
De vella a bella quere convirdarvos á presentación do libro Cando os bosques sintan frío de Charo Valcárcel Mato, autora que temos a honra de contar entre a nosa directiva. Terá lugar o venres 28 de xaneiro no IES Valle Inclán de Pontevedra na Gran vía de Montero Ríos s/n ás 19:30 horas.
A autora estará acompañada por Antón Riveiro Coello, autor do limiar do libro, e Vitoria Ogando, compañeira e amiga da autora e, recente premio cidade de Pontevedra.
O noso blog ten o pracer de participar neste acto a través de Ana Santos Solla que dirá unhas palabras en representación de devellabella.com.
Quen puidera abranguer unha aperta imposible
o espazo ansiado nas horas infelices.
quen puidera agora, mentres os ollos espellos
devoran a súa beleza
atinxir cada recuncho, facendo medrar os brazos estendidos
e agarimar as ondas
e o areal e as illas
e o ceo que o enfeita de azul.
Quen puidera abranguelo todo nun abrazo,
nese abrazo imposible
que fundise a miña pel
coas ondas
co areal
coas illas…
co espazo ansiado nas horas infelices.
Poema “Reencontro” do seu libro “Cando os bosques sintan frío” de Medulia editoral. Ilustración orixinal de Adrián Morgade

Charo Valcárcel Mato
Profesora de lingua galega
Eu son Charo Valcárcel. Nacín nunha pequena freguesía da Estrada (Sta. Cristina de Vinseiro) hai 60 anos, pero xa levo trinta e cinco vivindo en Pontevedra, case tantos como os que traballei no IES Valle Inclán (trinta e dous), toda unha vida…
Estudei Filoloxía Hispánica, aínda que me presentei e aprobei as oposicións para profesora de Lingua galega e sempre exercín como tal, do cal me sinto e sentirei sempre moi orgullosa.
No Valle Inclán coñecín a Ana, Manuel, Isidro, Benito e Sara que, considero, máis que compañeiros, amigos, bos amigos. Xuntos compartimos moitas experiencias.
Agora esta na que nos implicou Ana que, polo menos para min, é un salvavidas, un incentivo que chega para encher o oco que deixa o ensino nas nosas vidas.
Pero tamén formamos parte dun grupo de teatro de profesores (en activo e xubilados) que naceu no 2005 no seo do Valle Inclán, Argallada, e que está esperando tempos mellores para retomar a súa actividade.
Agardo que as miñas contribucións no blog devellabella sexan merecedoras do voso beneplácito ou, polo menos, non do voso desgusto.
máis artigos
Actividades do 11 ao 17 de Decembro 2023 por Ana Santos
by Ana | Decembro 10, 2023 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 4 ao 10 de decembro 2023
by Ana | Decembro 3, 2023 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 27 de novembro ao 3 de decembro 2023
by Ana | Novembro 26, 2023 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 20 ao 26 de Novembro 2023 por Ana Santos
by Ana | Novembro 19, 2023 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 13 ao 19 de Novembro 2023
by Ana | Novembro 12, 2023 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 6 ao 12 de Novembro 2023 por Ana Santos
by Ana | Novembro 5, 2023 | Actividades | 0 Comments
Rosabel Piñeiro Boullosa por Ana Santos Solla
by Ana | Novembro 12, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Carmela Lazcano Nóvoa por Ana Santos
by Ana | Outubro 15, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Xulio Simón Rúa por Ana Santos Solla -devellabella-
by Ana | Setembro 17, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Guillermo Campos Piñón por Ana Santos -devellabella-
by Ana | Xuño 29, 2023 | Historias de vida | 1 Comment
Marisol Mato Taboada por Ana Santos
by Ana | Xuño 11, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Chove en Santiago… por Juan Mejuto Pérez
by Colaborador | Decembro 10, 2023 | Fotográficas | 0 Comments
A proscrición do amor, da ledicia e do sorriso por Buenaventura Aparicio
by Colaborador | Decembro 10, 2023 | Articulos | 0 Comments
Te sitúo aquí por Vicente Méndez
by Colaborador | Decembro 3, 2023 | Literarias | 0 Comments
Mathurin Méheut por Ghislaine Gourlaouen
by Ghislaine | Decembro 3, 2023 | Artísticas | 0 Comments