Voilà la femme

“Voilà la femme” 

10

Martes/Maio

EXPOSICIÓN: VOILÁ LA FEMME 

Inauguración da exposición comisariada e coordinada por Celeste Garrido no Ateneo Santa Cecilia.  do 10 ao 3 de xuño 
Coa participación das artistas seleccionadas:
Laura Domínguez Carnero
Isabella Ferreiro Bermúdez
Abril Iglesias Garrido
Ruth Rodríguez Gonzalo
Alba Santiago Taboada

Exposición colectiva de mulleres que se ven celebrando no Ateneo Santa Cecilia de forma ininterrumpida ao longo de estes 29 anos. A exposición colectiva de mulleres mais lonxeva de cantas se celebran en España.

Do 10 de Maio ao 3 de Xuño 2022
Ateneo Santa Cecilia Marín
domingos

“A respecto do Ecosocialismo” 

10

Martes/Maio

Conferencia: “A respecto do Ecosocialismo”, por Domingos Antom Garcia Fernandes

Seminario Permanente de Filosofía

Conferencia:  “A respecto do Ecosocialismo”

O Ateneo de Pontevedra organiza, dentro do Seminario Permante de Filosofía, a conferencia A respecto do Ecosocialismo, impartida polo doutor en Filosofía Domingos Antom Garcia Fernandes. A entrada é libre con acceso limitado por restricións Covid.

Ás 20:00 horas
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra (Casa das Campás; rúa de Don Filiberto, 9-11)
Pazo de Lourizán

“El Pazo de Lourizán” 

11

Mércores/Maio

Lola Fernández Pazos presenta o libro ‘El Pazo de Lourizán’, primeira novela que publicará e presentará o 11 de maio xunto a Arantxa Portabales. 

El Pazo de Lourizán» de HarperCollins Ibérica, filial española de la segunda editorial más grande del mundo, discurre a principios del siglo XX, entre el Marín y Lourizán (Pontevedra) de otra época. Cuenta las vicisitudes de la familia Carballo a través de la sorprendente mirada de la pequeña Lúa, quien no deja de asombrarse por los secretos y silencios que ocultan sus seres queridos y que ella intentará desvelar a lo largo de toda su vida. La novela ha sido escrita en Marín durante el periodo de pandemia

Ás 20:30 Horas
Auditorio do CMUS Manuel Quiroga

“O último tren” 

11

Mércores/Maio

Ciclo de poesía, cine, arte e investigación:

“Ledo mural de dignidade e resistencias” 

Proxección: El ultimo tren (Corazón de fuego) de Diego Arsuaga

Direc.: Diego Arsuaga País e ano: Uruguay, 1993  Dirección e Guión: Diego Arsuaga  Música: Hugo Jasa, Nicolás Baraldi  Fotografía: Hans Burmann  Duración: 93 m

 Sinopse. Un poderoso Estudio de Hollywood comprou unha histórica locomotora uruguaia do século XIX para a súa próxima película. Aínda que a noticia é motivo de orgullo para moitos uruguaios, non é ben recibida polos veteranos membros da Asociación de Amigos do Riel. Decididos a boicotear o traslado da locomotora a Estados Unidos, tres deles e un neno, conmovidos polo lema “O patrimonio non se vende”, secuestran a máquina e parten a percorrer as vías abandonadas do interior do país. perseguidos polas autoridades… Pero tamén atopan a solidariedade dos pobos que, illados e abandonados pola falta dun medio de transporte que deixou de funcionar hai tempo, ven neles unha luz de esperanza.

Fermosa película uruguaia composta en clave de western, chea de vigor e gran pureza. Inspirado nun acontecemento real, apela nobremente tanto aos sentimentos como á necesidade de comprometerse.un grupo de seres que perseguen a vellez. Pero aínda vigorosos nas súas conviccións a pesar das doenzas e cicatrices da vida.Librespensadores de diferentes matices ideolóxicos e de diferentes actitudes respecto á acción política, superan as desavinzas antepoñendo a amizade á consecución dun obxectivo común.

NOTA 1: A entrada a todos os actos é libre e gratuita, ata completar aforo.

Ás 20:00 Horas
Sala VerSus rúa Gerardo Álvarez Limeses, nº 12
Oito días sen Eva Cortés

“Oito días sen Eva Cortés” 

adiado

12

Xoves/Maio

A escritora Sara Vila presenta o seu libro ‘Oito días sen Eva Cortés‘ acompañada da xornalista Belén López e da editora Malores Villanueva.

‘Oito días sen Eva Cortés’ (Ed. Galaxia) foi Premio de Narrativa Illa Nova no 2021, a súa trama atrápanos dende o primeiro capítulo e mantén un pulso coa actualidade no tratamento de moitos temas a través da vida de dúas mulleres que teñen moito en común, especialmente nos seus desexos e medos. 

Ás 19:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra
Caride-Tabuyo

“Caride & Tabuyo” 

12

Xoves/Maio

O Ateneo de Pontevedra organiza un relatorio arredor dos libros de poemas A chuvia integral, de Ramón Caride e Sentirte é, acaso, o mellor lugar para renderse, de Domingo Tabuyo, publicados Medulia Editorial.

Interveñen: Xulio López Valcárcel (escritor, crítico literario, directivo de Medulia Editorial), Cristina Corral Soilán (escritora), os músicos Modesta Padín e Xesús Peral (saxo e guitarra), Carmen Durán (directiva do Ateneo de Pontevedra), Ramón Caride (escritor) e Domingo Tabuyo (escritor)

Ao remate da actividade, compartirase co público asistente un viño de amizade.

A entrada é libre con acceso limitado por restricións Covid.

Ás 20:00 horas
Villa Pilar – Marqués de Riestra, 11 Pontevedra
Rosalía Gómez

“Sen palabras” 

12

Xoves/Maio

SEN PALABRAS

ROSALÍA GÓMEZ LASHERAS

A compostelá Rosalía Gómez Lasheras é unha novísima intérprete de piano amplamente eloxiada, tanto pola crítica como por importantes personalidades do mundo da música, pola súa sobresaínte madurez artística. Na actualidade, está a desenvolver unha intensa carreira concertística ao longo de escenarios de España, Holanda, Austria, Francia, Portugal, Bélxica, Suíza, Alemaña, Rusia, Exipto ou Estados Unidos, logo de ampliar os seus estudos en Holanda e Suíza.

Claustro do Convento de Santa Clara, Pontevedra
De balde por orde de chegada.
Ás 20:00 horas
Convento de Santa Clara, Pontevedra
Roma soy yo

“Roma soy yo” 

12

Xoves/Maio

Presentación do libro “Roma soy yo” de Santiago Posteguillo

Acompañará ao autor Susana Pedreira 

Roma, ano 77 a. C. O cruel senador Dolabela vai ser xulgado por corrupción, pero contratou aos mellores avogados, comprou ao xurado e, ademais, é coñecido por usar a violencia contra todos os que se enfrontan a el. Ninguén se atreve a ser o fiscal, ata que de súpeto, contra todo prognóstico, un mozo patricio de tan só vinte e tres anos acepta levar a acusación, defender ao pobo de Roma e desafiar o poder das elites. O nome do descoñecido avogado é Cayo Julio César.

Ás 20:00 horas
Librería Cronopios Pontevedra
Emilia Pardo Bazán

“Emilia Pardo Bazán” 

13

Venres/Maio

Weronika Hańczyc presenta o cómic ‘Emilia Pardo Bazán’ ilustrado por ela con guión de Alicia Palmer. Estará acompañada do debuxante Kiko da Silva (O Garaxe Hermético).
Emilia Pardo Bazán‘ editado por Cascaborra forma parte da súa colección Historia de España en Viñetas. 

Ás 19:30 horas
Libraría Paz, Pontevedra

“Non son un Anxo” 

13

Venres/Maio

Proxección de ‘I’m No Angel (1933), de Wesley Ruggles 87 min.   Estados Unidos  “Non son un Anxo

Nova sesión do ciclo de cine Subordinadas, coordinadas, xustapostas, dirixido a reflexionar sobre o rol das mulleres na historia do cinema, pór en valor o traballo de diferentes profesionais e analizar os modelos argumentais a través dos que esta industria abordou o concepto da feminidade.

Film de gran éxito no que Mae West, que interpreta a unha estrela do circo con moito éxito entre os homes, tivo todo o control sobre o guión, director e repartición. Como non podía ser doutra maneira e dada o seu protagonista, tivo a súa polémica.

Ás 19:00 horas.
Casa das Campás, Pontevedra
Iván Fernández

“Da amizade á admiración” 

13

Venres/Maio

DA AMIZADE Á ADMIRACIÓN

IVÁN FERNÁNDEZ

Recoñecido pianista vigués cunha ampla traxectoria tanto como instrumentista como docente, preséntanos un concerto baixo o título Da amizade á admiración, con obras de Beethoven, Schumann e Brahms.

Claustro do Convento de Santa Clara, Pontevedra
De balde por orde de chegada.
Ás 20:00 horas
Convento de Santa Clara, Pontevedra
Lola Varela

“Feminismo de proximidade” 

13

Venres/Maio

O Ateneo de Pontevedra organiza un Relatorio arredor do libro “Feminismo de proximidade”, de Lola Varela (docente, experta en coeducación, feminista) editado por Sacauntos Cooperativa Gráfica.

Interveñen: Azucena Arias Correa (mestra, profesora na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da UVigo, escritora), José Mª Alén de la Torre (inspector de Educación) e Lola Varela

Lugar: Espazo Nemonon (edificio Villa Pilar; rúa do Marqués de Riestra, 11-1º)

A entrada é libre con acceso limitado por restricións Covid.

Da obra

O libro que tes nas mans é unha recompilación, unha selección de artigos, relatorios, investigacións e proxectos publicados en diversos medios, cun claro fío condutor: a muller e a súa condición. A proposta recolle feitos actuais, repasa aspectos históricos, reivindica accións positivas, fai visibles situacións. Máis que receitas para solucionar problemas, son reflexións profundas escritas con prosa fluída e apracíbel.

A entrada é libre con acceso limitado por restricións Covid.

Ás 20:00 horas
Villa Pilar – Marqués de Riestra, 11 Pontevedra
Pontealmorzo

“PonteAlmorzo” 

6/15

Venres a Domingo/Maio

Desde o día 6 ata o 15 de maio  celebrarase en Pontevedra o Pontealmorzo, o prezo para o cliente será de 4 euros e o almorzo incluirá unha bebida quente, outra fría e un petisco dulce ou salgado. Horario mínimo para servir estes almorzos de PonteAlmorzo, que será de 9 a 12 horas.

A lista de establecementos que aspiran a obter o galardón de ‘Mellor Almorzo de Pontevedra 2022’ é a seguinte:

  • Café Moderno(Praza de San Xosé, 3): Café ou infusión, bocadillo de xamón serrano con puré de tomate quente e zume natural.
  • Café bar Chalo (Joaquín Costa, 42, baixo): Sándwich de avea, zume e café ou infusións.
  • Mamá Sofía Panadería Degustación(San Antoniño, 83): Zume de froitas natural, torrada de tomate natural triturado con aguacate + café con leite.
  • El Patio Kinder Bar(Virxe do Camiño, 11, baixo): Café ou infusión, zume de laranxa natural e mini torrada de tomate, aguacate e sementes de liño, chía e sésamo. 
  • Café Bar Lelé 2(Fernando Olmedo, 5): Café ou infusión, zume natural de laranxa, churro e tosta de serrano con aceite.
  • La Buena Vida(Blanco Porto, 4): Café grande, zume laranxa natural, biscoito e tosta de tomate con xamón e aceite de alfábega ao toque allo negro.
  • Cafetería Sonata(Peregrina, 66): Café, cola cao ou infusión. Zume de laranxa e amorodo natural, froita fresca, torrada de espelta de xamón ibérico e doce do día.
  • Café bar 33(Rosalía de Castro, 78): Café, cola cao ou infusión con zume natural, macedonia, petisco de tortilla e doce do día.
  • Adega dos Avós(Gutiérrez Mellado, 6, baixo): Café, gazpacho de amorodo, ovo duro, pan de pita recheo e torta de queixo.
  • Piada Romagnola(García Camba, 2): Café con leite, zume e opción de piada salgada ou doce a elixir.
  • Lulo Gastrobar (Joaquín Costa, 14): Café cremoso con chocolate fundido e cacahuete. Lulada valluna e hotcake asiático.
  • Cervecería Lola(José Casal): Café + zume de laranxa + biscoito + petisco pantumaca + minitosta con marmelada.
  • El Dulce de Leche Alameda(Marqués de Riestra, 35): Café, infusión ou cola cao. Zume de laranxa. O noso clásico: dous minis croissants (un deles recheo de doce de leite). Media tosta de sementes con tomate natural, aceite, aguacate e sementes variadas.
  • El Dulce de Leche Raíña Vitoria(Raíña Vitoria, 5): Café, infusión ou cola cao. Zume de laranxa. O noso clásico: dous minis croissants (un deles recheo de doce de leite). Media tosta de sementes con tomate natural, aceite, aguacate e sementes variadas.
  • Vía Nai(Isabel II, 22): Café blend ‘Vía Nai’ elaborado en V60, limoada, biscoito húmido de chocolate e ovos á cazola con bacon, ceboliño e sal de Ibiza.
  • El Cafetín(parque da Alameda): Café de améndoa, tosta de millo con aguacate e tomate aliñado, zume Vital e mini croissant con marmelada de arandos.
  • Moi Bo(Michelena, 34): Bebida quente composta de café. Bebida fría de zume de froitas. Petisco doce (mini croissant). Petisco salgado composto por queixo, aguacate, xamón serrano, tomate e aceite de oliva.
  • Cafetería Bachata(Eduardo Pondal, 40): Café, zume, torradas ou croissant artesán.
Do 6 ao 15 de Maio
Pontevedra Capital Gastro
Curso de tapices

“Curso de Tapices” 

14

Sábado/Maio

Cruz Vermella 15

Curso de tapices sábado 14 de maio

25 euros material incluido de 16:30 a 18:30

inscrición tel 615436902

cruz vermella nº 15 Pontevedra

yoyelois@hotmail.com

de 16:30 a 18:30
Rúa Cruz Vermella nº 15  Pontevedra
Simant dúo

“Desconecta” 

14

Sábado/Maio

Desconecta

SIMANT DUO

Nesta ocasión, o trompetista Rubén Simeó e o pianista Antonio Morant preséntannos o seu proxecto SIMANT DÚO. Unha agrupación que trenza os límites entre os diferentes xéneros musicais, desde a música clásica ata o pop ou música cinematográfica, e porta o dúo trompeta-piano a un nivel inimaxinable coa súa innegable paixón e incrible talento.

Claustro do Convento de Santa Clara, Pontevedra
 De balde por orde de chegada.
Ás 20:00 horas
Convento de Santa Clara, Pontevedra
Noites de retranca

“Noites de retranca” 

14

Sábado/Maio

Volven as Noites de retranca, o espectáculo de humor por excelencia do País cumpre doce anos distribuíndo o humor, o noso humor, polos principais teatros e auditorios. O mellor do mellor de Luís Zahera, o novo texto de Manuel Manquiña e o regreso aos grandes escenarios de Víctor Fábregas. Os tres xuntos por primeira vez … Só en noites de retiro.

Mercar entradas

Ás 20:00 horas
Auditorio Sede Afundación Pontevedra 
Alberto Vilas

“Naialma” 

15

Domingo/Maio

NAIALMA

ALBERTO VILAS

Naialma naceu en 2020, o ano en que o mundo cambiou. É un traballo de piano só que parte da mente creativa de Alberto Vilas, un músico que durante o peor do confinamento decidiu compartir a diario a creación de nova música a través das redes sociais.

Claustro do Convento de Santa Clara, Pontevedra
De balde por orde de chegada.
Ás 12.30 horas
Convento de Santa Clara, Pontevedra
Carreira da muller

“I Carreira da muller” 

15

Domingo/Maio

Carreira da muller domingo 15 de maio en Pontevedra

15 de mayo  12:00h  5 km.   Salida e meta na Plaza de España  Dirixida a: mulleres e nenas

Evento solidario: A organización destinará a cota de inscrición para os proxectos de investigación contra o cancro de peito promovidos pola Delegación de Pontevedra da Asociación Española Contra o Cancro. A cantidade recadada será duplicada por Diario de Pontevedra.

inscricións 

Ás 12.00 horas
Salida e meta na Plaza de España, Pontevedra
Inefable

“O Inefable” 

5

Xoves/Maio

Exposición “Inefable”

Aquilo que non se pode describir nin expresar con palabras é do que nos falan as obras artísticas, establecendo unha relación máxica que nace cando se inicia un diálogo entre a ou o artista e a súa obra. “Trátase de atoparnos co que non se ve e que, porén, existe grazas ao que vemos”, como dixo nunha ocasión a escritora Eva Veiga.

O “inefable” podería expresarse a través de diferentes sistemas sígnicos como a poesía, a música, a pintura… ou, simplemente, o silencio. Pero o “inefable” é tamén a luz, a cor, o baleiro e a materia, aspectos fundamentais da creatividade dos protagonistas desta exposición Chelo Rodríguez e Fernando Carballa que, de tempo atrás, comparten amizade e a incansable necesidade de experimentar para captar o instante e transformalo en algo eterno que poidamos nós tamén captar e gozar.

O esforzo por desvelar o “inefable” amosa camiños ben distintos en ambos os dous. Mentres Chelo emprega  espazos interiores, cheos de luz e de cor, coa presenza constante e desacougante de diferentes cadeiras como metáforas, Fernando xoga a desvelar a materia e, nesta ocasión, preséntanos o misterio a través da livián e suxestiva porcelana, máis tamén coa forza primixenia do barro. Con todo, comparten nesta mostra das súas obras a súa atracción pola figura humana, quer coas diversas representacións de cabezas que nos atrapan nun mundo simbólico e conceptual, propio de Fernando Carballa, quer cos atractivos manequíns cheos de vida e movemento, de xeito aparentemente contraditorio, que nos mostra Chelo Rodríguez. No horario habitual de apertura da Sala de martes a venres de 18 a 21h. Sábados de 12 a 14h e de 18 a 21h. e domingos de 12 a 14h. Luns, pechada.

Do 5 de Maio ás 19:30 ata o 17 de Xullo ás 14:00
Pazo da Cultura
Materiais

“Materiais” 

22

Venres/Abril

A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes, na Facultade de Belas Artes, acollerá a exposición artística “Materiais”, coa participación de obras de Galia Baba Chaman, Julio Catalán, Álex Fuertes, Aitana Iglesias, Gloria Lorenzo, Sol Mussa, Diego del Río, Paula Santomé, Ruth Vidal e Carlos Vivero. Entrada de balde

Do 22 de Abril ao 20 de Xuño.
Facultade de Belas Artes, Pontevedra
Candela Conde

“Candela Conde” 

15

Venres/Abril

Exposición“Diálogos internos” de Candela Conde poderase visitar a partir do venres 15 de abril ata o 30 de xuño no espacio Arroelo, en Pontevedra.
Esta exposición é unha restrospectiva de algúns dos seus traballos ata agora, desde pintura e grabado ata fotografía.

Podédes coñecer máis sobre esta artista, estudiante de Belas Artes en Pontevedra, a través do seu grabado, fotografía e pintura nas nosas paredes.

Horarios de visitas

De luns a venres de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 20:00

Ata o 30 de Xuño
Espacio Arroelo
Terra de soños

“Terra de soños” 

13

Mércores/Abril

Praza de España

Exposición ‘Terra de soños. Arte na rúa’, organizada pola Obra Social a Caixa coa colaboración de Fundación Vicente Ferrer

Expoñeranse obras de Cristina García Rodero que reúne unha selección de fotografías representativas das comunidades rurais da India. 

As fotografías de García Rodero afondan no mundo feminino, así como na forza e a capacidade de superación das mulleres de Anantapur (Andhra Pradesh), unha das zonas máis pobres da India.

Cristina García Rodero (Puertollano, Ciudad Real, 1949) é unha figura referente na fotografía, tanto pola súa personalidade como pola repercusión nacional e internacional da súa obra.

Faranse visitas comentadas a esta exposición, os sábados ás 18 horas en galego e os domingos ás 12, en castelán. 

Ata o 11 de maio
Praza de España, Pontevedra
100 lúas cadradas

“100 lúas cadradas”

8

Venres/Abril

Estrelas adolescentes, berces estelares, fósiles cósmicos, restos estelares, universos illa ou cúmulos galácticos. Estes son algúns dos fenómenos astronómicos representados nas fotografías realizadas no Observatorio do Teide, do Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC), que desde este venres poden contemplarse na sede da Vicerreitoría do campus, que acolle a exposición itinerante 100 Lunas Cuadradas. Inserida no plan anual de actividades da Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade (UCC+i) Ciencia de ida e volta, que conta coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología-Ministerio de Ciencia e Innovación. A exposición abrangue diferentes tipos de obxectos astronómicos e algúns descubrimentos relevantes en astrofísica, como sistemas exo-planetarios, fósiles cósmicos, lápidas fugaces ou grupos galácticos.

De carácter didáctico, trátase dunha exposición que o IAC puxo en marcha no marco do proxecto Niépce: do negativo ao positivo, desenvolvido co gallo dos 200 anos das primeiras imaxes fotográficas da historia. A través desta mostra, a astronomía buscaba render homenaxe á fotografía por ter permitido multiplicar os datos obtidos cos telescopios. Conformada por nove paneis, a exposición recibe o seu nome das dimensións das nove fotografías que a compoñen, que, segundo explican os seus promotores, “son dez veces por cada lado o tamaño aparente da lúa, que se utiliza como unidade de medida”, de tal xeito que cada unha delas representaría unha área de “100 lúas cadradas”

Do 8 de Abril ao 13 de Maio
Casa das campás
invisibles

“A presenza invisible” 

7

Xoves/Marzo

O edificio Castelao acollerá mañá xoves a presentación da exposición “A presenza invisible” frascos de perfume art nouveau e art déco.
As correntes artísticas do século XX, especialmente o art nouveau e o art déco, foron determinantes na expansión e o éxito da industria do perfume, que viviu a súa época dourada coa evolución dos frascos, inicialmente xenéricos, en pezas creadas por artistas, deseñadores e vidreiros. A exposición A presenza invisible, que permanecerá aberta ao público no Edificio Castelao desde o 7 de abril ao 12 de xuño, reúne máis de 200 botellas, así como caixas e estoxos de perfumes, xabón ou pos de arroz, realizadas entre 1896 e 1945, moitas delas convertidas hoxe en auténticas iconas das artes decorativas.
 Entrada libre ata completa o aforo
Inauguración Xoves ás 19:30 horas no edificio Castelao
Do 7 de abril ao 12 de xuño
Edificio Castelao
Exposición marea

“O noso planeta” 

15

Martes/Febreiro

En colaboración coa plataforma audiovisual Netflix, a Sede Afundación Pontevedra acolle do 15 de febreiro ao 28 de maio a exposición «O noso planeta», baseada na serie homónima da plataforma e coa participación de David Attenborough. Este traballo fotográfico tenta concienciar sobre a problemática á que se enfronta o planeta pola acción do home: plásticos, encoros, quecemento global, contaminación, etc. Mergullámonos na beleza natural do planeta Terra para reflexionar sobre o impacto da nosa actividade, así como sobre a necesidade inminente de incorporar a sustentabilidade á nosa forma de vida. Unha exposición con imaxes sorprendentes, elementos audiovisuais e interactivos, realidade virtual e unha mensaxe imprescindible.

Do 15 de febreiro ao 28 de maio
Obra social Abanca Pontevedra

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥