“Sanidade pública: o estado da cuestión”
7
Martes/Marzo
O Ateneo de Pontevedra organiza a conferencia Sanidade Pública: o estado da cuestión, impartida por Manuel Martín García. O acto terá lugar o vindeiro martes, 7 de marzo, ás 19:30 horas, na sala de conferencias da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.
Manuel Martín García. Licenciado en Medicina pola Universidade Complutense de Madrid (1978). Especialista en Medicina Familiar e Comunitaria. Máster en Saúde Pública pola Universidade da Habana. Oficial Sanitario pola Escola Nacional de Sanidade de Madrid. Ex titor extrahospitalario e ex coordinador da Unidade Docente de Medicina Familiar e Comunitaria de Pontevedra. Ex profesor de Saúde Pública da Escola de Enfermaría de Vigo (Hospital Xeral-Cíes).
A entrada é libre ata completar capacidade.
Ás 19:30 horas
Casa das Campás, Pontevedra
“A rapariga”
7
Martes/Marzo
A RAPARIGA Eltázozott nap, Márta Mészáros, 1968, 84 min., VOSG
Lingua orixinal: húngaro cineclube
A rapariga traballa nunha fábrica téxtil. Educada nun orfanato, busca desesperadamente os seus pais. Atopa a súa nai nunha pequena aldea e esta pídelle que agoche a súa identidade ante a súa nova familia. A rapariga séntese terriblemente soa, inicia curtas relacións con homes que non a enchen. Decide axudar un home que parece saber algo sobre a morte do seu pai, mais estalle a contar a verdade?
Aínda que Mészáros xa traballara durante quince anos como documentalista no NODO húngaro, esta é a súa primeira longa de ficción, onde están xa presentes todas as súas inquedanzas temáticas e a sosegada experimentación nas formas. Para este primeiro filme contou con Kati Kovács como protagonista, toda unha celebridade no mundo do rock cando se filmou esta película.
Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra
“As Sophias entran nas aulas”
8
Mércores Marzo
Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller, a Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte acolle a presentación do proxecto Sophias, unha serie web realizada polo Consello da Cultura Galega, coa colaboración da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, dirixida a divulgar a figura e as ideas de mulleres filósofas ao longo da historia.
Marta e María son dúas compañeiras de traballo que nos seus encontros atopan sempre un motivo para filosofar sobre as ideas de mulleres que forman parte da historia do pensamento. Desde a Grecia clásica ata os nosos días, nestes sete capítulos abordan con humor, paixón e incluso misticismo as achegas de filósofas que pode que non estean nas conversas de corredor, pero que deberían.
Nunha actividade organizada polas profesoras Rexina Vega e Cristina Caruncho, as curtametraxes serán presentadas pola profesora de Filosofía e produtora executiva da serie, Carme Adán, nun coloquio titulado As Sophias entran nas aulas.
Entrada de balde
Ás 11:00 horas
Salón de graos de CC da Educación e do Deporte Pontevedra
“Alguén aquí?“
8
Mércores/Marzo
Acción artística. Peza: Alguén aquí? A intención da peza é destacar o estado de alarma, alerta, e tentar reafirmar unha vez máis a urxencia de non baixar a garda, de renovar alentos, de espertar máis conciencias, voces e espazos de intervención e de defensa dos nosos dereitos. Dos dereitos das mulleres Espectáculo/acción escénica combinado con outras disciplinas a proposta da polifacética CARMEN QUINTEIRO, mestra, escritora e artista
Ás 11:00 horas
Pazo provincial, Pontevedra

“María Blanchard”
8
Mércores/Marzo
Destacadas mulleres creadoras do século XX converteranse en protagonistas do novo curso de ‘Avantaxado feminino‘ na súa segunda edición. O acceso a estas sesións do curso é libre. No caso de que as persoas asistentes queiran dispoñer dun certificado de asistencia deberán inscribirse previamente en reservas.museo@depo.gal e acudir, polo menos, a sete das dez sesións previstas. Carolina Munáiz, responsable do curso, exerce como docente na Escola Superior de Deseño de Moda Formarche da Coruña, titulada en Ilustración pola EASD Pablo Picasso e con formación de primeiro ciclo da Escola de Canteiros de Pontevedra. Ademais, é pintora e profesora das materias de Historia da Indumentaria e de Historia da arte e da moda do século XX.
María Blanchard (pintura)
De 19:00 a 20:30 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
“Primavera tardía”
8
Mércores/Marzo
No marco da programación da Fundación Cuña-Casasbellas. Fabulario Novo-Hipofanías, para o ano 2023, terá lugar na Sala VerSus un novo Ciclo de poesía, arte, cine e socioloxía “Familias en escena”. O programa inclúe o ciclo cinematográfico homónimo, cuxa sexta sesión terá lugar este mércores, 8 de marzo, ás 20:00h, coa proxección do Film: Primavera tardía de Yasujiro Ozu. Japón, 1949. 108′
Sinopse. Noriko vive co seu pai viúvo e coida del, pero xa vai sendo moi maior para permanecer solteira. O seu pai desexaría casala, aínda que iso represente a súa definitiva soidade. O malo é que o candidato a matrimonio casa coa mellor amiga de Noriko. A súa tía Masa preséntalle a un mozo ao seu pesar.
Entrada de balde ata completar capacidade
Ás 20:00 horas
En Sala VerSus, rúa Gerardo Álvarez Limeses, nº 12, Pontevedra
“En marcha contra o cancro”
9
Xoves/Marzo
A cuarta edición da iniciativa Rutas Saludables volve a Pontevedra
A actividade é gratuíta e comezará o próximo día 23 de febreiro ten prazas limitadas e está dirixida a esa poboación que ten unha vida sedentaria e quere comezar a practicar hábitos de vida saudables
Divídese en 2 grupos os xoves: un ás 10.30 horas e outro ás 17.00 horas A duración prevista para esta actividade é de hora e media aproximadamente e será guiada sempre por un/unha voluntari@
Desenvolveranse pola cidade co obxectivo de combater o sedentarismo, xa que é o responsable do 6% de mortes en todo o mundo e incrementa o risco de padecer cancro de colon e de mama ata un 20-25%
Se queres inscribirte, chámanos ao noso teléfono 900 100 036 (gratuíto e 24h) ou presencialmente na nosa sede en Pontevedra (Eduardo Pondal, 64A, baixo) ata que se completen as prazas.
Xoves: ás 10.30 horas e ás 17.00 horas
Sede da Asociación Eduardo Pondal, 64A Pontevedra
“Hamelin”
9
Xoves/Marzo
Ponteatro “Hamelin” de RedRum
*Érase unha vez unha fermosa cidade chamada Hamelín. A cidade estaba chea de ratas. Ata que alguén tocou unha música fermosa”. A versión aproximada do conto é máis crible e máis parecida ao mundo no que vivimos. No noso mundo, as nenas pagan primeiro. Pagan os vicios dos maiores e as súas mentiras. Nese sentido, o Hamelín que non sabe protexer ás súas nenas é como moitas cidades do noso mundo. Mayorga aborda o tema da pederastia con linguaxe e escenas cheas de elipses, onde se alude a cousas, onde o espectador debe poñer do seu parte para interpretar, para imaxinar, para encher os silencios. Texto: Juan Mayorga Dirección e tradución: Alex Sampaio. Repartición: Machi Salgado, Mónica García, Fran Lareu, Belén Constenla, Roberto Leal, Guillermo Carbajo, Rubén Porto Duración 90 minutos.
Ás 21:00 horas
Teatro Principal , Pontevedra
“Feira de alimentación ProductorAs”
10-12
Venres a Domingo/Marzo
Durante os días 10, 11 e 12 de Marzo, celebrarase a Feira de alimentación e artesanía, feitas en Galicia, por mulleres. Exposición e venda de artículos de alimentación e artesanía. Exposición fotográfica. Obradoiros para as crianzas. Charlas…
Das 11:00 ás 21:00 horas
Praza de España, Pontevedra
“Cpto España baile Standar”
10-12
Venres a Domingo/Marzo
Durante os días 10, 11 e 12 de Marzo, celebrarase no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra, o CAMPIONATO DE ESPAÑA STANDARD 2023. Este evento está organizado desde o Concello de Pontevedra, a Federación Española de Baile Deportivo e a nosa escola PonteBaile.
Todo o día
Pavillón dos deportes , Pontevedra

“Mireya Dieste”
10
Venres/Marzo
Concerto de piano con narrador e imaxes proxectadas no que se vai contando a historia de Mireya Dieste, pianista galega moi destacada que faleceu en 2015 aos 99 anos.
Mireya Dieste era filla de Eduardo, un dos irmáns maiores de Rafael Dieste. O concerto fai un recorrido pola vida musical na familia Dieste. O historiador musical José Luis do Pico Orjais vai narrando a historia entre as pezas musicais, desde os primeiros estudos de Mireya (soa un movemento dunha sonata de Beethoven), a relación familiar con Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón, amigo da familia Baltar e arquitecto que deseñou o Pazo de Tanxil (soan tres dos seus preludios para piano) e a admiración pola figura de J. S. Bach (soa unha peza para piano do compositor).
Ás 19:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
“Carne”
10
Venres/Marzo
Teatro principal de Pontevedra
Proxección do documental Carne. A continuación haberá unha conferencia con Chelo Loureiro (produtora) e Sofía Oriana (compositora).
Crúa, pouco feita, ao momento, feita e moi feita. Pintada sobre un prato de cerámica, Rachel Patricio é unha nena gorda e un desgusto para a súa nai. Durante a adolescencia, representada por pinceladas de acuarela, Larissa Rahal redescubre o seu corpo e o potencial do seu menstruación. No auxe da mocidade, entre glitches e ruídos dixitais, a cantante Raquel Virginia expón os riscos aos que cada día enfróntase por ser quen é: negra e trans. A arxila en constante metamorfose é o corpo de Valquiria transformándose ao longo do climaterio. A actriz Helena Ignez, icona do cinema brasileiro dos 60, debuxada en tinta sobre o celuloide de 35mm de ‘Copacabana mon amour’ -película que a lanzou á fama-, conta como o seu corpo foi importante para a súa carreira artística, pero tamén como foi obxecto de abusos. Cinco mulleres e a súa relación co corpo, desde a infancia á vellez, toman forma en ‘Carne’.
Entrada de balde ata completar capacidade
Ás 20:00 horas
Casa das Campás, Pontevedra

“El duelo”
10
Venres/Marzo
Paula Cheshire presenta o seu novo cómic editado por Fandogamia acompañada de Marta Carril (club BD Libraría Paz).
En ‘El duelo’ atoparemos un conxunto de sentimentos feitos cómic e tamén esa capacidade da autora para facernos rir coa súa presentación da morte.
Que ocorre cando alguén morre? O certo é que non hai unha resposta correcta. Só sábese o que queda entre os vivos: un vórtice de sentimentos e o ter que lidar co feito de que alguén, que estivera sempre, xa non estea. Paula narra o proceso de duelo tras a perda da súa nai, atravesando as diferentes etapas que teñen, como fin, unha soa cousa: aprender a vivir coa dor e poder transformalo.
Ás 19:30 horas
Libraría Paz Pontevedra
“Yo me bajo en la próxima, ¿y usted?”
10
Venres/Marzo
Esta divertida comedia musical fai un percorrido polo noso pasado máis recente, a través da vida dunha parella divorciada que, pasados os 50, diríxense ao público para lembrar con, moito humor, as experiencias que os levaron ata o presente. A obra, escrita por Adolfo Marsillach, é unha proposta que convida a rir, cantar e sobre todo, a lembrar unha época da nosa vida, que xa é historia.
Ás 20:00 horas
Auditorio Sede Afundación , Pontevedra
“Obradoiro de galletas”
11
Sábado/Marzo
Via Nai e *Índigo son dous espazos con moito en común, creados para gozar das nosas actividades e convidarvos a incorporalas na vosa rutina. A paixón polo mundo botánico e o aroma a galletas amasadas con amor únense, dando lugar a este taller de galletas de primavera.
Realizaremos pastas de té tradicionais (con manteiga) e versión con masa sablée (sen glute). O acabado decorativo con flores comestibles fará destas galletas unha elaboración única e especial.
Esperámosche o vindeiro sábado 11 de marzo de 11:00 a 13:30 en Via Nai. Lembra facer a túa inscrición, as prazas son limitadas, e voan!!
tl 629 09 75 66
Ás 11:00 horas
Via Nai, Pontevedra
“Histórias de Encantar”
11
Sábado/Marzo
O Ateneo de Pontevedra organiza un relatorio arredor do libro para ler e colorear Histórias de encantar, autoría de escritores e poetas galegos e portugueses.
Ás 12:00 horas
O Sanatorio, Pontevedra
“Os Estanques e Anni B. Sweet”
11
Sábado/Marzo
Anni B Sweet en As Matinés do Principal
O novo tándem Os ESTANQUES e ANNI B SWEET publicou o seu primeiro álbum conxunto, baixo o título “Burbuja cómoda y elefante inesperado” (27/05/22), co tema “Caballitos de mar” como focus track. Composto por Anni B Sweet e Iñigo Bregel, e producido integramente polo propio Bregel, gravouse durante o ano pasado entre Madrid e as montañas fronteirizas de Lanestosa (Euskadi/Cantabria). Autoproducido ao 100%, editouse de forma independente con Inbopohonic Records e distribución de Altafonte. Todas as artes deste proxecto as firma Mario Feal.
Ás 13:00 horas
Teatro Principal , Pontevedra
“Mulleres e inspiración”
12
Sábado/Marzo
A Orquestra Sinfónica de Pontevedra protagonizará un concerto moi especial denominado “Mulleres e Inspiración” baixo a batuta de Renata Oliveira. Unha proposta de programa que reúne no seu eixo central a promoción da muller e as súas profesións relacionadas coa música. Dar visibilidade a unha profesión que sempre foi exercida por unha maioría masculina desde a antigüidade. Nel poderemos escoitar as melodías máis significativas de Amy Beach, un nena prodixio desde moi temperá idade, sendo a primeira muller estadounidense en compoñer e interpretar unha sinfonía. E como non, a tres talentosas compositoras do noso tempo e contorna, como son Sofía Oriana, Carme Rodríguez e Julia Dopico que tamén se encargarán de enlazar as súas melodías coa nosa querida Galicia, nas que unha frauta e unha bandurria serán as protagonistas.
Ás 19:00 horas
Auditorio do pazo da Cultura, Pontevedra
“Hipnosis”
1
Mércores/Marzo
Exposición “Hipnosis”, de Ivo Sirakov
Inauguración: mércores 1 de marzo de 2023, ás 20 horas, no Liceo Casino de Pontevedra (rúa de Manuel Quiroga, 21). Poderá visitarse durante o mes de marzo.
Organiza: Liceo Casino de Pontevedra.
Colabora: Ateneo de Pontevedra.
Do 1 ao 31 de Marzo 2023
Liceo Casino, Pontevedra

“Menchu Abril”
17
Venres/Febreiro
Exposición de Menchu Abril. no Granero Delmás
Do 13 de marzo ao 13 de abril
Horario de 9:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:30 horas
Do 13 de Febreiro ao 13 de Marzo 2023
Granero Delmás, Pontevedra

“Aire Galería”
9
Xoves/Febreiro
A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes, emprazada na Facultade de Belas Artes, acolle a exposición Aire Galería, centrada na traxectoria deste espazo expositivo de Bilbao, que dá visibilidade ao labor artístico do alumnado e profesorado vinculado á Facultade de Belas Artes da Universidade do País Vasco (UPV/EHU).
Promovida coa colaboración desta universidade, nesta exposición preséntase unha selección das obras dos 64 artistas que formaron parte nas diferentes exposicións promovidas na Galería Aire e que integran a súa colección. A mostra pode visitarse ata o 7 de abril, en horario de 9.00 a 14.00 horas.
D 9 de febreiro ao 7 de abril 2023
Sala de exposicións Manuel Moldes, Belas Artes, Pontevedra

“Símbolos do conflito”
2
Xoves/Febreiro
Exposición ‘Símbolos do conflito” de Xulio Gil,
Entrada libre ata completar capacidade
Do 2 de Febreiro ao 27 de Marzo 2023
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra

“Vexo, vexo! que ves?”
1
Mércores/Febreiro
Exposición VEXO, VEXO! QUE VES? Xogo, humor e metáforas na Colección de Arte Afundación, en Pontevedra
Compónse de trinta e catro pezas de autorías e soportes diversos: un gravado de Goya, debuxos de Castelao, esculturas de Xurxo Oro Claro, un óleo de Berta Cáccamo, a banda deseñada sobre a nosa Colección de Jacobo Fernández, fotografías de Helena Segura-Torrella e Daniel Canogar, entre outras obras. Todo, no Café Moderno de Pontevedra.
Do 1 de febreiro ata o 8 de abril 2023
Café moderno de Pontevedra

“A cidade é a pegada”
15
Xoves/Decembro
A exposición, que reflexiona sobre o acontecemento de pertencer a Pontevedra empregando a infancia como fío condutor, conta con Alfredo Olmedo como comisario, os subcomisarios Eduardo Outeiro, Norberto Olmedo e Fernando Suárez, Milagros Bará, Alberto Reiriz e Vicente Pillado do estudio de arquitectura NAN, o arquiveiro municipal Rodrigo Silva e Patricia Dopico, responsable do diseño editorial.
Estará dividida nos espazos Personaxes, do que hoxe avanzamos unhas pinceladas, Infancia, Arquitectura e Río e será, “a produción máis importante a nivel expositivo que levou a cabo o Concello.
Xa podes anotarte
“O servente”
15
Martes/Marzo
O oficio de vivir é un ciclo de cine e saúde mental que se celebra este ano por segunda vez na cidade de Pontevedra. Trátase dunha iniciativa organizada por taller abierto e impulsada polo concelleiro de Benestar Social do Concello de Pontevedra, Marcos Rey.
Cada unha das sesións incluirá unha presentación a contextualización da película a cargo do experto Suso Novás, a proxección e un turno de preguntas e coloquio final, donde Julia Fraga, especialista en Psiquiatría, exporá as súas reflexiones sobre a película.
“O Servente” de Joseph Losey
Un intrigante e manipulador mordomo consegue, gradualmente, dominar a vida do señor ao que serve, aproveitándose das súas debilidades sexuais. Un tenso e adulto drama psicolóxico que obtivo excelentes críticas
A entrada será de balde ata completar aforo.
Ás 19:00 horas
Teatro principal, Pontevedra

“I Festival de banda deseñada”
17-19
Venres,sábado e domingo/Marzo
O 17, 18 e 19 de marzo de 2023, coincidindo coa celebración do DÍA DO CÓMIC (17 de marzo), celébrase o Festival de Banda Deseñada de Pontevedra 2023.
As xornadas terán lugar o 17 ao 19 de marzo a cabalo entre a Sala superior do Teatro Principal e o Museo, pero as exposicións estarán instaladas e visitables ata o 9 de abril. É un formato para todo o público que contará con obradoiros para escolares o venres pola mañá (de creación de CELS de Dragon Ball da man de O Garaxe Hermético e con Jorge Campos sobre como facer BD desde cero) ao tempo que se celebran no Museo as xornadas profesionais tanto para autores como para aqueles que se están formando baixo o título “De profesión, autores de cómic” e na que participarán Ana Miralles, Miguelanxo Prado, José Ángel Ares, Anabel Colazo, Alicia Jaraba e Kiko Dasilva, para falar de toda a problemática que ten traballar na nosa profesión”
O evento coordinado polo profesional da ilustración Kiko Dasilva contará tamén cun espazo de venda de exemplares por parte das librarías Paz, Seijas e Nobel, diferentes editoras como La Cúpula, Nuevo Nueve, Letra Blanka, Retranca, etc. e Torrado Belas Artes para a venda de material de debuxo.
Do 17 ao 19 de Marzo 2023
Sala superior do Teatro principal e o Museo de Pontevedra
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥