"Agroindustria, urbanismo e outras herbas"

Juanjosé Guirado

Non é o mesmo saber que algo existe que velo. A pesar de que o empacho de noticias e imaxes nos desgasta o sentir, e ata o pensar, ás veces unha fotografía lémbrache que algo non vai ben, e lévache a denunciar aquilo que estás a ver.

Neste caso, a fotografía acompañaba a un artigo titulado Lo que han hecho con el Mar Menor, e era unha vista aérea do estado actual da Manga que separa este delicado ecosistema do Mediterráneo. O dano vén de moi atrás, pero agora o estado desta paraxe única é peor que nunca.

Habería que comparar esta fotografía con outra que mostrase o que foi esta faixa de terra antes de que a invadisen os bárbaros. Supla a nosa imaxinación esta falta. Á fotografía e ao artigo uniuse outra lectura sobre as consecuencias de que el agua cotice en el mercado de futuros.

Ambas as lecturas leváronme a publicar no blog  esencial o menos un comentario que titulei el mal mayor del Mar Menor:

El mal más aparente a vista de pájaro es la monstruosa urbanización de La Manga. El daño que causa la agroindustria es menos visible. Pero ambos son en realidad la misma cosa, la transformación de la Tierra en un erial, causada por la búsqueda incesante de lucro “cueste lo que cueste” (siempre a otros).

Pelotazos urbanísticos y negocios agroindustriales, ¿no podrían equipararse al genocidio, como crímenes de lesa humanidad? A fin de cuentas lo son contra la vida, y la humana está incluida.

El estrago visual del urbanismo de pasta y playa está bien a la vista. ¡Cosa más fea! Solo pueden superarla en daño para la naturaleza (y la vista) los sátrapas árabes del petróleo. ¿Qué hacemos con todo esto?

Vamos al agua. El agua es ahora una mercancía más. No nos engañemos, ya lo era, pero ahora cotiza en la bolsa. Lo llaman “mercado de futuros”, cuando no hay futuro que valga.

Poderiamos trasladar estes comentarios ao noso litoral, e en realidade a todo o territorio de Galicia. Ou do mundo. Eses emiratos árabes que agora vemos en cada telexornal danan a vista a unha escala aínda maior.

Sen irmos tan lonxe, aínda que a algúns os encha de orgullo e satisfacción, a min cáusame pena ver o que teñen (temos) feito con aquela praia e aquel pequeno porto que foi outrora Sanxenxo.

Cando eu era neno, aínda na miña Écija natal, a súa preciosa Praza Maior (“el Salón”), recibiu a visita dun novo edificio de catro plantas que perturbou a harmonía anterior, cuns soportais herdados do século XVIII. Logo esa mesma praza recibiría outras melloras aínda peores…

Tamén entón dispoñer dun pequeno rañaceos encheunos de orgullo e satisfacción

Vemos sen ver.

Juan José Guirado

Juan José Guirado

Arquitecto

Juan José Guirado Fernández, sevillano de nacemento (Écija 1946) e
pontevedrés de adopción, tras rematar os seus estudos de arquitectura
desenvolveu a maior parte do seu traballo como arquitecto en Pontevedra,
traballo que, por circunstancias da vida, foi abandonando para dedicarse ao
ensino, comezando por unha substitución no IES Concepción Arenal de Ferrol
e aprobando posteriormente as oposicións a profesor de debuxo, profesión
que exerceu en Pontevedra durante sete anos, seis deles no IES Valle Inclán.
Despois de rematar a súa tese doutoral, acabou na Escola de Enxeñería
Industrial de Vigo, no Departamento de Deseño, no que traballou ata a súa
xubilación hai agora sete anos. Ao longo dese tempo participou en diversos
congresos e cursos dentro e fóra de España e realizou estudos sobre
xeografía, historia, antropoloxía, filoloxía e literatura.
Desde hai dez anos escribe puntualmente no seu blog esencial o menos
sobre estas e outras materias. Ademais da súa tese é autor de tres libros sobre
xeometría e deseño.

Pontevedra sube y baja

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥