
“Os papeis de Santa Clara”
5
Luns/Decembro
Conferencia sobre o resultado dos achados e os estudos realizados durante estes meses
“Os papeis de Santa Clara”. Dr. Suso Vila, sobre a investigación histórico-artística e baleirado documental.
Ás 19:30 horas
Convento de Santa Clara, Pontevedra

“Amigos de Pontevedra”
5
Luns/Decembro
Do 5 ao 17 de decembro, o Salón Nobre do Liceo Casino Pontevedra acollerá a Exposición Fotográfica ‘50 años de Amigos de Pontevedra en imágenes‘
Inauguración o 5 de decembro ás 20:00 h. Entrada libre
Do 5 ao 17 de decembro 2022
Salón Nobre do Liceo Casino Pontevedra

“Evento poético-musical”
7
Mércores/Decembro
“The secret garden”
9
Venres/Decembro
The Secret Garden (1993) 1939 106′ Agnieszka Holland. Reino Unido
A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a proxección de The Secret Garden 1993 106’ Agnieszka Holland nunha nova sesión do ciclo de cinema …Ten un tesouro.
Tras a morte dos seus pais, Mary, unha nena británica nada na India, é enviada a Inglaterra a vivir cun tío seu. Trátase dun personaxe huraño e distante que vive nunha gran mansión gótica, gobernada por unha estrita ama de chaves, a señora Medlock. Mary descobre un gran xardín, pechado e abandonado durante anos, que se converterá nun máxico refuxio para ela e os seus dous novos amigos: Colin, un inválido caprichoso, e Dickon, inxenuo e cheo de bondade. Mentres gozan do xardín, establécese entre eles unha sólida e especial relación que cambiará o seu destino para sempre
Ás 19:00 horas.
Vicerreitoria Casa das Campás Pontevedra

“Adictos”
9
Venres/Decembro
Teatro ADICTOS
“Adictos somos todos………”
Adictos xorde da necesidade de abordar unha problemática que nos afecta a todos: ata que punto estamos sometidos pola tecnoloxía? somos realmente libres? que tipo de sociedade construímos? que panorama exponnos o futuro máis próximo? realmente merecémonos o cualificativo de “seres humanos”?
Ás 20:30 horas
Auditorio Sede Afundación Pontevedra

“Master Class fotografía”
10
Sábado/Decembro
Taller de fotografía – Fotografías espectaculares desde o teu móvil
Profesor: Xavier Reyes
Reservas 619 432 721
De 10:00 a 13:00 horas
Granero Delmás Pontevedra

“A natureza encerra todas as respostas”
10
Sábado/Decembro
O Ateneo de Pontevedra organiza a conferencia A Natureza encerra todas as respostas impartida polo arquitecto Mauro Lomba Martínez. O acto terá lugar o vindeiro sábado, 10 de decembro, ás 12:30 horas, no Espazo Nemonon.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Ás 12:30 horas
Espazo Nemonon Pontevedra

“Recortes”
10
Sábado/Decembro
“Recortes, caneos e outras formas de driblar” Ainé produccións
Recortes, caneos e outras formas de driblar recrea un de tantos partidos de fútbol do século a través do comportamento de xogadores, adestradores, xornalistas, directivos, árbitros, seareiros e demais personaxes principais, secundarios ou figurantes que conforman o espectáculo futbolístico.
Interpretado por Xosé A. Touriñán, Manuel Cortés, Isabel Garrido, Christian Escuredo, Xoán Fórneas e Sergio Zearreta, Recortes é unha viaxe emocionante ao interior das paixóns futbolísticas a través do humor e a música.
Ás 21:00 horas
Auditorio Sede Afundación Pontevedra

“Tino Riveiro”
1
Xoves/Decembro
Tino Riveiro, exposición
Antón Sobral e Pilar Delmás comprácense en invitarlles á presentación da exposición “Dúas décadas de traxectoria creativa e pictórica” do artista vigués Tino Riveiro.
Inauguración o xoves 1 de decembro de 19:30 a 21:00 horas nas galerias Oliva local nº 5
Do 1 ao 31 de decembro 2022
Granero Delmás Pontevedra

“Silverio Rivas”
24
Xoves/Novembro
Inauguración da exposición ‘Silverio Rivas. Eloxio do silencio‘, na que traza un percorrido pola obra do escultor ponteareán, que, a piques de cumprir 80 anos, se mantén en activo como un dos grandes referentes da escultura galega contemporánea.
A exposición presenta arredor de 60 pezas de Silverio Rivas que cubren a súa produción artística desde os inicios na abstracción nos anos 70 do pasado século ata os seus traballos actuais, entre as estruturas xeométricas e a creación a partir de obxectos cotiáns atopados ao azar.
Inauguración día 24 ás 19:00 horas
Do 24 de Novembro ao 5 de Febreiro 2023
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra

“Adentros”
18
Venres/Novembro
Palacete das Mendoza
Adentros. Exposición no Palacete das Mendoza ata o 11 de decembro. Obras pictóricas do pontevedrés Manolo Araúxo. «O motivo das súas obras son retratos daqueles polos que sinte un vínculo afectivo (ou, doutro xeito: persoas das que coñece e apreza as ialmas, aspirando a facelas visíbeis), asi coma bodegóns que involucran obxectos cotiás cos que comparte casa».
Do 18 de Novembro ao 11 de Decembro
Palacete das Mendoza de Pontevedra

“Barcos de pedra avións de madeira”
13
Domingo/Novembro
Carmen Hermo
“Barcos de pedra e avións de madeira” e a proposta da exposición de Carmen Hermo que poderemos visitar a partires deste domingo a hora do vermú no espazo Nemonón en Villa Pilar. Inauguración ás 13:00 horas
Do 13 de Novembro ao 9 de Decembro
Espacio Nemonón Pontevedra

“Sombras atlánticas”
4
Venres/Novembro
“Sombras atlánticas. Retratos da arte galega” é unha exosición de Anxo Cabada.
Un diálogo coas persoas creadoras da beleza do país: ese é o desafío que presenta ‘Sombras atlánticas. Retratos da arte galega’, unha exposición na que o fotógrafo Anxo Cabada Alvarez se centra nalgúns dos rostros da pintura e a escultura que marcaron o devir da arte en Galicia nos últimos 50 anos. A mostra inaugurarase o próximo venres 4 de novembro ás 19.00 h, e poderá visitarse ata o 15 de xaneiro no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.
Entrada libre e de balde ata completar aforo
Ata o 15 de xaneiro 2023
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra

“This is Pop!”
22
Xoves/Setembro
Afundación expón no Café Moderno de Pontevedra This is pop. Dás latas de Andy Warhol ás túas, unha recompilación de 63 producións de preto dunha trintena de artistas que abordan a arte pop desde as súas orixes nos anos cincuenta ata os nosos días. Deste xeito, nomes como os de Andy Warhol, Roy Lichtenstein, Robert Rauschenberg, ou Eduardo Paolozzi únense aos de Richard Hamilton, Peter Blake, Yayoi Kusama, Eduardo Arroyo, Rafael Canogar ou Damien Hirst, entre outros.
Ademais ten o seu punto solidario, ao convidarte a participar de #CulturaporAlimentos: traes produtos non perecedoiros e axudas os bancos de alimentos locais! As túas latas tamén contan!
Ata o 14 de Xaneiro 2023
Café Moderno. Pontevedra
Xa podes anotarte

“Novos cinemas”
13 a 18
Martes a Domingo/Decembro
Novos Cinemas – Festival Internacional de Cinema de Pontevedra, presenta os primeiros contidos da programación, que terá lugar entre os próximos 13 e 18 de decembro.
O cineasta aragonés Raúl Capdevila inaugurará o festival, o martes 13 de decembro, estreando en Galicia a súa primeira longametraxe, Los saldos (2022), un documental de produción galega estreado mundialmente no prestixioso certame helvético Visions du Réel, no que colisionan os conceptos de granxa e macro-matadoiro.
O arxentino Santiago Fillol collerá a testemuña e pechará o certame, o domingo 18 de decembro, con Matadero (2022), unha obra intensa sobre a loita de clases durante a rodaxe dun documental na Pampa no 1974.
Varios horarios
Teatro principal de Pontevedra

“Taller de artesanía”
16
Viernes/Decembro
Taller de artesanía – Cor debuxo e caligrafía sobre coiro.
Profesor: Nelson Gómez Callejas
Reservas 619 432 721
De 10:30 a 14:00 horas
Granero Delmás Pontevedra

“Taller terapéutico”
18
Domingo/Decembro
Taller terapéutico As portas da túa esencia. Nesta sesión terapéutica poderás gozar do poder da natureza concentrado nos aceites esenciais de pureza garantida xunto coa elevada vibración enerxética do Tameana e a potencia dos aceites Sacros Exipcios.
Imparten: Anaís Verenguer e Pilar López
Programa completo do taller
Reserva o teu sitio Taller limitado a 12 participantes
De 11:00 ás 13:00 horas
Pontevedra
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥