A vida é movernos

“Camiñadas” 

5,7,9

Luns, mércores,venres/Setembro

Concello de Pontevedra

O obxectivo é dar a coñecer o MetroSán entre a cidadanía e fomentar hábitos de vida saudables e o exercicio físico para todas as idades. O Concello puxo en marcha hai uns meses unha serie de roteiros urbanos e periurbanas, accesible e interconectadas entre si, que bordean a cidade e que suma máis de 80 quilómetros. Unhas sendas que agora se queren seguir aproveitando para potenciar o fomento da actividade física. Para participar, as persoas interesadas poden informarse e inscribirse a través do teléfono 629 031 905 ou do correo electrónico info@marchanordicagalicia.com. Todos os roteiros comezarán ás 19.30 horas e durarán dúas horas.

Ás 19:30 horas
Pontevedra

“Gods of Molenbeek” 

5

Luns/Setembro

Teatro Principal Pontevedra

Proxección de ‘Gods of Molenbeek (aka Aatos ja Amine)  de Reetta Huhtanen

O distrito de Molenbeek en Bruxelas fíxose famoso como centro de atentados suicidas e disturbios sociais; Reetta Huhtanen captura a zona a través dos ollos inocentes de Aatos e Amine, dous imaxinativos nenos de 6 anos que viven no mesmo bloque. Aatos é de orixe finlandesa e chilena, mentres que Amine procede da notable comunidade de migrantes musulmáns de Bruxelas; xuntos reflexionan sobre cuestións existenciais de deus, relixión e o sentido da vida. Con refrescante claridade, os nenos curiosos despoxan a espiritualidade aos seus principios básicos e cuestionan o propio coñecemento.

Ás 21:00 horas.
Teatro principal, Pontevedra
Novos valores

“Novos valores” 

5

Luns/Setembro

O certame de artes plásticas Novos Valores pretende ser un recoñecemento da Deputación de Pontevedra, a través deste museo, a destacadas obras orixinais e inéditas realizadas por artistas noveis nas modalidades de pintura, escultura, debuxo, deseño, gravado, fotografía, cerámica e vídeo creación, entre outras. Eva Pena Fandiño con “Herdanza de mulleres”, Borja Santomé Rodríguez con “Sabor amargo”, Teresa Búa Sambad con “Persoa Ola (Maternidade 2)”, e Julia Gil Ordóñez con “#A Ponte do Alén” veñen de gañar as catro bolsas de “Novos Valores” do Museo de Pontevedra tras a reunión do xurado ao ser consideradas como as mellores creadoras da edición 2022. As pezas abordan temáticas tradicionais e de vixente actualidade e debate, como a representación do ambiente “máxico” de Galicia, o cuestionamento da idea da vivenda e o territorio desde un punto de vista feminista, a rápida transformación do mundo actual, ou o autoconocimiento das mulleres e o paradigma productivista e patriarcal da sociedade.
 Entrada libre ata completa o aforo
Ata o 11 de Setembro
Edificio Sarmiento
Urbtopías

Urbtopías” 

6

Martes/Setembro

Bioconstrución e compostaxe centran os novos encontros de Urbtopías.

Bioconstrucción, como elemento cara a un novo modelo de sociedade. Os arquitectos Carlos Quintáns Eiras e Cristina Ansede Viz, participarán nesta charla moderada pola xornalista María Hermida Feijoo.

Quintáns Eiras, profesor de construción na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña conta cunha dilatada e premiada traxectoria profesional, entre as que destaca o León de ouro da Bienal de Venecia no ano 2016 polo seu traballo ‘Unfinished’. Tamén foi premiado como ‘Arquitecto do ano’ en 2016, polo Consello Superior de Colexios de Arquitectos.

Pola súa banda, Cristina Ansede forma parte do estudo de arquitectura AnsedeQuintáns con sede nas cidades de Santiago de Compostela e Vigo. Traballa tanto en proxectos de promoción privada como pública e algunhas das súas obras son resultado de propostas gañadoras de concursos de arquitectura. Tamén participou en numerosas mostras e impartido relatorios sobre os seus proxectos. María Hermida Feijoo é a xornalista de La Voz de Galicia encargada de moderar o debate, con vinte anos de traxectoria profesional.

Entrada libre ata completar aforo.

Ás 19;30 horas
Santa Clara, Pontevedra

“A 200 metros” 

6

Martes/Setembro

Teatro Principal Pontevedra

Proxección de ‘A 200 metros” de Ameen Nayfeh.

Un pai que está atrapado ao outro lado do muro de Cisxordania tenta chegar ao hospital para estar co seu fillo.

Ás 21:00 horas.
Teatro principal, Pontevedra
Expresión corporal

“Expresión corporal e cohesión de grupo” 

7

Mércores/Setembro

Curso de “Expresión corporal e cohesión de grupo” Introducción as sevillanas

Inicio: Mércores 7 de setembro

Hora: 17:30

Duración: Todos os mércores de setembro.

Inscrición: teléfono 698 124 762

avisar por Whatsap

boavidacasazul@gmail.com

Ás 17;30 horas
Rúa da seca nº3,  Pontevedra
urb topias

Urbtopías” 

7

Mércores/Setembro

Bioconstrución e compostaxe centran os novos encontros de Urbtopías.

O coñecido xornalista Jesús Cintora será o encargado de mediar na charla sobre compostaxe, na que se analizarán as posibilidades dos residuos como recursos. César Mosquera, vicepresidente da Deputación de Pontevedra, impulsor do Plan Revitaliza e concelleiro de Ordenación do Territorio e Mobilidade, compartirá charla co premiado cociñeiro Javier Oleiros, gañador de dúas Estrelas Michelín.

Entrada libre ata completar aforo.

Ás 19;30 horas
Santa Clara, Pontevedra

“O retorno á vida despois de Isis” 

7

Miércoles/Setembro

Teatro Principal Pontevedra

Proxección de ‘‘O retorno á vida despois de Isis” de Alba Sotorra.

O retorno á vida despois de Isis é un magnífico documental testemuñal da traxedia vital das adolescentes e mozas occidentais que viaxaron a Siria capturadas por terrorismo islámico.

Foron seducidas por falsas promesas de conseguir unha vida mellor axudando ás mulleres sirias e vivir no Estado Islámico sendo privadas de todos os seus dereitos e escravas.

Despois de máis de catro anos de sometemento e sufrimento, algúns conseguen recuperarse apoiados psicoloxicamente por activistas kurdos nun longo proceso de renormalización emocional.

Ás 21:00 horas.
Teatro principal, Pontevedra

“Gaza mon amour” 

8

Xoves/Setembro

Teatro Principal Pontevedra

Proxección de ‘‘Gaza Mon Amour,” de Tarzan e Arab Nasser.

Issa, un pescador de sesenta anos, está namorado en segredo de Siham, unha muller que traballa no mercado coa súa filla Leila. Cando descobre unha antiga estatua fálica de Apolo nas súas redes de pesca, Issa escóndea, sen saber que facer con este misterioso e poderoso tesouro. Porén, no fondo, sente que este descubrimento cambiará a súa vida para sempre. Curiosamente, a súa confianza comeza a medrar e finalmente decide achegarse a Siham.

Ás 21:00 horas.
Teatro principal, Pontevedra
Do final e do comezo

“Do final e do comezo 2022” 

8

Xoves/Setembro

Xa está aquí a inauguración máis esperada e querida da nosa facultade: “Do final e do comezo 2022″
Inauguración este xoves ás 19.00 h no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Como todos os anos, esta mostra reúne unha selección de obras nacidas como parte dos traballos de fin de grao de titulados e tituladas da última promoción de Belas Artes. Organizada pola facultade e a Concellería de Cultura do Concello de Pontevedra, a mostra está comisariada pola equipa de vaciocero.
Do 8 de setembro ata o 30 de outubro
Pazo da Cultura Pontevedra
arte prehistórica

“Arte prehistórica, da rocha ao museo” 

8

Xoves/Setembro

Da rocha ao Museo’, organizada polo Museo Arqueológico Nacional de España como homenaxe á exposición de 1921 que abordou a primeira arte da humanidade. Máis de 250 pezas entre lenzos con reproducións de figuras, materiais como arpóns, restos de animais, elementos líticos, fragmentos espoliados, publicacións e audiovisuais.
Visitas guiadas todos os xoves ás 18 horas, e non é necesaria inscripción.
 Entrada libre ata completa o aforo
Ata o 9 de outubro
Edificio Castelao
marcha nórdica

“Marcha nórdica” 

9,16,23

Venres/Setembro

Marcha nórdica Galicia

Curso de iniciación á Marcha Nórdica

Pack de aprendizaxe en Pontevedra 9,16,23 de setembro na illa das esculturas

inscricións 629 031 905 info@marchanordicagalicia.com

Grupos reducidos

Facilítanse bastóns

De 16:45 a 18:45 horas
Illa das esculturas
Historias cavadas

“Historias cavadas” 

9,10,11

Venres, sábado e domingo/Setembro

Tras o éxito da primeira edición, a Deputación de Pontevedra, a través da súa área de Cultura, fai crecer o programa e pon en marcha a segunda tempada de “Historias cavadas”, esta vez en cinco novos castros da provincia neste mes de setembro e da man do teatro e da escenificación coa compañía Troula Animación.

Castro de Castrolandín, Cuntis (comarca de Caldas) Día 9 e 23 de setembro ás 18:00 horas

Castro do monte do Facho, Cangas (comarca do Morrazo) Día 10 e 17 de setembro ás 19:00 horas

Castro da Lanzada, Sanxenxo (comarca do Salnés) Día 11 ás 12:00 horas e  ás 17:00 horas.

Castro dos Cubos, Tui (comarca do Baixo Miño) Día 16 de setembro ás 18:00 horas e 17 de setembro ás 12:00 horas

Castro de Troña, Ponteareas (comarca do Condado) Días 25 de setembro ás 12:00 horas e 29 de setembro ás 17:00 horas

  • Prazas limitas: 30 por visita
  • Inscrición baixo reserva en historiascavadas2022@gmail.com
  • Indicaráse o nome do castro e a data da visita, o nome completo das persoas participantes (4 prazas como máximo por reserva) e un teléfono de contacto
  • A reserva da praza só será efectiva unha vez confirmada a inscrición pola compañía de teatro
  • As visitas serán accesibles e inclusivas, e contaráse con intérprete de lingua de signos baixo demanda.
Pontevedra

“Os informes sobre Sarah e Saleem” 

9

Venres/Setembro

Teatro Principal Pontevedra

Proxección de ‘Os informes sobre Sarah e Saleem,” de Muayad Alayan.

 Drama sobre a relación adúltera de Sarah, unha muller israelí que rexenta un café en Xerusalén Occidental, e Saleem, unha palestina de Xerusalén Leste que traballa como repartidor. Os seus cónxuxes decátanse da trampa dos seus compañeiros despois de que Saleem e Sarah se enfrontan a unha pelexa pública, poñendo a Saleem no punto de mira das forzas de seguridade israelís.

Ás 21:00 horas.
Teatro principal, Pontevedra
Clara Corbelle

“I jornada de estudo Clara Corbelhe”

10

sábado/Setembro

A I Jornada de Estudo Clara Corbelhe quer fornecer um espaço para a reflexão, o debate e a formação, desde a abordagem crítica do presente em chave galega. A jornada inclui palestras, paineis e sessões de formação, com figuras de destaque dos campos político, académico e social, convocadas com o intuito de abordar, desde a história, a sociologia, a teoria crítica e a economia, as seguintes questões:

  • Como discorreram entre nós os efeitos dos projetos associados ao progresso desarrollista espanhol e ao agro-capitalismo transnacional?
  • Que teorias nos ajudam a enxergar criticamente o esfarelamento do comunal na Galiza?
  • Assistimos a uma crise irreversível do projeto global? E se assim for, como se manifesta o colapso entre nós e com que potencialidades contamos na Galiza para confrontar os reptos associados a ele?
  • Em que consiste a subalternidade galega contemporânea? Como se apresenta hoje o conflito nacional e o seu antagonismo? Que teorias nos ajudam na luta por superá-la?

Desde o Espaço Clara Corbelhe convocamos pesquisadoras, militantes de movimentos sociais e políticos de base, académicas e estudantes de todas as áreas de conhecimento para participar da nossa I Jornada de Estudo.

Programa

inscrição Inscrição de graça para assinantes do Espaço Clara Corbelhe. As sócias “caseteiras” receberão, aliás, um agasalho extra pola participação no evento.

A cota de inscrição é de 10 euros para não associadas e não assinantes, recebendo pola participação uma cópia do número 1 da revista Clara Corbelhe. O pagamento da inscrição realizar-se-á no próprio dia do evento.

De 09:30 a 19:30 horas
Pazo da Cultura. Pontevedra
relatorio do Ateneo

“En el vientre de la ballena”

10

sábado/Setembro

O Ateneo de Pontevedra presenta o relatorio do libro “En el vientre de la ballena. Ensayo sobre la cultura” de Diego Moldes (Douctor en Ciencias da Información e escritor).

Acompañarán ao autor, Xaime Toxo (presidente do Ateneo de Pontevedra, escritor) e Ramón Rozas (xornalista do Diario de Pontevedra e crítico de Arte)

Entrada libre ata completar capacidade.

Ás 20:00 horas
Espacio Nemonón, Villa Pilar. Pontevedra
rut matilda

“Unha viaxe pola indumentaria tradicional de Galicia”

10

sábado/Setembro

Entre 1924 e 1926, Ruth Matilda Anderson percorreu Galicia coa súa cámara por encargo de The Hispanic Society Museum & Library. A exposición “Unha viaxe pola indumentaria tradicional de Galicia”, na que a Asociación Etnográfica Sete Espadelas parte de máis de 150 fotografías de Anderson para mostrar prendas antigas ou reproducidas a partir de padróns e tecidos antigos, xunto a apeiros, utensilios e ferramentas.

E lembra que ata o 15 de outubro hai visitas guiadas á exposición todos os sábados ás 10:30 h e ás 12 h, a cargo dos seus comisarios José Luis Rodríguez e David Quiñones.

Para participar debes inscribirte en reservas.museo@depo.gal.

Ata o 16 de Outubro 2022
Edificio Castelao Pontevedra
Papagena

“Papagena” 

10

Sábado/Setembro

 Deputación Provincial e a produtora ButacaZero estrearán no emblemático escenario das Ruínas de San Domingos de Pontevedra a ópera galega e en galego “Papagena”.

Trátase dunha ópera electrónica que está baseada en dous personaxes de “A frauta máxica” de Mozart e que busca reflexionar sobre os clixés de xénero.

Duración 55 min · En escena: 1 música/o + 1 soprano + 1 barítono

Inscrición previa en participa.cultura@depo.es (máximo de 4 persoas por correo)

Libreto e música orixinal: Iago Hermo – Soprano: Esperanza Mara

Barítono: Jacobo Rubianes Castelo – Escenografía: Ana Arteaga

Vestiario: Espazovaleiras – Dirección: Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira

Ás 21:30 horas
Ruínas de San Domingos, Pontevedra
Foliada diversa

“Vermús de Pinto e Maragota” 

11

Domingo/Setembro

Nova actividade dos Vermús de Pinto e Maragota coa colaboración da Asociación Cultural Trépia unha festa onde se cantará á diversidade a ritmo de xotas e muiñeiras.

Esta actividade impulsada pola concellería de Igualdade de Pontevedra coa intención de fomentar a diversidade sexual e de xénero propón, nesta ocasión, unha combinación da tradición cultural galega con elementos de reivindicación da diversidade.

Desde o colectivo convidan a que as persoas interesadas saquen as gaitas, as cunchas, os pandeiros e as plumas para participar desta Foliada Diversa, aberta a todo o público.

Ás 12:30 horas
Campillo de Santa María, Pontevedra
Vehículos clásicos

“Concentración de vehículos clásicos e antigos” 

11

Domingo/Setembro

O domingo 11 de setembro, concentración na praza de España de Pontevedra de vehículos clásicos e antigos.

Poderán participar vehículos cunha antigüedade superior a 30 anos previa inscrición en ava.pontevedra@gmail.com 

ou nos teléfonos: 638 949 843 ou 651 365 040

De 10:30 a 19:30 horas
Praza de España, Pontevedra

Xa podes anotarte

Atlantic meet

“Atlantic Meet” 

15,16

Xoves,Venres/Setembro

I Edición do Congreso de Relacions Personais Atlantic Meet 

Coa participación de Toni Nadal, Elsa Punset, Emilio Duró e Mario Alonso Puig… ¡e moitas máis actividades! Mesas redondas, networking, espazos de exposición de proxectos…

A guinda á programación do primeiro Congreso Atlantic Meet chega en forma de curso. Un ciclo intensivo de cinco materias impartidas por expertos nos seus campos para fomentar o Desenvolvemento Persoal. Está dirixido a todas aquelas persoas que queiran mellorarse a si mesmas para poder xestionar con eficacia equipos e proxectos. As metas do curso pasan por aprender a xestionar a contorna persoal e laboral, adquirir ferramentas para a xestión do compromiso do equipo, potenciar a comunicación, desenvolver o liderado, autorregular emocións e adquirir claves para a motivación humana. Todo isto impartido por docentes de luxo como Pep Marí, Emilio Duró ou Mario Alonso Puig, entre outros.

Mercar Entradas  90/150 Euros

Pazo da Cultura de Pontevedra 
teatro na biblioteca

“Taller de creación teatral” 

16,30

Venres/Setembro

Taller de creación teatral no que os participantes pasarán polas diferentes fases de cración dun personaxe:

documentación, escritura, creación, interpretación e representación.

-Data e hora: 16 e 30 setembro de 17:00 a 20:30

Inscrición previa a partir de 6 de setembro

-Entrada gratuíta

De 17:00 a 20:30
Biblioteca pública de Pontevedra
Rutas de arquitectura

“Rutas de arquitectura” 

17,24

Sábado e domingo/Setembro

A Deputación de Pontevedra, en colaboración coa Real Academia Galega de Belas Artes, propón unha nova edición dos roteiros de arquitectura e ofrece percorridos nos que perderse entre pazos e mosteiros, arquitectura civil e relixiosa, para coñecer de preto os exemplos máis singulares da provincia.

  • Sábado 17 de septiembre de 2022: 

    • Ruta 1. Vila de Cruces-Silleda 
  • Sábado 24 de septiembre de 2022: 

    • Ruta 2. O Carril-Vilagarcía de Arousa 
  • Sábado 1 de outubro de 2022: 

    • Ruta 3. Vigo 
  • Sábado 8 de outubro de 2022: 

    • Ruta 4. Caldas de Reis – Portas 
  • 35 plazas por roteiro
  • Inscripción previa en roteiros.cultura@depo.gal
  • Indicarase o nome do roteiro, os nomes das persoas participantes (máximo 4 persoas por reserva) e un número de teléfono de contacto
  • As rutas 1 e 4 inclúen desprazamentos en autobús a cargo da Deputación de Pontevedra.
 De 10:00 a 13:30 horas
Pontevedra
Noite de monólogos

“Noite de monólogos” 

23

Venres/Setembro

NOITE DE MONOLOGOS” é un evento solidario que organiza a Asociación de Familiares de Alzheimer de Pontevedra (AFAPO), con motivo do día mundial do Alzheimer, co obxectivo de visibilizar a enfermidade, dar a coñecer a problemática das familias afectadas e poder reunir fondos para novos proxectos.

Para facer realidade este evento contamos coa estimable colaboración dos tres artistas galegos de primeiro nivel que nos acompañarán neste evento como son: David Amor, Javier Veiga e Rober Bodegas e que prepararon esta actuación por primeira vez xuntos para apoiar as nosas reivindicacións. 

Mercar entradas 15 /18 Euros

 Ás 21:00 horas
Fundación ABANCA Pontevedra 
Galicia ilusiona

“Festival mundial de ilusionismo” 

24

Sábado/Setembro

Gran Gala Internacional “Galicia Ilusiona”: Unha selección dos mellores números do ilusionismo mundial, unha oportunidade única de ver sobre o mesmo escenario aos máis premiados magos e magas do planeta. Todo iso, conducido pola gran Esther Estévez, a comunicadora galega de moda, que se estrea por primeira vez no mundo da maxia. Na gala, participarán:
Hyun Joon Kim (Corea)

Jimmy Delp (Estados Unidos)

Sebastien Dethise (Bélxica)

Huang Zheng (China)

Dani Polo (Galicia) 

Mercar entradas 12 Euros

 Ás 20:30 horas
Fundación ABANCA Pontevedra 
Río verbena

“Río verbena Fest” 

24

Sábado/Setembro

Concertos do Xacobeo

Aos pés do Río Lérez, no Parque de Tafisa, poderemos gozar dunha nova cita musical que encherá a cidade pontevedresa de boa música do panorama actual o próximo 24 de setembro. Entre a súa programación musical confirmada ata o momento, atopamos aos artistas Hijos de la Ruina, Villano Antillano, Sila Lua, Thom Archi e Groove Amigos. Río Verbena chega con forza para axudar a posicionar a Pontevedra e Galicia no mapa de grandes producións musicais a nivel nacional cunha coidada programación, ademais de servir como altofalante en canto a temas como a sustentabilidade ou valores como a igualdade e a tolerancia. Río Verbena emerxe en plena efervescencia da cidade de Pontevedra como candidata a Capital Gastro e como colofón a toda a programación de verán, reunindo na cidade o mellor da música urbana, nun enclave natural inigualable.

Mercar entradas  29 Euros

 De 17:30 a 03:00 horas
Parque de Tafisa, Pontevedra 
competencias dixitais

“Curso de competencias  dixitais” 

26

Sábado/Setembro

Debido a que non existe a día de hoxe unha formación regrada nesta temática que provea ao alumnado de coñecementos básicos en competencias dixitais, proponse unha formación que ocupe este espazo e provéalles destes coñecementos tan necesarios. Esta formación contén os seguintes temas:

Manexo de computador con SO Windows 10

Seguridade e privacidade básicas.

Navegación a través de internet

Uso da nube

Manexo de ofimática básica na nube

Profesor David López Pazos

Duración: 30 horas

Prezo: 60 Euros

 De 18:30 a 20:00 horas
Sala de informática UNED Pontevedra
me lo dices o me lo cuentas

Taller de expresión e comunicación oral” 

30,1

Venres,Sábado/Setembro, Outubro

Taller práctico de expresión oral e comunicación interpersoal para conectar cos nosos recursos e gozar contando historias reais ou inventadas dirixido a persoas que queiran iniciarse na narración oral ou sentir máis seguridade e confianza para expresarse en público e nas relacións con outras persoas.

Profesora: Lidia Luna

Duración: 8 Horas

Prezo: 70 Euros ata o 16 de setembro

12 prazas 

 Día 30 de 16:00 a 20:00 horas  Día 1 dee 10:00 a 14:00
Pontevedra
marcha contra o cancro

“Marcha contra o cancro” 

2

Domingo/Outubro

Volve a Marcha contra o Cancro! podes inscribirche ata o 29 de setembro, ás 23.59 horas, na IV Marcha “Pontevedra en marcha contra o Cancro

Distancia: 6,75km.

Decide se queres realizar o percorrido andando ou correndo

Adultos:9€ /4 a 12 anos:5€/ 0-3:gratis

Tan só tes que inscribirche en:

A nosa sede (C/Eduardo Pondal, 64A, baixo, 36003, Pontevedra)

Na ligazón: https://www.rockthesport.com/…/pontevedra-en-marcha…

Nas mesas que situaremos nas rúas de Pontevedra

Coa túa participación estarás a colaborar na luchacontraelcáncer, axudándonos a manter os nosos servizos gratuítos para pacientes oncolóxicos e familiares e a fomentar a investigación en cancro. Forma parte do movemento #EnMarcha!

 Ás 10:30 horas
Gran Vía de Montero Ríos, Pontevedra 

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥