Ávila

Manolo Gulías Márquez

Xa tiñamos ganas de saír da casa e tamén tempo para facelo, pensando en ir a algunha cidade na que non estiveramos antes, decidímonos.

O domingo nove de xullo do ano 2017 collemos o coche e a iso das  oito da mañá puxemos rumbo cara Ávila.

Metémonos na AP-9 camiño de Vigo continuamos logo pola A-55 a A-52, enlazamos coa A-6 un pouco antes de Benavente, e seguimos pola autoestrada ata enlazar coa N-403, pouco antes de chegar a Adanero, que nos levou dereitos a Ávila.

Indo sen présa tardamos algo máis de cinco horas en percorrer uns cincocentos corenta quilómetros que é aproximadamente a distancia que hai dende Pontevedra ata alí.

Xa en Ávila, indo pouco a pouco tiramos cara o centro da cidade, entramos na muralla pola porta de san Vicente e logo seguindo pola rúa Tostado chegamos ata a Praza da Catedral.

Pincha no PDF da dereita para ler a viaxe completa

Concha en Ávila
Ávila
Ávila
Manolo Gulias Márquez

Manolo Gulias Márquez

Docente

Xosé Manuel Gulías Márquez naceu en Pontevedra en 1952, pero foi bautizado en Forcarei de onde eran seus pais. En 1983 aprobou as oposicións por ciencias logo fixo a especialidade de galego e daba as clases nesa lingua. O seu último destino levouno ao instituto onde estudou, é dicir ao Valle Inclán, non podía estar máis feliz xa que despois de case 20 anos non tivo que volver coller o coche. Neste instituto estivo 18 anos ata que con 65 xubilouse, porque xa tiña o tempo de servizo e xa tocaba. Colabora con nós relatando as súas viaxes.

De Jaca a Pontevedra

Grecia

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥