1982

“1982” 

4

Luns/Setembro

Teatro Principal

O ciclo de cinema euroárabe ‘Amal en Ruta’ regresa ao Teatro Principal de Pontevedra do 4 ao 8 de setembro.

Longametraxe de ficción “1982”, primeira película dirixida por Oualid Mouaness que acabaría sendo seleccionada para representar ao Líbano na 92ª edición dos Premios Óscar en 2020.

 Durante a invasión de Líbano de 1982, un neno de 11 anos que estuda nun colexio privado nos arredores da cidade de Beirut trata de contarlle a unha compañeira de clase que está namorado dela. Mentres tanto, distintos profesores expoñen o seu punto de vista en relación á situación política que están a vivir, tratando de enmascarar o seu medo.. (FILMAFFINITY)

Entrada libre ata completar a capacidade da sala

Ás 21:00 horas
Teatro principal, Pontevedra
Capitanes de Zaatari

“Capitáns de Zaatari” 

5

Martes/Setembro

Teatro Principal

O ciclo de cinema euroárabe ‘Amal en Ruta’ regresa ao Teatro Principal de Pontevedra do 4 ao 8 de setembro.

The Captains of Zaatari”, un documental de Ali O Arabi que conta a historia de dous amigos sirios que viven en Zaatari, un campo de refuxiados de Xordania, e que soñan con converterse en xogadores de fútbol profesionais.

Entrada libre ata completar a capacidade da sala

Ás 21:00 horas
Teatro principal, Pontevedra
Farha

“Farha” 

6

Mércores/Setembro

Teatro Principal

O ciclo de cinema euroárabe ‘Amal en Ruta’ regresa ao Teatro Principal de Pontevedra do 4 ao 8 de setembro.

Longametraxe de ficción “Farha”, da directora xordana Darin J. Sallam que relata a historia dunha adolescente na Palestina do ano 1948 cando as forzas de ocupación israelís invaden o seu pobo e cercan o seu domicilio.

Entrada libre ata completar a capacidade da sala

Ás 21:00 horas
Teatro principal, Pontevedra
exposición Jazz

“Jazz” 

6

Mércores/Setembro

Galeria de arte Musart

A galería de arte Musart de Pontevedra inaugura unha nova exposición, ‘Jazz’, con obras do artista e estudante de Belas Artes Mateo Maño Capurro.

A exposición supón unha nova lectura sobre o que o xénero musical do jazz influíu e segue influíndo en artistas contemporáneos, tanto na música como na pintura.

Entrada libre ata completar a capacidade da sala

Do 6 ao 14 de setembro
Sala Musart, rúa herreros 28, Pontevedra
risoterapia

“Risoterapia” 

6

Mércores/Setembro

Novo Obradoiro de Risoterapia en Pontevedra!!🤹🏻‍♂️
Levaráse a cabo o mércores 6 de setembro ás 18:00 da tarde na “Sala de xuntas” na rúa Benito Corbal 47 en Pontevedra.
Se queres pasar un rato divertido ven con Adicam!! As risas están aseguradas.
Necesaria inscripción. 📞Por WhatsApp ou teléfono 629945925
Ás 18:00 horas
Sala de xuntas da rúa Benito Corbal 47, Pontevedra
Mayor

“Mayor” 

7

Xoves/Setembro

Teatro Principal

O ciclo de cinema euroárabe ‘Amal en Ruta’ regresa ao Teatro Principal de Pontevedra do 4 ao 8 de setembro.

Documental “Mayor” que segue os pasos de Musa Hadid, alcalde de Ramallah, capital de facto e centro cultural do estado palestino

Entrada libre ata completar a capacidade da sala

Ás 21:00 horas
Teatro principal, Pontevedra
Your resemble

“You resemble” 

8

Venres/Setembro

Teatro Principal

O ciclo de cinema euroárabe ‘Amal en Ruta’ regresa ao Teatro Principal de Pontevedra do 4 ao 8 de setembro.

“You resemble úname” película da directora Dina Amer.  Cando separan a dúas irmás novas, a maior perde a súa identidade e transfórmase en alguén novo. (FILMAFFINITY)

Entrada libre ata completar a capacidade da sala

Ás 21:00 horas
Teatro principal, Pontevedra
mercadillo solidario

“Mercadillo solidario” 

9

Sábado/Setembro

Representación da obra O mundo como vontade, do grupo Cordelia da Aula de Teatro Universitaria de Ourense. Trátase dunha montaxe realizada por Fina Calleja a partir de textos de varios autores, que se presenta como unha “peza sobre a orde e a desorde das cousas e sobre a maneira que temos de percibilas”.

Entrada libre ata completar a capacidade da sala

De 10:00 a 21:00 horas
Rúa Peregrina 22, Pontevedra
Coches clásicos

“V Concentración Vehículos clásicos” 

10

Domingo/Setembro

V concentración de vehículos clásicos e antigos

Praza de España Pontevedra

De 10:00 a 20:00 horas

De 10:00 a 20:00 horas
Praza de España Pontevedra
Lila

“Lila” 

25

Venres/Agosto

Palacete das Mendoza

Exposición “Lila” de Carla Zoni

De luns a venres de 9:00 a 21:00 horas, sábados domingos e festivos de 10:00 a 14:30 e de 16:30 a 20:00 horas

Entrada libre

Do 25 de agosto ao 10 de Setembro
Sala de Exposicións do Palacete das Mendoza Pontevedra 
Rafael Ubeda

“Expresións cromáticas” 

22

Xoves/Xuño

Conformada por medio cento de obras, esta exposición xunta pinturas e algúns debuxos das tres últimas décadas de produción artística de Rafael Úbeda. A mostra propón un itinerario que afonda naqueles aspectos que estiveron presentes ao longo da súa traxectoria e definen a súa linguaxe. Escolléronse obras que ilustran con nitidez os seus argumentos estilísticos e que deron lugar a unha pintura de factura recia, situada en parte na contorna dunha linguaxe poscubista, arraigada nuns cimentos que remiten ao expresionismo europeo.

O título da mostra, ‘Expresións cromáticas’, remite ás esencias multiformes da obra de Úbeda e á exaltación dunha das grandes calidades que comporta a súa pintura: a “expresividade cromática”, un dos principais signos distintivos que cruzará toda a súa obra, desenvolvida en diferentes áreas creativas, como son a pintura, o muralismo, o debuxo ou o gravado.

Do 22 de xuño ao 17 de setembro
Museo de Pontevedra. Edificio Castelao
Novos valores

“Novos valores 2023” 

13

Xoves/Xullo

O certame Novos Valores, convocado anualmente pola Deputación e o Museo de Pontevedra, pretende impulsar os e as artistas galegos e galegas ou que residan en Galicia. Preséntanse obras orixinais non premiadas en anteriores edicións, que aspiran a gañar unha das catro bolsas de 7.500 euros para ampliación de estudos.

Na edición de 2023 presentáronse 50 obras, entre as que o xurado seleccionou 20 creacións con técnicas diversas: fotografía, pintura, escultura, pezas de costura, vídeo creación, debuxo, instalacións e varias obras con técnica mixta. Estas son as que se mostran na exposición aberta no Edificio Sarmiento.

Do 13 de xullo ao 24 de setembro
Museo de Pontevedra. Edificio Sarmiento
Juan Carlos Meana

“O espazo entre as cousas” 

13

Xoves/Xullo

A obra de Juan Carlos Meana (Vitoria, 1964-Pontevedra, 2023) supón unha indagación na condición humana: na súa fraxilidade e nas súas esperanzas, na súa intemperie, fracasos e enigmas. Partindo do traballo co obxecto, asumindo aqueles apeiros cotiáns que conteñen a experiencia íntima dos instantes sen historia, ábrese a unha investigación que transita tanto polo debuxo coma pola instalación, a fotografía, a escritura e o vídeo.

Aborda cuestións coma a memoria, a experiencia e a contemplación, a melancolía ou o desexo; estados e crenzas que marcan unha subxectividade posta permanentemente en crise, pero orientada tamén cara á posibilidade de establecer relacións co mundo. Trátase dunha concepción da arte como tentativa de coñecemento e, ao tempo, como unha experiencia de transformación.

Do 3 de agosto ao 29 de outubro
Museo de Pontevedra. Edificio Castelao

Xa podes anotarte

cociña vasca

“Experiencia vasca” 

19

Xoves/Setembro

Experiencia vasca.

Aprenderás a elaborar varios pinchos clásicos.

O tradicional Txangurro á donostiarra

A clásica tortilla de bacalao

E a famosísima tarta la viña

Inclúe degustación e maridaxe con Txacoli ao rematar

Información 629 09 75 66

Via nai  Pontevedra
Rúa Isabel II, 22, 36002 Pontevedra
Luis Piedrahita

“Luis Piedrahita” 

22

Venres/Setembro

X GALA BENEFICA DIA MUNDIAL DEL ALZHEIMER – AFAPO

ES MI PALABRA CONTRA LA MÍA é o novo monólogo de Luís Piedrahita. Un espectáculo cheo de enxeño e tenrura no que Luís analiza por que ninguén está contento co que lle tocou.

Unha vez máis, Piedrahita olisquea a realidade con afán de porco trufero e saca a relucir os aspectos máis absurdos do noso día a día. Temas de fondo calado existencial como as cellas negras das señoras maiores, o medo ao váter alleo ou o amor verdadeiro.

Mercar entradas

Ás 21:00 horas
Auditorio da Sede Afundación, Pontevedra
Silvia Penide

“Silvia Penide” 

23

Sábado/Setembro

Teatro principal

CICLO VOICES 2023 – SILVIA PENIDE. XIRA XX ANIVERSARIO

Silvia Penide, cantautora galega con dous Premios Martín Codax da Música, vive un ano de celebración continúa. A súa Xira XX Aniversario chega a Pontevedra nun día moi especial: O Día Internacional da Lingúa de Signos, 23 de setembro. O concerto será signado dende o esceario na súa totalidade. 

 No esceario estará acompañada por Carla López (teclado e voces), Paul Álvarez (guitarra) e Bruno Couceiro (batería), ademáis de Natalia Navaza na lingúa de signos. 

Mercar entradas 

Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥