por Amancio Castro 

Brañagallones

Camiño de Brañagallones

Esta Braña queda no Parque Natural de Redes (Asturias).

Unha “Braña” en Asturias é un pasto de altura e recibe o nome de Gallones porque así se denominan en Asturias aos machos da Pita do monte (Urogaio). Nas proximidades desta braña existían varios cantadeiros destes machos nos bosques de faias que a rodean.

A foto está feita o 28 de novembro de 2008 e as follas das faias queren empezar a despedirse antes de que empece o inverno ofrecendo ese espectáculo de color.

Datos técnicos da foto:

Cámara: Canon dixital PowerShot A630

f:2,8   ; v 1/60 ; ISO: 161

Amancio Castro García

Amancio Castro García

Fotógrafo

Nacín na zona vella de Pontevedra, nunha familia onde se potenciaban os valores referentes ao respecto polo mundo natural e ás artes por diante dos temas materiais.
Tremendamente curioso dende neno pola natureza estudei para mestre especializándome en ciencias naturais.
Dende 1980 fun percorrendo toda Galicia e zonas limítrofes coa Sociedade Galega de Xeografía fotografando a natureza para ter material de apoio para o estudo dos ecosistemas e formacións xeo-morfolóxicas, materiais que utilizaba para as miñas clases e que figuran en libros de texto e guías didácticas que fun publicando con varios autores.
A partir de 1990 funme especializando na fotografía científica, macro de plantas e fungos de menos de 2mm que saen publicadas nos artigos científicos do micólogo Jaime Blanco Dios co que sigo a colaborar na actualidade.

O Tromentelo

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥