Memoria

“Taller de Memoria” 

6

Luns/Febreiro

Os luns de 12:00 a 13:00 horas na sede de Manuel Quiroga do Liceo Casino Pontevedra contaremos con un ‘Taller de Memoria e outras habilidades cognitivas‘.  Infórmate na Secretaría do plazo de inscripción para a formación de grupo.

Prezo: 30€ ao mes. Primeira sesión gratuita.

lmparte Kairós Centro de Desarrollo

Luns de 12:00 a 13:00 horas
Liceo Casino Pontevedra
maritza

“Taller de bordado” 

6

Luns/Febreiro

Taller de bordado impartido por Maritza Berttolini onde aprenderás varias puntadas de bordado e a forma de utilizalas, compartindo e socializando con xente coas tuas mesmas inquietudes.

Anótate no teléfono +34 625867764

Luns de 18:00 a 19:30 horas
Reclamo estudio rúa Riestra 19, 1º Dcha Pontevedra
escalada

“Curso de iniciación á escalada” 

6,8,13

Luns,mércores/Febreiro

Curso de iniciación á escalada, os días 6, 8 e 13 de Febreiro (luns, mércores e luns)

Máximo 9 prazas!

*Idade mínima de participación 14 anos

Inclúe organización, monitores, seguros, material técnico e instalación.

Obxectivo.- Iniciarse na escalada con seguridade

Información e inscricións 

Dúbidas no mail do club aromon@aromon.es

De 19:30 a 22:00 horas
Rocódromo Municipal Pavillón de A Xunqueira (Pontevedra)
Tori e Lokita

“Tori e Lokita” 

7

Martes/Febreiro

TORI E LOKITA Jean-Pierre e Luc Dardenne, 2022, Bélxica, 89 min., VOSE Lingua orixinal: francés

Tori e Lokita viven nun centro de acollida en Bélxica. Son amigos, aínda que tratan de pasar por irmáns ante a Administración. Xuntos apáñanse para poder enviar cartos á casa, para pagarlle á mafia que trouxo a Lokita desde África e para conseguir os papeis que regularicen a súa situación en Bélxica. Aférranse á súa amizade para resistiren as condicións de precariedade e dureza extrema ás que son condenados por non teren papeis.  
Festival de Cine de Cannes 2022: Premio 75º Aniversario
Festival de Sevilla 2022: Premio do Público

​Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra
yo vivo

“Yo vivo”

8

Mércores/Febreiro

 Lúa Mosquetera presenta a súa primeira novela ”¡Yo vivo!” acompañada do poeta Samuel Merino.
Di a autora que case todo o que se conta nesta historia non pasou mais todo, todo, todo é verdade.
A portada é obra do artista salmantino Ricardo Cavolo e o libro está editado por @lamodernaed

Ás 19:30 horas
Libraría Paz Pontevedra
Emilie Flöge

Emilie Flöge” 

8

Mércores/Febreiro

Destacadas mulleres creadoras do século XX converteranse en protagonistas do novo curso de ‘Avantaxado feminino‘ na súa segunda edición.  O acceso a estas sesións do curso é libre. No caso de que as persoas asistentes queiran dispoñer dun certificado de asistencia deberán inscribirse previamente en reservas.museo@depo.gal e acudir, polo menos, a sete das dez sesións previstas. Carolina Munáiz, responsable do curso, exerce como docente na Escola Superior de Deseño de Moda Formarche da Coruña, titulada en Ilustración pola EASD Pablo Picasso e con formación de primeiro ciclo da Escola de Canteiros de Pontevedra. Ademais, é pintora e profesora das materias de Historia da Indumentaria e de Historia da arte e da moda do século XX

Emilie Flöge (moda)

De 19:00 a 20:30 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
Luis Camarero

“Carracárdaba” 

8

Mércores/Febreiro

Fundación Cuña-Casasbellas

A Fundación Cuña-Casasbellas. Fabulario Novo-Hipofanías ten a satisfacción de convidarlles á presentación da novela, “Carracárdaba”, do escritor Luís Camarero Lázaro. O acto consistirá na presentación por Miguel Ángel Cuña e un encontro-coloquio co autor. 

Carracárdaba – Ambientada na ditadura de Primo de Rivera, a República e a Guerra Civil, a novela “Carracárdaba” de Luís Camarero é unha rapsodia literaria ao redor das vivencias experimentadas por Gordiano Arroio, nado ao mundo na dramática realidade do campesinado pobre no primeiro terzo de século en España e lanzado, como autor dun delito que non cometera á prisión de La Mola, en Menorca.

Ás 20:00 horas
Sala Versus rúa Gerardo Álvarez Limeses, nº 12, Pontevedra
aire

“Aire Galería”

9

Xoves/Febreiro

A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes, emprazada na Facultade de Belas Artes, acolle a inauguración da exposición Aire Galería, centrada na traxectoria deste espazo expositivo de Bilbao, que dá visibilidade ao labor artístico do alumnado e profesorado vinculado á Facultade de Belas Artes da Universidade do País Vasco (UPV/EHU).

Promovida coa colaboración desta universidade, nesta exposición preséntase unha selección das obras dos 64 artistas que formaron parte nas diferentes exposicións promovidas na Galería Aire e que integran a súa colección. A mostra pode visitarse ata o 7 de abril, en horario de 9.00 a 14.00 horas.

Inauguración ás 12:00

D 9 de febreiro ao 7 de abril 2023
Sala de exposicións Manuel Moldes, Belas Artes, Pontevedra
Isolda

“Teñamos a poesía en Paz”

9

Xoves/Febreiro

Libraría Paz

O ciclo ‘Teñamos a poesía en Paz’ recibe a visita dos poetas Isolda Comesaña e Pablo Otero. Presenta e coordina Silvia Penas.

Ás 19:30 horas
Libraría Paz Pontevedra
Museo de Lugo

“Museo Provincial de Lugo” 

9

Xoves/Febreiro

Presentación do libro ” Museo provincial de Lugo: Orixe e consolidación (1932-1982)”, de Aurelia Balseiro García.

Intervirán Jose Manuel Rey (director do Museo de Pontevedra) e Aurelia Balseiro García (autora do libro e directora do Museo provincial de Lugo.

Entrada libre ata completar capacidade

Ás 19:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
Miss docet

“Miss Docet” 

9

Xoves/Febreiro

Teatro principal

A obra inaugural do 9 de febreiro é o novo proxecto teatral da Compañía Eléctrica, “Miss Docet“, con temática de memoria histórica. Ten como protagonista a Emilia Docet, a muller coñecida por ser a ‘miss España galeguista’, militante do Partido Galeguista, do que levaba unha insignia no peito cando se converteu en miss España. Recupera desde a escena a potencia dunha xeración de galegas que viu truncada a súa historia por un golpe de estado ilegal, e contribúe á loita para evitar que os seus nomes e os seus pasos desaparezan das nosas memorias.

Mercar entradas 

​Ás 21:00 horas
Teatro principal, Pontevedra
Historias
programa

“A foto 51″Historias de ciencia” 

10,11

Venres,Sábado/Febreiro

Teatro principal

A foto 51′ é o novo programa deseñado pola Concellería de Cultura de Pontevedra con vocación de continuidade cada mes de febreiro para, coincidindo coa conmemoración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, traer a ciencia á nosa cidade, sobre todo a divulgación científicae facelo con perspectiva de xénero para dar á muller o lugar que merece nesta disciplina e que deixe de ser invisible. 

venres 10 de febreiro, ás 11:00 horas, o Teatro Principal acollerá a primeira actividade coa conferencia da matemática María Elena Vázquez Cendón, premio María Josefa Wonenburger 2022, que tratará cuestións da súa área científica mais vinculados coa perspectiva de xénero.

Xa o sábado 11, a axenda tornarase máis intensa, tendo como base un encontro divulgativo con até 13 poñentes, que ofrecerán charlas de dez minutos ao longo da mañá e da tarde.

Está prevista a realización de varios roteiros científicos, para os días 11, 12, 25 e 26 de febreiro, e que tamén precisa de inscrición e reserva de praza en https://apúntate.pontevedra.gal/. Cómpre aclarar que non é necesaria ningún tipo de entrada para as conferencias, nin ningún aporte económico.

​Ás 12:00 horas o Venres e ás 11:00 horas o sábado
Teatro principal, Pontevedra
El cascanueces

“El cascanueces” 

10

Venres/Febreiro

Afundación Pontevedra

El Cascanueces, Ballet Clásico Internacional

Durante a fantástica noite de Nadal que vive Marie, grazas á maxia de Drosselmeyer, no seu soño a protagonista presenciará a batalla dos malvados ratos e os soldaditos de chumbo, o seu xoguete Crebanoces converterase nun belo príncipe, e xuntos a través das terras nevadas aparecerán no Palacio Máxico, onde os seus xoguetes cobrarán vida e todos xuntos gozarán dunha festa inesquecible. 

Mercar entradas 

​Ás 20:30 horas
Auditorio Sede Afundación, Pontevedra
9 cruces

“9 Cruces”

10

Venres/Febreiro

Presentación no Salón de Plenos da Deputación de Pontevedra “As Nove Cruces” o novo libro de Banda Deseñada con temática de Memoria Histórica realizado polo alumnado de “O Garaxe Hermético”.

Nesta ocasión recolle a historia da represión e a resistencia vinculada á Volta dos 9 de Baredo (Baiona).

Tras o éxito acadado  nas redes polos distintos capítulos da BD, o vindeiro venres faremos entrega a todas as persoas presentes dun exemplar do libro en papel.

Entrada de balde ata completar aforo

Ás 19:00 horas
Deputación de Pontevedra
Avelaiña

“A liorta” 

10

Venres/Febreiro

A Liorta‘, teatro para conmemorar os 40 anos da Aula Castelao de Filosofía.

Representación de ‘A Liorta’, a cargo de Avelaíña Teatro  

Neste espectáculo ofrécese o debate entre as dúas figuras máis destacadas da etapa de Ilustración: Voltaire e Rousseau. Mentres Voltaire ofrece unha visión desde o punto de vista da razón burguesa baixo a liña dos intereses do capital marcado polo liberalismo; Rousseau ofrece unha proposta desde o desexo de igualdade, o sentimento de liberdade e a esperanza de felicidade, sendo o promotor do socialismo e do romanticismo.

Entrada libre e gratuíta.

​Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra
Fran Lorenzo

“A festa equivocada”

11

Sábado/Febreiro

Libraría Paz

O vermú entre libros acolle a visita do escritor Fran P. Lorenzo que conversará co editor Carlos Meixide do seu novo libro ‘A festa equivocada‘ (Rodolfo e Priscila editora)

Ás 19:30 horas
Libraría Paz Pontevedra
Xulio Gil

“Símbolos do conflito” 

2

Xoves/Febreiro

Inauguración da exposición ‘Símbolos do conflito” de Xulio Gil,

Inauguración día 2 ás 19:30 horas

Entrada libre ata completar capacidade

Do 2 de Febreiro 2023
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
Vexo vexo

“Vexo, vexo! que ves?” 

1

Mércores/Febreiro

Afundación Pontevedra

Exposición VEXO, VEXO! QUE VES? Xogo, humor e metáforas na Colección de Arte Afundación, en Pontevedra

Convidámoste este mércores 1 de febreiro á visita guiada inaugural desta mostra, que se compón de trinta e catro pezas de autorías e soportes diversos: un gravado de Goya, debuxos de Castelao, esculturas de Xurxo Oro Claro, un óleo de Berta Cáccamo, a banda deseñada sobre a nosa Colección de Jacobo Fernández, fotografías de Helena Segura-Torrella e Daniel Canogar, entre outras obras. Todo, no Café Moderno de Pontevedra.

Inauguración ás 19:00 horas

Do 1 de febreiro ata o 8 de abril 2023
Café moderno de Pontevedra
supongo que estuve allí

“Supongo que estuve allí”

28

Sábado/Xaneiro

Fundación RAC Pontevedra

Exposición de fotografía de Jaime Olmedo na Fundación RAC.

Horarios de mércores a venres de 17:00 a 20:00 horas e sábados de 12:00 a 14:00 horas

Do 28 de xaneiro ao 18 de febreiro 2023
Fundación RAC Rúa Sarmiento 41, Pontevedra
A cidade é a pegada

“A cidade é a pegada” 

15

Xoves/Decembro

A exposición, que reflexiona sobre o acontecemento de pertencer a Pontevedra empregando a infancia como fío condutor, conta con Alfredo Olmedo como comisario, os subcomisarios Eduardo Outeiro, Norberto Olmedo e Fernando Suárez, Milagros Bará, Alberto Reiriz e Vicente Pillado do estudio de arquitectura NAN, o arquiveiro municipal Rodrigo Silva e Patricia Dopico, responsable do diseño editorial.

Estará dividida nos espazos Personaxes, do que hoxe avanzamos unhas pinceladas, Infancia, Arquitectura e Río e será, “a produción máis importante a nivel expositivo que levou a cabo o Concello.

Do 15 decembro ao 22 de marzo 2023
Pazo da cultura Pontevedra

Xa podes anotarte

Manuel Campo Vidal

“Reto demográfico

13

Luns/Febreiro

O 13 de febreiro ás 18:00 horas o Salón de Plenos acolle o peche do noso curso sobre territorio rural intelixente

Debateremos sobre emprendemento e servizos de calidade no medio rural coa participación do xornalista e presidente de Next Educacion Manuel Campo Vidal

Inscríbete xa en protocolo@depo.gal

Ás 18:00 horas
Salón de plenos da Deputación de Pontevedra
Georgia O’Keeffe

“Georgia O’Keeffe

15

Mércores/Febreiro

Destacadas mulleres creadoras do século XX converteranse en protagonistas do novo curso de ‘Avantaxado feminino‘ na súa segunda edición.  O acceso a estas sesións do curso é libre. No caso de que as persoas asistentes queiran dispoñer dun certificado de asistencia deberán inscribirse previamente en reservas.museo@depo.gal e acudir, polo menos, a sete das dez sesións previstas. Carolina Munáiz, responsable do curso, exerce como docente na Escola Superior de Deseño de Moda Formarche da Coruña, titulada en Ilustración pola EASD Pablo Picasso e con formación de primeiro ciclo da Escola de Canteiros de Pontevedra. Ademais, é pintora e profesora das materias de Historia da Indumentaria e de Historia da arte e da moda do século XX

Georgia O’Keeffe (pintura)

De 19:00 a 20:30 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
Fuzztones

“Fuzztones

21

Martes/Febreiro

O martes 21 de febreiro, véspera de festivo en Pontevedra, poderedes gozar do concerto de The FUZZTONES.
The Fuzztones son unha banda de garage rock formada en Nova York en 1980. Irromperon na escena Punk neoiorquina recuperando o son das bandas de Garage rock dos anos 60. Tras máis de 40 anos de existencia
The Fuzztones lograron o status de “lenda” dentro do Garage rock. Influíron en centos de grupos, desde The Hives a The Horrors.

Apertura de portas 21:30, Concerto: 22:00 horas
Sala Karma, rúa Riestra 34, Pontevedra
andaina marin

“VIII Andaina

26

Domingo/Febreiro

Xesteiras CLUB De Montaña e Concello de Marín

Andaina contra o cancro o próximo 26 de febreiro , o Concello de Marín organiza, coa colaboración da nosa sede en Marín e o Xesteiras CLUB De Montaña, a VIII Andaina Montes e Praias de Marín a favor da Asociación contra o Cancro.

A andaina recorre o Concello de Marín e consta de dúas modalidades:

unha popular de 15 km, outra deportiva de 25km,

Realizada por sendeiros evitando o posible as estradas

Se queres inscribirte podes facelo no seguinte enlace

Ás 9:00 horas
Marín, Pontevedra

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥