“Taller de nutrición”
29
Luns/Setembro
Pontebrújula
Taller de nutrición con María López Fernández, diplomada en Nutrición Humana e Dietética (GA00028),
Espazo de descubrimento: “Alimentación e Emocións: Claves para unha Relación Saudable coa Comida” Veremos: Por que comemos como comemos Como inflúen as nosas emocións nas nosas decisións alimentarias Ferramentas reais para coidarte sen castigos nin esixencias Non falamos de dietas, falamos de ti. De aprender a escoitarte, respectarte e alimentarte con amor.
Prezo 15€ non socias | 10€ socias
Reserva en: hola@pontebrujula.com Prazas limitadas
Ás 19:30 horas
Pontebrújula, rúa Michelena, Pontevedra
“Kikujiro”
30
Martes/Setembro
Cineclube
O VERÁN DE KIKUJIRO
Kikujiro no natsu, Takeshi Kitano, 1999, 120 min., VOSE. Lingua orixinal: xaponés
Masao é un neno de nove anos ao que lle toca pasar as vacacións de verán coa súa avoa, que non para de traballar. Aburrido, xa que todos os seus amigos marchan de vacacións, decide ir á procura da súa nai, á que nunca viu, malia ter moi poucos cartos e só unha foto e un enderezo como referencia. Unha amiga da súa avoa proponlle que o acompañe o seu marido, Kikujiro, un antigo yakuza reformado que non parece a compañía máis recomendable para un neno.
O verán de Kikujiro é unha road movie cómica e sentimental, con gags dignos de Chaplin e Tati. Protagonizada polo propio Takeshi, estivo nominada á Palma de Ouro no Festival de Cannes en 1999, e foi galardoada na Seminci co premio ao Mellor Actor e o Fipresci.
Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra
“Bordado ao aire”
1
Mércores/Outubro
Curso de bordado ao aire, a formación comeza o 1 de outubro. Todos os mércores de 16:30 a 18:30 horas no centro su, antiga ONCE.
Prezo 15 euros de inscrición + 17 euros cota mensual. Duración 3 meses
De 16:30 a 18:30 horas
Centro sur, Pontevedra
“Con barqueira e remador”
1
Mércores/Outubro
Consellería de Cultura
Recital poético no marco do obradoiro Internacional de Tradución Poética Con barqueira e remador.
No obradoiro desta edición participarán seis poetas e tradutores: Louis de Paor en irlandés, Halyna Kruk en ucraíno, a india Resham Ramesh en canarés, Veronika Dintinjana en esloveno, o Antonio Andreu Sanz en aragonés e Oriana Méndez en galego.
Este recital poético permitirá dar a coñecer os resultados dos traballos de tradución desenvolvidos na Illa de Simón durante esta semana.
Ás 19:30 horas
Libraría Metáfora, Pontevedra
“The party e Intruso”
1
Mércores/Outubro
Fundación Cuña Casasbellas
No marco da programación de cine da Fundación Cuña-Casasbellas. Fabulario Novo-Hipofanías, para o ano 2025, celebrase o Ciclo cinematográfico “Outras terras, outros ámbitos, 2”, cuxa segunda sesión terá lugar este mércores, 24 de setembro, ás 20:00h, coa proxección do Film: Miercoles 24 septiembre 20:00h: Balzac y la joven costurera c hina, de Dai Sijie // Miércoles, 1 octubre, 20:00h: film: The party, de Sally Portes y el cortometraje “Crédito”, de Alex Escudero.
Ás 20:15 horas
Fundación Cuña Casasbellas, Pontevedra
“Os veciños do lado”
1
Mércores/Outubro
Fauna 13
Teatro de Barrio, unha iniciativa centrada na promoción das artes escénicas feitas na cidade.
“Os veciños do lado” de Fauna 13
María e Pedro son unha parella convencional que recibe a visita dos seus novos veciños: Rosa e Ignacio. O que en princípio parece unha cea de cortesía entre descoñecidos deparará un encontro disparatado de dobres intencións e segredos inconfesables, ou é que seica non todos temos algo que ocultar?
Ás 20:30 horas
Teatro Principal, Pontevedra
“Porco Rosso”
2
Xoves/Outubro
Cineclube Belas Artes
Comezamos o ciclo este xoves 2 ás 19:00 con Porco Rosso, un filme de 1992 dirixido por Hayao Miyazaki.
Período de entreguerras. Porco é un porco aviador que frustra todos os actos de piratería perpetrados polos piratas aéreos do Adriático. Estes, decididos a acabar co valente e hábil aviador, póñense de acordo para contratar a un aventureiro americano cuxa misión será eliminalo
Ás 19:00 horas
Salón de actos da Facultade, Pontevedra
“II Congreso internacional de Creatividade”
2,3
Xoves, venres/Outubro
Campus Crea
Campus Crea promove os días 2 e 3 de outubro o II Congreso Internacional de Creatividade, coa colaboración da Deputación de Pontevedra e Creatividade Galega. No seu programa combínanse as conferencias de especialistas académicos e profesionais coa presentación de investigacións que conectan a creatividade coa arte, a comunicación, o deseño e a educación.
Ás 09:30 horas
Casa das Campás, Pontevedra
“Historias do barrio da Seca”
2
Xoves/Outubro
Mesa Valdecorvos
Exposición e palestra “Historia do barrio da Seca“, da man do editor e escritor, Enrique Acuña. Nesta palestra realizarase unha explicación do barrio da Seca (dende Santa Margarida ata Santa Clara), dende a súa vida tradicional ata a súa transformación, repasando historias dende as lavandeiras anónimas ata as personaxes públicas que deron forma a esta parte da cidade.
Para asistir é preciso inscribirse na seguinte ligazón: https://apuntate.pontevedra.gal/historias-do-barrio-da-seca/
Ás 20:00 horas
Aula Anexa do Edificio da Cruz Vermella, Pontevedra
“Prescripción facultativa”
2
Xoves/Outubro
Amileños
Teatro de Barrio, unha iniciativa centrada na promoción das artes escénicas feitas na cidade.
“Prescripción facultativa” de Amileños
Nunha familia a matriarca manipula a tod@s, algún dos fill@s urden un plan xa que non soportan máis a tiranía da sua nai, e casi de súpeto a sua nai cambia radical mente, ainda que con efectos secundarios.
Ás 20:30 horas
Teatro Principal, Pontevedra
“Cata de viños Portugueses”
2
Xoves/Outubro
Mímate
En outubro viaxamos polo mundo a través dos viños.
𝗖𝗔𝗧𝗔 𝗗𝗘 𝗩𝗜𝗡𝗢𝗦 𝗣𝗢𝗥𝗧𝗨𝗚𝗨𝗘𝗦𝗘𝗦
25€/persoa. Importante facer a reserva antes do día do evento. Prazas limitadas. Para facer a reserva: Na propia tenda. 685 487 498. Por privado. Que inclúe: Cata de viños portugueses e Maridaxe. Non te quedes sen praza que voan!
Ás 20:30 horas
Mímate, rúa Real 13, Pontevedra
“WordCamp”
3,5
Venres a domingo/Outubro
WordCamp Galicia é a primeira WordCamp de Galicia que, como unha boa xuntanza, reúne a todos os grupos locais de WordPress: A Coruña, Ferrolterra, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo nun evento de tres días.
Unha WordCamp é un lugar de encontro aberto se queres impulsar o teu proxecto, escalar o teu negocio, conectar con novos contactos, inspirarte, refrescar os teus coñecementos, descubrir novas ferramentas, recargar enerxías e comer e beber como fan en Galicia.
E todo, por suposto, co apoio, o sustento e o respaldo da nosa tecnoloxía insignia de código aberto: WordPress.
Ás 09:00 horas
Facultade de Comunicación, Pontevedra
“Fernando Carballa”
3
Venres/Outubro
Deputación de Pontevedra
Inauguración da exposición “Mundos deconstruidos” de Fernando Carballa
Fernando Carballa, quen ten traballado diversas técnicas como a pintura, o collage, a fotografía, o gravado, a cerámica ou o fotopolímero, achéganos unha proposta artística na que o debuxo abandona a súa función preparatoria e subalterna para adquirir entidade propia e elevarse á categoría de obra de arte. Carentes de artificios, o seus debuxos rexistran o trazo do artista, o seu pulso, e son a substancia do que acontece.
Do 3 ao 19 de Outubro
Palacete das Mendoza, Pontevedra
“Feliz aniversario”
3
Venres/Outubro
Teatro Xenio
Teatro de Barrio, unha iniciativa centrada na promoción das artes escénicas feitas na cidade.
“Feliz aniversario” de Teatro Xenio
Comedia de enredo. Unha familia, un aniversario, plans paralelos incompatibles, o champán está servido. ¡A vivir!
Ás 20:30 horas
Teatro Principal, Pontevedra
“Las amargas lágrimas de Petra Von Kant”
3
Venres/Outubro
Afundación
LAS AMARGAS LÁGRIMAS DE PETRA VON KANTde Rainer Werner Fassbinder. 95 Min I castelán I 18 NRM. DIRECCIÓN: Rakel Camacho
ELENCO: Ana Torrent; Aura Garrido; Julia Monje; María Luisa San José; Maribel Vitar
PRODUCCIÓN: Pentación Espectáculos e Nave 10 Matadero
«Estilizado retrato do desamor romántico nun universo puramente feminino»
Petra von Kant, unha deseñadora de éxito que acaba de separarse do seu segundo marido, vive coa súa secretaria Marlene, unha asistente e case unha escrava. Cando unha das súas mellores amigas lle presenta a Karin, unha moza oportunista de orixes humildes, Petra namórase perdidamente dela e promételle convertela nunha modelo internacional. As dúas mulleres comezan entón unha tormentosa relación.
Ás 20:30 horas
Auditorio Sede AFundación, Pontevedra
“Taller de acuarela bordada”
4
Sábado/Outubro
Tangram
De 11:00 a 13:00 horas
Galería Tangram, rúa Rosalía de Castro 32, Pontevedra
“Mercar produto fresco e de tempada”
4
Sábado/Outubro
O Mercado
De que nos falará neste encontro? Anotade!
Espiñas, anisakis, microplásticos, mercurio… é realmente seguro o peixe?
Como entender as etiquetas do peixe. Trazabilidade.
Se queredes asistir só tedes que enviar un correo-e a: conxeitopontevedra@gmail.com indicando o voso nome completo e un número de teléfono de contacto.
Ás 11:30 horas
Primeiro andar do Mercado de Pontevedra
“Gemma Ruiz & Jon Bilbao”
4
Sábado/Outubro
Libraría Paz
Ás 12:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
“Berta Lima Milla”
4
Sábado/Outubro
Liceo Casino
Do 4 ao 20 de Outubro 2025
Liceo Casino, Pontevedra
“Taller de pintura”
4
Sábado/Outubro
Taller de Pintura en Madeira Tema: Paisaxe en tons verdes e azuis
Duración: de 16:30 a 19:30 Nivel: Apto para principiantes e intermedios
Obxectivos do taller • Aprender a preparar a superficie de madeira para pintar. • Experimentar con acrílicos en paleta reducida (verdes e azuis). • Practicar mestura de cores, degradados e atmosferas. • Crear unha paisaxe fresca e harmoniosa con efecto de profundidade.
Prezo: 37 € Material incluído
Reserva a túa praza no 699 222 899
De 16:30 a 19:30 horas
Tía Xuana, rúa San Xulián 1, Pontevedra
“Seis días corrientes”
4
Sábado/Outubro
Concello de Pontevedra
Comezamos as previas dos Feroz 2026 ao grande
Celebraremos un ciclo de proxeccións titulado ‘A comedia segundo os Feroz’, composto por diferentes cintas gañadoras e nomeadas ao premio Feroz a mellor película de comedia: “Seis días corrientes” , 2021, 85 min, Neus Ballús.
- As entradas a todas as sesións son gratuítas previa retirada de localidades na oficina de Turismo da Praza de España de Pontevedra, desde sete días antes de cada actividade e ata completar o aforo. Máximo 4 entradas por persoa.
Ás 18:30 horas
Teatro Principal, Pontevedra
“Eva García Herrero”
4
Sábado/Outubro
Inauguración da exposición da artista Eva Garcia Herrero , “Rito de paso.”
Trátase dun proxecto fotográfico que xorde do arquivo visual e textual xerado ao longo de varios anos por Eva. Inicialmente materializado en formato de fotolibro —onde imaxes analóxicas e reflexións escritas conversan construíndo unha narrativa do mundo emocional interior—, este é presentado agora habitando o plano expositivo.
Sábado 4 ás 19:30 horas
Do 4 de outubro ao 4 de novembro
Rúa da Barca 14, Pontevedra
“Tamara”
4
Sábado/Outubro
Afundación
Tamara, a Raíña dos Boleros celebra 25 anos de música cunha xira espectacular e o seu espectáculo Piano e Voz. Un formato íntimo onde presentará os seus novos temas e lembrará os seus grandes éxitos, versións moi especiais e sorpresas que non che podes perder.
Única no seu estilo, Tamara cumpre 25 anos cunha nova xira e cun formato íntimo no que conecta co público de unha forma próxima e emocionante. En “Piano e voz” Tamara interpreta os seus grandes éxitos poñendo o protagonismo na súa voz sobrecolledora, sen artificios, acompañada unicamente de o seu inseparable piano. Tamén haberá espazo para versións moi especiais como as que acaba de estrear en homenaxe a Manuel Alejandro e Rocío Jurado e presentará en directo algún dos seus novos temas estreados para esta xira dentro do seu novo álbum de aniversario. Unha posta en escena impecable, envolvente e que atravesa ao espectador dende os primeiros acordes.
Ás 20:30 horas
Auditorio Sede AFundación, Pontevedra
“Marcha contra o cancro”
5
Domingo/Outubro
Ás 10:30 horas
Praza de España, Pontevedra
“Competencia oficial”
5
Domingo/Outubro
Concello de Pontevedra
Comezamos as previas dos Feroz 2026 ao grande
Celebramos un ciclo de proxeccións titulado ‘A comedia segundo os Feroz’, composto por diferentes cintas gañadoras e nomeadas ao premio Feroz a mellor película de comedia: “Competencia oficial” 2021, 114 minutos Gastón Duprat, Mariano Cohn.
As entradas a todas as sesións son gratuítas previa retirada de localidades na oficina de Turismo da Praza de España de Pontevedra, desde sete días antes de cada actividade e ata completar o aforo. Máximo 4 entradas por persoa.
Ás 18:30 horas
Teatro Principal, Pontevedra
“Irene Santamaría”
13
Sábado/Setembro
Exposición de Irene Santamaria Plata, nesta ocasión preséntanos “Desde Dentro”, unha proposta fresca e emotiva que nos convida a reconectar co noso neno interior a través do xesto, a cor e a emoción pura. Ademais, esta vez Irene sorpréndenos cun cambio de formato: xa non se trata de pinturas sobre lenzo como na súa anterior mostra, senón de serigrafías sobre tea acompañadas dunha instalación audiovisual que expanden a experiencia moito máis alá do papel.
Ata o 10 de Outubro 2025
Galería Tangram, Pontevedra
“Crear Porvir”
10
Mércores/Setembro
Editorial Galaxia
Exposición Crear porvir, a través da que a editorial Galaxia repasa 75 anos de historia. A mostra, que xa se puido ver noutras cidades, como Santiago de Compostela, e que conta co presidente da Real Academia Galega (RAG), Henrique Monteagudo, entre os seus comisarios, poderase visitar neste espazo ata o 11 de outubro. Crear porvir está concibida a modo de homenaxe ao selo e permite coñecer a súa historia e anécdotas, ademais de achegar ao público actual algunhas das edicións máis especiais dos seus títulos. (Diario de Pontevedra)
Do 10 de Setembro ao 11 de Outubro 2025
Café Modeno, Pontevedra
“Marta Pazos”
1
Venres/Agosto
Museo de Pontevedra
Dalia é o título do proxecto que a artista Marta Pazos (Pontevedra, 1976) presenta dentro do ciclo de exposicións Infiltracións, que ten como propósito realizar intervencións específicas relacionadas con obras do Museo de Pontevedra.
Nesta ocasión, Infiltracións intégrase no contexto da 32 Bienal de Pontevedra, que propón como eixo de reflexión Volver a ser humanos, unha chamada a repensar a condición humana desde múltiples perspectivas.
Do 1 de agosto ao 30 de Novembro
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.
“Camaradas”
28
Venres/Marzo
Fundación Manuel Moldes
A Fundación Manuel Moldes presenta Camaradas, unha exposición na que reúne a Manuel Moldes con Mon Vasco, Ignacio Basallo, Luís Borrajo, Guillermo Monroy, Correa Corredoira, Xaime Cabanas, Jorge Barbi e Francisco Mantecón tomando como nexo a amizade que Moldes compartía con cada un deles». Dende a Fundación Manuel Moldes engadiron que «a maioría destes artistas, así como o propio Moldes, foron integrantes de Atlántica (grupo renovador da plástica galega nos anos 80 do pasado século) e deron, e inda dan, forma ó panorama artístico de Galiza». A Voz de Galicia
Do 28 de Marzo a Novembro 2025
Fundación Manuel Moldes, Pontevedra.
“Ruinas de San Domingos”
15
Sábado/ Marzo
Museo de Pontevedra
Visita as Ruínas de San Domingos, un dos edificios máis emblemáticos da cidade de Pontevedra, que forma parte do conxunto de sete edificios do noso Museo. Pódense visitar os restos do que foi o convento dominico da cidade, con moito que ver:
Desde o 15 de marzo ata o 31 de outubro
Ruinas de San Domingos, Pontevedra.
Proximamente
“Intelixencia Artificial”
6,7
Luns,Martes/Outubro
Biblioteca pública Antonio Odriozola
A intelixencia artificial, ou IA, é como ensinar ás máquinas a “pensar un pouquiño” para axudarnos en diferentes tarefas. Non se trata de maxia nin de robots de película: a IA xa está no noso día a día, cando o móbil recoñece unha cara nunha foto, cando o GPS busca a ruta máis rápida ou cando unha aplicación nos recomenda unha canción.
Nesta actividade imos descubrir, de forma sinxela e práctica, que é a intelixencia artificial, onde a usamos sen darnos conta e como pode ser unha ferramenta útil se a sabemos aproveitar ben.
Público destinatario: adulto
Inscrición previa na web da biblioteca a partir do luns 22 de setembro ás 09.00 h
Ás 18:00 horas
Biblioteca pública, Pontevedra
“Iniciación ao teatro”
7
Martes/Outubro
Biblioteca pública Antonio Odriozola
Todas aquelas persoas que queiran introducirse no fascinante mundo do teatro teñen o seu sitio na Biblioteca Pública de Pontevedra. Neste obradoiro, de tres meses de duración, traballaranse tanto técnicas como exercicios de desinhibición, expresión corporal, creatividade, improvisación … e moitas outras cousas. Todo de xeito lúdico, ameno e divertido.
Data e hora: martes, de 17.00 a 18.30 (de outubro a decembro)
Público destinatario: adulto e xuvenil
Inscrición previa na web da biblioteca a partir do 26 de setembro ás 9.00 h.
De 17:00 a 18:30 horas
Biblioteca pública, Pontevedra
“Mantén a túa saúde ao día”
8,29
Mércores/Outubro
Asaexs
TALLER 1: Desinformación (Fomentar o pensamento crítico e a información veraz como ferramentas para garantir o autocuidado coa desinformación)
TALLER 2 – SAÚDE ORAL (Conectar a prevención en saúde oral co mundo dixital: hábitos saudables e recursos en linea ao alcance de todos)
TALLER 3 – ALIVIO DA DOR (Comprender a dor, os seus tipos e como manexalo, apoiándose en recursos útiles)
TALLER 4 – ALIMENTACIÓN + E-SAÚDE (A prender a coidar a túa saúde con boa alimentación e ferramentas dixitais accesibles)
Ás 11:00 horas
Casa das Campás, Pontevedra
“Cortello de amor”
9
Xoves/Outubro
Concello de Pontevedra
“Cortello de Amor” – Amorodio Teatro, unha comedia galega que trata “problemáticas actuais como o disparatado prezo dos alugueirosou o turismo non sostible”. A obra, dirixida por Marián Bañobre, segue a Jack e Rose, unha parella que ronda os trinta anos e que se enfronta ás dificultades que ten a xente máis nova para acceder á vivenda.
ÁS 21:00 horas
Teatro Principal, Pontevedra
“Galicia ilusiona”
10
Venres/Outubro
Afundación
Cuarta edición do Festival Mundial de Ilusionismo “Galicia Ilusiona“, a gran cita anual que presenta coa maxia de primeiro nivel.
Este ano, na Gran Gala Internacional, poderás gozar dos incribles trucos de:
Mago Murphy (Madrid), Seimei (Corea do Sur), Nacho Samena (Galicia), David Burlet (Francia), Compañía Mag Edgard (Barcelona)
Todas as persoas deben mercar unha entrada, incluídos os nenos menores de 12 meses.
Ás 18:00 e ás 20:30 horas
Auditorio Sede AFundación, Pontevedra
“Manuel López”
10
Venres/Outubro
Teatro principal
Manuel López, O pianista da man esquerda, regresa a Galicia.
Tras enfrontarse á distonía focal e un ictus, atopou na súa man esquerda a ferramenta para seguir expresándose a través do piano, adaptando e reimaginando obras concibidas orixinalmente para ambas as mans. Neste concerto, Manuel interpretará pezas dos grandes Románticos do piano e autores españois como, Chopin, Liszt, Scriabin, Debussy, Falla, Albeniz e Granadeiros, xunto a transcricións propias inéditas e homenaxes a compositores neoclásicos como Ludovico Einaudi ou Max Richter, non faltarán chiscadelas ao flamenco máis íntimo e profundo, con evocacións á música de Paco de Lucía. A través da súa música, Manuel transmite unha mensaxe inspiradora: o amor polo piano pode superar calquera obstáculo.
Ás 20:00 horas
Teatro Principal, Pontevedra
“Xampatito Pato”
10
Venres/Outubro
Teatro principal
Xanpatito Pato (Galiza)
Un personaxe solitario en busca de compaña explora a imaxinación do público para dar vida a cada un dos seus pensamentos. Este proceso faino sentir en compañía e abre un camiño cheo de sorpresas e risos.
Un espectáculo no que o teatro de monicreques e o mundo do circo se entretecen nunha fermosa historia onde todas as engrenaxes xiran á perfección creando un mundo surrealista e onírico nun relato sen palabras. Circo teatro. Duración: 50 minutos
Recomendado a partir de 6 anos e público adulto
Ás 12:00 e ás 18:30 horas
Teatro Principal, Pontevedra
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥