Revista do mes de Xuño 2025 por Xosé Antonio Pérez Graña

Revista do mes de Xuño 2025 por Xosé Antonio Pérez Graña

Revista  do mes de Xuño 2025 con todos os contidos do mes.

Colaboraron neste número:

 Pilar Braga, Luis P. Molano,

Manolo Gulias, Vicente Méndez, 

 Jose Luis Vázquez.

Descargar a revista

Xosé Antonio Pérez Graña

Xosé Antonio Pérez Graña

Profesor de inglés

Naceronme en Cotobade no 1952. Estudei Maxisterio (por inglés) e Psicoloxia. Traballei durante 37 anos no ensino, rematando a miña vida laboral no IES Valle Inclán, onde formei parte do grupo de teatro Argallada. Encargueime tamén da revista anual do Instituto. Nesta nova etapa, adicareime a recompilar artigos e actividades da nosa Web para facer unha revista-resume cada mes.

Revista do mes de Maio 2025

Revista do mes de Maio por Xosé Antonio Pérez Graña

Revista do mes de Maio por Xosé Antonio Pérez Graña

Revista  do mes de Maio 2025 con todos os contidos do mes.

Colaboraron neste número:

Pilar Braga, Chelo Gayoso, 

Manolo Gulias, Vicente Méndez,

Jose Luis Vázquez.

Descargar a revista

Xosé Antonio Pérez Graña

Xosé Antonio Pérez Graña

Profesor de inglés

Naceronme en Cotobade no 1952. Estudei Maxisterio (por inglés) e Psicoloxia. Traballei durante 37 anos no ensino, rematando a miña vida laboral no IES Valle Inclán, onde formei parte do grupo de teatro Argallada. Encargueime tamén da revista anual do Instituto. Nesta nova etapa, adicareime a recompilar artigos e actividades da nosa Web para facer unha revista-resume cada mes.

Revista de Abril

Romualdo era un home fino de Castelao por Xosé Antonio Pérez

Romualdo era un home fino de Castelao por Xosé Antonio Pérez

por Xosé Antonio Pérez Graña

Romualdo era un home “fino”. Polas súas maneiras xeitosas conqueriu creto de home ben enseñado, anque as súas cortesías co chapeu na man non tiñan certamente o cuño da fidalguía enxebre. A Romualdo, tan mixiriqueiro, tan fricoleiro, non lle acaía un oficio de traballo, e dispois de chorarse moito logrou meter cabeza no xuzgado municipal, onde viveu esborranchando papel, deica o día do seu pasamento. Romualdo ademais de escribente era un gran catador de viño, calidade que lle deixara o seu pai en herdo.

No beber era como no escribir: moitos groliños de viño enviados de xeito melindroso, letriña miúda con rabiños enribirichados. Tan “fino” no xuzgado coma na taberna. Romualdo emborrachábase moitas veces; pero endexamais esgallou as pernas. Canto máis viño levase a bordo máis cortesías facía. 

Unha vez Romualdo pasou a noite toda de parranda e no intre de chegar á súa casa topouse cuns amigos. Era domingo.

— Anda, Romualdo, vente conosco, que imos xantar unha empanada.

— Ben; pero agardai un anaquiño que vou dicirllo á miña muller.

E Romualdo entrou deseguida na súa casa. Os amigos sentiro un gran estrondo e dispois unhas verbas adoecidas. ¡Lacazán! ¡Borrachón! ¡Pelexo! A muller de Romualdo mallaba no home coma quen malla nun fol vello. ¡Plim, plam! ¡Plim, plam!

Romualdo apareceu amañando a roupa, e con cara de ledicia finxida díxolle ós seus amigos:

— Ímonos xa, que non está ninguén na casa.

Xosé Antonio Pérez Graña

Xosé Antonio Pérez Graña

Profesor de Filoloxía inglesa

Naceronme en Cotobade no 1952.

Estudei Maxisterio (por inglés) e Psicoloxia. Traballei durante 37 anos no ensino, rematando a miña vida laboral no IES Valle Inclán, onde formei parte do grupo de teatro Argallada.

Encargueime tamén da revista anual do Instituto. Nesta nova etapa, adicareime a recompilar artigos e actividades da nosa Web para facer unha revista-resume cada mes.

Barbeiro de sábado

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Revista do mes de Abril do 2025 por Xosé Antonio Pérez Graña

Revista do mes de Abril do 2025 por Xosé Antonio Pérez Graña

Revista  do mes de Abril 2025 con todos os contidos do mes.

Colaboraron neste número:

Pilar Braga, Anxo González Guerra, 

Manolo Gulias, Jose Mª Solla,

Antonio Lois,  Vicente Méndez,

Jose Luis Vázquez.

Descargar a revista

Xosé Antonio Pérez Graña

Xosé Antonio Pérez Graña

Profesor de inglés

Naceronme en Cotobade no 1952. Estudei Maxisterio (por inglés) e Psicoloxia. Traballei durante 37 anos no ensino, rematando a miña vida laboral no IES Valle Inclán, onde formei parte do grupo de teatro Argallada. Encargueime tamén da revista anual do Instituto. Nesta nova etapa, adicareime a recompilar artigos e actividades da nosa Web para facer unha revista-resume cada mes.

Revista do mes de Febreiro 2025

Revista de Marzo especial Versos a dúas voces

Revista de Marzo

Barbeiro de sábado de Castelao por Xosé Antonio Pérez Graña

Barbeiro de sábado de Castelao por Xosé Antonio Pérez Graña

por Xosé Antonio Pérez Graña

Era un barbeiro de sábado que amaba os libros que non entendía e gustaba de lelos todos enteiros.

Unha vez topeino coa testa pousada nas mans, ó xeito dun pensador, e díxome:

— Estou profundando.

E dende entón, para min, hai homes que “profundan”. 

O tal barbeiro de sábado pasou pola vida cos sentidos revirados cara á súa iñorancia, traballando a carón dun compañeiro que tiña os sentidos abertos ó mundo.

Ensumíase arreo dentro de si mesmo para “profundar” nos misterios da outra vida e sempre remataba laiándose:

— Non podo “profundar” máis porque non sei latín.

Un día pousou os ollos no mar —endexamais reparaba en cousas miúdas— e, dispois de ter “profundado” un bo retrinco de tempo, deitou na orella do seu compañeiro ista frase:

— O mar, ¿sabes? O mar… ¡é un fenómeno!

O probe barbeiro de sábado asombraba a todos coa súa sabencia… Unha vez púxose serio, como un frade de pau, e aseguroulle ó compañeiro:

— Eu teño que morrer e teño que ser xuzgado, “pese que me pese”, ¿sabes?

E decíao soletreando o “pese que me pese”.

A máis veces, o barbeiro de sábado dubidaba dispois de “profundar” en cousas do outro mundo.

O probe barbeiro de sábado morreu e puxérono nunha caixa de pino e o seu compañeiro foi a velo e botou unha bágoa.

E unha muller, das que facían o pranto, decía:

— ¡Agora xa non profundas! ¡Agora non profundas porque xa o sabes todo!