Seleccionar página

«Cómo robar a un país» 

31

Luns/Maio

Cómo robar a un país Rehad Desai e Mark J. Kaplan, 2019, 93 min.

O ciclo de cinema documental Docs del Mes, que a Vicerreitoría do campus promove en Pontevedra coa colaboración do Concello, acolle a proxección de Cómo robar a un país, un documental dos surafricanos Rehad Desai e Mark J. Kaplan, centrado no caso de corrupción no que se viu implicado Jacob Zuma, quen fora presidente da República de Suráfrica.

As 19:00   

Teatro principal Pontevedra

«Pietá» 

2

Mércores/Xuño

Pietá–   – 2012 – 104′

Drama centrado en dous personaxes, un cobrador de préstamos solitario e sen escrúpulos (Lee Jung- Jin) e unha muller (Jo Min- Su) que se presenta un día pedíndolle desculpas por abandonarlle, asegurando que é a súa nai biolóxica

 

As 20:30 VOSE  

Cineclube Ádega

«Unha gran muller» 

3

Xoves/Xuño

Unha gran muller–   – 2019 – 130′

Leningrado, 1945. A Segunda Guerra Mundial devastou a cidade e derruiu os seus edificios, deixando aos seus cidadáns na miseria tanto a nivel físico como psíquico. O asedio, un dos peores da Historia, terminou, pero a vida e a morte continúan combatendo no desastre que a guerra deixa tras de si. Dúas mulleres novas, Iya e Masha, tratan de atopar un sentido ás súas vidas para reunir forzas para reconstruír a cidade. 

As 20:00 VOSE  

Auditorio Municipal do Concello

teatro

«Iniciación ao teatro» 

3 /4

Xoves, venres/Xuño

Neste obradoiro traballaranse técnicas de desinhibición, espazo, sensibilización, expresión corporal, creatividade, relaxación, voz, improvisación, clown, desenvolvemento persoal, coaching, etc.

  • Público destinatario: adulto (9 prazas)
  • Lugar: Salón de actos
  • Data: 3 e 4 de xuño
  • Hora: de 18.00 a 20.00 h.
  • Con inscrición previa a partir do 26 de maio ás 11 h., a través do formulario da páxina web da biblioteca.

  Obradoiro a cargo de Manuel Solla

«HEDWIG AND THE ANGRY INCH» 

4

Venres /Xuño

Pistas de Campolongo

HEDWIG AND THE ANGRY INCH
USA | 2001 | 91’ | Cor | VOSE
Dirección: John Cameron Mitchell
Xestada no underground escénico do Off Broaway, Headwig and the Angry Inch é un cometa na escena cinematográfica de principio do século XXI e mantén toda a súa pegada no seu vinte aniversario. Coescrita por John Cameron Mitchell e o músico Stephen Trask e dirixida e interpretada polo primeiro, a longametraxe reescrebe radicalmente o musical de postulados glam mediante unha proposta cinemática tan arriscada como imaxinativa e sensible. Hibridando sen prexuizos estéticas e temáticas, Headwig and the Angry Inch reivindica que o musical é a manifestación cinematográfica máis transfronteriza: pois é quen de ilustrar o imaxinario emocional (sempre interior) duns personaxes que sempre aspiran a habitar un espazo tan irreal como potencialmente inalcanzable: o do desexo e a paixón nos seus estadios máis puros.
As 22:30 VOSE  

Pistas de Campolongo

Matamoro

«A mirada acesa”

4

Venres| Xuño

Inaguración da exposición « A mirada acesa«,  de Din Matamoro 

Para a súa primeira exposición no MARCO, Din Matamoro (Vigo, 1958) toma como punto de partida unha célebre premisa de Kandinsky: “O branco é o gran silencio cheo de cousas posibles”. Esta mostra reúne unha selección da súa obra dos últimos anos, centrada no estudo da cor, acompañada doutras pezas de épocas anteriores que, como todo o traballo deste artista, implica todo un ensaio sobre a percepción, os seus mecanismos e emocións. A intención é que a súa obra se vexa íntima, completa, que o espectador poida sentir a aparición e a aproximación lenta da cor na súa mirada, a enerxía interior que hai detrás da pel de cada pintura, gardando entre elas un espazo xeneroso.

Pinturas que se moven, que non se conxelan no tempo despois de seren pintadas, que conservan un latexo, unha enerxía que se despraza ante a ollada, sutilmente, como a luz cenital ao longo do día, ou a luz e as cores que se moven nas pantallas de cine. Se nos paramos a contemplar, a cor cambiará de intensidade e descubriremos o seu carácter intimo, certo misterio, a súa forza interior e, a un tempo, o tráxico cósmico no que o humano non é máis ca un eco, unha resonancia.

Do 4 de xuño ao 7 de novembro. 

expansivo

«25 anos con Lois Pereiro» 

5

Sábado/Xuño

O sábado 5 de xuño celebraremos a Lois Pereiro con Ana Acuña, Lucía Novas, Malvares de Moscoso, Ramón Rozas, Tamara Andrés e Xaime Toxo.
En colaboración co Ateneo Casino

Actividade de aforo limitado. Reservar praza en librariapaz@gmail.com

As 12:30 

Libraría Paz

«SISTERS WITH TRANSISTORS» 

5

Sábado/Xuño

Pistas de Campolongo

SISTERS WITH TRANSISTORS
Reino Unido | 2020 | 82’ | Cor | VOSE
Dirección: Lisa Rovner
Narrada pola multidisciplinar Laurie Anderson, Sister with Transistors reescribe historia da música electrónica a través das mulleres visionarias cuxas experimentacións radicais coas máquinas redefiniron os límites da música, incluídas Clara Rockmore, Daphne Oram, Bebe Barron, Pauline Oliveros, Delia Derbyshire, Maryanne Amacher, Eliane Radigue, Suzanne Ciani e Laurie Spiegel.
A historia da muller foi unha historia de silencio. A música non é unha excepción. Como explica Laurie Spiegel: <<Ás mulleres atraíanos especialmente a música electrónica cando a posibilidade de que unha muller compuxese era en si mesma controvertida. A electrónica permítenos facer música que poida ser escoitada por outros sen ter que ser tomados en serio polo establishment dominado polos homes>>.
As 22:30 VOSE  

Pistas de Campolongo

colapso

«COLAPSO COLECTIVO» 

6

Domingo/Xuño

Pistas de Campolongo

DOMINGO 06
Colapso Jam (Che Garrido, LCTRCT, Xiselr) + m8 (Cris Lores, Belén Veleiro, Lúa Zalamera)
Galicia | 2021 | 50’
Unha sesión de improvisación visual e sonora na que unha colección de rexistros sonoros son manipulados por LCTRCT (Dj) aos pratos, fundíndose coas densidades texturais electrónicas nas mans de CHE GARRIDO (síntese modular) e cos bordóns de XISELR artellados partindo dun sistema de dispositivos electrónicos DIY. Un universo audible que se expande cara o visual a través dos procedementos máis experimentais do live cinema analóxico elaborados por m8 conformando unha caleidoscópica proposta na que imaxe e son, son e imaxen interactúan proporcionando unha experiencia netamente sensorial e inmersiva.
As 22:30 

Pistas de Campolongo

virgen

«Visita guiada» 

6

Domingo/Xuño

Edificios Castelao e Sarmiento

Museo de Pontevedra A Virxe Branca é unha das pezas nas que nos detemos durante as visitas guiadas gratuítas que vos propoñemos todos os domingos e que inclúen tamén explicacións sobre o Tesouro de Caldas, a xeración doente, a louza de Sargadelos, os renovadores e Castelao. Se queres participar neste percorrido inscríbete en educación.museo@depo.es

«Voilà la femme» 

26

Mércores/Maio

Nova edición de VOILÀ LA FEMME, XXVIII edición 
Podedes disfrutar das obras de Nuria Argibay Pérez-Espiña, Lara Cores Piñeiro, Candela Eirea Orro, Laura López Ignacio e Sofía Pastor Herranz 
De martes a venres de 17:30 a 20:30 e sábados de 11:00 a 13:00 en Rúa do Forno, 42, baixo. Marín
do 26 de maio ao 18 de xuño

Ateneo Santa Cecilia

velasco

Mostra“Galicia-Baviera » 

28

Venres/Maio

Sala de exposicións do GRANERO DELMAS
DESCRIPCION DA MOSTRA

Entre Galicia y Baviera e en concreto entre Pontevedra e Passau hai unha relación de intercambio de mais de vinte anos.
Passau está no Camiño de Santiago e realizaronse tres mostras recentemente unha no Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela, outra no Castelo de Neuburg en Passau, e a última en Marín no Museo Torres e no Ateneo Santa Cecilia.
A maioria dos artistas galegos da anterior mostra xunto con esta onde aparecen xa artistas alemáns, participaron nas tres mostras.

A mostra “Galicia-Baviera no espacio GRANERO DELMAS” é un magnifico exemplo desta paixón por viaxar que ten a arte dende terras de dous países irmáns e solidarios. Son moi necesarias mostras coma estas, onde se fan visibles grandes artistas galegos e bávaros cunha longa e prestixiosa traxectoria. Visibilidade tamén dunha fonda amizade de artistas que compartiron durante máis de vinte anos experiencias de colaboración en ambos países por medio da organización de mostras ou residencias de artistas como foron as que moitos galegos gozaron durante un mes nos veráns no Kulturmodell en Passau e que lles permitiu coñecer Salzburgo, Viena,Munich ou Praga,
cidades que se atopan preto de Passau e que encerran moita cultura e arte.

Artistas:

Manuel Hermida, Ilona Maier, Gerhard Mader, Marcelo Léonard Rodríguez, Hubert Huber, Miguel Pereira, Enrique Velasco Vieitez, Helga Mader

INAUGURACIÓN:
Venres 28 de maio ás 17 da tarde
Aforo limitado a seis personas por tramos de media hora.
Apuntarse no teléfono 619432721
Sala de exposicións do GRANERO DELMAS

Galerias Oliva 2 espacio 15

ata 30 de xuño

«Galicia de Nós a nós» 

20

Xoves/Maio

Exposición ‘Galicia, de Nós a nós’,  percorrido ao longo das tres salas nas que se distribúe trasladaravos desde os seus antecedentes ata a súa memoria hoxe en día, coñecendo aos protagonistas, a historia e os contidos dunha revista e un grupo humano que marcaron decisivamente a historia de Galicia.
Edificio Castelao, do 20 de maio ao 11 de xullo
Museo del Pontevedra
devellabella_suelo

«Exposición: Pedro Bueno»

12

Mércores| Maio

Centro cultural Marcos Valcárcel

Rua progreso 30 Ourense

O centro cultural Marcos Valcárcel reúne unha retrospectiva do pintor galego Pedro Bueno
O centro cultural Marcos Valcárcel acolle desde hoxe, 5 de maio,e ata o próximo 15 de agosto unha exposición do artista coruñés Pedro Bueno, que regresa a Ourense trinta anos despois da súa primeira exposición para mostrar unha retrospectiva dos últimos vinte anos de traballo e na que se inclúe unha ampla selección de cadros, cerámicas e obxectos persoais.
O artista recoñeceu “o complexo que foi escoller entre centos de pinturas, esculturas e outros traballos en diversas técnicas artísticas para resumir estes vinte anos”. Pedro Bueno amosou a súa satisfacción por expoñer de novo en Ourense no que cualificou como “unha xoia arquitectónica e un dos mellores centros de cultura de Galicia”, destacando entre as obras expostas unha colección sobre os sete pecados capitais, realizada entre os anos 2000 e 2002 pero que aínda se presentaron ao público por primeira vez 18 anos despois.
Ata o 15 Agosto 2021

CCMarcosValcárcel

devellabella_suelo

«Afonso X e Galiza»

7

Venres| Maio

Centro cultural Marcos Valcárcel

Rua progreso 30 Ourense

Cando coinciden o Ano Santo e o 800 aniversario do nacemento do “Rei Sabio”, abre as súas portas unha mostra centrada na figura do encargado de recompilar as Cantigas de Santa María, revolucionarias pola súa mestura do popular e o divino.

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolle a exposición “Afonso X e Galicia”. Nela faise un percorrido por unha das figuras máis relevantes da cultura europea a través de documentos e testemuñas arqueolóxicas, literarias e musicais que amosan a súa pegada na cultura galega no medievo.

E, sendo esta unha mostra moi vencellada á arte sonora, nas salas do centro cultural soa xa a música tradicional das frautas traveseiras e das violas. Nas súas vitrinas, expóñense diversos instrumentos medievais, coma a rota, de forma triangular, e neste caso reconstruída tomando como referencia o pórtico do Paraíso da catedral ourensá. Así mesmo, está presente o organistro, instrumento tamén medieval que se toca coa axuda dunha manivela, e que evolucionaría cara á zanfona coa contribución de cegos e mendigos. A mostra reivindica ao oído como sentido más necesario, ao ser vehículo para o entendemento do home.

Ata o 15 Agosto 2021

CCMarcosValcárcel

«4 Proxectos”

12

Luns| Abril

Mónica Alonso (A Fonsagrada, Lugo, 1970) centra a súa primeira mostra individual no MARCO nunha única peza, baixo o título A maxia do colibrí. 6 casos desesperados. Unha obra que naceu en 2015, durante a estadía da artista en México, e que precisou de todo este tempo para madurar, escribirse e reescribirse. Nese ano Alonso presentou en México a obra O colibrí vermello, que está no xerme deste proxecto, vencellado coas historias e rituais máxicos asociados ao colibrí nas culturas precolombinas, e moi en liña co interese da artista sobre as relacións entre ciencia e superstición.

Sobre o seu proxecto específico para o MARCO, sinala Rosendo Cid: “A partir do título albíscase a intención chave deste proxecto expositivo, desviándome do meramente descritivo para afondar no feito mesmo de todo acto creativo como mero ocorrer, como acontecemento, sendo consciente de todo aquilo que aconteza antes de que a peza estea completada pero que igualmente está implícito cando se finaliza.”

Salvador Cidrás (Moaña, 1965) e Juan Cidrás (Vigo, 1968) forman, dende 2015, un colectivo artístico que investiga o medio cerámico e téxtil dende unha perspectiva escultórica e pictórica, respectivamente. “O noso traballo céntrase na forma e o concepto de ‘aberrante’, aquilo que se aparta do que se considera normal, natural ou correcto, en oposición ao que se aferra –a convención– ou o que é formal. As pezas maniféstanse capaces de establecer relacións entre elas e mudar, xa sexa a través da forma, a cor ou a súa instalación no espazo.”

Mar Vicente (Lugo, 1979) propón un proxecto específico para os espazos do MARCO, en sintonía cun traballo que se caracteriza pola economía de elementos cromáticos e compositivos, e pola experimentación coa forma vencellada á transformación do soporte pictórico. O punto de partida é o cadrado, que a artista desenvolve cara a terceira dimensión. O cubo, como o seu volume máis directo, adopta actitudes non convencionais que, xunto á iluminación cambiante e o punto dende onde se observa, afectan á percepción dos volumes e dos espazos.

Do 12 de abril ao 12 de setembro. 

«Etérea”

16

Venres| Abril

Na exposición « Etérea«, Din Matamoro toma como punto de partida unha soada premisa de Kandinsky: “O branco é o gran silencio cheo de cousas posibles”. Esta mostra reúne unha selección da súa obra dos últimos anos, centrada no estudo da cor, acompañada doutras pezas de épocas anteriores que, como todo o traballo deste artista, implica todo un ensaio sobre a percepción, os seus mecanismos e emocións. A intención é que a súa obra véxase íntima, completa, que o espectador poida sentir a aparición e a aproximación lenta da cor na súa mirada, a enerxía interior que hai detrás da pel de cada pintura, gardando entre elas un espazo xeneroso. Pinturas que se moven, que non se conxelan no tempo despois de ser pintadas, que conservan un latexado, unha enerxía que se despraza #ante a mirada, sutilmente, como a luz cenital ao longo do día, ou a luz e as cores que se moven nas pantallas de cinema. Se nos paramos a contemplar, a cor cambiará de intensidade e descubriremos o seu carácter íntimo, certo misterio, a súa forza interior e, a un tempo, o tráxico cósmico no que o ser humano non é máis que un eco, unha resonancia.

Do 16 de abril ao 12 de setembro. 

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Español