A Carmen coñecina en Cambados no ano 1985 cando me chamaron para dar clases de aeróbic nun ximnasio, eu traballaba en Vilagarcía e ao rematar as clases ía tres días á semana a Cambados, enseguida conxeniamos e dende aquela somos amigas. Vital, explosiva, implicada e boa persoa son os cualificativos que a definen.

Carmen Durán

María Carmen Durán Martínez naceu en Cambados no ano 1951, os seus pais sempre foron o norte da súa vida, súa nai naceu en Sisán pero aos 4 anos marchou a San Martiño aínda que toda a vida fíxoa en Barrantes. Asistiu a escola da república. O seu pai era de Cambados foi patrón de pesca e logo armador, tiña dous barcos e a súa muller colaboraba con el ía a lonxa e atendía unha tenda que era bar e ultramarinos.

Carmen ten 4 irmás tres mulleres e un home, ela é a maior a máis vella, empezou na escola con 3 anos a infantil de Cambados, pero os avós querían que marchara con eles a Barrantes e aos 4 anos e medio cambiou para a escola de nenas de San Martiño, con dona Carmen Piñeiro alí estivo ata os 7 anos.

““Se ti queres ir a Santiago vas ir nos traballaremos un pouco máis pero en xuño todas aprobadas, a Santiago vas estudar”

Carmen Durán Martínez

Gustáballe recitar poesías e vestíana cun traxe branco que non lle gustaba nada ata que un día rebelouse e dixo que se querían que recitara vestía como quería. Fixo a comuñón con 6 anos e medio porque a profesora véndoa tan alta díxolle que si a deixaban para o ano seguinte ía parecer a noiva.

No verán con 8 anos foi con outra profesora para non perder o tempo, era unha escola privada e a mestra chamábase Dona Lola Abuín véndoa tan aplicada chamou aos pais para que fixera o ingreso e ela sempre xogaba a ser profe.

Examinouse no instituto en Pontevedra, as probas duraron tres días (oral, escrito, probas obxectivas etc.), as notas máis altas da provincia de Pontevedra foron para ela e para un rapaz da súa escola.

Estudou 1º de bacharelato por libre en Barrantes nunha academia dun profesor represariado Carlos Alfaya, 2º tamén por libre en Cambados pero ela quería ir para Santiago coas súas amigas e primas maiores, e seu pai dixolle “se ti queres ir a Santiago vas ir nos traballaremos un pouco máis pero en xuño todas aprobadas, a Santiago vas estudar”.

Carmen pequena
Carmen cos pais
Carmen adolescente
Carmen na escola

Con 12 anos, vai para Santiago interna,  a un colexio segrar, o San Pelaio, cuxa directora se chamaba Enma equiparábase ao Peleteiro que era de homes. Alí estudou de 3º a 5º o 6º fixo no IES Rosalía de Castro e tivo como profesores a Gonzalo Anaya de filosofía que era o seu titor e xa lles falaba da democracia, do referéndum, do Mercado común Europeo, do concilio Vaticano II, sempre temas de actualidade, sempre quixo parecerse a ese profesor, tamén lle influíu Antonio Vilaxó profesor de relixión que abordaba asuntos de actualidade que eles elixían, ían ao cineforum co titor que moi innovador pero “chamábanlle tolo”. Tamén lle deu clase de historia de arte Antón Fraguas que as sacaba á rúa para ver os monumentos, con el aprendeu moito. Lembra que el lle dixo ”señorita siendo de un pueblo tan bonito ¿por que vino a Santiago?”

 Mentres estaba interna soamente ía á casa nos períodos de vacacions e apenas chamaban por teléfono porque se escribían cartas, cando recibía a roupa limpa da casa sempre a sua nai agachaba entre as sabas algunha larpeirada e unha carta

Cando rematou o bacharelato tiña moi claro que o seu era a docencia así que matriculóuse en Maxisterio e foi vivir a unha pensión, logo serían pisos de aluguer, en Santiago xa non eran os cuartos de 16 , o timbre ás 8 da mañá e as présas por facer a cama e mandar a roupa sucia a lavar á casa, alí encontrou unha liberdade que soubo espremer ao máximo acudindo a    actos culturais e de ocio, tertulias estudantís entre diferentes facultades e actos interculturais xa que Santiago era distrito único universitario.

As visitas a casa xa se fixeron máis frecuentes, descubriu o cariño da familia, reencontrouse con Cambados coas súas raíces. Alí tiña un grupo de compañeiros de maxisterio en cambados cos que se reunía na parroquia para falar de temas tales como da biblioteca que non tiñan. Era o ano 1970, xente inquieta sen ser crente ao redor da igrexa, empezaron a moverse falaban da emigración, dos problemas da vila, de que os colexios tiñan que ser as luces no pobo transformar e formar o alumnado, fixeron ciclos de charlas para a comunidade educativa e social.

O seu primeiro destino foi o colexio Magariños , estivo contratada dende o ano 72, levaban sen convocarse oposicións 4 anos e ela seguiu estudando a vez que ensinaba. Por fin no ano 74 convocáronse as oposicións por especialidade, plan 71, e en 3 meses tivo que preparala. Pasou a ser funcionaria de carreira no ano 75 especialidade en Matemáticas e naturais.

Carmen posando
Carmen na bici
Carmen facendo Jazz

A lei xeral de educación de 1970, Villar Palasí máis o índice de natalidade determinan unha explosión demográfica escolar chegando haber máis de 40 alumnos por aula polo que decidiron facer en Cambados un instituto, no ano 1977 inauguraron o colexio de San Tomé, todos os provisionais compañeiros de carreira e con ganas de cambiar moitas cousas. Defendeu a necesidade dos equipos directivos, ela mesma foi xefa de estudos e directora, íalle a pedagoxía..

Como era provisional tiña que pedir cada ano un destino, no curso 79 por medo a que non lle deran destino pediu ata Alacante e alá tivo que marchar, cando 3 meses despois a reclamaron xa non quixo vir.

No ano 80 puido pedir por lista única a seu destino definitivo foi Corbillon, adscrita a secundaria pasa ao instituto Cabanillas de Cambados e remata no Asorey sempre no concello de Cambados.

Carmen na operación nécora
Carmen con Garzón

Sempre foi unha muller empoderada, compartindo profesionalidade coa vida social, sempre houbo homes na súa vida cada un tivo a sua importancia, os amigos son o que máis valora e se hai algo mais mellor………….cada un na súa casa seguindo a Simone de Beauvoir.

Sempre tivo unha preocupación especial polos los temas sociais, partindo dunha educación como practica de liberdade para unha vida digna o que hoxe seria defensa dos dereitos humanos e da xustiza social. Involucrouse no tema do  narcotráfico tanto na denuncia como na defensa dos drogodependentes e a sua familia, sendo unha das fundadoras e primeira presidenta da Asociación DESPERTA CAMBADOS. Cando se dou a Operación Nécora 1990 coñeceu ao xuíz que levou a cabo a operación, Baltasar Garzón,  este feito determinou un cambio social e xurídico. Ela involucrouse coas asociacións galegas e estatais  para que o Parlamento asumira o tema do narcotráfico.

Seguiron anos de moita implicación social, no desenvolvemento da Lei da MMHH, quedando pendente a parte xurídica e sendo asumida desde  a Audiencia Nacional por o xuíz Baltasar Garzón, auto de outubro do 2008, xenerase un “revulsivo” xurídico-gubernamental que leva a imputación  de B Garzón ano 2009, con gran resposta social. Neste proceso e no apoio a XUSTIZA, representada por o xuíz B Garzón Carmen toma parte activa  sobre a divulgación da  MMHH, baixo o lema: Verdade, Xustiza e Reparación e así como pasa a formar parte do equipo/patronato da FUNDACIÓN INTERNACIONAL BALTASAR GARZÓN – FIBGAR– ocupando ata a actualidade o cargo de vicepresidenta, e tendo como prioridade que a XUSTIZA esté máis próxima a cidadanía  e sexa camiño para esa PAZ,  sempre buscada,  porque non hai PAZ, sen xustiza “

 A fundación FIBGAR,presidida por B Garzón ten como obxetivos a divulgación dos DDHH e da XXUU (xurisdición universal). …
Carmen Wilpf
Carmen mulleres
Carmen congreso

Formou parte da directiva do SGEP-Cultura de Paz. De aí entra no grupo WILPF, asociación feminista mais antiga coñecida, mulleres pola paz e o desarme, tendo como obxectivo a igualdade de dereitos e deberes para que nos escoiten e formemos partes de todas as decisións gobernamentais e fundamentalmente nas decisións de participar en procesos de paz. Esta asociación é de 1915, como anécdota non se logrou ese grado de participación ata o ano 2000, resolución 1325.

Foi determinante a educación recibida no entorno familiares e o apoio recibido polos seus pais..

Reconverteuse en profesora de Educación física outras das materias que lle gustaba, deixou de fumar e seguiu facendo deporte, camiña, xoga ao golf e a súa paixón é a vida sana e o mundo das relacións sociais, dedíca todos os días unha hora e media a facer exercicio.

Carmen e Baltasar
Carmen e mulleres da asociación

Considera importante estar informada, Gústalle moito ler e non pode quedar cun só título para dicirme, sempre son libros de ensaio e de carácter humanista, “Corazones, no sólo cabezas en la escuela” de Alexander Neill, Zona a defender” de Manolo Rivas, e “la encrucijada” de Baltasar Garzón que son os últimos que leu.

Ten redes sociais non dedicandolle mais de unha hora ao día en Twiter e imstagran. Si falamos de cine iluminásenlle os ollos, xunto co teatro e unha das súas afeccións favoritas, fálame do “Olivo” e “Meritxell” de Iciar bollaín, pero sería interminable poñer aquí as películas e documentais que forman parte da sua vida.

A viaxe que máis lle impactou foi á India, por todas as diferenzas culturais que supuxo, pero volve a París sempre, Cambados é a  terra onde ten as súas raíces, tamén Santiago e  Madrid.

Os seus soños sen cumprir, pero que vai camiño de acadar, son ser mellor bailarina de danza contemporánea, coincidimos nas clases de François hai xa 30 anos, tamén tocar mellor a guitarra, facer máis fotos compartilas e mostralas e por suposto cultivando amizades e seguir viaxando…

Grazas Carmen pola túa xenerosidade nesta entrevista, seguimos véndonos no cine, teatro, exposicións e  noutras actividades culturáis en especial as programadas polo Ateneo de Pontevedra do que forma parte .

Golf

Enlaces a unha entrevista do proxecto Memorízate:

https://youtu.be/xO5RNIb6jY4 parte 1

https://youtu.be/x0tuIOrD74k parte 2

https://youtu.be/BPgNCr-FsuU parte 3

Ana Santos Solla

Ana Santos Solla

Profesora de E.F.

Son Ana Santos, nacín en Pontevedra no ano 1960, a miña infancia estivo moi ligada a Santa María de Xeve, a terra da miña nai, son a terceira de 8 irmáns, a maior das mozas, a máis vella como me dicían de pequena. Sempre me gustou o deporte e estudei INEF en Madrid, estiven 34 anos no IES Valle Inclán impartindo Educación Física alí foi onde coñecín ao resto dos meus compañeiros que agora me acompañan neste proxecto. Decidín xubilarme para dar un novo rumbo á miña vida e levar a cabo este tipo de iniciativas como @devellabella que pretende que o envellecemento activo convértase en embelecemento persoal e poder achegar a miña experiencia nesta etapa da vida.

Nós os maiores debemos continuar aportando, compartindo TODO aquelo que reflexionando SUME a unha vida máis digna e un mundo mellor, espero que este blogue motívevos a querer colaborar connosco.

Juana Bernabéu

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥