
“Baltasar Garzón”
31
Luns/Marzo
Ateneo de Pontevedra-FIBGAR
Ateneo de Pontevedra en colaboración coa Fundación Internacional Baltasar Garzón (FIBGAR) organiza a palestra A Xustiza, é xusta? presentada por Carmen Durán e na que intervirán Baltasar Garzón (xurista), Sonia Rodríguez (profesora de Filosofía do Dereito da USC) e mais Xulio Ferreiro (decano da Facultade de Dereito da UDC).
O acto terá lugar o vindeiro luns 31 de marzo, ás 19:00 horas, no Salón de actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia (rúa Benito Corbal, 47, Pontevedra).
A entrada é libre ata completar capacidade.
Ás 19:00 horas
Salón de actos da Xunta de Galicia rúa Benito Corbal, 47, Pontevedra

“Taller saudable”
31
Luns/Marzo
Pontebrújula
Taller de alimentación saudable a cargo de María López Fernández
E se comer saudable fose máis sinxelo (e saboroso) do que crees? Non falamos dunha dieta milagre. Nin de contar calorías. Nin de renunciar a todo o que che gusta. Falamos dun taller práctico, con sabor a realidade, para axudarche a entender como alimentarche mellor sen perder a cabeza (nin o apetito). E o mellor: farémolo en tribo, como todo o que facemos en Pontebrújula. Impárteo María López Fernández, dietista – nutricionista, colexiada n.º GA00028. Son diplomada en Nutrición Humana e Dietética e encántame axudar ás persoas para reconciliarse coa comida desde o respecto e o goce.
Vémonos na nosa sede brujulera 15€ persoas non socias / 10€ persoas socias Reserva a túa praza desde xa, que voan. Escríbenos por privado ou ao correo: hola@pontebrujula.com.
Ás 19:30 horas
Pontebrújula, Peregrina nº 1, Pontevedra.

“Sentinelas da lúa carnesí”
1
Martes/Abril
Faladoiro VIP: Sentinelas da Lúa Carmesí
Andrés Castro e Alexendre Senande protagonizan este faladoiro sobre Sentinelas da Lúa Carmesí.
Desde os albores dos tempos, seres míticos e humanos coexistían en paz e harmonía. Pero un día, os homes comezaron a perseguir o que non comprendían. Tres mouras foron confundidas con bruxas e condenadas á fogueira. Unha delas fuxiu, propagando unha maldición que case acaba coa humanidade enteira.
As criaturas mitolóxicas acordaron entón manter a moura encerrada mediante un conxuro ligado á non intervención do humano devir. A lenda di que unha cría humana será quen volverá unir ambos os mundos…
Faladoiro VIP aberto ao público xeral. Acceso libre ata completar a cabida
Ás 19.00
Sala VIP do Pazo da Cultura, Pontevedra

“Feminismo e política”
1
Mércores/Abril
Concello de Pontevedra
Segundo dos Faladoiros Feministas, “Feminismo e política”, que reunirá a tres deputadas de diferentes formacións políticas: Raquel Arias Rodríguez (PP), Paloma Castro Rey (PSdeG-PSOE) e Olalla Rodil Fernández (BNG). O encontro, moderado pola xornalista María Varela Abelairas, abordará as barreiras que enfrontan as mulleres dentro e fóra do ámbito político.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Ás 19:00 horas
Sala multiusos do Teatro Principal, Pontevedra

“Música de Cámara”
1,3
Martes, Xoves/Abril
Música de Cámara Concerto de profesores
Auditorio CMUS Conservatorio Manuel Quiroga
Entrada de balde
19:00 horas
Ás 19.00
Auditorio CMUS, Pontevedra

“Arte solidario”
1
Martes/Abril
Liceo Casino
Máis dunha treintena de artistas participan na mostra comisariada por Mito Meijón e coordinada por Antón Sobral.
Trátase dunha iniciativa solidaria impulsada polo Grupo Estela para recaudar fondos para o proxecto de educación inclusiva da Fundación Vicente Ferrer.
Do 1 ao 21 de Abril
Liceo Casino, Pontevedra.

“Metropolice”
1
Martes/Abril
F.U.L.A.N.A.S.
Actividade de lectura conxunta e debate
O martes día 1 de abril no Ye Olde Basset ás 20:00
Non tes que ler o libro con anterioridade, nós levámolo á xuntanza e lémolo todes xuntes con pausas para o debate.
Actividade mixta para mulleres, homes e persoas non binarias.
“O poder clasista e colonial que se exerce na urbe e a densa trama de territorios e suxeitos que a compoñen; un poder cuxo actor privilexiado é o que hoxe coñecemos como policía.”
Ás 20:00 horas
Ye Olde Basset, Pontevedra

“Grand tour”
1
Martes/Abril
Cineclube Pontevedra
GRAND TOUR Miguel Gomes, 2024, Portugal, 129 min., VOSE
Lingua orixinal: portugués, chinés, tailandés, francés, birmano, vietnamita, filipino, xaponés
Non recomendado para menores de 12 anos
1917, Birmania. Edward é un funcionario do Imperio Británico destinado en Rangún. Ante a inminente chegada de Molly, a súa prometida, entra en pánico e foxe. Durante a súa viaxe, non obstante, o pánico deixa paso á melancolía. Contemplando o baleiro da súa existencia, o covarde de Edward pregúntase que será de Molly. Mais Molly, decidida a casar e divertida pola xogada de Edward, séguelle a pista a través de distintos lugares de Asia.
Premio á Mellor Dirección en Cannes 2024
Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra.

“Mulleres de Honduras”
2
Mércores/Abril
Comercio Xusto
Ás 18:00 horas.
Galeria Oliva 13 Pontevedra.

“A tradución tamén existe”
2
Mércores/Abril
Faladoiro VIP: A traducion tamén existe
Faladoiro con Isabel Soto e Xavier Senín, as persoas homenaxeadas no Salón sobre o seu traballo como tradutores, perspectivas da profesión e curiosidades, entre outras moitos aspectos.
Faladoiro VIP aberto ao público xeral. Acceso libre ata completar a cabida
Ás 19.00
Sala VIP do Pazo da Cultura, Pontevedra

“El Pico”
2
Mércores/Abril
El pico. Eloy de la Iglesia Ano 1983. 104 min. España
Bilbao, anos 80. Un Comandante da Garda Civil descobre que o seu fillo Paco de 17 anos, que espera que ingrese na Academia Militar, é heroinómano. Urko, o mellor amigo de Paco e fillo dun dirixente abertzale, tamén é heroinómano. Nun momento dado, Paco foxe de casa levándose unha pistola do seu pai. Mentres o Comandante inicia a procura do seu fillo acompañado do pai de Urko, empeza a descubrir un mundo descoñecido e aos poucos prodúcense nel importantes cambios.
Ás 19.00
Salón de actos da Facultade de Belas Artes, Pontevedra

“Cordas no Museo”
2
Mércores/Abril
Concerto de Cordas no Museo de Pontevedra.
CMUS )Departamento de corda)
Entrada de balde
19:00 horas Edificio Castelao
Ás 19.00
Edificio Castelao do Museo, Pontevedra

“Alberto Baraya”
2
Mércores/ Abril
Fundación RAC
Inauguración do artista Alberto Baraya o próximo mércoles 2 de abril ás 20hrs.
Os esperamos para compartir arte e flores
A entrada é libre e gratuíta, ata completar aforo.
Ás 20:00 horas
Fundación RAC, Rúa Sarmiento 41, Pontevedra.

“Intemperie”
2
Mércores/ Abril
Fundación Cuña-Casasbellas
Ciclo de cine “Outras terras, outros ámbitos
“Intemperie” Direc.: Benito Zambrano España, 2019, 103′
Un neno que escapou do seu pobo escoita os berros dos homes que lle buscan. O que queda ante el é unha chaira infinita e árida que deberá atravesar se quere afastarse definitivamente do inferno do que foxe. Ante a espreita dos seus perseguidores ao servizo do capataz do pobo, os seus pasos cruzaranse cos dun pastor que lle ofrece protección e, a partir dese momento, xa nada será igual para ningún dos dous.
A entrada é libre e gratuíta, ata completar aforo.
Ás 20:00 horas
Sala Versus, Pontevedra.

“Paula Carballeira”
3
Xoves/Abril
EOI Pontevedra
Ás 18:00 horas
EOI Pontevedra, Pontevedra.

“Isaac Díaz Pardo”
3
Xoves/Abril
Museo de Pontevedra
Conferencia: “Isaac Díaz Pardo. Memoria do compromiso”, por Xosé Ramón Fandiño
Foto: Eduardo Montes-Bradley (CC BY-SA)
O Día das Artes Galegas homenaxea este ano unha das persoas que máis traballou pola cultura galega no século xx, desde unha perspectiva comprometida e con afán transformador. Xosé Ramón Fandiño, escritor, investigador e membro do padroado do Museo do Pobo Galego, achegarase á súa figura.
O Día das Artes Galegas foi instituído pola Real Academia Galega de Belas Artes para homenaxear unha figura destacada das nosas artes. En edicións anteriores, as persoas ás que se lles dedicou foron o Mestre Mateo, Castelao, Maruja Mallo, Daniel de la Sota, Luis Seoane, Domingo de Andrade, Laxeiro, Martín Codax e Francisco Asorey
Ás 19:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra

“Castelao nos anos da guerra…”
3
Xoves/Abril
Ateneo de Pontevedra
O Ateneo de Pontevedra organiza a conferencia “Castelao nos anos da Guerra civil: Viaxe á Unión Soviética, prosovietismo e filocomunismo”, impartida por Xesús Alonso Montero.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Ás 19:00 horas
Espazo Nemonón, Pontevedra

“Béatrice,Tamara e Oriana”
3
Xoves/ Abril
Libraría Paz e Salón do libro
Entrada libre ata completar cabida.
Ás 19:00 horas
Libraría Paz, Pontevedra.

“Alfredo Conde”
3
Xoves/Abril
Librería Cronopios
Alfredo Conde presenta o seu novo libro Ruídos de fondo en Cronopios este xoves 3 de abril ás 19:00h. Escrita en primeira persoa, o protagonista desta historia é un home peculiar cuxo descreimiento non lle impide entender e perdoar as equivocacións e debilidades alleas, á vez que as propias. Tras sufrir un ataque cardíaco, o avogado aínda en exercicio que protagoniza esta novela intercambia anécdotas vitais e historias inventadas coas novas amizades que fai nun hospital de provincias. As biografías ou vidas paralelas destas persoas son os “ruídos de fondo” que acompañan a existencia de todos os seres humanos e que talvez sexan tan importantes como o resto dos sons que nos rodean. Con esta novela, Alfredo Conde fai a súa primeira incursión no xénero da autoficción
A entrada é libre ata completar capacidade.
Ás 19:00 horas
Libraría Cronopios, Pontevedra

“Bonnie Cooper”
3
Xoves/Abril
A soprano Bonnie Cooper protagoniza este concerto cun repertorio baseado nalgunhas das grandes bandas sonoras do cine.
Público familiar
Acceso libre ata completar cabida
Ás 20:00 horas
Teatro principal, Pontevedra

“Ceibe”
3
Xoves/Abril
Concello de Pontevedra
Ceibe afonda na relación entre o xénero e a nosa tradición neste caso o baile tradicional galego. Trátase de entender que é o xénero para nós como individuos, como colectivo e tamén como sociedade. Reflexiona sobre as categorías de xénero e os seus estereotipos, impostos socialmente para establecer distancia coa normatividade e arrastrala cara ás marxes e, desde aí, formular e construír novas formas de entender o corpo e o movemento. Cuestiona as identidades de xénero normativas e hexemónicas para comprender e compartir que o xénero opera sobre todos os corpos.
Dirección: Fran Sieira e Sergio R. Suárez.
Elenco: María Montero, Patricia Sánchez, André Adrio, Artur Puga, Martín Mondragón, Adela Otero, Cristina Canosa, Aida Tarrío, Adrao Casal e Francisco Sieiras. Duración: 55 min
Ás 21:00 horas
A Pazo da cultura, Pontevedra

“Día da actividade física”
4
Venres/Abril
Concello de Pontevedra
Para conmemorar o día da actividade física o Concello de Pontevedra e o Servicio Galego de Saúde propoñen:
- Unha andaina 2, 3 km dende o centro ata os diferentes centros de saúde da cidade
- Exercicios de forza, equilibrio e coordinación
- Taller de nutrición
- Baile
A sesión estará impartida polo persoal do centro de saúde
Anotarse no mesmo centro de saúde: Virxen Peregrina, A Parda, Lérez ou Monteporreiro
De 10:00 a 13:00 horas
Centros de Saúde de Pontevedra

“Outras historias posibles”
4
Venres/Abril
Afundación
OUTRAS HISTORIAS POSIBLES presenta o traballo de seis destacadas artistas nacidas na década dos 50, con fortes vencellos a Galicia, tanto nas súas vidas coma nas súas carreiras profesionais. Elas son Ana García Pan, Emilia Guimeráns, Anne Heyvaert, Tusi Sandoval, Blanca Silva e Laura Terré, mulleres cunha especial presenza na arte dos 80, grazas á súa innovadora visión. Esta exposición explora agora desde o Café Moderno Afundación Pontevedra as súas creacións e descúbrenos como o seu legado influíu na arte contemporánea, ofrecendo novas perspectivas e reivindicando o seu espazo na historia. Comisaria | Susana Cendán
VISITA GUIADA INAUGURAL 4 ABR | 19.00 h
Reserva entrada Gratuíta!
Do 4 de abril ao 31 de Maio
Café Moderno, Pontevedra.

“Animal”
4
Venres/ Abril
Campus Crea
A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a proxección de Animal (2021), de Cyril Dion, na primeira sesión do ciclo de cinema Sobre vivir (II). Promovido polo Campus Crea, co apoio da Deputación de Pontevedra, no marco das actividades da Semana CREA, sete proxeccións integran unha programación que afonda na capacidade do cinema para ilustrar a relación entre o ser humano e o medio ambiente, así como para presentar ás persoas como parte dun ecosistema ambiental e social.
Entrada libre ata completar cabida.
Ás 19:00 horas
Casa das Campás, Pontevedra.

“David Gago”
4
Venres/ Abril
Libraría Paz
David Gago Sampedro – Escritor presenta o seu novo libro acompañado de Miguel González Beltrán
Entrada libre ata completar cabida.
Ás 19:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra.

“Contos da Revoluçom”
4
Venres/Abril
Salón do libro e A Pedreira
Contos da Revoluçom: De Neira Vilas a Brassens.
Contos e música con Dani Blanco e Zé Pumar
Disque cando unha bolboreta axita as súas ás en Autralia, pode provocar un furacán en América. Tamén chamada teoría do caos. A revolución do caos, non chega cunha bolboreta, nace con Neira Vilas, mellor con “Memorias dun neno labrego”, e xa non hai volta atrás, arrástrao todo. Unha revolución que nos vai levar desde Buenos aires ata a caída do muro de Berlín. Esta viaxe vai facer parada en maio do 68, nas barricadas de París, na chegada dos Tamara a sala Olympia, Lacán e ata un boxeador ruso afincado en Cangas sempre acompañados da música de Brassens. Unha banda sonora en francés que nos vai acompañar neste camiño da revolución provocada por “Memorias dun neno labrego”. Sempre en clave de humor un espectáculo estreado en xullo do 2024 no Festival Atlantica de narración oral.
Actividade en colaboración coa asociación A Pedreira
Público adulto
Acceso libre ata completar cabida
Ás 20:00 horas.
O Mercado, Pontevedra.

“Drink & Draw”
4
Venres/Abril
Galería Tangram
Drink & Draw
¡Volve a noite de arte e creatividade libre en Tangram! Entrada gratis, trae o teu material o usa o noso. (+18)
Info: galeriatangram@gmail.com
Ás 20:00 horas.
Galería Tangram, Rosalía de Castro 32, Pontevedra.

“Taller de cerámica”
5
Sábado/Abril
Galería Tangram
Taller mensual de Cerámica
¡Crea a túa peza coa axuda da nosa querida Maria de @tikismikisartesania !
Prezo: 35€ menores de 10 anos 15€
Info: galeriatangram@gmail.com
De 10:30 a 13:00 horas.
Galería Tangram, Rosalía de Castro 32, Pontevedra.

“Aña urbana”
5
Sábado/Abril
Volve a Aña Urbana este sábado 5 de abril. Imos tomar as rúas e as prazas de Pontevedra e enchelas de música e baile. Animádevos
Ás 11:30 horas
Praza de España, Pontevedra

“Desconcerto”
5
Sábado/Abril
Mímate
Concerto o próximo 5 de abril da man de @desconcertooficial
O vas perder? contrataciones do grupo: desconcertosc@gmail.com
Ás 13:00 horas.
Mímate, rúa Real 13, Pontevedra.

“Fotobordado”
5
Sábado/Abril
Workshop fotobordado
Duración: ata 3 horas
Prezo: 50€ (materiais incluidos)
¡Prazas limitadas!
Workshop impartido por Mirian de @burbullasdefio
Reserva de plazas vía DM a @burbullasdefio
Ás 16:00 horas
Kurinuki Praza de España 1, Pontevedra

“Terrario eterno”
5
Sábado/Abril
Se che encantan as plantas este é o teu taller. Aprenderás a elaborar un xardín eterno dentro dun bote de cristal. Explicarémosche que plantas son as máis adecuadas, que substratos empregar e como coidalo. Os materiais están incluídos
Ás 16:30 horas
`Rúa Sarmiento 11,baixo, Pontevedra.

“Ledicia Costas”
5
Sábado/Abril
Conversa arredor de Jules Verne e as mulleres planta
Faladoiro con Ledicia Costas arredor da súa obra Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, o seu universo creativo e os referentes da súa escrita.
Ás 19.00
Sala VIP do Pazo da Cultura, Pontevedra

“Tomás Merlo”
5
Sábado/Abril
Seminario de Jazz de Pontevedra
Ás 21.00
Teatro principal, Pontevedra

“Javier Cabo”
29
Sábado/Marzo
Deputación de Pontevedra
A Deputación Pontevedra inaugura este sábado 29 de Marzo, unha nova exposición no Palacete das Mendoza
Do 29 de Marzo ao 13 de Abril 2025
Palacete das Mendoza, Pontevedra.

“Camaradas”
28
Venres/Marzo
Fundación Manuel Moldes
Nova exposición dará continuidade ao compromiso da Fundación Manuel Moldes de Pontevedra de recuperar e dar visibilidade ao legado deste artista da cidade do Lérez. Así, e «seguindo con esta liña de pensamento, a Fundación presenta agora Camaradas, unha exposición na que reúne a Manuel Moldes con Mon Vasco, Ignacio Basallo, Luís Borrajo, Guillermo Monroy, Correa Corredoira, Xaime Cabanas, Jorge Barbi e Francisco Mantecón tomando como nexo a amizade que Moldes compartía con cada un deles». Dende a Fundación Manuel Moldes engadiron que «a maioría destes artistas, así como o propio Moldes, foron integrantes de Atlántica (grupo renovador da plástica galega nos anos 80 do pasado século) e deron, e inda dan, forma ó panorama artístico de Galiza». A Voz de Galicia
Do 28 de Marzo a Novembro 2025
Fundación Manuel Moldes, Pontevedra.

“Verse outra vez”
25
Martes/Marzo
Facultade de Belas Artes
A Sala O Abrigo, da Facultade de Belas Artes, acolle a inauguración da exposición Verse outra vez, ao revés tamén funciona, que presenta unha selección das pezas xeradas no marco do curso de extensión universitaria do mesmo nome, desenvolvido o pasado verán nesta facultade e impartido pola artista e docente Iria Vázquez, xunto coa docente e cineasta Xisela Franco.
Comisariada por Vázquez, a mostra aborda tamén os procesos e dinámicas xerados no marco deste curso, formulado como un espazo de experimentación sobre o carácter performático da creación. Con obras de Patricia Álvarez, Uxía Bustbem, Celeste Garrido, Mónica Lago, Pablo Martínez, Carmela Omil, Paula Romay, Miriam Rodríguez e Jimena Rodríguez, esta exposición poderá visitarse ata o 4 de abril, de luns a venres de 8.00 a 21.00 horas.
Do 25 de Marzo ao 4 de Abril 2025
O Abrigo, Facultade de Belas Artes, Pontevedra

“Ruinas de San Domingos”
15
Sábado/ Marzo
Museo de Pontevedra
Visita as Ruínas de San Domingos, un dos edificios máis emblemáticos da cidade de Pontevedra, que forma parte do conxunto de sete edificios do noso Museo. Pódense visitar os restos do que foi o convento dominico da cidade, con moito que ver:
Desde o 15 de marzo ata o 31 de outubro
Ruinas de San Domingos, Pontevedra.

“Coral Polifónica”
14
Venres/Marzo
Museo de Pontevedra
A Sociedad Coral Polifónica Pontevedra está de centenario. O Museo de Pontevedra revisa os seus 100 anos de historia a través das imaxes, os personaxes e os feitos que marcaron un proxecto capital da cultura galega.
A exposición inaugúrase este venres 14 de marzo ás 19:00 h no Edificio Castelao.
Do 14 de Marzo ao 20 de Abril 2025
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.

“Grazas pola súa visita”
13
Xoves/Marzo
Facultade de Belas Artes
A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes acolle a inauguración da exposición Bar-Cafetería. Grazas pola súa visita, que reúne as obras de Alberto Ardid, o colectivo Rapapawn, integrado por Cynthia Alfonso e Óscar Raña, e Tayone, todos eles artistas formados na Facultade de Belas Artes. Coa xestora cultural e tamén egresada deste centro Sara Donoso como comisaria, trátase dun proxecto que transcende á mostra artística convencional para converterse nun acto de reivindicación sobre a necesidade da reapertura da cafetaría da facultade como espazo de encontro.
A exposición poderá visitarse ata o 30 de marzo e durante este período albergará á súa vez dúas mostras efémeras, que serán levadas a cabo polo alumnado, guiado por Alfonso e Raña e polo profesor e coordinador da sala, Ignacio Pérez-Jofre.
Do 13 ao 30 de maio.
Sala Manuel Moldes, Facultade de Belas Artes, Pontevedra.

“Pinturas negras”
21
Venres/Febreiro
Museo de Pontevedra
‘Pinturas Negras‘
Do 21 de febreiro ao 6 de Abril 2025
Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra
Proximamente

“Lucía Estévez”
9
Mércores/ Abril
Facultade de Comunicación e Agadic
A Aula de Cine da Facultade de Comunicación acolle a última sesión da décimo cuarta edición da Máster Class Audiovisual Galego Augal, promovida co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), da Xunta de Galicia, e coordinada polos profesores Miguel Anxo Fernández e Paulino Pérez. Baixo o título de A nosa canteira. A dirección novel, esta sesión terá como protagonista á directora e egresada da facultade Lucía Estévez, quen falará do seu traballo nas series de televisión Los argonautas e Weiss & Morales.
Tras o coloquio con Estévez, terá lugar o acto de clausura e entrega de diplomas desta edición de Augal, coa participación do director da Agadic, Jacobo Sutil.
Ás 16:00 horas
Facultade de comunicación de Pontevedra.

“Vedetismo ilustrado”
12
Sábado/Abril
Galería Tangram
Vedetismo Ilustrado
Curso intensivo de cabaret con @iria_pinheiro_santos e @yolandapazcabaretyburlesque
Prezo: 50€.
Info: galeriatangram@gmail.com
De 11:00 a 14:00 horas.
Galería Tangram, Rosalía de Castro 32, Pontevedra.

“I Certame Bandas Cofrades”
12
Sábado/Abril
I Certame de Bandas Cofrades de Pontevedra que se celebrará os sábados 29 de marzo e 12 de abril, no que a nosa Banda participará na segunda xornada.
Ás 18:00 horas na Praza de España
Ás 18:00 horas
Praza de España, Pontevedra.

“Rodrigo Cuevas”
12
Sábado/Abril
A exitosa xira “La Romería” chega ao seu fin o sábado 12 de abril de 2025, en Pontevedra.
Premio Nacional das Músicas Actuais 2023, Premio Arco Iris 2022 do Ministerio de Igualdade, Premio Ojo Crítico de RNE de 2021 ás Músicas Modernas, Premio MIN 2020 ao “Artista Revelación” e ao “Mellor Álbum de Fusión e Músicas do mundo”, Premiu Camaretá ao meyor cantar pola súa composición xa himno “Rambalín”, Rodrigo Cuevas (Oviedo,1985) é un fenómeno das artes escénicas e da comunicación no seu máis vasto sentido; un artista total en proceso constante de crecemento sostible.
Ás 19:00 horas
Pazo da Cultura, Pontevedra
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥