Porcións

 4

Listo en:

Una hora e 30 minutos

Ideal para:

Primeiro prato

Elaboración: Ana Santos

Ingredientes

  • 2 berenxenas
  • 2 cebolas
  • 2 pementos
  • 2 tomates
  • 50ml de nata
  • 50 gr de xamón en tacos
  • queixo relado

Etapas da receita: 

Lavamos, secamos e cortamos as berenxenas a metade, facémoslle uns cortes en reixa botámoslle sal e deixámolas escorrer boca abaixo nun colador 30 minutos.

Secámolas cun pano absorvente e poñémolas nunha bandexa de forno cun pouco de aceite a 180º durante 30 minutos.

Cortamos a cebola e os pementos en xuliana, os tomates en cadrados. Pochamos a cebola durante 15 minutos logo engadimos os pementos ao cabo de 5 minutos os tomates, deixamos facer 15 minutos, engadimos o xamón.

Vaciamos as berenxenas coa axuda dunha culler e mesturamos coa mezcla anterior, botamos a nata revolvemos e recheamolas. Botamos por riba queixo relado.

Poñémolas nunha fonte ao forno a 180º ata que o queixo esté desfeito e dourado, servimos

ingredientes
berenxenas ao forno
Ana Santos Solla

Ana Santos Solla

Profesora de E.F.

Son Ana Santos, nacín en Pontevedra no ano 1960, a miña infancia estivo moi ligada a Santa María de Xeve, a terra da miña nai, son a terceira de 8 irmáns, a maior das mozas, a máis vella como me dicían de pequena. Sempre me gustou o deporte e estudei INEF en Madrid, estiven 34 anos no IES Valle Inclán impartindo Educación Física alí foi onde coñecín ao resto dos meus compañeiros que agora me acompañan neste proxecto. Decidín xubilarme para dar un novo rumbo á miña vida e levar a cabo este tipo de iniciativas como @devellabella ue pretende que o envellecemento activo convértase en embelecemento persoal e poder achegar a miña experiencia nesta etapa da vida.

Nós os maiores aínda temos moita guerra que dar, espero que este blogue motívevos a querer colaborar connosco.

Pulpo a feira

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥