Porcións
8
Listo en:
Una hora
Ideal para:
Sobremesa
Elaboración: Ana Santos
Ingredientes
- 4 ovos
- 2 plátanos moi maduros
- 200 gr de fariña ½ paquete de levadura química
- 125 gr de azucre
- 100ml de leite
- 75 gr de manteiga o aceite
- 50 gr de chocolate á taza
- unha culler de canela
Etapas da receita:
Desfaise o chocolate coa manteiga no lume.
Bátense todos os ingredientes
Poñemos papel vexetal nun molde e botamos a mezcla
Metemos ao forno quente 180º aproximadamente 40 minutos
Ana Santos Solla
Profesora de E.F.
Son Ana Santos, nacín en Pontevedra no ano 1960, a miña infancia estivo moi ligada a Santa María de Xeve, a terra da miña nai, son a terceira de 8 irmáns, a maior das mozas, a máis vella como me dicían de pequena. Sempre me gustou o deporte e estudei INEF en Madrid, estiven 34 anos no IES Valle Inclán impartindo Educación Física alí foi onde coñecín ao resto dos meus compañeiros que agora me acompañan neste proxecto. Decidín xubilarme para dar un novo rumbo á miña vida e levar a cabo este tipo de iniciativas como @devellabella ue pretende que o envellecemento activo convértase en embelecemento persoal e poder achegar a miña experiencia nesta etapa da vida.
Nós os maiores aínda temos moita guerra que dar, espero que este blogue motívevos a querer colaborar connosco.
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥