por Jose Solla

burbullas perigosas

Título: Burbullas perigosas

A cea non era un festín, máis ben un campo de batalla.

O ar cortábase con certo cheiro a piñeiro artificial e hostilidade reprimida.

Entón, a avoa ergueu a copa de sidra e tranquila, dixo:

Disfracémonos de familia feliz por unha hora máis. E todos ergueron as súas copas…..

Jose Solla Casqueiro

Jose Solla Casqueiro

Fotógrafo

Jose Solla Casqueiro naceu en Pontevedra no ano 1962, encántalle a fotografía artística, conceptual, minimalista, a actividade física e as viaxes, é un aventureiro incansable.

É profesor de Educación física xubilado

O seu blog

A xuventude, o gran tesouro

O viño

O parafuso e o cravo

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥