ilustración

“Encontro galego de Ilustración” 

6,18

Luns a Sábado/Outubro

 Un ano máis, AGPI celebra o Encontro Galego de Ilustración, un evento anual cargado de obradoiros, charlas e presentacións en torno á ilustración, e todo o que rodea á nosa profesión. Este ano facémolo en Pontevedra. Os actos do XXII Encontro vanse celebrar en varias datas do 6 ao 24 de outubro, en varios emprazamentos como a Librería Seijas, Libraría D-Lectum, Facultade de Belas Artes e o Museo de Pontevedra.
Nesta edición contamos coa presencia de @lilabi @belendizjuncal @bertofojo @elita_colibrista @gastoncaba @io_bru @lauracaneira @lili.algo @natalia_umpierrez @nuria_figueiredo @zeltia_irevire.  + información  

Varios horarios
Pontevedra 
taller de IA

“Intelixencia Artificial” 

6,7

Luns,Martes/Outubro

Biblioteca pública Antonio Odriozola

A intelixencia artificial, ou IA, é como ensinar ás máquinas a “pensar un pouquiño” para axudarnos en diferentes tarefas. Non se trata de maxia nin de robots de película: a IA xa está no noso día a día, cando o móbil recoñece unha cara nunha foto, cando o GPS busca a ruta máis rápida ou cando unha aplicación nos recomenda unha canción.

Nesta actividade imos descubrir, de forma sinxela e práctica, que é a intelixencia artificial, onde a usamos sen darnos conta e como pode ser unha ferramenta útil se a sabemos aproveitar ben.

Público destinatario: adulto

Inscrición previa na web da biblioteca a partir do luns 22 de setembro ás 09.00 h

    Ás 18:00 horas
    Biblioteca pública, Pontevedra 
    Saint Omer

    “Saint Omer” 

    6

    Luns/Outubro

    Cineclube

    SAINT OMER. O POBO CONTRA LAURENCE COLY. Alice Diop, 2022, Francia, 122′, VOSE. Lingua orixinal: francés e wolof

    Tribunal de Saint Omer. A novelista Rama asiste ao xuízo de Laurence Coly, unha moza acusada de matar a súa filla de 15 meses ao abandonala á subida da marea nunha praia do norte de Francia. Á medida que avanza o xuízo, as palabras da acusada e as testemuñas farán cambalear as conviccións de Rama e porán en dúbida o seu propio xuízo.
    No seu debut na ficción, Alice Diop reconstrúe palabra por palabra o xuízo real contra a doutoranda senegalesa Fabienne Kabou. O filme foi recoñecido co Gran Premio do Xurado e Mellor Ópera Prima no Festival de Venecia en 2022, co premio ao Mellor Filme e Mellor Guión no Festival de Sevilla 2022 e foi considerado o mellor filme do ano pola revista Sight & Sound.

    Ás 20:30 horas
    Teatro principal, Pontevedra 
    iniciación ao teatro

    “Iniciación ao teatro” 

    7

    Martes/Outubro

    Biblioteca pública Antonio Odriozola

    Todas aquelas persoas que queiran introducirse no fascinante mundo do teatro teñen o seu sitio na Biblioteca Pública de Pontevedra. Neste obradoiro, de tres meses de duración,  traballaranse tanto técnicas como exercicios de desinhibición, expresión corporal, creatividade, improvisación … e moitas outras cousas. Todo de xeito lúdico, ameno e divertido.

    Data e hora: martes, de 17.00 a 18.30 (de outubro a decembro)

    Público destinatario: adulto e xuvenil

    Inscrición previa na web da biblioteca a partir do 26 de setembro ás 9.00 h.

      De 17:00 a 18:30 horas
      Biblioteca pública, Pontevedra 
      a infancia núa

      “A infancia núa” 

      7

      Martes/Outubro

      Cineclube

      A INFANCIA NÚA. L’Enfance nue, Maurice Pialat, 1968, Francia, 83′, VOSE. Lingua orixinal: francés
      François é un neno de dez anos tutelado pola administración pública. Métese en moitas leas, polo que muda con frecuencia de familia adoptiva. Finalmente vai parar á casa dun matrimonio maior, os Thierry, que xa teñen a Raoul, outro neno en acollida. Canda a eles descobre unha nova e acolledora familia.
      Primeira longametraxe de Pialat, realizada aos 43 anos e coproducida polo seu amigo e colaborador François Truffaut. Con ela compite en Venecia no ano 1968 e gaña o Premio Jean Vigo no 1969.
      Ás 20:30 horas
      Teatro principal, Pontevedra 
      saúde dixital

      “Desinformación” 

      8

      Mércores/Outubro

      Asaexs

      TALLER 1: Desinformación (Fomentar o pensamento crítico e a información veraz como ferramentas para garantir o autocuidado coa desinformación)

      Ás 11:00 horas
      Casa das Campás, planta 2 Pontevedra 
      dixilicitacion basica

      “Dixitalización básica” 

      8

      Mércores/Outubro

      Boa vida

      Obradoiro de Dixitalización Básica: Desinformación
      Aprende a identificar noticias falsas, imaxes manipuladas e mensaxes enganosas nas redes.
      Unha sesión práctica para mellorar a túa seguridade dixital e saber en quen confiar na era da información.
       Inscricións: 698 124 762
      Actividade gratuíta para persoas participantes nos programas de Boa Vida.

      Ás 11:00 horas
      Casa das Campás, Pontevedra 
      Castelao

      “Pontevedra, cidade Castelao” 

      8

      Mércores/Outubro

      Fundación Cuña Casasbellas

      O Ateneo de Pontevedra, en colaboración co Concello de Pontevedra organiza este mes de outubro un ciclo de actividades arredor da figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, no 75 aniversario do seu falecemento.

       O mércores 8 de outubro, ás 19:00 horas no Café Moderno celebrarase a palestra Pontevedra, cidade Castelao, da man de Miguel Anxo Seixas Seoane e Xosé Álvarez.
      Ás 19:00 horas
      Café Moderno, Pontevedra 
      ciervo sagrado

      “El sacrificio del ciervo sagrado” 

      8

      Mércores/Outubro

      Fundación Cuña Casasbellas

      No marco da programación de cine da Fundación Cuña-Casasbellas. Fabulario Novo-Hipofanías, para o ano 2025, celebrase o Ciclo cinematográfico “Outras terras, outros ámbitos, 2”, coa proxección do Film: El sacrificio del ciervo sagrado

      Ás 20:15 horas
      Fundación Cuña Casasbellas, Pontevedra 
      Luis Leclere

      “Luis Leclere” 

      9

      Xoves/Outubro

      Concello de Pontevedra

      Conferencia: “O Colectivo A Rula, un vínculo social coa arte rupestre”, Luis Leclere Rodríguez

      Conmemoramos o Día Internacional da Arte Rupestre con esta conferencia na que o presidente do Colectivo A Rula exporá as principais características do traballo desta asociación no eido da investigación, xestión e difusión do patrimonio rupestre galego.

        Ás 19:00 horas
        Edificio Castelao do Museo de Pontevedra 
        cortello de amor

        “Cortello de amor” 

        9

        Xoves/Outubro

        Concello de Pontevedra

         “Cortello de Amor” – Amorodio Teatro, unha comedia galega que trata “problemáticas actuais como o disparatado prezo dos alugueirosou o turismo non sostible”. A obra, dirixida por Marián Bañobre, segue a Jack e Rose, unha parella que ronda os trinta anos e que se enfronta ás dificultades que ten a xente máis nova para acceder á vivenda.

          ÁS 21:00 horas
          Teatro Principal, Pontevedra 
          Galicia ilusiona

          “Galicia ilusiona” 

          10

          Venres/Outubro

          Afundación

          Cuarta edición do Festival Mundial de Ilusionismo “Galicia Ilusiona“, a gran cita anual que presenta coa maxia de primeiro nivel.

          Este ano, na Gran Gala Internacional, poderás gozar dos incribles trucos de:

          Mago Murphy (Madrid), Seimei (Corea do Sur), Nacho Samena (Galicia), David Burlet (Francia), Compañía Mag Edgard (Barcelona)

          Todas as persoas deben mercar unha entrada, incluídos os nenos menores de 12 meses.

          Ás 18:00 e ás 20:30 horas
          Auditorio Sede AFundación, Pontevedra 
          ancoradouro do tempo

          “O Ancoradouro do tempo” 

          10

          Venres/Outubro

          Deputación de Pontevedra

          A Sede da Deputación Pontevedra acolle mañá a estrea en Galicia de “O ancoradouro do tempo“, película dirixida por Sol de Carvalho

          A proxección será ás 19:00 horas no marco da mostra de cinema galego e lusófono Pontes
          ÁS 19:00 horas
          Salón de actos da Deputación, Pontevedra 
          Antes de nós

          “Antes de Nós” 

          10

          Venres/Outubro

          Concello de Pontevedra

          O Concello de Pontevedra, reafirmando o seu compromiso coa promoción da cultura e do cinema galego, proxecta en exclusiva a película “Antes de Nós”.

          A entrada será libre ata completar capacidade, sen necesidade de entradas, ofrecendo así a toda a cidadanía a oportunidade de gozar desta obra cinematográfica.

          A xornada contará cunha proxección da película seguida dunha intervención especial da actriz protagonista, Cristina Iglesias, quen compartirá co público as súas experiencias e visións sobre o proxecto.

          ÁS 19:30 horas
          Teatro Principal, Pontevedra 
          Manuel López

          “Manuel López” 

          10

          Venres/Outubro

          Teatro principal

          Manuel López, O pianista da man esquerda, regresa a Galicia. 

          Tras enfrontarse á distonía focal e un ictus, atopou na súa man esquerda a ferramenta para seguir expresándose a través do piano, adaptando e reimaginando obras concibidas orixinalmente para ambas as mans. Neste concerto, Manuel interpretará pezas dos grandes Románticos do piano e autores españois como, Chopin, Liszt, Scriabin, Debussy, Falla, Albeniz e Granadeiros, xunto a transcricións propias inéditas e homenaxes a compositores neoclásicos como Ludovico Einaudi ou Max Richter, non faltarán chiscadelas ao flamenco máis íntimo e profundo, con evocacións á música de Paco de Lucía. A través da súa música, Manuel transmite unha mensaxe inspiradora: o amor polo piano pode superar calquera obstáculo. 

          Ás 20:00 horas
          Teatro Principal, Pontevedra 
          zeltia

          “Zeltia Irevire” 

          10

          Venres/Outubro

          Facultade de Belas Artes

          O Venres 10 de outubro as 20:00h – Inauguración Expo XX anos de AGPI no espazo o “Abrigo” da Facultade de Belas Artes en Pontevedra – Presentación por Laura Romero  (presidenta da AGPI)
          20:15h -Música en directo Zeltia Irevire. Solo Acústico
          Zeltia Acuña é unha artista galega natural de Loira (O Morrazo). É cantante, multiinstrumentista e compositora. O seu estilo cantautor inspirado na historia da súa terra, leva a súa música a profundizar na ferida da ialma.
          Do 10 ao 24 de outubro
          Espazo O Abrigo da Facultade de Belas Artes de Pontevedra
          Marcelo Dobode

          “Marcelo Dobode” 

          10

          Venres/Outubro

          Centro social A Pedreira

          Obradoiro de baile solto con Marcelo Dobode, logo haberá Foliada con Soliman.
          Ás 20:30 horas
          CS A Pedreira, rúa Serra, 36 Pontevedra
          mercado

          “Mercar con xeito” 

          11

          Sábado/Outubro

          O Mercado

          4° faladoiro con Rogelio Santos Queiruga, que será este sábado 11 de outubro ás 11:30 h no 1° andar do Mercado.
          Queredes saber de que nos vai a falar nesta ocasión? 
          Sobre como Invertir en nós a través das nosas compras.
          Por que sabe tan ben o peixe e o marisco galego?
          Que fai diferente ao peixe e marisco de Galicia? É caro o peixe?
          Vedas, tallas mínimas, especies protexidas. Son legais as cigalas con ovas? E que pasa cos peixes?
          Como facer que o consumo de peixe sexa máis asequible.
          Participar é moi sinxelo, só tedes que enviar un correo a: conxeitopontevedra@gmail.com , indicando o voso nome completo e un número de teléfono de contacto.
          Ás 11:30 horas
          1° andar do Mercado, Pontevedra 
          Lucia solla

          “Lucía Solla Sobral” 

          11

          Sábado/Outubro

          Libraría Paz

          Lucía Solla Sobral presenta o seu libro “Comerás Flores“. A autora conversará coa escritora Estela Gómez.
          Ás 12:30 horas
          Libraría Paz, Pontevedra 
          xornadas micolóxicas

          “Xornadas micolóxicas” 

          11,12

          Sábado,Domingo/Outubro

          Centro social A Pedreira

          Xornada formativa impartida por Gabriel Pérez, micólogo da Universidade de Vigo, membro do grupo Micolóxico Galego.
          Saída ao día seguinte polo río Almofrei e o día 15 polo río Barragán, Fornelos de Montes.
          Anotarse antes do día 10 de outubro apedreira@riseup.net ou no teléfono 601 981 288
          Ás 19:00 horas
          CS A Pedreira, rúa Serra, 36 Pontevedra
          monicreques

          “A regadora do asubiote” 

          11

          Sábado/Outubro

          Concello de Pontevedra
          Unha nena con moito inxenio poñendo no seu sitio a un príncipe burlón e un tanto rancoroso. Un conto clásico popular.
          Viravolta títeres dálle nova vida á Fundación Manuel Moldes co seu espectáculo ‘A regadora do asubiote’.
          Entrada libre e de balde.
          Ás 19:00 horas
          Fundación Manuel Moldes, rúa Javier Puig 1,Pontevedra 
          Ciclo de butaca

          “Lusofonías” 

          11

          Sábado/Outubro

          Concello de Pontevedra
          Ciclo de butaca: Vento en popa a toda vela
          Lusofonías, dirixido polo director invitado portugués Filipe Fonseca.
          Ás 20:00 horas
          Teatro Principal de Pontevedra 
          raposa

          “Raposa” 

          11

          Sábadoo/Outubro

          Liceo Mutante

          Sábado 11 no magno @liceomutante de Pontevedra ás 20:30 en formato cuarteto xunto a @elenavazquez.violin e @calocatro.
          Pedirase unha axuda entre 5 e 10 € destinada integramente aos músicos
          Ás 20:30 horas
          Liceo Mutante, rúa Alfonso XIII, 9, Pontevedra
          Ponteandada a fracha

          “Ponteandada:A Fracha” 

          12

          Domingo/Outubro

          Concello de Pontevedra

          O Concello de Pontevedra organiza a 5ª ruta Ponteandadas 2025. PonteAndada de Outono: A Fracha con saída e chegada noa área recreativa da Fracha 
          3 horas– circular – Dificultade media, baixa
          Inscrición ata o Xoves 9 de outubro ás 00:00 horas

          Ás 09:30 quencemento con marcha nórdica
          Saida da ruta: 10,00h
          Para calquer aclaración, telf. 625482636 onde se pode facer o bizum de 2€ para o seguro de accidente). A VIDA É MOVERNOS
           David fará que te sintas protagonista do seu propio show.

          Ás 09:30 horas
          A Fracha, Pontevedra 
          Teatro circense

          “Xampatito Pato” 

          12

          Domingo/Outubro

          Teatro principal

          Xanpatito Pato (Galiza)

          Un personaxe solitario en busca de compaña explora a imaxinación do público para dar vida a cada un dos seus pensamentos. Este proceso faino sentir en compañía e abre un camiño cheo de sorpresas e risos.

          Un espectáculo no que o teatro de monicreques e o mundo do circo se entretecen nunha fermosa historia onde todas as engrenaxes xiran á perfección creando un mundo surrealista e onírico nun relato sen palabras. Circo teatro. Duración: 50 minutos

          Recomendado a partir de 6 anos e público adulto

          Ás 12:30 e ás 18:30 horas
          Teatro Principal, Pontevedra 
          Victor Herraro
          adiado

          “Victor Herrero” 

          12

          Domingo/Outubro

          Liceo Mutante

          Victor Herrero: «Prestidixitador da guitarra clásica, eléctrica e portuguesa,
          constrúe escenarios deseñados para que a súa voz ,perfectamente tépeda tras anos de estudio e estrada, derrame o seu magma sanador.
          As súa música pulveriza as diferenzas entre as diversas tradicións das que bebe, sexa gaucha, medieval, lusa, andina, andalusí, británica ou mexicana. Fontes que desembocan nun único suco grazas ao pulso quente da guitarra de Víctor, un galeón de amarras destensadas no que o rasgueo máis cristalino transmuta en trotes de danza e o trastear da madeira sempre é benvido.
          Pedírase unha axuda entre 5 e 10 € destinada integramente ao músico
          Ás 20:00 horas
          Liceo Mutante, rúa Alfonso XIII, 9, Pontevedra
          Berta Lima

          “Berta Lima Milla” 

          4

          Sábado/Outubro

          Liceo Casino

          O sábado 4 de outubro ás 19:00h inauguración dá exposición “Ecos do Tempo” de Berta Lima Milla no Liceo Casino de Pontevedra. Será unha tarde moi especial onde, compartirei con vosotr@s non só a miña pintura, senón tamén a presentación dos meus libros, escritos desde o corazón. Ademais, unha parte deste proxecto ten un fin solidario: o 10% da venda dos cadros destinarase a Aldeas Infantís Galicia, porque a arte tamén pode transformar realidades. Para poder organizalo ben, necesito confirmación previa de asistencia: exposicion.bertalima@gmail.com 
          Do 4 ao 20 de Outubro 2025
          Liceo Casino, Pontevedra 
          rito de paso

          “Eva García Herrero” 

          4

          Sábado/Outubro

          Inauguración da exposición da artista Eva Garcia Herrero , “Rito de paso.”

          Trátase dun proxecto fotográfico que xorde do arquivo visual e textual xerado ao longo de varios anos por Eva. Inicialmente materializado en formato de fotolibro —onde imaxes analóxicas e reflexións escritas conversan construíndo unha narrativa do mundo emocional interior—, este é presentado agora habitando o plano expositivo.

          Sábado 4 ás 19:30 horas

          Do 4 de outubro ao 4 de novembro
          Rúa da Barca 14, Pontevedra 
          Fernando Carballa

          “Fernando Carballa” 

          3

          Venres/Outubro

          Deputación de Pontevedra

          Inauguración da exposición “Mundos deconstruidos” de Fernando Carballa

          Fernando Carballa, quen ten traballado diversas técnicas como a pintura, o collage, a fotografía, o gravado, a cerámica ou o fotopolímero, achéganos unha proposta artística na que o debuxo abandona a súa función preparatoria e subalterna para adquirir entidade propia e elevarse á categoría de obra de arte. Carentes de artificios, o seus debuxos rexistran o trazo do artista, o seu pulso, e son a substancia do que acontece.

          Do 3 ao 19 de Outubro
          Palacete das Mendoza, Pontevedra 
          Irene Santamaría

          “Irene Santamaría” 

          13

          Sábado/Setembro

          Exposición de Irene Santamaria Plata, nesta ocasión preséntanos “Desde Dentro”, unha proposta fresca e emotiva que nos convida a reconectar co noso neno interior a través do xesto, a cor e a emoción pura. Ademais, esta vez Irene sorpréndenos cun cambio de formato: xa non se trata de pinturas sobre lenzo como na súa anterior mostra, senón de serigrafías sobre tea acompañadas dunha instalación audiovisual que expanden a experiencia moito máis alá do papel.

          Ata o 10 de Outubro 2025
          Galería Tangram, Pontevedra 
          crear por vir

          “Crear Porvir” 

          10

          Mércores/Setembro

          Editorial Galaxia

          Exposición Crear porvir, a través da que a editorial Galaxia repasa 75 anos de historia. A mostra, que xa se puido ver noutras cidades, como Santiago de Compostela, e que conta co presidente da Real Academia Galega (RAG), Henrique Monteagudo, entre os seus comisarios, poderase visitar neste espazo ata o 11 de outubro. Crear porvir está concibida a modo de homenaxe ao selo e permite coñecer a súa historia e anécdotas, ademais de achegar ao público actual algunhas das edicións máis especiais dos seus títulos. (Diario de Pontevedra)

          Do 10 de Setembro ao 11 de Outubro 2025
          Café Modeno, Pontevedra 
          infiltracións

          “Marta Pazos”

          1

          Venres/Agosto

          Museo de Pontevedra

          Dalia é o título do proxecto que a artista Marta Pazos (Pontevedra, 1976) presenta dentro do ciclo de exposicións Infiltracións, que ten como propósito realizar intervencións específicas relacionadas con obras do Museo de Pontevedra.

          Nesta ocasión, Infiltracións  intégrase no contexto da 32 Bienal de Pontevedra, que propón como eixo de reflexión Volver a ser humanos, unha chamada a repensar a condición humana desde múltiples perspectivas.

          Do 1 de agosto ao 30 de Novembro
          Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.
          Camaradas

          “Camaradas” 

          28

          Venres/Marzo

          Fundación Manuel Moldes

          A Fundación Manuel Moldes presenta Camaradas, unha exposición na que reúne a Manuel Moldes con Mon Vasco, Ignacio Basallo, Luís Borrajo, Guillermo Monroy, Correa Corredoira, Xaime Cabanas, Jorge Barbi e Francisco Mantecón tomando como nexo a amizade que Moldes compartía con cada un deles». Dende a Fundación Manuel Moldes engadiron que «a maioría destes artistas, así como o propio Moldes, foron integrantes de Atlántica (grupo renovador da plástica galega nos anos 80 do pasado século) e deron, e inda dan, forma ó panorama artístico de Galiza». A Voz de Galicia

          Do 28 de Marzo a Novembro 2025
          Fundación Manuel Moldes, Pontevedra.
          Visita as ruinas santo Domingo

          “Ruinas de San Domingos” 

          15

          Sábado/ Marzo

          Museo de Pontevedra

           Visita as Ruínas de San Domingos, un dos edificios máis emblemáticos da cidade de Pontevedra, que forma parte do conxunto de sete edificios do noso Museo. Pódense visitar os restos do que foi o convento dominico da cidade, con moito que ver:

          ➤ A súa cabeceira de cinco ábsidas, única no gótico galego
          ➤ A serie de capiteis e elementos decorativos
          ➤ A colección de laudas, sepulcros, escudos e outros elementos escultóricos
          Pódese visitar: De martes a sábado: 10h a 14h e 16:00h a 19:30h
          Domingos e festivos: 11h a 14h
          Desde o 15 de marzo ata o 31 de outubro
          Ruinas de San Domingos, Pontevedra.

          Proximamente

          Mulleres de palabra

          “Día das escritoras” 

          13

          Luns/Outubro

          Deputación de Pontevedra

          Luns 13 de outubro, ás 20 h, en Pontevedra, no Pazo provincial. Día das Escritoras: “Mulleres de palabra(s)”, con Arantza Portabales, Susana Fortes e María Oruña.

          Ás 20:00 horas
          Pazo Provincial, Pontevedra 
          conversas feroz

          “Borja Cobeaga e Anna R. Costa” 

          14

          Martes/Outubro

          Concello de Pontevedra

          Continuando co noso ciclo titulado ‘A comedia segundo os Feroz’, no que se están proxectando cintas gañadoras e nomeadas na categoría de mellor película de comedia, contamos con diferentes charlas:

          ▪️14 de outubro – Coloquio con Borja Cobeaga e Anna R. Costa. Charlarán sobre os seus referentes no mundo da comedia, os seus traballos dentro do xénero e compartirán o seu modus operandi etc.

          As entradas a todas as sesións son gratuítas previa retirada de localidades na oficina de Turismo da Praza de España de Pontevedra, desde sete días antes de cada actividade e ata completar o aforo. Máximo 4 entradas por persoa.

          Tamén o día 14, pola mañá na Facultade de Comunicación da UVigo en Pontevedra, os Feroz se alían con @agapi_asociacion para organizar as xornadas de formación ‘Produción independente galega na provincia de Pontevedra’, cun programa que inclúe tres mesas de debate achega do estado do sector. Entrada libre ata completar aforo.

          Ás 18:00 horas
          Pazo da Cultura, Pontevedra 
          lago dos cisnes

          “O lago dos cisnes” 

          16

          Xoves/Outubro

          Afundación

          Ballet de Kiev. El Lago de los Cisnes

          Doazón a UNICEF para apoiar o seu traballo na emerxencia de UCRANIA de 1 € por cada entrada vendida.

          BALLET DE KIEV, BAILANDO DENDE O CORAZÓN

          A xira 2022 do Ballet de Kiev por España quedou marcada na memoria de todos nós cunha tinta vermella que, en grosas liñas, describe a traxedia vivida desde entón. En 2023, o Ballet de Kiev volveu percorrer os principais teatros e auditorios de España cun éxito abrumador. En 2024 volverán percorrer os escenarios máis prestixiosos de España. Os bailaríns do Ballet de Kiev ofrécennos unha versión incrible e emocionante do Lago dos Cisnes.

          Ás 20:30 horas
          Auditorio Sede AFundación, Pontevedra 
          carmen na de na

          “Carmen, nada de nadie” 

          16

          Xoves/Outubro

          Amileños

          Teatro Español y Tablas y más Tablas

          A vida de Carmen Díez de Rivera foi tan excepcional que ten paralelismos coas protagonistas das traxedias gregas, como Antígona ou Ariadna. Nada nunhas circunstancias familiares atropeladas, dentro do máis distinguido da aristocracia española, renunciou aos privilexios de clase e chegou a alcanzar un posto que ningunha muller desempeñara neste país: xefa do gabinete da Presidencia do Goberno.

          No escenario, Carmen vai debullando os momentos álxidos da súa carreira política mentres recorda os episodios íntimos que marcaron a súa desesperanza e o seu carácter.

          Ás 21:00 horas
          Teatro Principal, Pontevedra 

          máis artigos

          ♥♥♥ síguenos ♥♥♥