio
“A maternidade e a pintura son os piares fundamentais da miña vida; son dúas formas de creación moi distintas e moi iguais ao mesmo tempo”. Estas palabras de Carmen Domínguez son moi acaídas nunha xornada na que celebramos o Día da Nai e anunciamos a nosa próxima exposición: ‘Carmen Domínguez. De cor a cor’. Nela reivindicamos á artista pontevedresa e a súa busca infatigable da expresividade a través da forma e a cor. A mostra, comisariada polo seu fillo Kike Ortega, abre o xoves 11 de maio ás 19:30 e poderá visitarse ata o 3 de xullo.
A cita está tomada dunha entrevista no Diario de Pontevedra en 2011, recollida no catálogo da exposición por Ramón Rozas.
Do 11 de maio ao 3 de xullo
Museo de Pontevedra

“Emocións en perigo”
3
Mércores/Maio
EMOCIÓNS EN PERIGO
O seu obxectivo principal é romper as barreiras que parecen erguerse entre os seres humanos e a natureza, a través de sorprendentes retratos de animais nos que a súa personalidade é a protagonista. O fotógrafo Tim Flach baséase en estudos científicos recentes que demostran que fomentar a empatía cos animais e enfatizar a emoción é o camiño máis curto cara á conciencia sostible.
Do 3 de Maio ao 8 de xullo
Café Moderno, Pontevedra

“Ruínas de San Domingos”
30
Martes/Maio
Achégase a primavera e con ela a reapertura das ruínas de San Domingos, o primeiro e máis antigo dos edificios que forman o noso Museo. Abrirá as portas o 1 de abril, xusto co comezo da Semana Santa.
De martes a sábado: de 10 h a 14 h e de 16 h a 19:30 h.
Domingos e festivos: de 11 h a 14 h
Entrada gratuíta
Dende o 1 de abril 2023
Avda Montero Ríos, Pontevedra
Xa podes anotarte

“A escritora na súa terra”
10
Sábado/Xuño
Homenaxe O/A Escritor/a na súa Terra, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chega este ano á súa XXIX edición, recaendo na figura de Fina Casalderrey, que será homenaxeada en Pontevedra o 10 de xuño de 2023.
PROGRAMA PREVISTO DE ACTOS
11:30 h. Descubrimento do monólito conmemorativo e plantación da árbore da autora, un acivro. Na Ponte da Palabra (Pontevedra). Acceso libre para todo o público.
Intervencións de: Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, Presidencia da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias, Fina Casalderrey.
12:30 h. Acto de entrega da “Letra E”. No Teatro Principal. Acceso libre para todo o público, até completar capacidade do espazo.
Interveñen: Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, Lectura da concesión, pola AELG. Presidencia da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias. Laudatio da autora, por Montse Pena Presas. Entrega da peza escultórica.
– Intervención de Fina Casalderrey. Resposta á laudatio por parte da autora.
14:30 h. Xantar de confraternidade posterior no Liceo Casino de Pontevedra
Aberto a todas as persoas interesadas (obrigatoria a inscrición previa en oficina@aelg.org até o 5 de xuño).
10 de Xuño
Pontevedra
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥