O neno e a garza

“O rapaz e a garza”

3

Luns/Febreiro

Cineclube Pontevedra

O RAPAZ E A GARZA 君たちはどう生きるか
Hayao Miyazaki, 2023, 124 min., VOSE  Lingua orixinal: xaponés

Toquio, Segunda Guerra Mundial. Mahito é un rapaz de 11 anos que se traslada ao campo co seu pai logo de morrer a súa nai nun incendio. Alí descobre unha misteriosa torre construída polo seu tío avó, que resulta ser a porta de acceso a un mundo máxico onde a morte chega ao seu fin e a vida atopa un novo comezo.

Filme inaugural da 48.ª edición do Festival de Toronto e da 71.ª edición do Festival de Donosti. Oscar á mellor longametraxe de animación no 2023.

Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra.
colon

“Colón descubriu América?”

3

Luns/Febreiro

Liceo casino

Baixo o título Colón descubriu América? Elohim móstranos, do 3 ao 21 de febreiro no Liceo Casino Pontevedra, a súa obra realizada con Intelixencia Artificial . Unha viaxe ao pasado vivindo unha experiencia única con Elohim IA. Descobre as aventuras, mitos e lendas do descubrimento de América, a través de recreacións hiperrealistas creadas con intelixencia artificial de grandes exploradores, príncipes, reis, papas e cartógrafos.

Entrada libre Aforo limitado

Do 3 ao 21 de febreiro 2025
Sala de Exposicións do Liceo Casino de Pontevedra.
Flores de equinoccio

“Flores de Equinoccio”

4

Martes/Febreiro

Cineclube Pontevedra

FLORES DE EQUINOCCIO Higanbana
Yasujiro Ozu, 1958, 119 min., VOSE  Lingua orixinal: xaponés

Tras asistir a unha voda, Wataru Hirayama considera que chegou a hora de casar a súa filla maior, Setsuko. Ignora que esta xa se comprometeu cun oficinista que vai ser trasladado proximamente a un destino afastado. Aínda que Hirayama se mostra solícito e comprensivo cos asuntos sentimentais alleos, monta en cólera cando descobre que a súa filla pretende casar sen consultar o asunto cos seus pais.

O primeiro filme rodado en cor por Yasujiro Ozu é unha comedia irónica sobre as consecuencias dun conflito xeracional, que remarca a hipocrisía da clase media-alta no Xapón de finais dos 50. 

Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra.
La parra

“La Parra” 

5

Mércores/ Febreiro

Facultade de Comunicación

A Aula de Cine da Facultade de Comunicación acolle unha nova sesión da décimo cuarta edición da Máster Class Audiovisual Galego Augal, promovida co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), da Xunta de Galicia, e coordinada polos profesores Miguel Anxo Fernández e Paulino Pérez. Dedicada á longametraxe La parra, de Alberto Gracia, a proxección deste filme verase complementada por un coloquio coa súa produtora, Beli Martínez.

Ás 16:00 horas
Facultade de comunicación, Pontevedra
Ciclo de saúde mental
Non sei decir adeus

“Non sei decir adeus” 

5

Mércores/Febreiro

Taller abierto e Concello de Pontevedra

A Concellería de Benestar Social promove o ciclo Cinema e saúde mental: O oficio de vivir, unha iniciativa do colectivo Taller Abierto e o director do Festival Novos Cinemas, Suso Novás.

Non sei decir adeus de Lino Escalera. 96′. España 2017 

Carla recibe unha chamada da súa irmá: o seu pai, co que hai tempo que non se fala, está enfermo. Ese mesmo día, colle un voo a Almería, á casa da súa infancia. Alí, os médicos danlle ao seu pai poucos meses de vida. Pero Carla négase a aceptalo e contra a opinión de todos, decide levarllo a Barcelona para tratarlle. Ambos emprenden unha viaxe para escapar dunha realidade que ningún se atreve a afrontar.

Relatores: Alejandra Santos Polo e Suso Novás

Temática: Dó

O acceso é libre ata completar aforo

Ás 19:00 horas
Teatro principal, Pontevedra.
Pájaros de verano

“Pájaros de verano” 

5

Mércores/ Febreiro

Fundación Cuña-Casasbellas

Ciclo de cine “Outras terras, outros ámbitos

  PÁJAROS DE VERANO de Ciro Guerra, Cristina Gallego. Colombia, 2018. 125 minutos

 SipnoseBaseada nunha historia real que explica a orixe do narcotráfico en Colombia, a película sitúase nos anos 70 cando a mocidade norteamericana abraza a cultura hippie e con ela á marihuana. Isto provoca que os agricultores da zona convértanse en “empresarios” a un ritmo veloz. No deserto de Guajira, unha familia indíxena Wayuu vese obrigada a asumir un papel de liderado nesta nova empresa. A riqueza e o poder combínanse cunha guerra fratricida que poñerá en grave perigo á súa familia, ás súas vidas e tamén todo o que son ás súas tradicións ancestrais 

Ás 20:00 horas
Sala VerSus (r/ Xerardo Álvarez Limeses, nº 12), Pontevedra
olladas musicais

“Olladas musicais” 

5

Mércores/Febreiro

Museo de Pontevedra

Peer Gynt: la unión de drama y música en la visión de Ibsen y Grieg

A través de charlas interactivas e audicións comentadas, achegaráselle este xénero musical a un público adulto, ao proporcionar un espazo de encontro cultural no que quen participe poida explorar, aprender e gozar de obras clásicas emblemáticas.

O curso será impartido por Sara Domínguez Lloria, licenciada en Música con especialidade en Piano, doutora en Educación pola Universidade de Vigo e cun mestrado en Teatro e Artes Escénicas e outro en Dirección e Xestión de Centros Educativos.

De 19:00 a 20:30 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra 
curso de fotografia

“Fotografía con Smarphone” 

6

Xoves/Febreiro

Liceo Casino

Curso de fotografía con Smarphone.

Un práctico curso para a iniciación e perfeccionamento da fotografía co smarthone que comezará  o 6 de febreiro. Profesor: Luis Pereira

Horarios: Iniciación xoves de 18:00 a 19:00h, Perfeccionamento xoves de 19:00 a 20:00 h

Duración: 2 meses Prezo: 45 € / mes Prazas limitadas

Xoves de 18:00 a 19:00 horas
Liceo casino, Pontevedra 
Ciclo de saúde mental
Temos que falar de Kevin

“Temos que falar de Kevin” 

6

Xoves/Febreiro

Taller abierto e Concello de Pontevedra

A Concellería de Benestar Social promove o ciclo Cinema e saúde mental: O oficio de vivir, unha iniciativa do colectivo Taller Abierto e o director do Festival Novos Cinemas, Suso Novás.

Temos que falar de Kevin (We Need to Talk About Kevin, Inglaterra, 2011, Lynne Ramsay) 

Eva, unha muller satisfeita consigo mesma, é autora e editora de guías de viaxe. Casada desde hai anos con Franklin, un fotógrafo que traballa en publicidade, decide, con case corenta anos e tras moitas dúbidas, ter un fillo. Así nacerá Kevin. Pero, xa desde o principio, empezan a xurdir dificultades… Adaptación da novela homónima de Lionel Shriver.

Relatores: Rocío Gómez Juncal e Suso Novás

Temática: Menores en situación de risco

O acceso é libre ata completar aforo

Ás 19:00 horas
Teatro principal, Pontevedra.
Mar de fóra

“Mar de Fóra” 

6

Xoves/Febreiro

A sede da Vicerreitoría do campus acolle a presentación da curtametraxe documental Mar de fóra, centrada na migración feminina a Canarias, nun acto promovido pola Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (Agareso), coa colaboración da Universidade de Vigo. Realizada polo estudante da Facultade de Comunicación Ángel Cea, xunto con Érika Martínez  e Miriam Rodríguez, esta curta desenvolveuse ao abeiro do curso de especialización Comunicar para o cambio, que Agareso imparte na Facultade de Comunicación.

Ás 20:00 horas
Casa das Campás, Pontevedra 
Pablo Carreiro

“Pablo Carreiro” 

6

Xoves/Febreiro

Libraría Paz

Pablo Carreiro presenta ‘Xirarei’ acompañado de Andrea Jamardo, editora de @cuartodeinverno

Ás 19:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
Momo

“Momo” 

6,7

Xoves, Venres/Febreiro

EOI Pontevedra

Momo Ano 1986 Duración 101 min País Alemania (RFA)Dirección 

Momo vive nos arredores dunha gran cidade, dentro das ruínas dun anfiteatro. Non posúe máis nada que o que atopa ou recibe como agasallo, pero ten un don extraordinario: sabe escoitar de marabilla. Un día, con todo, os cabaleiros grises entran en escena. Están detrás da preciosa vida das persoas, e Momo é a única capaz de detelos. A pequena e descoidada heroína non ten máis nada que unha flor na man e unha tartaruga debaixo do brazo para loitar contra o vasto exército dos “cabaleiros grises”.

Xoves 6 de febreiro ás 18:30h e o venres 7 de febreiro ás 10:00h no Salón de Actos en versión orixinal (alemán) con subtítulos en castelán.

Xoves 6 de febreiro ás 18:30h e o venres 7 ás 10:00h 
Salón de Actos da EOI , Pontevedra.
Transición ecolóxica

“Transición ecolóxica”

7

Venres/Febreiro

Concello de Pontevedra

Este venres intentaremos saber si hai futuro de calidade no rural ou que é o que nos queren impoñer uns tempos novos diseñados desde as grandes (Abusivas?) cidades.
Diálogos, preguntas, cine.
Participemos o mais posible.
Queremos saber si hai futuro para os nosos fillos e netos no rural.
O venres 7 ao principal ven xente moi valiosa a nolo explicar.
Enlace ao trailer do documental “Vidas irrenovables”
Desde ás 16:30 horas
Teatro principal, Pontevedra.
exercito romano

“Ejército Romano” 

7

Venres/Febreiro

Museo de Pontevedra

Presentación do libro Ejército Romano de Xerardo Torrado Agulla, estará acompañado polo arqueólogo Mateo Fontán.

“Este libro aborda historia da evolución do exército romano, tanto no seu aspecto organizativo como no seu armamento, tanto ofensivo, como defensivo. A súa cadea de mandos, a transmisión de ordes por medio de sinais acústicos ou visuais, a orde do exército durante a marcha ou durante o curso dunha batalla, a dura instrución militar dos soldados, que incluía tanto premios como rigorosos castigos, ou a vida cotiá deses soldados nos campamentos son outros aspectos que se tratan no presente traballo.
Ás 19:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra 
presentación dun libro na fundación Cuña Casasbellas

“José Luis Iglesias Diz” 

7

Venres/Febreiro

Fundación Cuña-Casasbellas

Presentación do libro Crítica positiva de José Luis Iglesias Diz, estará acompañado polo editor de TarQus Ángel Marcelo Safflores.

Relatos para pensar e gozar, co toque fino ao que o autor nos ten afeitos.
Ás 19:30 horas
Fundación Cuña-Casasbellas, Pontevedra 
taller de pendentes

“Taller de pendentes” 

7

Venres/Febreiro

Deseña, crea e loce os teus propios pendentes! Imaxínasche levar accesorios deseñados por ti? Pois che traemos un taller para facelo.

Neste taller de pendentes de arxila polimérica, aprenderás a crear pezas únicas coas túas propias mans. Impartido por: @barahunda.gulart Inclúe todos os materiais 2 bebidas para que a noite sexa mellor. Levarás 2 pares de pendentes feitos por ti Prezo: 35€ Unha experiencia divertida, creativa e perfecta para desconectar mentres dás renda solta á túa imaxinación. Non necesitas experiencia, só ganas de crear!  Reserva a túa praza xa

De 20:00 a 22:00 horas
Rúa Alfredo García Alén baixo, Pontevedra 
La nostalgia de Paulo

“José Victorio Moure” 

7

Venres/Febreiro

Asociación de veciños San Roque

Presentación do libro “La nostalgia de Paulo” por su autor José Victorio Moure Rivera. Un homenaxe aos emigrantes galegos do século pasado. 

Ás 20:00 horas
Local social da AAVV San Roque de Pontevedra 
Kinky Bots

“Kinky Boots” 

7,8

Venres, Sábado/Febreiro

Afundación

Kinky Boots: El Musical

Aclamado pola crítica, este musical con texto de Harvey Fierstein e música e letras de Cyndi Lauper, está dirixido por Silvia Villaú e producido por THEATRE PROPERTIES en coprodución con RIMAS Europe, e presentado grazas a un acordo con Music Theatre International (Europe) Limited. Inspirado en feitos reais, KINKY BOOTS é unha historia de superación sobre dúas persoas que non teñen nada en común… ou iso cren.
Día 7 ás 20:00 e día 8 ás 17:00 e ás 20:00 horas
Auditorio de Afundación, Pontevedra 
Daniel e Noelia

“Daniel e Noelia” 

8

Sábado/Febreiro

Libraría Paz

O ciclo Teñamos a poesía en Paz acolle a visita de Daniel Salgado e Noelia Gómez que conversarán con Silvia Penas Estévez  Apiario

 

Ás 12:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
concerto en mimate

“Sax on the beach” 

8

Sábado/Febreiro

Mímate

Concerto de @saxonthebeach_oficial  
𝗣𝗿𝗲z𝗼: Necesaria reserva – 15€ por persoa. Inclúe Cóctel de benvida o viño + tapa gourmet.

Ó𝗻𝗱𝗲 f𝗮𝗴𝗼 𝗮 𝗿𝗲𝘀𝗲𝗿𝘃𝗮?
𝗣𝗼𝗿 𝗽𝗿𝗶𝘃𝗮𝗱𝗼: Formalizarase unha vez feito o pago na tenda o por BIZUM
N𝗮 𝘁𝗲𝗻𝗱𝗮: Rúa Real 13, Pontevedra. ¡Reservas abertas ata o 8 de febreiro!  

Ás 20:30 horas
Mímate, Rúa Real 13, Pontevedra
Ara Malikian

“Ara Malikian” 

9

Domingo/Febreiro

Afundación

Aran Malikian: Intruso

Con «Intruso», Ara Malikian redefine os límites da música clásica. Ao fusionar elementos da música popular e do mundo co seu virtuosismo violinístico, o artista crea un son único e vangardista que desafía as convencións. Máis aló de ser un simple álbum de música, «Intruso» é unha declaración artística que aborda temas universais como a identidade, a pertenza e a procura dun sentido de comunidade. A través de colaboracións con artistas de diversas culturas, Malikian convídanos a reflexionar sobre o noso papel no mundo e a construír pontes entre diferentes sociedades. «Intruso» é un chamado á unidade e á comprensión mutua nun mundo cada vez máis dividido.

Ás 17:00 e ás 20:00 horas
Auditorio de Afundación, Pontevedra 
Facer un pandeiro

“Construçon dum pandeiro” 

9

Domingo/Febreiro

Obradoiro de construçon dum pandeiro quadrado impartido por Xosé Maceda

Ven a descubrir a arte de crear a túa propia pandeireta enmarcada! cultura Neste taller aprenderemos a construír este instrumento tradicional, un símbolo vivo da nosa cultura. Úneche a nós e toma a música galega nas túas mans!

Inscricións no 601 981 288

De 10:00 a 14:00 horas
A Pedreira Rúa Serra, Pontevedra 
Colantes solidarios

“Colantes solidários” 

31

Venres/Xaneiro

Exposiçom artística e de autocolantes solidários de Palestina, Reune um conjunto de obras e autocolantes que fazem reflexom sobre a situaçom palestina mediante diferentes linguagems artísticas e sociais.

Este projeto conjuga a expressividade artística coa necessidade urgente de visibilizar uma realidade ignorada, convertendo-se num espaço de reflexom coletiva sobre os direitos humanos, a identidade e a memória.

Do 31 de xaneiro ao 21 de marzo 2025
A Pedreira Rúa Serra, Pontevedra 
Tato Heredia

“Tato Heredia” 

31

Venres/Xaneiro

Deputación de Pontevedra

O venres 31 de xaneiro a Deputación de Pontevedra inaugurará no Palacete das Mendoza a exposición ‘A evolución da mancha II’, unha mostra do pintor Tato Heredia que poderá visitarse ata o 16 de febreiro na sala de exposicións da sede de Turismo Rías Baixas.

Do 31 de Xaneiro ao 16 de Febreiro
Palacete das Mendoza, Pontevedra 
Michael Ende

“Michael Ende” 

20

Luns/Xaneiro

EOI Pontevedra

Do 20 de xaneiro ao 25 de febreiro podedes visitar a exposición itinerante sobre Michael Ende, en versión alemá e castelá.

Do 20 de Xaneiro ao 25 de Febreiro 2025 
Salón de Actos da EOI , Pontevedra.
é tempo de xogar

“É tempo de xogar” 

29

Venres/Novembro

O 29 de outubro inauguramos no Museo de Pontevedra, edificio Sarmiento, unha nova exposición “É tempo de xogar”. Colección Juan Manuel Alfaya Campo.

Do 29 de Novembro ao 09 de febreiro 2025
Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra.
Exposición en fundación Manuel Moldes

“50 anos dende Tambor” 

19

Martes/Novembro

Fundación Manuel Moldes

A Fundación Manuel Moldes celebra o medio século da inauguración damostra pictórico na Galería Tambor de Madrid dos artistas Manuel Moldes e Mikel Díez Alaba.

Preséntanse algunhas das pezas que foron expostas na galería madrileña e obras posteriores de ámbolos artistas.

Do 19 de Novembro ata marzo 2025
Fundación Manuel Moldes, rúa Javier Puig, Pontevedra 
Vento

“Vento” 

25

Venres/Outubro

O 25 de outubro inauguramos no Museo de Pontevedra unha nova “infiltración” na colección. ‘Vento’, de Alberto Baraya.
Comisariada por Iñaki Martínez Antelo.
Do 25 de outubro ao 2 de marzo 2025
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.

Xa podes anotarte

14 febreiro no sanatorio

“Morte Querida”

14

Venres/Febreiro

O Sanatorio

O venres 14 de Febreiro tes unha cita no O Sanatorio 
“Ausencia de empatía e afectos, xa case disoltos pola nova corrente narcisista. O poder”.
Ás ??? horas
O Sanatorio, Andrés Muruais 9, Pontevedra

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥