Misha-Dacic

“Misha Dacic” 

6

Luns/Novembro

 Despois do seu debut en Estados Unidos na Discovery Series do Miami International Piano Festival en 2003, Misha Dacic converteuse rapidamente nun solista moi solicitado que capturou audiencias en todo Estados Unidos, actuando nalgúns dos festivais máis destacados como o Ravinias Rising Stars Series en Chicago, Gilmore Keyboard Festival, Xavier Piano Series en Cincinnati, Frederic Chopin Societys Series en Minneapolis, ou no Steinway Hall de Nova York, entre moitos outros.

Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra
Deserto verde

“Deserto verde” 

7

Martes/Novembro

DESERTO VERDE de Isaac Cordal

Director: Lois Cid
Duración: 10 minutos y 15 segundos.
Idioma: gallego subtitulado al inglés.
Año: 2023

Sinopse: Documental no que o artista Isaac Cordal aborda, desde a súa obra escultórica de pequeno formato, o concepto de deserto verde e do greenwashing coa colocación de varias pezas na Illa das Esculturas e nas rúas de Pontevedra, nun proxecto coordinado por Cuco e Reclamo Estudo co patrocinio do concello de Pontevedra

Ás 11:00 horas
Facultade de Belas Artes, Pontevedra
exposición fotografía

“Ricardo Alcaide” 

7

Martes/Novembro

Fundación Cuña Casasbellas

A Fundación Cuña-Casasbellas. Fabulario Novo-Hipofanias ten a honra de convidarlle este martes, 7 de novembro, ás 20:00h, na Sala VerSus (c/ Gerardo Álvarez Limeses, nº 12) á inauguración da Exposición fotográfica “Siluetas”, do artista Ricardo Alcalde Corral. A Exposición permanecerá aberta diariamente ao público, de luns a venres, ata o 15 de decembro. 

Ata o 15 de Decembro 2023
Sala VerSus rúa Gerardo Álvarez Limeses, nº 12 – Pontevedra
Caro diario

“Caro diario” 

7

Martes/Novembro

CARO DIARIO
Nanni Moretti, 1993, 100 min., VOSE. Lingua orixinal: italiano

Nanni Moretti filma tres episodios do seu diario. Na miña Vespa é unha aproximación á vida cotiá de Roma durante o mes de agosto. En Illas visita a Gerardo, un amigo que leva once anos vivindo en Lipari, con quen percorre outras illas como Salina, Stromboli, Panarea e Alicudi. En Médicos, o director filma a súa propia quimioterapia e o seu percorrido por hospitais e especialistas incapaces de diagnosticarlle a causa duns insoportables proídos.

Cannes 1994: Mellor Director
Premios do Cinema Europeo 1994: FIPRESCI
David di Donatello 1994: Mellor Filme, Mellor Música

Ás 20:30 horas
Teatro principal, Pontevedra
Becoming Cuco

“Becoming Cuco” 

8

Mércores/Novembro

Becoming CUCO de Julia Casal

Proxección do documental “Becoming CUCO”, sobre a relación arte-intelixencia artificial e posterior debate coa presenza do artista, Cuco, e a directora do documental, Julia Casal.
Esta actividade promóvese dentro da materia de Proxectos de Debuxo e Pintura e está aberta a todo o alumnado.

Coordina: Lucía Romaní

Ás 11:00 horas
Espazo 31 da Facultade de Belas Artes, Pontevedra
Sica Romero

“Sica Romero” 

8

Mércores/Novembro

Sica Romero e Chus Gómez Dorrego falarán de Avelaíñas eléctricas, anotade ben nas vosas axendas: mércores 8 de novembro!

Ás 19:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
A illa de Tambo

“A illa de Tambo” 

8

Mércores/Novembro

O Ateneo de Pontevedra organiza, en colaboración con Irmandade Illa de Tambo, o relatorio arredor do libro A Illa de Tambo na súa historia, de Claudio Quintillán e Lino J. Pazos, publicado, en edición non venal, polo Concello de Poio.
O acto, no que intervirán os autores da obra, terá lugar o vindeiro mércores, 8 de novembro, ás 19:30 horas, na sala de conferencias da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Ás 19:30 horas
Sala de conferencias da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra
Ana Blandiana

“Ana Blandiana” 

8

Mércores/Novembro

Fundación Cuña Casasbellas

Homenaxe lectura á poeta Ana Blandiana.

Ana Blandiana é unha poeta, ensaísta e figura política romanesa. Blandiana é unha das figuras literarias de Rumania, crítica do aparello político e de censura comunista de Nicolae Ceaușescu

Ás 20:15 horas
Teatro principal, Pontevedra
Carlos Catena

“Carlos Catena” 

9

Xoves/Novembro

Tan tonta‘ é o novo libro de Carlos Catena Cózar, unha novela editada por La Caja Books na que nos conta o que lle acontece a unha ”au pair” española que traballa e vive na casa dunha familia irlandesa. Estará acompañado de Cynthia Menéndez

Ás 19:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
Bea Campos

“Marcho que teño que marchar” 

9

Xoves/Novembro

Marcho que teño que marchar

A actriz, narradora e presentadora pontevedresa Bea Campos presenta o seu espectáculo como “unha divertida sesión de contos”, pero tamén como “un espazo para a reflexión sobre os roles e a desigualdade de xénero”, a través de “historias protagonizadas por mulleres que eran feministas sen sabelo”.

Xoves 9 de novembro | 20.30 horas | Casa das Campás  

Ás 20:30 horas
Casa das campás, Pontevedra
Diego Anido

“O Deus do Pop” 

9

Xoves/Novembro

Teatro principal

Ponteatro “O Deus do Pop” de Diego Anido

Tras 25 anos de creación contemporánea Diego Anido presenta unha autobiografía de carácter fantástico a medio camiño entre a súa vida na Galicia dos 80 e a dunha estrela do pop americana. Desde a tenrura e o humor absurdo reflexiona sobre como cada persoa creamos un relato para conformar a nosa identidade coas nosas vivencias pasadas e desexos futuros.

Mercar entradas

Ás  21:00 horas
Teatro principal, Pontevedra
Encontros de arqueoloxia

“Encontros de arqueoloxía” 

9

Xoves/Novembro

Museo de Pontevedra

En 1935, un libro en latín revolucionou os estudos e o interese internacional na arte rupestre galega. Era o ‘Corpus Petroglyphorum Galliciae’, publicado por Ramón Sobrino Buhígas e editado polo Seminario de Estudos Galegos. Contiña 188 láminas de fotografías e debuxos e un mapa de petróglifos da provincia de Pontevedra, ademais dun estudo introdutorio no que Sobrino Buhígas analizaba de xeito integral as estacións da arte rupestre galega ao aire libre e as conectaba coas doutros lugares de Europa. O seu impacto na arqueoloxía galega aínda resoa hoxe.
O próximo xoves, dedicaremos un seminario a este fito da arqueoloxía galega, con conferencias de Mateo Fontán, Kenia de Aguiar e Ángel Núñez Sobrino, e mesa redonda moderada por Daniel Crespo.
De 16:30 a 20:00 horas
Museo de Pontevedra
Lady in the Water (2006), de M. Night Shyamalan

“Lady in the water” 

10

Venres/Novembro

A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a proxección de Lady in the Water(2006), de M. Night Shyamalan  nunha nova sesión do ciclo de cinema Limítrofes. Integrado por doce proxeccións entre os meses de setembro e xaneiro, o ciclo afonda en como a historia do cinema abordou a aparición de elementos dificilmente explicables en realidades aparentemente cotiás.

Entrada de balde

Ás 19:00 horas
Casa das campás, Pontevedra
8 señales

“8 señales” 

10

Venres/Novembro

Presentación do libro 8 señales de Noelia Míguez Vázquez e Patricia Calveiro.

—112 Galicia, ¿en qué le puedo ayudar?

—Hola, me llamo Noelia Míguez Vázquez. Mi novio acaba de acuchillarme. Me estoy muriendo, me sangra mucho el cuello…

Ás 20:00 horas
“O sanatorio” rúa Andrés Muruais, Pontevedra
Sete espadelas

“Cando saín de Cuba” 

11

Sábado/Novembro

Espectáculo de Sete espadelas que recrea a chegada dos galegos a Cuba e a volta da emigración.

Entrada de balde

Ás  20:30 horas
Teatro Principal, Pontevedra
Feira do gourmet

“Etiqueta negra” 

11,12,13

Sábado, Domingo, Luns/Novembro

Coa intención de poñer en valor e consolidar a imaxe do sector da alimentación gourmet, o Concello de Pontevedra organiza unha feira profesional que abre tamén as súas portas a un público cada vez máis especializado e esixente, que se informa para coñecer o que está a consumir, que lle gusta probar sabores e experimentar texturas novas.

Sábado e Domingo de 11.00 a 21.00 Luns de 11.00 a 20.00 h
Recinto Feiral, Pontevedra
Ponteandada

“Ponteandada do magosto” 

12

 Domingo/Novembro

Xa están abertas as inscricións pra a Ruta Ponteandadas do Magosto – BORA
organizada polo Concello de Pontevedra a celebrar o domingo 12 de novembro, Saída ás 10 H. dende o Pavillón Municipal dos Deportes
Ruta circular-14 km. Dificultade media, tres horas aproximadamente
teléfono 625 482 636, o presencialmente na tenda Naturcamiña nas galerias da Peregrina nº 3
Prezo 2 euros
E a o remate da ruta celebrarse un Magosto co noso castañeiro PACO….
Saída ás 10:00 horas
Pavillón dos deportes de Pontevedra
Milla Anedia

“X Milla solidaria Anedia” 

12

 Domingo/Novembro

Todo preparado para a X Milla Anedia!

Estades todos convidados a participar, dende os maos pequenos da casa ata os adultos, ven a moverse con nós!!
E si non podes vir, tes o dorsal solidario para colaborar con nós.
Grazas un ano máis aos nosos colaboradores por axudarnos a visibilizar un pouco máis a diabetes.
Inscricións en www.carreirasgalegas.com
A proba realizarase nas pistas do CGTD de Pontevedra
A partir das 10:30 horas
Pistas do CGTD de Pontevedra
Reclamo estudio

“Reclamo estudio” 

12

 Domingo/Novembro

Convidámosvos o vindeiro domingo 12 de novembro á inauguración oficial do estudo! Queremos celebrar a apertura con nova programación e proxectos que ven a luz, como o documental de @isaaccordalDeserto Verde” ou a exposición do noso artista local favorito @___tebo___

11:30 h Abrimos portas!

12:00 h Proxección do documental Deserto Verde.

12:30 h Inauguramos exposición con TEBO 

Vémonos pronto en Reclamo Estudo!

A partir das 11:30 horas
Rúa Marqués Riestra 19, Pontevedra
Palestina

“Cultura contra a barbarie” 

12

 Domingo/Novembro

CULTURA A CONTRA BARBARIE, Gala Solidaria con Palestina

 Xunto a Melania Cruz, Muerdo, Mercedes Peón, Najla Shami, Mago Teto, Rossina Castelli e Iván Prado
  Entrada de balde con billeteira inversa, o que significa que ao rematar o evento as asistentes poderán facer as súas doazóns económicas solidarias.
Adquírea en inscribirme.com
 Evento organizado pola ONG Pallasos en Rebeldía co respaldo de Culturactiva S. Coop. e a colaboración do Concello de Pontevedra e Galiza por Palestina.
Ás 20:00 horas
Pazo da cultura, Pontevedra
miss peregrin@s

“Miss Peregrin@s” 

3

Venres/Novembro

Granero Delmás

Exposición de Pablo Vázquez García Miss Peregrin@s 2023″. Está comisariada por Antón Sobral e Pilar Delmás, no Granero Delmás nas galerias Oliva.

Máis información no teléfono 619 432 721

Ata o 3 de Decembro 2023
Granero Delmás Pontevedra
Reliquias

“Reliquias” 

3

Venres/Novembro

Facultade de Belas Artes

O espazo O Abrigo, antiga cafetaría da Facultade de Belas Artes, acolle entre o 3 e o 16 de novembro a exposición Reliquias, que reúne as obras dos alumnos de doutoramento Julio Catalán e Álex Fuertes. Comisariada polo tamén alumno do Doutoramento en Creación e Investigación en Arte Contemporánea José Eiras, a mostra xira en torno ao uso de obxectos de refugallo como materia artística.

Ata o 16 de Novembro 2023
Espazo O Abrigo Facultade de Belas Artes Pontevedra
Sempre máis

“Sempre máis” 

6

Venres/Outubro

Exposición no Pazo da Cultura “Sempre Máis” Arte, ecoloxía e protesta na Galiza do Prestige

Unha mostra da asociación Unha gran Burla negra.

Do 06 de outubro ao 13 de Novembro
Pazo da Cultura Pontevedra
Os sobrantes

“Os Sobrantes” 

27

Mércores/Setembro

A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes acolle a inauguración da exposición Os Sobrantes, da artista multidisciplinar e doutora en Belas Artes pola Universidade de Vigo Rosalía Batet. Comisariada pola escritora e crítica de arte María Marco, Os Sobrantes é un proxecto conformado por tres instalacións pictóricas de grandes dimensións, que Batet articula a través de materiais sobrantes de proxectos anteriores e nas que afonda na vulnerabilidade e diferencias entre os corpos. 

Inauguración ás 20:00 horas

Ata o 15 de novembro 2023
Sala Manuel Moldes Belas Artes, Pontevedra
Picasso

“Picasso protagonista” 

27

Mércores/Setembro

Convidámoste o mércores 27 de setembro, ás 19.00 h, no Café Moderno Afundación de Pontevedra á visita guiada inaugural a cargo do comisario Asier Mensuro.

Neste 2023 cúmprense 50 anos do falecemento de Picasso, e con este proxecto propio analizamos a pegada do grande artista a través de 40 importantes autorías de banda deseñada españolas e galegas que despregan a súa creatividade en máis de 170 pezas, en diferentes soportes e técnicas, e moitas delas concibidas ad hoc para o proxecto.
Ao abeiro de CULTURA POR ALIMENTOS, o programa solidario con FESBAL, animámoste a colaborares cunha doazón para o Banco de Alimentos local.

Do 27 de setembro ao 4 de xaneiro 2024.
Café Moderno, Pontevedra
maleza

“Maleza” 

22

Venres/Setembro

Este 22 de setembro temos o pracer de ter na Fundación ao artista @christian_villamide.
A inauguración será ás 20:00 na Fundación RAC en Pontevedra

Ata o 14 de novembro 2023
Fundación RAC, Pontevedra

Xa podes anotarte

A nai

“A nai” 

16

Xoves/Novembro

Teatro principal

Ponteatro “A Nai” de Amoroido Teatro

Anos 40. Tres irmás. Unha ruta de escape. Unha historia que merece ser contada.
A Nai é un espectáculo teatral multidisciplinar, que emprega ferramentas do teatro documento e da autoficción, sen perder nunca o sentido do humor. O espectáculo explora, a través das figuras das irmás Lola, Julia e Amparo Touza, e as súas fazañas como salvadoras dunha cantidade estimada de 500 persoas durante o Holocausto, a posibilidade de sermos mellores persoas en tempos de degradación moral.

Mercar entradas

Ás  21:00 horas
Teatro principal, Pontevedra
Un óscar para Óscar

“Un oscar para Óscar” 

22

Mércores/Novembro

UN OSCAR PARA ÓSCAR de Mario Hernández

DIRECCIÓN: Mario Hernández
ELENCO: Jon Plazaola, Agustín Jiménez, Rebeca Sala, Mara Guil
PRODUCIÓN: Txalo Producciones e La Mandanga

Estamos na cidade de Los Ángeles o día que se celebra a cerimonia dos Oscar; concretamente, nun modesto motel nos arredores. Alí están Óscar Manzano, nomeado aos premios pola curtametraxe que dirixe, canda o ministro de Cultura Guillermo Barrientos e a ministra de Facenda Irene Navarro. Entre continuas liortas dos dous políticos, e a poucas horas de empezar a cerimonia, aparece Pauline, unha «escort girl» contratada ás agachadas para que finxa ser a noiva de Óscar durante a gala…

Mercar entradas

Ás  20:30 horas
Auditorio da Sede Afundación, Pontevedra

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥