Porcións

50

Listo en:

50′

Ideal para:

Primeiro prato

Elaboración: Ana Santos

Ingredientes

  • 200 Gr de bacalao cocido e desmigado
  • 200 Gr de patacas vellas cocidas
  • 3 ovos
  • Unha cebola mediana
  • un ramo de perexil
  • sal e pementa

Etapas da receita: 

Pasar polo pasapurés o bacallau e as patacas, amasar cun pano, añadir a cebola e o perexil picadiños pequenos, tamén as xemas dos ovos, sal e pementa

Montar as claras a punto de neve cun pouco de sal e unhas gotiñas de limón

Mesturar as claras coa preparación anterior.

Fritir en aceite axudando con dúas culleres

ingredientes boliños
boliños
Ana Santos Solla

Ana Santos Solla

Profesora de E.F.

Son Ana Santos, nacín en Pontevedra no ano 1960, a miña infancia estivo moi ligada a Santa María de Xeve, a terra da miña nai, son a terceira de 8 irmáns, a maior das mozas, a máis vella como me dicían de pequena. Sempre me gustou o deporte e estudei INEF en Madrid, estiven 34 anos no IES Valle Inclán impartindo Educación Física alí foi onde coñecín ao resto dos meus compañeiros que agora me acompañan neste proxecto. Decidín xubilarme para dar un novo rumbo á miña vida e levar a cabo este tipo de iniciativas como @devellabella ue pretende que o envellecemento activo convértase en embelecemento persoal e poder achegar a miña experiencia nesta etapa da vida.

Nós os maiores aínda temos moita guerra que dar, espero que este blogue motívevos a querer colaborar connosco.

Pastel de atun

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥