Oito días sen Eva Cortés

“Oito días sen Eva Cortés” 

31

Martes/Maio

A escritora Sara Vila presenta o seu libro ‘Oito días sen Eva Cortes’ acompañada da xornalista Belén López e da editora Malores Villanueva.
‘Oito días sen Eva Cortes’ (Ed. Galaxia) foi Premio de Narrativa Illa Nova no 2021, a súa trama atrápanos dende o primeiro capítulo e mantén un pulso coa actualidade no tratamento de moitos temas a través da vida de dúas mulleres que teñen moito en común, especialmente nos seus desexos e medos.

Ás 19:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
Xinfu

“Xinfu,Múxel Attacks” 

1

Mércores/Xuño

Librería Baroja, Pontevedra

Presentación do cómic ” Xinfu, Múxel Attacks ” de Adrián Morgade na librería Baroja. O autor estará acompañado por Sara Vila, responsable de comunicacións de Xerais.

Ás 19:30 horas.
Librería Baroja, Pontevedra
soños no limiar

“Soños no limiar” 

2

Xoves/Xuño

Soños no limiar de Fatema Mernissi 

Rocío Viéitez Ferro, tradutora de ‘Soños no limiar’, presenta o libro acompañada de Kathleen March e Susana Trigo.

‘Soños no limiar’, editado por Laiovento, pertence á colección candemaia que naceu para acoller libros traducidos e escritos por mulleres para que con historias de nenas, mozas e adultas, fiemos un tecido máis humano, máis respectuoso

Ás 19:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
Rojava

“Ollos de viaxeiro” 

2

Xoves/Xuño

Os vindeiros xoves 2 e martes 7 de xuño, da man das amigas do Ateneo Libertario, a Fundación Cuña-Casasbellas e a imprenta ambulante Alouette Machine organizamos a proxección dalgunhas pezas elaboradas pola Komîna fîlm a Rojava, colectivo de cineastas nacido en 2015 na rexión autónoma de Rojava co obxectivo de reconstruír as infraestruturas do cinema e da educación cinematográfica na zona, e de lle dar cobertura fílmica á revolución kurda.

As sesións terán lugar ás 20:30, na Fundación Cuña-Casasbellas.
A entrada é de balde

Ás 20:30 horas
Fundación Cuña-Casasbellas, Pontevedra
Pensamento creativo

“Pensamiento creativo” 

2

Xoves/Xuño

CONFERENCIAS: LLENA TU AULA DE PENSAMIENTO CREATIVO

Neste encontro trataremos o pensamento creativo e as súas múltiples posibilidades dentro da aula. Para comprender a práctica temos que abordar unha serie de nocións teóricas básicas que serán reforzadas con dinámicas individuais e grupais. O obxectivo será levarnos un coñecemento teórico sobre o que estamos a facer e unha variedade de propostas para poder inicialo desde xa nas nosas aulas ou nos nosos fogares educativos, sen escusas. Eliminaremos eses tópicos tan necesarios:“Sempre o fixemos así”, “Iso é a teoría, pero a práctica é outra cousa”, “Non é a nosa responsabilidade”, “Eu non me considero creativa/ou” Patricia García Figueroa, mestra, psicopedagoga e defensora da creatividade. Emprendeu co seu fogar educativo fai nove anos en Redondela, o que comezou sendo un pequeno espazo de aprendizaxe, é actualmente, o seu motor de vida, o seu lugar onde compartir o seu modo de entender a educación e un medio para contaxiar aos máis pequenos e ás súas familias de maxia e fantasía. Actualmente participa en formacións para o profesorado en congresos e centros escolares. Creou o seu espazo virtual fai seis anos sendo leste unha oportunidade para chegar a máis amantes da educación e mostrar a súa visión da educación. Recentemente publicou o seu primeiro libro CRE EN TI PARA CREAR “Manual sobre o pensamento creativo”

Mercar entradas

Ás 19:30 horas
Auditorio Sede Afundación Pontevedra 
sen alento

“Sen alento” 

3

Venres/Xuño

Ramón Area, autor do libro, estará acompañado na presentación pola xornalista Susana Regueira e polo editor Francisco Macías.
Sen alento‘, editada por Positivas, é a terceira novela de Area e dela din na páxina web da editorial:
O aire, ás veces, deixa sen alento as persoas. Ao seu través viaxan os virus, as palabras dos profetas e as ordes dos gobernos. É quen de mover os muíños para despois acubillar as liñas infinitas dos cables eléctricos, testemuñas do progreso e tamén da loita polos beneficios económicos.

Ás 19:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
A beleza revolucionaria

“A beleza é revolucionaria” 

3

Venres/Xuño

Palacete das Mendoza

Do 3 ao 19 de xuño de 2022 Antón Sobral presenta a súa exposición “A beleza é revolucionaria” unha mostra no Palacete das Mendoza na Praza de Santa Maria en Pontevedra. Por razons de que ainda estamos coa pandemia non fará inauguración protocolaria. O autor estará o venres día 3 dende as 17 as 20 horas para saudar aos amigos que queiran achegarse a disfrutar da exposición.

Do 3 ao 19 de xuño 2022
Palacete das Mendoza, Pontevedra
Día da muñeira

“Día da Muñeira” 

3

Venres /Xuño

Este ano si, por fin o podemos dicir : volve o día da Muiñeira a Pontevedra!! Despois de 2 anos sen poder celebrala por mor da pandemia, o próximo día 3 de xuño volveremos tomar as rúas de Pontevedra, na que será a XLIX edición do Día da Muiñeira.
Reservade a data: o 3 de xuño temos unha cita en Pontevedra!!
Na fotografía do cartel Piluca Montenegro
Ás 20:00 horas
Avenida de Montero Ríos, Pontevedra
programa de maiores

“XX aniversario do PUM” 

3

Venres /Xuño

Acto conmemorativo XX aniversario do PUM, programa universitario de maiores,
Participantes:
Autoridades académicas, profesorado, ASAEXS, alumnado e coordinadores que formaron parte do PUM do Campus de Pontevedra ao longo dos derradeiros 20 anos
Acto aberto ao público en xeral ata completar aforo
Ás 12:00 horas
Salón de actos da Escola de Inxenería Forestal, Pontevedra

“Aceiro azul” 

3

Venres/Xuño

Proxección de ‘‘Blue Steel’ (1990), de Kathryn Bigelow. Aceiro azul, 1990, 102 min. Estados Unidos, 

Nova sesión do ciclo de cine Subordinadas, coordinadas, xustapostas, dirixido a reflexionar sobre o rol das mulleres na historia do cinema, pór en valor o traballo de diferentes profesionais e analizar os modelos argumentais a través dos que esta industria abordou o concepto da feminidade.

Na súa primeira noite patrullando, a axente de policía Megan Turner (Jamie Lee Curtis) vese obrigada a matar a un ladrón durante o atraco a un supermercado, pero é suspendida do servizo cando non se atopa a arma do asaltante. Ademais, a partir dese momento, Megan verase acosada por un dos clientes (Ron Silver) que se atopaba no establecemento cando sucederon os feitos.

Ás 19:00 horas.
Casa das Campás, Pontevedra
Mandalas

“Taller de mandalas” 

4

Sábado/Xuño

Propóñote este plan para a mañá do SÁBADO 4 DE XUÑO NO @ granerodelmas, PONTEVEDRA. UN TALLER DE INICIACIÓN ao MANDALA onde aprenderás a crear os teus desde cero, sen necesidade de saber debuxar nin pintar, con todo o material incluído. Só é necesaria a túa presenza e ganas de gozar e de aprender. Descubrirás ademais algúns dos múltiples beneficios que proporcionan. A que esperas? Prazas limitadas…

Máis información en: 619 98 32 35 (Ana Puente) 619 43 27 21 (Granero Delmas)

De 10:00 a 14:00 horas
Granero Delmás, Pontevedra
Sete falares

“Sete falares” 

4/11

Sábado/Xuño

O festival de narración oral Sete Falares, que este ano celebra a súa décima edición, trasládase ao histórico convento cunha programación de sete días nos que nove contadores relatarán historias para o público familiar e adulto.

Comezará este sábado coa inauguración a cargo da contadora Paula Carballeira ás 21 horas.

Domingo 5,  Lorena Pinheiro,

 Luns 6, Vero Rilo 

Martes 7 Ana Carreira 

Mércores 8 María da Pontragha e Fernando Guerreiro

Todas estas actuacións serán ás 21 horas na igrexa de Santa Clara.

Programación

Ás 21:00 horas
Convento de Santa Clara, Pontevedra
Mulleres e inspiración

“Mulleres e inspiración” 

5

Domingo/Xuño

MULLERES E INSPIRACIÓN da Oquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra

O concerto “Mulleres e inspiración” organizado pola Orquestra Filharmónica Ciudad de Pontevedra contará entre outras con 3 obras de estreno mundial. Serán WoOmen de Mario Diz, sobre un tema de Brahms dedicado a Clara Wieck Schuman, O último adeus de Julia Dopico Vale e Lonxe do lar queridiño de Carmen Díez con arranxos de Benxamín Otero. A directora será Clàudia Dubé Oranías, directora da Orquestra de Barcelona formada en Huelva, Roma, Madrid, Asunción e Viena, co Director Internacional Gerardo Estrada Martínez como mentor. Fundadora e directora titular da Orquestra Sinfónica de Mataró desde o ano 2015 e da Ópera Pocket Orchestra desde o ano 2021, estreando Il Trovatore de Giuseppe Verdi en Igualada. A formación musical, integramente feminina contará con Isabel Pérez Dobarro como Piano Solista e Judith Rey Iglesias como Frauta Solista.

Mercar entradas

Ás 19:30
Pazo da Cultura
Exposición en RAC

“Ángel Marcos” 

28

Sábado/Maio

Inauguración da exposición Angel Marcos, “arquitectura para sobrevivir” o 28 de maio sábado ás 13:00 coa presencia do artista. do 28 de maio ao 15 de xullo. Rúa Sarmiento 41 Pontevedra

Do 28 de Maio ao 15 de Xullo
Rúa Sarmiento 41, Pontevedra
Voilà la femme

“Voilà la femme” 

19

Xoves/Maio

Voilà la femme’, a exposición que abriremos ao público o xoves, pretende visibilizar a creación artística realizada por mulleres, convidándonos a reflexionar acerca da identidade e a desigualdade a través da obra de 25 creadoras galegas ou vencellasdas a Galicia.

 Inauguración xoves día 19

 19:30 h

 Edificio Castelao

 Entrada libre ata completar o aforo

Do 19 de Maio ao 1o de Xullo 2022
Edificio Castelao Pontevedra
Peter Bagge

“Peter Bagge” 

18

Mércores/Maio

Todo el mundo es imbécil menos yo, exposición de Peter Bagge en Pontevedra

Todo o mundo é imbécil menos eu. Peter Bagge e o cómic Underground
Editorial La Cúpula – O Garaxe Hermético

Única conferencia que dará en Galicia. Será o mércores 18 ás 19h. no Salón de Actos do Pazo da man de Ediciones La Cúpula. Ás 18h. iniciará a firma de exemplares e ao remate da charla, cara ás 20h, terá lugar a inauguración da mostra. Unha oportunidade única de coñecer a unha lenda viva do mundo da BD e o cómic.

No horario habitual de apertura da Sala de martes a venres de 18 a 21h. Sábados de 12 a 14h e de 18 a 21h. e domingos de 12 a 14h. Luns, pechada.

Do 18 de Maio ás 20:00 ata o 17 de Xullo ás 14:00
Pazo da Cultura
Voilà la femme

“Voilà la femme” 

10

Martes/Maio

EXPOSICIÓN: VOILÁ LA FEMME 

Inauguración da exposición comisariada e coordinada por Celeste Garrido no Ateneo Santa Cecilia.  do 10 ao 3 de xuño 
Coa participación das artistas seleccionadas:
Laura Domínguez Carnero
Isabella Ferreiro Bermúdez
Abril Iglesias Garrido
Ruth Rodríguez Gonzalo
Alba Santiago Taboada

Exposición colectiva de mulleres que se ven celebrando no Ateneo Santa Cecilia de forma ininterrumpida ao longo de estes 29 anos. A exposición colectiva de mulleres mais lonxeva de cantas se celebran en España.

Do 10 de Maio ao 3 de Xuño 2022
Ateneo Santa Cecilia Marín
Inefable

“O Inefable” 

5

Xoves/Maio

Exposición “Inefable”

Aquilo que non se pode describir nin expresar con palabras é do que nos falan as obras artísticas, establecendo unha relación máxica que nace cando se inicia un diálogo entre a ou o artista e a súa obra. “Trátase de atoparnos co que non se ve e que, porén, existe grazas ao que vemos”, como dixo nunha ocasión a escritora Eva Veiga.

O “inefable” podería expresarse a través de diferentes sistemas sígnicos como a poesía, a música, a pintura… ou, simplemente, o silencio. Pero o “inefable” é tamén a luz, a cor, o baleiro e a materia, aspectos fundamentais da creatividade dos protagonistas desta exposición Chelo Rodríguez e Fernando Carballa que, de tempo atrás, comparten amizade e a incansable necesidade de experimentar para captar o instante e transformalo en algo eterno que poidamos nós tamén captar e gozar.

O esforzo por desvelar o “inefable” amosa camiños ben distintos en ambos os dous. Mentres Chelo emprega  espazos interiores, cheos de luz e de cor, coa presenza constante e desacougante de diferentes cadeiras como metáforas, Fernando xoga a desvelar a materia e, nesta ocasión, preséntanos o misterio a través da livián e suxestiva porcelana, máis tamén coa forza primixenia do barro. Con todo, comparten nesta mostra das súas obras a súa atracción pola figura humana, quer coas diversas representacións de cabezas que nos atrapan nun mundo simbólico e conceptual, propio de Fernando Carballa, quer cos atractivos manequíns cheos de vida e movemento, de xeito aparentemente contraditorio, que nos mostra Chelo Rodríguez. No horario habitual de apertura da Sala de martes a venres de 18 a 21h. Sábados de 12 a 14h e de 18 a 21h. e domingos de 12 a 14h. Luns, pechada.

Do 5 de Maio ás 19:30 ata o 17 de Xullo ás 14:00
Pazo da Cultura
Materiais

“Materiais” 

22

Venres/Abril

A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes, na Facultade de Belas Artes, acollerá a exposición artística “Materiais”, coa participación de obras de Galia Baba Chaman, Julio Catalán, Álex Fuertes, Aitana Iglesias, Gloria Lorenzo, Sol Mussa, Diego del Río, Paula Santomé, Ruth Vidal e Carlos Vivero. Entrada de balde

Do 22 de Abril ao 20 de Xuño.
Facultade de Belas Artes, Pontevedra
Candela Conde

“Candela Conde” 

15

Venres/Abril

Exposición“Diálogos internos” de Candela Conde poderase visitar a partir do venres 15 de abril ata o 30 de xuño no espacio Arroelo, en Pontevedra.
Esta exposición é unha restrospectiva de algúns dos seus traballos ata agora, desde pintura e grabado ata fotografía.

Podédes coñecer máis sobre esta artista, estudiante de Belas Artes en Pontevedra, a través do seu grabado, fotografía e pintura nas nosas paredes.

Horarios de visitas

De luns a venres de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 20:00

Ata o 30 de Xuño
Espacio Arroelo
invisibles

“A presenza invisible” 

7

Xoves/Marzo

O edificio Castelao acollerá mañá xoves a presentación da exposición “A presenza invisible” frascos de perfume art nouveau e art déco.
As correntes artísticas do século XX, especialmente o art nouveau e o art déco, foron determinantes na expansión e o éxito da industria do perfume, que viviu a súa época dourada coa evolución dos frascos, inicialmente xenéricos, en pezas creadas por artistas, deseñadores e vidreiros. A exposición A presenza invisible, que permanecerá aberta ao público no Edificio Castelao desde o 7 de abril ao 12 de xuño, reúne máis de 200 botellas, así como caixas e estoxos de perfumes, xabón ou pos de arroz, realizadas entre 1896 e 1945, moitas delas convertidas hoxe en auténticas iconas das artes decorativas.
 Entrada libre ata completa o aforo
Inauguración Xoves ás 19:30 horas no edificio Castelao
Do 7 de abril ao 12 de xuño
Edificio Castelao

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥