por Ana Santos Solla

CARTA A PONTEVEDRA

Eu vivín longos anos de ledicia en Pontevedra, aferrado a fermosura dos seus arredores, coma quen no pode desprenderse dos brazos mornos dunha noiva. Eu débolle a Pontevedra o mellor da miña vida e agora padezo saudades da súa paisaxe, tristuras de non vela y espranzas de retornar a ela.

Empezo a ser vello e a vivir de recordos. Algunhas veces acode a miña memoria un cantar de requintada morriña:
Vi tan lonxe a mocedade,
Está tan preto o meu fin,
Que ás veces sinto vontade
De poñer loito por min

Pero non é que eu enloite a meu esprito porque a mocedade fuxise de mín. Eu apénome de non poder ir a Pontevedra, que é unha fonte de xuventude, onde se curan os alfaces da vellez. Volver a Pontevedra sería mesmo recobrar a mocedade perdida. E así como Anteo revivía ao caer ao chan e soio morreu por non poder tocar terra. Así eu me libraría da vellez con soio pisar terra pontevedresa.

Penso que si morrese no desterro, os meus osos non se deixarían consumir até que algún anaquiño d-eles chegase a Pontevedra, entón a miña alma cantaría gozosa este cantar:

Xa morrín, xa me enterreí,
E agora xa estou esquí,
Nin a terra me comía,
sen desprenderme de ti.

Ana Santos Solla

Ana Santos Solla

Profesora de Educación Física

Son Ana Santos, nacín en Pontevedra no ano 1960, a miña infancia estivo moi ligada a Santa María de Xeve, a terra da miña nai, son a terceira de 8 irmáns, a maior das mozas, a máis vella como me dicían de pequena. Sempre me gustou o deporte e estudei INEF en Madrid, estiven 34 anos no IES Valle Inclán impartindo Educación Física alí foi onde coñecín ao resto dos meus compañeiros que agora me acompañan neste proxecto. Decidín xubilarme para dar un novo rumbo á miña vida e levar a cabo este tipo de iniciativas como @devellabella ue pretende que o envellecemento activo convértase en embelecemento persoal e poder achegar a miña experiencia nesta etapa da vida.

Nós os maiores aínda temos moita guerra que dar, espero que este blogue motívevos a querer colaborar connosco.

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥