Porcións
2
Listo en:
2 horas
Ideal para:
Prato principal
Elaboración: Ana Santos
Ingredientes
-
Dúas carrilleiras de tenreira
-
2 cebolas
-
2 cenoiras
-
2 allo porros
-
1/2 litro de caldo de polo
-
Medio vaso de viño de Porto
-
Sal e pementa para adobar
- Aceite para fritir
Etapas da receita:
Pochamos as verduras nun pouco de aceite, engadimos o viño de Porto ata que desapareza o alcol, engadimos o caldo de polo e deixamos ferver un pouco
selamos as carrilleiras nun pouco de aceite
Metemos a carne na verdura e deixamos que se faga durante a lo menos 2 horas, imos mirando de cando en vez
Sacamos a carne, pasamos as verduras pola batedora, podemos espesar un pouco con fariña e volvemos a meter a carne na salsa



Ana Santos Solla
Profesora de E.F.
Son Ana Santos, nacín en Pontevedra no ano 1960, a miña infancia estivo moi ligada a Santa María de Xeve, a terra da miña nai, son a terceira de 8 irmáns, a maior das mozas, a máis vella como me dicían de pequena. Sempre me gustou o deporte e estudei INEF en Madrid, estiven 34 anos no IES Valle Inclán impartindo Educación Física alí foi onde coñecín ao resto dos meus compañeiros que agora me acompañan neste proxecto. Decidín xubilarme para dar un novo rumbo á miña vida e levar a cabo este tipo de iniciativas como @devellabella ue pretende que o envellecemento activo convértase en embelecemento persoal e poder achegar a miña experiencia nesta etapa da vida.
Nós os maiores aínda temos moita guerra que dar, espero que este blogue motívevos a querer colaborar connosco.
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥