“O verán de Cody” 

4

Luns/Outubro

DRIVEWAYS    

(O  VERÁN  DE  CODY)  de   ANDREW   AHN    USA     2019;     83′    V.O.S.C.

Tras a morte da a súa irmán, Kathy e o seu fillo de 8 anos teñen que trasladarse a pequena vila onde vivía para recoller todo e vender a casa. Ela está moi ocupada e o neno vai matando o tempo deambulando polo vecindario.

As 20:30   VOSE
Auditorio Municipal do Concello, na praza do Rei. Vigo

Daguerréotypes ” 

5

Martes/Outubro

Daguerréotypes de Agnès Varda, 1976  80′ Francia’

Agnès Varda filma a rúa Daguerre, no distrito 14º de París, onde ela vivía. Filma aos comerciantes, ao carniceiro, á panadeira, ao tendero de ultramarinos, ao perruqueiro, aos seus veciños. Transcende a vida apracible do francés medio. Fai unha homenaxe ao cotián

As 20:30   VOSE

Teatro principal Pontevedra

As viaxes de Sullivan” 

6

Mércores/Outubro

As viaxes de Sullivan de Preston Sturges 1941 90’ EEUU 

Obsesionado coa idea de rodar unha película sobre a miseria e o sufrimento, o director de cinema John L. Sullivan convence aos executivos do estudo para que lle permitan percorrer o país disfrazado de vagabundo antes de empezar a rodar. Despois de traballar como peón para unha viúva que espera del algo máis que cortar leña, foxe da súa casa, pero o camión que o recolle lévao de volta a Hollywood. Sentíndose completamente frustrado, Sully entra nunha cafetería, onde coñece a unha actriz loura, que, entusiasmada co seu proxecto, decide acompañalo na súa aventura.

As 20:30   VOSE

Salón García Vilagarcía

un claro en el bosque

“Un claro en el bosque de la cadencia”

6

Mércores/Outubro

A escritora Mexicana Alma Karla Sandoval presenta o seu libro ‘Un claro en el bosque de la cadencia” acompañada da tamén poeta Silvia Penas.
Un claro en el bosque de la cadencia” (Edicións Labaporu) A obra poética de Alma Karla Sandoval significa unha oferta de información estética que é alcanzable e fonda, que descobre as lecturas e vivencias culturais e vitais do autor, pero todo superposto e atravesado por unha sensibilidade que non descansa, que se consome para seguir desenvolvéndose.
namórate de ti

“Namórate de tí” 

6/7

Mércores,Xoves/Outubro

Casa Azul

As concellerías de Igualdade e Promoción Económica, xunto co Centro de Información á Muller (CIM), volven impulsar un ano máis o proxecto  Namórate de Ti co obxectivo de fomentar o empoderamento feminino e a autoestima a través da fotografía, así como a plena liberdade de pensamento e expresión. A iniciativa está, do mesmo xeito que o ano pasado, dirixida a mulleres desempregadas, que necesitan volver confiar en si mesmas, en situación de vulnerabilidade, vítimas de violencia de xénero ou en risco de exclusión social. 

Os talleres serán gratuítos na Casa Azul durante catro xornadas. Concretamente, os días 6, 7, 13 e 14 de outubro, en horario de 10:00 a 13:00 horas, e serán impartidos pola animadora sociocultural Tegra Gómez e a fotógrafa e creativa Patricia Maquieira, que desenvolverán sesións de autoconocimiento, con exercicios para aumentar o empoderamento e a autoestima e aprender a autogestionar o control da tensión a través da expresión corporal, verbal e escritura, incluíndo dinámicas de grupo, vídeos motivacionais e sesións fotográficas da posta en escena das mulleres. Ademais, o peche da edición contará con unha exposición fotográfica nos escaparates de diversos establecementos comerciais de Pontevedra (enmarcada dentro dos actos conmemorativos organizados pola Concellería de Igualdade e o CIM con motivo do 25 N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres).

Todas as interesadas en participar nas actividades deberán inscribirse a través de apuntate.pontevedra. gal o do teléfono 986 86 48 25,

A actividade conta cun número limitado de prazas.

Casa Azul

O regreso de Vitor Sanchez

O regreso de Vítor Sánchez

7

Xoves/Outubro

O poeta Xabier Boubeta presenta o seu libro ‘O regreso de Vítor Sánchez‘ acompañado da tamén poeta Elisabeth Oliveira.
O regreso de Vítor Sánchez‘ (Edicións Morgante) homenaxea aos mestres asasinados e a todas as persoas represaliadas en Cangas tras a sublevación fascista de 1936.
Na páxina web da editorial din que nos versos concibidos como un relato que progresa ata o seu desenlace, concéntranse o lirismo e as imaxes potentes coa reivindicación da memoria e da dignidade das persoas.
As 20:00 

Libraría Paz

Cedofeita

Historia de Lérez

7

Xoves/Outubro

Edificio Castelao Museo de Pontevedra

A asociación sociocultural Cedofeita presentará a publicación ‘Historia de Lérez‘ o vindeiro xoves 7 de outubro a partir das 19.30 horas no edificio Castelao do Museo de Pontevedra. ‘Historia de Lérez’ é unha publicación que conta cun prólogo da académica Fina Casalderrey. Este libro, patrocinado polo Concello de Pontevedra, perfílase como unha obra colectiva na que participaron dezanove autores de prestixio. Ao longo das súas páxinas ofrécese unha panorámica con documentación dos principais acontecementos que se desenvolveron nesta parroquia pontevedresa desde a prehistoria ata a actualidade. Durante esta presentación intervirán Maricarme Pereira en nome da asociación e Pepe Álvarez, un dos coordinadores da publicación. Tamén está previsto, durante o evento, que se presente o número 24 da revista Cedofeita, que conta con diversas colaboracións. Será presentada por Xosé Luís E. Solla.
Para asistir é necesario inscribirse en reservas.museo@depo.es indicando ‘Presentación Publicacións Cedofeita 07-10-2021’, no Asunto. Tamén debe incluírse o nome, os dous apelidos e un teléfono de contacto no texto do correo. As persoas que asistan deberán acceder un cuarto de hora antes para evitar aglomeracións na entrada ao Museo.
Guerrilla

“Guerrilla” 

7 – 9

Xoves a Sábado/Outubro

Teatro principal e Pazo de Mugártegui

O cómico Leo Bassi, o cantautor y poeta Marwán e a banda The Last Internationale serán os grandes atractivos desta iniciativa, que  celebrarase en Pontevedra entre os días 7 e 9 de outubro.

O obxectivo de Guerrilla, segundo os seus organizadores, é demostrar que as loitas sociais e culturais en Galicia “non están mortas” e que se poden impulsar iniciativas que traballen “para construír unha sociedade xusta para todos”.

O prato forte será a actuación de Leo Bassi (xoves 7) con Eu Mussolini, un espectáculo sobre o auxe do fascismo en Italia; de The Last Internationale (venres 8), que fará unha versión temas de “loita e resistencia”; e de Marwán (sábado 9), que presentará o seu novo cancioneiro Unha muller na garganta. De maneira paralela organizaranse cada día unha serie de conferencias que irán acorde coa temática das actuacións teatrais e musicais de cada xornada. Así, Marwán, Iván Prado, Manuel Gago, Eva Mejuto, Montse Fajardo e María Xesús Escudeiro conversarán sobre a resistencia galega na II Guerra Mundial, a loita antifranquista en Pontevedra ou a poesía como motor de cambio; e a narradora Vero Rilo divulgará historias de amor e guerra.

As entradas están a venta en Ataquilla.com, a un precio de 10 euros as actuaciones de Leo Bassi e The last Internationale, e 8 euros a de Marwán.

As 18:30  

Teatro principal e Pazo de Mugártegui, Pontevedra

Papel de estraza

Papel de estraza

8

Venres/Outubro

O Ateneo de Pontevedra organiza, dentro do ciclo “Memoria Democrática”, o Relatorio arredor do libro: “Papel de estraza
Autores: Fernando Salgado (escritor, xornalista) e Juan Otero (promotor do movemento asociativo, exresponsable de banca, escritor)
Interveñen: Xosé Álvarez Castro (historiador, autor do blog e do libro ‘Pontevedra nos anos do medo’), Loli Fuentes (informante), Fernando Salgado e Juan Otero
As 20:00 

Salón de actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia

Peri Helio

Migraciones

8

Venres/Outubro

Fundación Cuña – Casasbellas

O venres inaugúrase en Pontevedra a exposición «Migraciones» de Peri Helio.
 
Do 8 ao 30 de outubro

As 20:00 horas
Fundación Cuña-Casasbellas
O dia que detivemos o tempo

O día que detivemos o tempo

8

Venres/Outubro

Casa das Campás

O venres preséntase o libro de José Domingo Vales VíaO día que detivemos o tempo”
O acto terá lugar na casa das campás e os convidados a mesa serán:
Jorge Soto Carballo Vicerreitor da Universidade de Vigo
Carlos Acuña Rubio Presidente da academia de Xenealoxía, heráldica e nobiliaria de Galiza
Lauro Xosé Pedreiro Ares  licenciado en dereito
José Domingo Vales Vía autor do libro
Valentín García secretario xeral de politica lingüistica da Xunta de Galicia

As 20:00 horas
Casa das campás
Dispositivos

“Dispositivos”

8

Venres/Outubro

Espacio Nemonón Villa Pilar

Tebo (Diego Estevo Ortiz) Barcelona 1982
Expón a súa Muestra individual en Espacio Nemonon, Pontevedra.

Uno de los padres de la arquitectura racionalista, Le Corbusier, titulaba un capítulo de Hacia una arquitectura como “Los ojos que no ven”, aludiendo a la aptitud natural del ser humano para no ver lo que tiene delante como lo que es. Nos habla de una especie de ceguera cultural o, como decía Saramago: “No nos hemos vuelto ciegos, en mi opinión lo somos; ciegos que, aunque ven, no ven”.

El artista es quien observa y, para describir lo que ve de la manera en que lo ve, debe inventar un nuevo léxico. Esta investigación plástica es la que ha ocupado a Tebo los últimos cinco años, resultando en esta muestra donde busca asentar, resumir, exponer y llevar a la siguiente fase dicho proceso de búsqueda.

Do 8 de outubro ata o 3 de Novembro

Villa Pilar
Espacio Nemonón
A arte no cómic

A arte no cómic

8

Venres/Outubro

O venres inaugúrase en Pontevedra a exposición de Fundación Telefónica «A arte non cómic» comisariada por Asier Mensuro, unha mostra que xa percorreu boa parte da xeografía nacional e que nos mete de cheo en como se representaron diferentes obras de arte no mundo da viñeta. Nesta ocasión incorpórase á expo a portada de «A peza», o cómic que fixeron Rafael Vargas, Jose Expósito e Fernando Llor no que xogaron á ficción histórica facendo que o xeneral fascista Queipo de Chairo envíe un comando a París con intención de roubar o Guernica.
 Grandes obras da pintura universal vistas por máis de 70 historietistas e ilustradores contemporáneos, varios deles galegos como Brais Rodríguez, Cynthia Alfonso, ou Miguelanxo Prado. Entrada libre no horario de apertura da sala de martes a venres de 18 a 21h, sábados de 12 a 14 e de 18 a 21 e domingos de 12 a 14h.
Do 8 de outubro ao 10 de novembro

Agnes

“Agnes” 

9

Sábado/Outubro

O vermú entre libros acolle a visita do escritor Javier Peña que conversará do seu último libro ‘Agnes‘ coa escritora e correctora literaria Estela Gómez.
‘Agnes’, editado por Blackie Books e que será o centro da conversa, é un thriller psicolóxico, cunha personaxe feminina memorable.
Un escritor famoso, moitas vítimas e unha xornalista (Agnes) que investiga nunha cidade que tamén é protagonista (Santiago de Compostela) conforman a trama do segundo libro de Javier Peña.
Reserva de praza en librariapaz@gmail.com
As 12:30 

Libraría Paz

De Renoir a Sorolla

Mulleres. De Renoir a Sorolla” 

9

Luns/Agosto

A exposición ‘Mulleres. De Renoir a Sorolla’ podes visitala pola túa conta ou participar nas visitas guiadas que realizamos os xoves ás 18.00 h e os sábados ás 12:00 h. Iso si, terás que reservar praza porque son limitadas. Escribe a educacion.museo@depo.es

Ata 17 outubro

Museo de Pontevedra

Cuentos móviles

‘Pop- up. Libros móbiles e despregables” 

10

Martes/Agosto

Exposición ‘Pop- up. Libros móbiles e despregables

O alemán Lothar Meggendorfer foi un dos artífices do que se coñece como a época dourada dos libros despregables. No #edificioCastelao podedes ver unha das súas obras, un exemplar de ‘Le grand cirque international’, que estivo exposto na Biblioteca Nacional de España e do que tan só coñécese outra peza máis no mundo. Unha pequeña xoia de 1887.

Ata 12 outubro

Museo de Pontevedra

Ponteandadas

“Salcedo-Cabana” 

16

Sábado/Outubro

Xa temos abertas as inscripcións para a ruta Ponteandadas
Salcedo/Cabanas- río dos Gafos.
Organiza a Concelleria de Deportes, actividade física e saude do Concello de Pontevedra.
Máximo 200 prazas, última día para anotarse o xoves 7 de outubro.
Ruta 10km aprox.circular e dificultade media baixa
Teléfono 625482636
Na tenda de sendeirismo Naturcamiña (galerías enfronte a igrexa da Peregrina)

Saída as 10 horas do Gremio de Mareantes

Concello de Pontevedra

Reconexión

Taller de “Reconexión” 

30/31

Sábado,Domingo/Outubro

Baia Fernández
Reconexión

En Curantes (A Estrada), nun lugar rodeado de natureza e cunha enerxía que incita á calma e á reconexión, exploraremos, a través do movemento, o xogo e as artes o camiño cara a nosa esencia. Un convite a activar o propio potencial e expresarnos dende o que realmente somos.

demás contaremos con Nacho quen nos ofrecerá a súa comida macrobiótica para acompañar este proceso dun xeito orgánico que favoreza e faga máis especial a experiencia.

Lugar: Curantes (A Estrada)

Horario: Inicio o sábado as 10 da mañá fin domingo despois de xantar

Prezos:

150 Euros inclúe actividade, 2 xantares, cea e merendas

170 Euros inclúe actividade, 2 xantares, cea, merendas e pernocta.

Data límite da reserva 15 de outubro

Información e reservas: info@baiafernandez.es ou no teléfono 674 447 564

Curantes A Estrada

info@baiafernandez.es

Borrón 4

“Borrón 4” 

17

Venres/Setembro

O Concello de Cambados organiza unha exposición no Pazo de Torrado, en homenaxe a Luís Fernández Silvoso. O dono de Borrón 4 foi un dos galeristas de arte contemporánea máis activos de Galicia. O seu labor profesional viuse tristemente truncada coa súa prematura morte, en outubro de 2011
Do 17 de setembro ao 7 de novembro
Gaiteiro

“Gaiteiraos” 

30

Xoves/Setembro

Claustro do edificio Sarmiento

Un total de 35 debuxos de recoñecidas gaiteiras e gaiteiros de Galicia compoñen a exposición Gaiteiraos, coa que o seu autor, César Lombera, pretende reivindicalos como un exemplo sobranceiro do noso patrimonio inmaterial. A mostra poderá visitarse no claustro do edificio Sarmiento desde o 30 de setembro ata o 28 de novembro.

Ata 28 Novembro

Museo de Pontevedra

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥