
“O eterno Feminino”
4
Luns/Abril
O ETERNO FEMININO. Exposición de Noelia Prado Fernández, no Ateneo Santa Cecilia
Inauguración o luns, 4 de abril, ás 20:00 horas no noso local.
O horario de visita a exposición é de martes a venres de 17:30 a 20:30 e de 11:00 a 13:00 os sábados.
“O Eterno Feminino pretende dar unha visión ácida e irónica sobre a construción patriarcal da feminidade e da identidade feminina. Para lograr este obxectivo, utilizo como ferramenta un punto de vista cotidiá, íntimo e afastado dunha beleza estereotipada polo consumo.” Noelia Prado Fernández
Do 4 ao 20 de abril 2022
Ateneo Santa Cecilia de Marín
“Toni Erdmann”
4
Luns/Abril
Elas volven ser as protagonistas do noso ciclo de cine. Tres películas que dan voz a mulleres valentes, atrevidas e loitadoras, amosando diversos temas como a reivindicación de dereitos, o voto, a soidade ou o traballo digno. Un ciclo transversal que ten como eixo vertebrador o empoderamento das mulleres no mundo.
“Toni Erdmann” Maren Ade | Alemania | 2016 | 156 min | NRM16
Inés leva unha vida perfectamente ordenada centrada no seu traballo. A súa existencia vese alterada pola visita do seu pai, do que se avergoña pero que a axudará a dar un novo sentido á súa vida a través dun personaxe imaxinario.
Esta actividade enmárcase en CULTURA POR ALIMENTOS, unha iniciativa de Afundación en prol de FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos).
O acceso será a cambio da entrega dalgún alimento non perecedoiro, que se poderá depositar no recinto, e irá destinado ao banco de alimentos local, mais previamente deberás reservar praza a través de Ataquilla.com sen ningún custo.
Reserva a túa entrada en Ataquilla.com! DE BALDE!
Ás 19:30 horas
Sede da Afundación Pontevedra

“Medio Ambiente”
4
Luns/Abril
A Casa das Campás (Vicerreitoría do Campus Universitario de Pontevedra) acollerá durante os meses de marzo e abril cinco sesións públicas destinadas a presentar as conclusións das Mesas de Traballo ou Lab’s desenvolvidos no marco do programa Laboratorio da Infancia, impulsado pola Concellería de Educación con financiamento nun 80% polo Fondo Europeo Feder a través da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado (Edusi). Os foros, orientados a fomentar a participación pública no deseño da cidade do futuro para a nosa infancia.
Trátase de Mesas de Traballo compostas por grupos de profesionais expertos nas diversas áreas que, desde o pasado mes de novembro, mantiveron reunións no Pazo da Cultura para realizar o diagnóstico da situación do concello de Pontevedra e a súa infancia.
“Os asistentes poderán facer suxestións, comentarios ou achegas que poderán ser engadidas no deseño da estratexia final”.
De 19:00 a 21:30 horas
Casa das campás. Pontevedra

“Descubre Pontevedra”
5
Martes/Abril
Ás 16:50 Horas
Igresa da Peregrina

“De Nacionalismo(s) e Capitalismo”
5
Martes/Abril
O Ateneo de Pontevedra organiza, dentro do Seminario Permanente de Filosofía, a conferencia De Nacionalismo(s) e Capitalismo, impartida polo doutor en Filosofía Domingos Antom Garcia Fernandes. O acto terá lugar o vindeiro martes, 5 de abril, ás 20 horas, sala de conferencias da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.
Sinopse
Domingos Antom Garcia desenvolverá os seguintes apartados:
“Uma primeira epígrafe em que, depois de explicar algumas visons da problemática nacional, perguntaremos se o nacionalismo, como assinala Rudolf Rocker, é uma religiom, empregada pola minoria dominante para manter a sua hegemonia; ou se só vai fazer sentido em urdime com a classe e com o género, como dizia Rosa Luxemburgo; ou se nom existe o perigo, apontado por Étienne Balibar, de converter as generaçons, que se sucedem num território, em herdeiras duma classe de essência invariável e de pensar num fado que marca uma trajectória inamovível cara a uma meta inevitável…
Uma segunda rúbrica para examinar alguns argumentos a favor e contra do nacionalismo na sociedade atual, ao tempo que se descrevem os elementos nucleares do mesmo, para elucidar se é uma teoria política valiosa ou pesam mais as críticas para a rejeitar ao nível político e também no campo da moralidade. Assim mesmo tentará-se esclarecer se os nacionalismos e as suas divisons som arbitrárias, se há nacionalismos incompatíveis, se se trata de comunidades éticas ou se traçam fronteiras internas…
Um terceiro título para se referir à identidade biológica, à sociocultural e à individual; analisar se o neoliberalismo fragmenta a identidade da classe obreira; disputar a respeito do já antiga, mas de plena atualidade, temática do reconhecimento e redistribuiçom; olhar se o mercado político da diversidade ocultou as posiçons de classe; escutrinar superstiçons, mitos, romantismos e falácias; aludir a identidades essencializadas, fechadas, exclusivas, opressoras, assassinas…; observar como os fundamentalismos mascaram estrategias de controlo e manipulaçom…
Ás 20:00 Horas
Casa das Campás

“Os anos do silencio”
6
Mércores/Abril
Os anos do silencio
O historiador Xosé Álvarez Castro presenta ‘Os anos do silencio. Represión e resistencia na provincia de Pontevedra (1936-1951)’ no Salón Nobre do Pazo da Deputación de Pontevedra.
No acto intervirán María Ortega (deputada de Memoria Histórica), Fran Alonso (editor), María Lores Torres (neta de represaliado) e o autor.
‘Os anos do silencio. Represión e resistencia na provincia de Pontevedra (1936-1951)’ editado por Xerais completa a investigación de «Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión (1936-1939)», publicado tamén por Xerais en 2013.
Adoptando un tratamento crítico e rigoroso das variadas fontes documentais que o autor emprega, o libro presenta un enfoque didáctico e divulgativo
Ás 19:00 horas
Salón de plenos da Deputación de Pontevedra

“A presenza invisible”
7
Xoves/Marzo
Do 7 de abril ao 12 de xuño
Edificio Castelao

“Estampas do mundo elegante”
7
Xoves/Abril
Presentación do libro ‘Estampas dun mundo elegante‘ que contén os artigos de Chichi Campos publicados en A Nosa Terra e a participación de 37 autores/as que lle riden tributo.
Nesta presentación participan Nico Campos, o seu fillo e coordinador desta edición tributo editada por Tórculo, e o xornalista Manuel Barreiro.
Ás 19:30 horas
Libraría Paz

“Vida saudable”
7
Venres/Abril
A Casa das Campás (Vicerreitoría do Campus Universitario de Pontevedra) acollerá durante os meses de marzo e abril cinco sesións públicas destinadas a presentar as conclusións das Mesas de Traballo ou Lab’s desenvolvidos no marco do programa Laboratorio da Infancia, impulsado pola Concellería de Educación con financiamento nun 80% polo Fondo Europeo Feder a través da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado (Edusi). Os foros, orientados a fomentar a participación pública no deseño da cidade do futuro para a nosa infancia.
Trátase de Mesas de Traballo compostas por grupos de profesionais expertos nas diversas áreas que, desde o pasado mes de novembro, mantiveron reunións no Pazo da Cultura para realizar o diagnóstico da situación do concello de Pontevedra e a súa infancia.
“Os asistentes poderán facer suxestións, comentarios ou achegas que poderán ser engadidas no deseño da estratexia final”.
De 19:00 a 21:30 horas
Casa das campás. Pontevedra

“Os seres queridos”
7
Xoves/Abril
Presentación do libro ‘Os seres queridos‘, de Berta Dávila.
A autora será entrevistada pola periodista Susana Pedreira de @Ondacero
Un autorretrato incómodo que afonda nas arestas controvertidas da maternidade. Obra gañadora da XXXVIII edición do Premio Xerais de Novela 2021.
Cinco anos despois de ser nai, a protagonista desta novela atópase inesperadamente na disxuntiva de decidir se quere volver selo ou non. O recordo doloroso do primeiro ano de crianza do seu fillo devólvelle un reflexo da experiencia que non resulta doado encaixar, atravesado pola culpa e o arrepentimento. Desde o relato das derradeiras semanas do ano, onde as reunións familiares se mesturan con acontecementos repentinos, a narradora fálanos da familia e da parella, dos lazos que non se escollen, pero tamén do loito, da amizade e da capacidade da literatura para recoller aquilo ao que nos custa poñerlle nome.Berta Dávila configura en «Os seres queridos», Premio Xerais de Novela 2021, un autorretrato incómodo sobre o que significa o amor maternal, unha historia que afonda nas arestas controvertidas da maternidade e confronta o relato edulcorado. Pero, por enriba de todo, a autora constrúe unha novela sobre os vínculos que nos atrapan e nos sosteñen, sobre se iso que somos é tamén o que queremos ser.
Ás 19:00 horas
Librería Cronopios

“75 apertas de buxo irmandadas para Pintor”
7
Xoves/Abril
Pazo de Mugartegui
Presentación do libro ‘75 apertas de buxo irmandadas para Pintor” de Xosé Vázquez Pintor, edicións Fervenza.
Acompañarán a Xosé Vázquez Pintor os profesores e escritores David Otero, Fina Casalderrey e Baldomero Iglesias “Mero” e o alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores
Libro conmemorativo no que participan un total de 75 persoeiros, escritores, pintores e amigos de Xosé Vázquez Pintor que, cos seus escritos, colaboraron na elaboración desta obra homenaxe e nos que mostran o seu particular respecto e agarimo á figura do escritor.
Acto aberto a todo o público ata completar aforo.
Ás 20:00 horas
Pazo de Mugartegui Pontevedra

“Jam de dibujo”
7
Xoves/Abril
7 de abril Jam de dibujo con modelo en espacio Arroelo,
Michelena 11 3º andar
Máis información sibila.pr@gmail.com
Actividad a la gorra(aporta o que queiras)
Ás 19:00 horas
Espacio Arroelo Michelena 11 3º piso

“La tormenta perfecta, logística e suministros”
7
Xoves/Abril
O día 7 de abril, o Salón Noble acollerá un novo Afterwork organizado por AEMPE: “La Tormenta perfecta, logística y suministros” , ás 19,00 horas.
Os afterwork do Club Aempe nacen do concepto de networking: reunións realizadas nun contexto ameno e cercano, con actividades divertidas e de ocio. Trátase de coñecerse e charlar, creando un momento especial e productivo tras a xornada.
Ponentes invitados:
Javier Touza, Presidente de ARVI, Consejero Delegado de CHYMAR, S.A. Vicepresidente da CEP.
Xoan Martínez, Director General de KALEIDO Ideas & Logistics, Presidente do Cluster da fundación Logística de Galicia
Ás 19:00
Salón nobre do Liceo Casino

“Ruínas de San Domingos”
7
Xoves/Marzo
Achégase a primavera e iso significa que… Reabrimos as Ruínas de San Domingos! A partir do martes poderás visitar de novo o edificio máis antigo de todos os que forman parte deste museo. E se queres coñecer a súa historia, participa nas visitas guiadas que ofreceremos todos os xoves ás 12:00 h.
Xoves ás 12:00 horas

“Os Pazos de Ulloa”
7
Xoves/Abril
“Os pazos de Ulloa”
Autor: Emilia Pardo Bazán Versión: Eduardo Galán Dirección: Helena Pimenta
Reparto: Pere Ponce, Ariana Martínez, Marcial Álvarez, Francesc Galcerán, Esther Isla, David Huertas Producción: Secuencia3
“Helena Pimenta dirixe unha posta en escena onde, as emocións, a beleza plástica en escena son unha constante” Unha alegación contra a violencia e a crueldade, centrándose no enfrontamento entre o desexo, a paixón e o amor, a violencia rural do mundo caciquil e a cortesía e as boas maneiras da cidade (Santiago de Compostela). Pola obra desfilan un cacique, unha curilla con paixóns contidas, unha muller namorada…
Ás 20:30
Fundación Abanca Pontevedra

“100 lúas cadradas”
8
Venres/Abril
Estrelas adolescentes, berces estelares, fósiles cósmicos, restos estelares, universos illa ou cúmulos galácticos. Estes son algúns dos fenómenos astronómicos representados nas fotografías realizadas no Observatorio do Teide, do Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC), que desde este venres poden contemplarse na sede da Vicerreitoría do campus, que acolle a exposición itinerante 100 Lunas Cuadradas. Inserida no plan anual de actividades da Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade (UCC+i) Ciencia de ida e volta, que conta coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología-Ministerio de Ciencia e Innovación. A exposición abrangue diferentes tipos de obxectos astronómicos e algúns descubrimentos relevantes en astrofísica, como sistemas exo-planetarios, fósiles cósmicos, lápidas fugaces ou grupos galácticos.
De carácter didáctico, trátase dunha exposición que o IAC puxo en marcha no marco do proxecto Niépce: do negativo ao positivo, desenvolvido co gallo dos 200 anos das primeiras imaxes fotográficas da historia. A través desta mostra, a astronomía buscaba render homenaxe á fotografía por ter permitido multiplicar os datos obtidos cos telescopios. Conformada por nove paneis, a exposición recibe o seu nome das dimensións das nove fotografías que a compoñen, que, segundo explican os seus promotores, “son dez veces por cada lado o tamaño aparente da lúa, que se utiliza como unidade de medida”, de tal xeito que cada unha delas representaría unha área de “100 lúas cadradas”
Do 8 de Abril ao 13 de Maio
Casa das campás
“Alicia xa non vive aquí”
8
Venres/Abril
Alicia xa non vive aquí 1974 113 min. Estados Unidos Martin Scorsese
Alice Hyatt, casada cun repartidor e nai dun rebelde fillo de once anos, leva unha vida mediocre en Socorro (Novo México). Un día, conversando co seu confidente e veciña, recibe a noticia de que o seu marido faleceu nun accidente de tráfico. A partir dese instante exponse cambiar totalmente de vida e, tras vender as súas escasas pertenzas, ela e o seu fillo diríxense a Monterrey ( California), a súa cidade natal e o único lugar onde Alice cre que poderá facer realidade o soño da súa vida: cantar
Ás 19:00 horas
Casa das campás

“Esperanza o el amanecer de la libertad”
8
Venres/Abril
Alberto Domínguez Munáiz presenta o seu novo libro “Esperanza o el amanecer de la libertad“, con prólogo do Papa Francisco.
Estará acompañado de música de piano e violín. Salón noble Entrada libre Aforo limitado
Ás 20:15
Salón nobre do Liceo Casino

“A Mar e as Cores da Alma”
8
Venres/Abril
Palacete das Mendoza
O venres 8 de abril inaugúrase a expposición ” A mar e as cores do alma” de Rafael Loureiro.
O horario será de luns a venres de 10 a 14:00 e de 17:00 a 20:00.
Sábados de 10 a 14:00 e de 17:00 a 19:00.
Domingos e festivos de 10 a 14:00 horas
Do 8 a 24 de Abril
Palacete das Mendoza, Sala de Exposicións

“O inxenio dos mediocres”
8
Venres/Abril
Ás 20:00 horas
Espazo Nemonon (edificio Villa Pilar; rúa do Marqués de Riestra, 11-1º)

“Caamaño&Ameixeiras”
8
Venres/Abril
Caamaño&Ameixeiras é un dúo ligado á música e ao baile de raíz. Formado por Sabela Caamaño (acordeón cromático) e Antía Ameixeiras (violín e voz) en 2018. Aire! é o seu primeiro traballo discográfico, este traballo foi recoñecido recentemente co Premio Martín Códax da Música 2021 na categoría de Folk.
Ás 20:00 horas
Convento de Santa Clara, Pontevedra

“Concerto de primavera”
8
Venres/Abril
Ás 19:30 horas
Pazo da Cultura Pontevedra

“Individuas de dudosa moral”
8
Venres/Abril
Día dá actividade: 8 de abril de 11:30 h a 20 h
Prazo de inscrición: Dende o 20 de marzo
Durante a ditadura as mulleres foron as principais receptoras de castigos de marcado carácter sexista coma a rapa do pelo, a tatuaxe da pel, a inxestión obrigada de aceite de rícino ou as agresións sexuais.
O réxime relegounas ao ámbito do fogar, desbotando os avances en dereitos que comezaran a adquirir na etapa republicana, e foron tratadas como menores de idade e a súa sexualidade foilles negada. A Sección Femenina de Falange e a Igrexa marcaron as pautas do que debía ser a súa vida íntima, que non tiña máis finalidade que satisfacer as necesidades do varón.
Para entender como ese adoutrinamento condicionou a vida das mulleres, o departamento de Memoria Histórica da Deputación organiza as xornadas Individuas de Dudosa Moral: a Sexualidade Feminina, outra Vítima da Represión Franquista, nas que se abordará esta temática desde unha perspectiva ampla.
A xornada iniciarase ás 11:30 horas. Após a inauguración oficial, impartirase a charla “A negación da sexualidade das mulleres: a Sección Feminina” que impartirá a historiadora María Victoria Martins, especialista no estudo da represión con perspectiva de xénero.
A continuación, terá lugar unha mesa redonda baixo o título “O Patronato de Protección a la Mujer: un cárcere para as descarreiradas”. A represiva institución franquista será abordada por dúas das mulleres que máis a estudaron. Por unha banda, a xinecóloga Enriqueta Barranco, que investigou concretamente o centro lucense Nuestra Señora de los Ojos Grandes. Por outra, a xornalista Llum Quiñonero, presidenta de Acción Ciudadana contra la Impunidad del Franquismo e probablemente a persoa que máis investigou o funcionamento do Patronato a nivel estatal.
A sesión da tarde abrirase coa mesa redonda “O roubo de bebés”, coa presenza de Soledad Luque, presidenta da asociación Todos los Niños Robados Son también mis Niños, e a avogada das vítimas agrupadas nela, Maite Parejo, penalista experta en dereitos humanos. Haberá tamén unha intervención por videoconferencia de Marga Rodríguez, cuxo irmán foi roubado dunha clínica galega o día que naceu. A xornada finalizará coa intervención de Nanina Santos, historiadora e feminista, que falará sobre a represión contra as mulleres lesbianas, e proxectarase o documental de Art al Quadrat Sacar a la luz.
8 de Abril de 11:30 a 20 horas
Salón de plenos da Deputación de Pontevedra

“Obras en pequeno formato”
9
Sábado/Abril
Granero Delmás
Exposición colectiva en pequeno formato
Artistas: Manuel Chapela, Sofía Fernández de Ana, Tebo, Rafa Loureiro, Margarita Santiago, Olga López López, Xavier de Lus, Carmen Lazcano, Manuel Hermida e Antón Sobral
Inauguración. Sábado 9 de abril ás 12:00 horas
Lugar: Sala exposicións do GRANERO DELMAS
Galerías Oliva 2 Local 15 Pontevedra
Comisaria: PILAR DELMAS
Para mais información: 619432721
Ás 12:00 horas
Granero Delmás, Pontevedra

“Stricta Funis”
9
Sábado/Marzo
Presentación do libro ‘Stricta funis. En la cuerda floja’ de Perfecto Souto. Será nunha vinoteca do centro histórico pontevedrés na que intervirá o arqueólogo e conservador do Museo, Antonio de la Peña e o cantautor local Daniel Gómez.
Ás 18:00 horas
Vinoteca Borona

“Piscolabis+lettre de Sibérie”
9
Sábado/Marzo
Piscolabis+Lettre de Sibérie, Francia/1957/62′ é unha proposta innovadora que nos propón O sanatorio, será o sábado ás 20:00 horas
Reserva a túa praza no teléfono 667005584
Ás 20:00 horas
O sanatorio Rúa Andrés Muruais 7-9 Pontevedra

“Samudra trío”
9
Sábado/Abril
Samudra Trío nace coa finalidade de crear un estilo propio dentro da música de cámara. O seu interese polo repertorio descoñecido máis aló das correntes occidentais e a recuperación do patrimonio musical levounas a explorar fóra do repertorio orixinal e a incorporar obras de compositoras e compositores esquecidas así como a realizar adaptacións para trío. Samudra Trío nace do diálogo, da escoita e da curiosidade.
Ás 20:00 horas
Convento de Santa Clara, Pontevedra

“Barbián”
9
Sábado/Abril
BARBIÁN, zarzuela cabaret de Fernando Carmena con Rodrigo Cuevas .Madrid explícase a través da zarzuela e a zarzuela, a través de Madrid. Toma o seu nome do palacio homónimo, pero pronto une a súa historia ás rúas, prazas e teatros da cidade. O enxebre, saludablemente impuro por natureza, constrúese paso a paso por acumulación de mantones de Manila, faroliños de Nápoles, mazurcas polacas ou chotis de Escocia… Madrid, “ rompeolas de todalas Españas” en palabras de Antonio Machado, chea tamén os seus teatros de zarzuelas de inspiración manchega, murciana, galega, asturiana, vasca, andaluza… Créase así́ todo un legado de folclore reimaxinado desde a cidade que cristaliza na exultante xota da bruxa (1887), os xogos de sedución enclave segoviana da do Soto do Parral (1927) ou o inesquecible canto das espigadoras da rosa do azafrán (1930). Sempre en continua mutación, o xénero se pulveriza en múltiples subxéneros: sainete lírico, ópera moza, revista, xoguete cómico, corredor, humorada, divertimento, disparate… Madrid inspira os cuplés lúbricos da gatita branca (1905) e a melancolía de posguerra dun dia de primavera (1947): a zarzuela é o cabaré e o refuxio sentimental dos madrileños.
Ás 20:30
Pazo da Cultura de Pontevedra


“Capela Madrigalista e Quinteto Rubato”
10
Sábado/Abril
Ás 20:00 horas
Convento de Santa Clara, Pontevedra

“Postbabel. Ciudades Lámparas Animales ”
18
Venres/Marzo
Espacio Nemonón
Exposición Postbabel. Ciudades Lámparas Animales
O profesor emérito da Universidade de Vigo Juan Fernando de Laiglesia presenta no espazo Nemonon a exposición Postbabel. Ciudades Lámparas Animales. Conformada por 22 pezas, a mostra concíbese como unha reflexión sobre cinco asentamentos humanos en diferentes épocas da historia da cultura.
A mostra pode visitarse ata o 13 de abril, de luns a venres de 12.00 a 14.30 e de de 19.00 a 21.00 horas, e o sábados de 12.00 a 14.00 horas.
Ás 11:00
Ata o 13 de Abril 2022

“De Babiano Méndez-Núñez a Mendoza Babiano”
12
Sábado/Marzo
Edificio Castelao
Nacer nunha familia da alta burguesía permitiulles a Carmen Babiano e as súas primas Carmen Sancho e Eugenia Méndez-Núñez recibir unha educación exquisita. Ademais de estudar francés e música, formáronse en pintura con Ramón Vives Ayné, un destacado artista catalán que chegou a Pontevedra en 1866 como profesor de debuxo do Instituto e que lles impartía clases particulares. Ao redor de 1873 realizou este retrato da súa alumna Carmen Babiano que poderedes ver, a partir do 24 de febreiro, na exposición ‘De Babiano Méndez-Núñez a Mendoza Babiano. Dúas xeracións de mulleres para a historia de Pontevedra’
Queres saber quen era Carmen Babiano e as súas fillas María e Concha Mendoza? Participa nas visitas teatralizadas que realizaremos todos os sábados á exposición ‘De Babiano Méndez-Núñez a Mendoza Babiano. Dúas xeracións de mulleres para a historia de Pontevedra’. Abrimos a inscrición!
Todos os sábados desde o 26 de febreiro ata o 23 de abril
Ás 17:30 e ás 19:00 h
Inscricións en reservas.museo@depo.gal
Do 26 de febreiro ata o 23 de abril

“Xaquín Soneira”
31
Xoves/Marzo
Inauguración da mostra de Xaquín Soneira no Museo Manuel Torres de Marín.
Organiza o Concello de Marín
Xoves ás 20:00 horas
Do 31 de marzo ao 30 de Abril
Museo Manuel Torres, Marín

“Maria Goretti Bello”
1
Venres/Abril
Do 1 ao 23 de abril, a nosa Sala de Exposicións acollerá a Exposición de Vitrales de arte contemporánea de María Goretti Belo. ‘Goretti xoga coa alegría. Xoga á alegría. Faino coa cor e ou divertimento dous materiais. Emprega óleo, lápis de cor, rotuladores, lenzos, papel, cartón, fotocopias de gran formato, todo ou que lle sexa acaído á preparación do que vai ser ou vitral.’ Laura Ríos.
Entrada libre Aforo limitado
Do 1 ao 23 de Abril
Salón nobre do Liceo Casino

“Bulir”
30
Mércores/Marzo
Este mércoles dia 30 ás 19h inauguramos a exposición da artista portuguesa Dalila Gonzálves que leva por titulo Bulir.
Do 30 de marzo ao 6 de Maio
Inauguración ás 19:00 horas

“Popurrí”
12
Sábado/Marzo
Estudo Matrioska presenta unha exposición de Alba Troiteiro. Segundo explica a artista, ” Popurrí é unha pequena retrospectiva dá miña obra dous últimos tres anos”. Trátase dunha mostra de catro proxectos que beben directamente da súa experiencia persoal ou contexto, sendo ese o lugar desde onde nace o seu traballo “para ou caso presente: as artes escénicas, un voluntariado Europeo en Sardeña e a afamada ‘distancia de seguridade’ que nos últimos tempos castrou unha parte importante de liberdades”. ” Meu traballo artístico é unha canle de comunicación entre emoción, corpo e mente”. “Gozo do transitar esta viaxe buscando a beleza e a poesía visual, traducindo ou onírico a unha realidade tanxible a través dá imaxinación”.
Do 12 de marzo ata o 7 de maio
Estudo Matrioska, na rúa Estrada, número 6 de Pontevedra.

“O noso planeta”
15
Martes/Febreiro
En colaboración coa plataforma audiovisual Netflix, a Sede Afundación Pontevedra acolle do 15 de febreiro ao 28 de maio a exposición «O noso planeta», baseada na serie homónima da plataforma e coa participación de David Attenborough. Este traballo fotográfico tenta concienciar sobre a problemática á que se enfronta o planeta pola acción do home: plásticos, encoros, quecemento global, contaminación, etc. Mergullámonos na beleza natural do planeta Terra para reflexionar sobre o impacto da nosa actividade, así como sobre a necesidade inminente de incorporar a sustentabilidade á nosa forma de vida. Unha exposición con imaxes sorprendentes, elementos audiovisuais e interactivos, realidade virtual e unha mensaxe imprescindible.
Do 15 de febreiro ao 28 de maio
Obra social Abanca Pontevedra
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥