contrate a un asesino a soldo

“Contratei un asasino a soldo” 

8

Luns/Abril

Cineclube Pontevedra

CONTRATEI UN ASASINO A SOLDO
Aki Kaurismäki, 1990, Finlandia, 79 min., VOSE
[Lingua orixinal: inglés]

A compañía para a que traballa Henri despídeo despois de 15 anos ao seu servizo. Incapaz de soportar a noticia, intenta suicidarse sen éxito. Para conseguir o seu obxectivo contrata un asasino a soldo. Pouco despois, sente que a súa vida volve ter sentido e decide romper o contrato co asasino, pero élle imposible localizalo.

Ás 20:30 horas
Teatro Principal, Pontevedra
Feng Shui

“Iniciación ao Feng Shui” 

9

Martes/Abril

Anímate a participar neste taller de Iniciación ao Feng Shui o próximo martes día 9. En Pontevedra.
Prazas limitadas.
Escríbeme para reservar a túa.
Inscricións 604 014 264  ritaterapianeural@gmail.com 
De 18:00 a 20:30 horas
Pontevedra
a verdade

“A verdade” 

9

Martes/Abril

Afundación

Título orixinal: La Vérité (The Truth)

Ano: 2019 Duración: 107 min. País: Francia
Dirección: Hirokazu Koreeda
Sinopse
Fabienne é unha das grandes estrelas do cine francés, unha actriz que reina entre os homes que a queren e a admiran, pero no seu mundo interior ten grandes conflitos con Lumir, a súa filla. Lumir viaxa co seu marido e a súa filla a París cando se publican as memorias da súa nai. O encontro converterase axiña nun enfrontamento: desvelaranse verdades, axustaranse contas, falarase do amor e do rancor.

Ás 19:00 horas
Afundación, Pontevedra
cordas no museo

“Cordas no Museo” 

9

Martes/Abril

Departamento de corda fretada co CMUS Manuel Quiroga

Recital do Departamento de Corda do Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga de Pontevedra.

Organiza Departamento de corda fretada co CMUS Manuel Quiroga

Ás 19:00 horas
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
libraria paz

“Jarroa” 

10

Mércores/Abril

Libraría Paz

Andrea Fernández Plata presenta ‘Jarroa’ acompañada de Estela Gómez. ‘Jarroa‘ é a primeira novela de Andrea e nela atoparémonos cunha illa á que sempre hai que voltar e coas mulleres que nela viven…
@penguinlibros

Ás 19:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
presentación na deputación

“Fronteiras habitadas” 

10

Mércores/Abril

Deputación de Pontevedra

Presentación do libro Fronteiras habitadas de Xavier Rios.

Mércores 10 de abril ás 19:30

Confirmar asistencia en editorial@depo.es 

Ás 19:30 horas
Arquivo da Deputación, Pontevedra
a última dorna

“A última Dorna” 

11

Xoves/Abril

Museo de Pontevedra

O Ateneo de Pontevedra organiza a Proxección do documental:
“A última dorna de Ons”
Autores: Anxo Cabada (fotógrafo) e Antón Davila (músico, produtor audiovisual)
Interveñen: Xaime Toxo (escritor, presidente do Ateneo de Pontevedra), Anxo Cabada e Antón Davila
A entrada é libre ata completar capacidade.
 Ás 19:00 horas
Salón de actos do Edificio Castelao do Museo de Pontevedra
Elena Gallego

“Elena Gallego Abad” 

11

Xoves/Abril

Libraría Paz

Elena Gallego Abad presenta o seu novo libro! O legado da nena do sal
Estará acompañada por Ramón Rozas Domínguez
XERAIS

Ás 19:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
Hellen Keller

“Helen Keller” 

11

Xoves /Abril

Grupo Chévere

“Helen Keller, a muller marabilla?” de Grupo Chévere

Todo comeza ao descubrir unha muller, totalmente descoñecida para o grupo, chamada Helen Keller. Nacida en Tuscumbia (Alabama), convértese nunha celebridade mundial ao ser, segundo as fontes oficiais, a primeira persoa xordocega en obter un título universitario en 1904 en Harvard, despois dun duro proceso de aprendizaxe desde os oito anos. Polo menos esta é a parte da súa vida que fica na memoria colectiva, como un exemplo de superación da discapacidade. E polo que se sabe, a maioría dos seus escritos acaban rescatados como simples aforismos motivacionais. Pero ao investigar en varios arquivos dixitais norteamericanos vanse descubrindo outras facetas desconcertantes da súa vida, que son sistematicamente ocultadas. E o máis sorpredente, nos últimos anos espállase polas redes sociais unha campaña que afirma que Helen Keller é un fake, incluíndo unha petición en charge.org para eliminala da historia.

Ás 21:00 horas
Teatro principal. Pontevedra
marcha nórdica

“Marcha nórdica” 

12

Venres/Abril

Contra el cáncer Pontevedra

MARCHA NÓRDICA en colaboración con Marcha Nórdica Galicia 
¡Empezamos o 5 de abril! 
Todos os venres, ás 19.00 hrs.
Actividad impartida por: Ricardo Angueira, Licenciado en Ciencias da Actividad Física e do Deporte e Especialista en Marcha Nórdica.
Dirixido a pacientes oncológicos en tratamento activo
Inscripcións, ata completar prazas, en  dolores.andujar@contraelcancer.es o no teléfono gratuito e 24hrs ☎️ 900 100 036
Ás 19:00 horas
Pontevedra
Nosferatu

“Nosferatu” 

12

Venres/Abril

Vicerreitoria do campus de Pontevedra

A sala de conferencias da Casa das Campás acolle a proxección de Nosferatu (1921), de F. W. Murnau, nunha nova sesión do ciclo de cinema Expediente Alquimia (II). Promovido pola Vicerreitoría do campus, co patrocinio da Deputación de Pontevedra, e inserido nas actividades da Semana da Creatividade, trátase dun ciclo integrado por dez proxeccións, que propón un achegamento ás múltiples canles polas que a creatividade se fai patente en películas de diferentes xéneros e épocas.
Ás 19:00 horas
Casa das Campás Pontevedra
Berta Cáccamo

“Berta Cáccamo” 

12

Venres/Abril

Museo de Pontevedra

Inauguración da exposición ‘Berta Cáccamo. Correspondencias de arquivo’, O venres 12 de abril ás 19:30 h, no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra (rúa Padre Amoedo, 3).

Do 12 de abril ao 9 de xuño 2024

 Do 12 de Abril ao 9 de xuño 2024
Museo de Pontevedra
Concerto solidario

“Concerto solidario” 

12

Venres/Abril

O vindeiro 12 de abril, o Teatro Principal de Pontevedra acollerá un CONCERTO SOLIDARIO da Coral Helénica e o Orfeón Pontis Veteris a favor da Asociación dirixido por Manuel A. Pintos 
A cita dará comezo ás 20:00hrs e será presentada por José M. Fernández GonzálezManolito“.
A entrada é de balde ata completar o aforo.
O recadado nesta cita irá destinado a seguir financiando todos os programas e servizos gratuítos que desde a Asociación ofrecemos a pacientes con cancro e familiares e a seguir apoiando á investigación 🔬 nesta enfermidade para mellorar a calidade de vida d@s pacientes e do seu entorno.
Colaboran: Concello de Pontevedra Teatro Principal
Ás 20:00 horas
Teatro Principal de Pontevedra
Albatros

“Javier Albatros” 

12

Venres/Abril

Ateneo de Pontevedra

EN LEMBRANZA DE JAVIER ALBATROS:
“Folks… para siempre. ¡Tú mismo!”
O Ateneo de Pontevedra organiza o acto EN LEMBRANZA DE JAVIER ALBATROS: Folks… para siempre. ¡Tú mismo!, que terá lugar o vindeiro venres 12 de abril, ás 20 horas, no café Bizarro.
A actividade, dividida en tres partes, comezará cun coloquio no que intervirán os seus amigos Luis Barcia, Rafa López Torre, Tino Domínguez e Julio Otero. A continuación terá lugar a proxección dun audiovisual realizado por Manolo Yáñez. E, como despedida, actuará a Banda Black Stones, ao que Javier estivo moi vencellado.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Ás 20:00 horas
Café Bizarro (Club Naval Pontevedra; Av. de Uruguai, s/n) Pontevedra
liceo mutante

“Balises” 

12

Venres/Abril

Liceo Mutante Pontevedra

Mentres soñamos con vos abrir as portas da nova casa, seguimos explorando os espazos tralas portas que se nos van abrindo. Aquí tedes o que preparamos para esta primavera:

BALISES (Xavier Charles & Eric Normand). 

Ás 20:00 horas
Sala O Abrigo da @facultadebelasartes, Pontevedra
punto e coma

“Aarón Franco” 

12

Venres/Abril

Ide anotando as datas. Iremos informando das horas e da xente que nos acompañará nas presentacións (nas que ademais tamén poderedes adquirir o libro).
Haberá máis presentacións das que iremos informando.
Faremos tamén o recordatorio destas cos cartaces e convites.
Isto comeza amig@s.
O punto e coma é infinito.
Ás 20:30 horas
Sala Versus Fundación Cuña-Casasbellas Pontevedra
Flamenco

“Mariana” 

12 

Venres/Marzo

Mariana’ de La Phármaco – Flamenco primitivo e danza contemporánea

Mariana é unha obra onde o flamenco primitivo e a danza contemporánea lánzanse á area, como animais de especies distintas que comparten a celebración e a miseria. Como nos cantes de besana, de arar ou nas marianas (cantes primitivos flamencos que aparecen na obra) os homes do campo protexen, precisan e maltratan ao mesmo tempo os seus animais femia: eguas, mulas, cabras. Luz Arcas recrea de forma libre a potencia do animal, vestida cos apeiros propios dos animais de carga e exhibición andaluces, e o espazo sonoro viaxa polos cantes jondos camperos, as cornetas das festas populares e as percusións experimentais.

Ás 20;30 horas
Pazo da cultura, Pontevedra
mecano

“Hija de la luna” 

12

Venres/Marzo

Afundación Pontevedra

“Hija de la Luna – El mejor homenaje a Mecano del mundo” protagonizada por Robin Torres, volve despois de 7 anos de xira e máis de 300 concertos por España e Latinoamérica, cun novo espectáculo baseado na xira máis importante da carreira de Mecano, DESCANSO DOMINICAL. Este non só foi o seu disco máis vendido, senón que os catapultou á fama e consolidounos como a lenda que son hoxe para tantas xeracións.

Ás 21:00 horas
Auditorio Sede Afundación. Pontevedra
brunch

“Estampación botánica” 

13

Sábado/Abril

PLANAZO para o sábado 13/04 , apunten:

BRUNCH + DISEÑO da túa tote bag con estampación botánica da man da grandísima @nenaplantsflow , unha artista desta técnica.

Prezo: 68,66€

Entradas por privado , escríbenos para máis info 

De 10:00 a 13:00 horas
El patio de Valle Inclán, Pontevedra
arquitecturas de contos de fadas

“Arquitecturas de Cuentos de hadas” 

13

Sábado/Abril

Crea a túa propia arquitectura de conto de fadas: un taller para exploradores da imaxinación. Apetéceche crear arquitecturas de contos de fadas? Se es un buscador da imaxinación, este taller é para ti. A partir de materiais reciclados e outros elementos, construiremos un fogar para estes especiais habitantes dos bosques. Xa verás que é moi fácil e sinxelo. Estes pequenos seres adoitan permanecer escondidos na terra do medio, alleos ás miradas humanas. Este taller é unha invitación para conectar coa imaxinación e extraer dela estas pequenas casas tan inspiradoras. Durante as tres horas que dura o taller aprenderemos a crear estruturas de papel que logo recubriremos con pasta de secado ao aire, para finalmente aplicar diferentes acabados pictóricos. O obxectivo é pasar un bo intre, activar as nosas mans e practicar unha actividade creativa que nos permita fluír. Inscrición ao taller a través do formulario que atoparás nas nosas biografías.

Imparte Jorge da Conceiçao 

35€ (MATERIAIS INCLUÍDOS

De 11:00 a 14:00 horas
Rúa Riestra 19,1A, Pontevedra
Guadí Galego

“Guadi Galego” 

13

Sábado /Abril

Teatro principal

Síntese Horizonte é unha aposta da propia Guadi Galego pola evolución do seu son, pois con cada disco, e con cada espectáculo, Guadi foi aprendendo a desaprender do establecido. Agora, ela, acompañada dunha portentosa banda, e cunha produción que destaca pola súa coidada iluminación e posta en escena, confirmará o que desexabamos ver, sentir e escoitar: a firme crenza do poder transformador da música ao vivo.

Ás 20:00 horas
Teatro principal. Pontevedra
señorita julia

“1888. Señorita Julia” 

13

Sábado/Marzo

Afundación Pontevedra

1888. Señorita Xulia. Xira2024.
Unha versión rompedora e sexy do clásico de August Strindberg. Un dos textos máis polémicos da historia. Para os amantes do thriller psicolóxico e do cine negro.

Protagonizada por Iria Ares e Xoán C. Mejuto.

1888. Señorita Xulia está considerado pola Revista GODOT como un dos mellores 7 espectáculos de 2022 da carteleira madrileña.

Ás 20:30 horas
Auditorio Sede Afundación. Pontevedra
Marisa Floriani

“Marisa Floriani” 

25

Luns/Marzo

Liceo Casino de Pontevedra

 UNHA VIAXE DE CORES: A TRAXECTORIA ARTÍSTICA DE MARISA FLORIANI No corazón de Pontevedra, Marisa Floriani pinta un mundo de cores e emocións que reflicten a súa traxectoria única e apaixonada no mundo artístico. Desde a súa nenez, cultivou o seu talento autodidacta coa técnica do óleo, unha paixón que a levou a dedicarse por completo á pintura tras as súas experiencias en Francia e Italia en 1978. O seu sangue italiano móstrase en cada trazo, cada pincelada contando unha historia, cada cor unha profunda emoción.

 Do 25 de marzo ao 13 de abril a nosa Sala de Exposicións acollerá a obra pictórica de Marisa Floriani que poderá visitarse de luns a sábado en horario de 10:00 a 22:00 horas. A inauguración da mostra terá lugar o día 25 de marzo ás 20:00 horas.

 Do 25 de marzo ao 13 de abril 2024
Liceo Casino de Pontevedra
Simon Callery

“Simón Callery” 

14

Xoves/Marzo

Facultade de Belas Artes

A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes acolle a inauguración da exposición The making of a painting / Facer unha pintura, na que se presentan os resultados do proxecto realizado polo pintor inglés Simon Callery xunto cun grupo de estudanes da Facultade de Belas Artes. Promovida coa colaboración da Vicerreitoría do campus e do Departamento de Pintura da UVigo, trátase dunha exposición comisariada por Elena Bangueses, que presenta os resultados dun traballo feito na paisaxe da contorna de pontevedra, en colaboración cos estudantes Goa Vázquez, Julio Catalán, Álex Fuertes, Diego del Río e Cristina Rus.

Do 14 de marzo ao 30 de abril 2024
Sala Universitaria Manuel Moldes, Pontevedra
castelao

“Castelao” 

Xoves/Marzo

Museo de  Pontevedra

O Museo abre o programa expositivo de 2024 coa mostra ‘Castelao: o retorno a Galicia, 1984. Xan Carballa, fotografías’, comisariada por Xosé Enrique Acuña. Esta exposición, que conmemora o 40 aniversario da chegada a Galicia dos restos mortais de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, artéllase arredor da crónica fotográfica daquel 24 de xuño de 1984 realizada polo fotógrafo e xornalista Xan Carballa. Incorpora tamén obra artística de Castelao, fotografías, documentación e prensa da época para contextualizar os anos de exilio do intelectual galeguista.

Do 7 de marzo ao 2 de xuño 2024
Museo de Pontevedra
a nosa arte

“A nosa arte” 

29

Xoves/Febreiro

Café Moderno Pontevedra

A exposición itinerante A NOSA ARTE permitirá que todos os galegos e galegas poidan descubrir de primeira man un dos aspectos máis descoñecidos do Parlamento como é a súa colección de arte. Ao longo dun amplo percorrido, que a transportará polas principais cidades e vilas de toda a xeografía galega, esta mostra exhibirá pezas particularmente significativas da arte contemporánea de Galicia. Unha retrospectiva selecta para dar conta da importancia que este tipo de práctica ten como expresión da pertenza a Galicia.

Do 29 de febreiro ao 25 de maio 2024
Café moderno, Pontevedra

Xa podes anotarte

sabucedo brokers

“Brokeback Sabucedo” 

18

Xoves/Abril

SAL DO TEATRO presenta un espectáculo de temática LGTBIQ+ no ámbito rural de Galicia, concretamente na celebración da Rapa das Bestas de Sabucedo. 

Un texto de Santiago Telmo e Carlos Losada. Interpretado por Borja Salgado e Santiago Telmo. Dirixido por Rocío Romero e con Álex Sobrino no espazo escénico (iluminación, audiovisuais e son), sendo a escenografía e o vestiario ideados pola propia compañía.

Roi e Rafa son dous antigos amigos da infancia que se atopan na Rapa das Bestas en Sabucedo logo de moitos anos, Roi marchou a vivir a Madrid e Rafa segue a vivir na vila. De pequenos eran moi amigos pero foron distanciándose polas circunstancias da vida. No seu encontro en Sabucedo comezan a aflorar outro tipo de sentimentos que estaban ocultos, e dunha amizade comeza a xurdir unha paixón.

Brokeback Sabucedo é un canto á diversidade, unha homenaxe a tradición galega e unha crítica á enerxía eólica.

Duración 65 min.  

Ás 10:30 horas
Teatro principal. Pontevedra
Gorka Benítez

“Gorka Benítez” 

20

Sábado /Abril

Teatro principal

Os primeiros instrumentos que tocou Gorka Benítez eran do folclore vasco, pero o inicio da súa formación no Conservatorio de Bilbao e o seu traslado a Barcelona, Badalona e posteriormente tres anos en Nova York (grazas a unha bolsa que lle permitiu estudar no Harbor Performing Arts Center e a Mannes School of Music), consagrárono como un dos nosos saxofonistas máis solicitados. En América foi tamén onde formou os seus propios tríos que interpretaron as súas composicións.

Ás 21:00 horas
Teatro principal. Pontevedra
orgasmos

“Orgasmos” 

21

Domingo/Marzo

Afundación Pontevedra

Orgasmos, la comedia” é unha comedia de éxito que atraeu a máis de 300.000 espectadores e programadas durante máis de 5 anos en grandes cidades como Madrid e Barcelona, e no Teatro Gran Vía e Club Capitol, respectivamente. Hemos empezado a xira por España este ano, ¡No vola podedes perder!

“Orgasmos, la comedia” éh una comedia que trata as diferencias entre homes e mulleres e aa convivencia en parella. Se remonta dende Adán e Eva ata a actualidade. Unha boa maneira de ver que aínda que haxa unha guerra de sexos, estos sempre acaban por ser o mellor complemento o un para o outro. En resumo, un auténtico manual de autoaxuda para enfrentarse aos retos de vivir en parella, que non son poucos.

Ás 18:30 horas
Auditorio Sede Afundación. Pontevedra

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥