Porcións

8

Listo en:

1 hora

Ideal para:

Sobremesa

Elaboración: Ana Santos

Ingredientes

  • 175 ml de aceite de xirasol
  • 175 gr de azucre
  • 3 ovos
  • 175 gr de fariña
  • 1 sobre de levadura química, levadurina
  • 175 gr de cenorias ralladas
  • a ralladura dunha laranxa
  • Un puñado de uvas pasas

Faise:

Mesturar o aceite co azucre cunha batidora, engadir os ovos e seguir batendo. Mesturar a fariña coa levadurina, a cenoira rallada e a ralladura de laranxa, engadir esta mistura a mezcla anterior, botar unhas uvas pasas e remexer cunha culler de pao.

Poñer nun molde con manteiga e fariña ou papel vexetal, meter no forno quente a 160º durante 35 ou 40 ‘

ingredientes biscoito
biscoito de cenoria
Ana Santos Solla

Ana Santos Solla

Profesora de E.F.

Son Ana Santos, nacín en Pontevedra no ano 1960, a miña infancia estivo moi ligada a Santa María de Xeve, a terra da miña nai, son a terceira de 8 irmáns, a maior das mozas, a máis vella como me dicían de pequena. Sempre me gustou o deporte e estudei INEF en Madrid, estiven 34 anos no IES Valle Inclán impartindo Educación Física alí foi onde coñecín ao resto dos meus compañeiros que agora me acompañan neste proxecto. Decidín xubilarme para dar un novo rumbo á miña vida e levar a cabo este tipo de iniciativas como @devellabella ue pretende que o envellecemento activo convértase en embelecemento persoal e poder achegar a miña experiencia nesta etapa da vida.

Nós os maiores aínda temos moita guerra que dar, espero que este blogue motívevos a querer colaborar connosco.

Trufas de chocolate

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥