flyyer
cartel xeral
Carmen Prieto: ‘La Voz’ en Galicia
Hai proxectos que nacen do corazón e este é un deles. Este mes de setembro, en devellabella cumprimos un vello soño: traer ás nosas terras a alma, o sentimento e o magnetismo de Carmen Prieto, coñecida nos grandes escenarios de América Latina como “La Voz”.
Se che gusta a música con historia, o bolero que eriza a pel e a poesía que emociona, tes que acompañarnos nesta viaxe.
Quen nos visita?
Carmen Prieto non só canta; ten a capacidade única de contar historias a través da música. Con máis de 35 anos de carreira como actriz e cantante en Chile, o seu directo é pura sensibilidade, dramaturxia e intimidade.
Nesta aventura galega non vén soa. Acompañaraa a guitarra de Tito Cerda e, ademais, o escenario converterase nunha ponte viva coa nosa cultura grazas ás colaboracións especiais de voces tan nosas como as de Míriam Ferradáns, Xaime Toxo, Raquel Senín, Xosé Duarte e Mónica de Nut.
Un intercambio artístico independente, libre de calquera outra lectura, onde os únicos protagonistas son a melodía e o patrimonio compartido a ambos lados do Atlántico.
Onde e cando nos vemos?
A xira conta con seis paradas moi especiais nas que queremos estar ao teu carón. O gran broche de ouro será o martes 22 de setembro no Museo de Pontevedra, pero hai moito máis por descubrir:
  • Xoves 10 (11:30 h) | “Cantos para Galicia” – Fundación Manuel Moldes (Pontevedra).
  • Venres 11 (19:00 h) | “Homenaxe a cantautores chilenos” – IES Valle-Inclán (Pontevedra).
  • Sábado 12 (19:00 h) | “Homenaxe a Víctor Jara” – Salón García (Vilagarcía de Arousa).
  • Martes 15 (19:00 h) | “Versos de mar e terra” – Sala Versus (Pontevedra).
  • Venres 18 (21:00 h) | “Boleros del alma” – Espazo CUVE (Ponte Caldelas).
  • Martes 22 (19:00 h) | “Alma de bolero” – Edificio Castelao, Museo de Pontevedra (Entrada libre ata completar capacidade).
Dende o noso colectivo cremos firmemente que a arte cura distancias e une pobos. Por iso, se es un auténtico amante da cultura e da música feita dende as entrañas, agardámoste cos brazos abertos.

fundacion Moldes
declamación
carmen prieto
espacio CUVE
mesa das verbas
museo
Ana Santos Solla

Ana Santos Solla

Profesora de Educación Física

Son Ana Santos, nacín en Pontevedra no ano 1960, a miña infancia estivo moi ligada a Santa María de Xeve, a terra da miña nai, son a terceira de 8 irmáns, a maior das mozas, a máis vella como me dicían de pequena. Sempre me gustou o deporte e estudei INEF en Madrid, estiven 34 anos no IES Valle Inclán impartindo Educación Física alí foi onde coñecín ao resto dos meus compañeiros que agora me acompañan neste proxecto. Decidín xubilarme para dar un novo rumbo á miña vida e levar a cabo este tipo de iniciativas como @devellabella ue pretende que o envellecemento activo convértase en embelecemento persoal e poder achegar a miña experiencia nesta etapa da vida.

Nós os maiores aínda temos moita guerra que dar, espero que este blogue motívevos a querer colaborar connosco.

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥